Auto Civil Nº 88/2011, Au...il de 2011

Última revisión
29/04/2011

Auto Civil Nº 88/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 4077/2010 de 29 de Abril de 2011

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 4 min

Orden: Civil

Fecha: 29 de Abril de 2011

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 88/2011

Núm. Cendoj: 36057370062011200052

Núm. Ecli: ES:APPO:2011:534A

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

AUTO: 00088/2011

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCIÓN SEXTA

SEDE EN VIGO

Rolo civil: 4077/2010

Procedemento de orixe: Xurisdicción Voluntaria 1319/2008

Órgano de procedencia: Instancia núm. 3 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Julio Picatoste Bobillo Presidente, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Eugenio Francisco Míguez Tabarés, pronunciou

NO NOME DO REI

o seguinte

AUTO NUM.88/2011

Vigo vinte e nove de abril de dous mil once.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de Xurisdicción Voluntaria 1319/2008, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 3 de Vigo ós que correspondeu o rolo 4077/2010, nos que aparece

como parte apelante e demandado o Ministerio Fiscal e Como parte apelada e demandante D. Nazario .

É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo , quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1ª Instancia nº 3 de Vigo, con data do 16/11/2009, ditou un auto coa seguinte parte dispositiva:

"Se declara único y universal heredero abintestato de Dña Virtudes a su sobrino D. Nazario ".

Segundo : Contra o dito auto, o Ministerio Fiscal, presentou un recurso de apelación que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de Axuizamento Civil (LAC ).

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Unico.- Acollemos o recurso de apelación formulado polo Ministerio Fiscal contra o auto ditado polo Xulgado de Primeira instancia, que declara como único e universal herdeiro da difunta, Virtudes, ao seu sobriño, o promovente do expedente , Nazario, estimación da apelación que procede dado que, tal como atinadamente advirte aquel recorrente, parente non ostentaba a condicion de herdeiro daquela primeira ao tempo da súa morte, senón a súa irmá, Felisa .

En efecto , e sen necesidade de máis amplas e complexas reflexións de orde xurídica , sabido é que o intre determinante da sucesión o constitúe o do pasamento do causante , tanto para a vertente obxectiva da sucesión, é dicir, a herdanza, e neste senso o artº 659 do Código Civil senta que a herdanza abrangue todos os bens , dereitos e obrigas dunha persoa que non se extingan "pola súa morte", como para a súa consideración subxectiva, ou se se está preferir , para determinar as persoas con dereito a suceder, de conformidade cos artigos 657, cando dispón que os dereitos de sucesión dunha persoa transmítense desde o momento "da súa morte" , 661, ao sinalar que os herdeiros suceden ao difunto polo só feito "da súa morte", e, en fin, 912, ao establecer por igual "cando ún morre" como a referencia temporal para a sucesión intestada. Pois ben, se esto é así, como o día 26 de marzo de 2008, no que faleceu Virtudes , non había nin descendentes, nin ascendentes, e estaba divorciada do seu home, e tan só tiña un parente colateral vivo, a súa irmá, Felisa , ésta, como parente colateral máis próximo, era a única herdeira daquella, sen que podera selo entón o promotor do expedente de declaración de herdeiros ab intestato, fillo de Felisa . Ou por decilo doutro xeito, a condición de herdeiro de Nazario pasaba porque a súa nai, Felisa, premorise a Virtudes, o que non aconteceu.

Por todo o exposto , e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Ao estimarmos o recurso de apelación formulado polo Ministerio Fiscal contra o auto ditado polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 3 de Vigo o día 16/11/2009, declaramos como única e universal herdeira de Virtudes , falecida o día 26 de marzo de 2008, a súa irmá, Felisa .

Esta é a nosa resolución, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia , aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles esta Resolución ás partes, informándoas de que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.