Auto Contencioso-Administ...e del 2024

Última revisión
09/05/2025

Auto Contencioso-Administrativo 239/2024 Tribunal Superior de Justicia de A Coruña. Sala de lo Contencioso-Administrativo. Sección de Casamiento, Rec. 7065/2024 de 19 de septiembre del 2024

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 59 min

Orden: Administrativo

Fecha: 19 de Septiembre de 2024

Tribunal: Tribunal Superior de Justicia. Sala de lo Contencioso-Administrativo. Sección de Casamiento

Ponente: FRANCISCO JAVIER CAMBON GARCIA

Nº de sentencia: 239/2024

Núm. Cendoj: 15030330032024200070

Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2024:402A

Núm. Roj: ATSJ GAL 402:2024

Resumen:
INDUSTRIA Y ENERGIA

Encabezamiento

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

AUTO: 00239/2024

-

Equipo/usuario: MQ

Modelo: N35300

PLAZA DE GALICIA, 1 15004 A CORUÑA

Correo electrónico:sala3.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal

N.I.G:15030 33 3 2024 0000156

Procedimiento:PSS PIEZA SEPARADA DE MEDIDAS CAUTELARES 0007065 /2024 0001 EQL ESTIM. MED. CAUTEL.

Sobre:INDUSTRIA Y ENERGIA

De D./ña.ASOCIACION ECOLOXISTA EN ACCION GALIZA

ABOGADOIVAN UNAY ALONSO SANMARTIN

PROCURADORD./Dª. MARIA IRENE CABRERA RODRIGUEZ

ContraD./Dª. CONSELLERIA DE ECONOMIA, INDUSTRIA E INNOVACION, EOLICAS BREOGAN SLU

ABOGADOLETRADO DE LA COMUNIDAD, DAVID RODRIGUEZ FIDALGO

PROCURADORD./Dª. , MARIA DEL CARMEN CAMBA MENDEZ

PONENTE: D. FRANCISCO JAVIER CAMBON GARCIA

A U T O

ILMO. SR. PRESIDENTE:

FRANCISCO JAVIER CAMBON GARCIA

ILMOS. SRES. MAGISTRADOS:

JUAN CARLOS FERNANDEZ LOPEZ

MARIA DOLORES LOPEZ LOPEZ

LUIS VILLARES NAVEIRA

MARIA DE LOS ANGELES BRAÑA LOPEZ

En A CORUÑA, a diecinueve de septiembre de dos mil veinticuatro .

Antecedentes

PRIMERO.-En la presente Pieza Separada, formada en el recurso contencioso-administrativo, interpuesto por el/la Procurador/a D./Dña. MARIA IRENE CABRERA RODRIGUEZ en nombre y representación de ASOCIACION ECOLOXISTA EN ACCION GALIZA contra resolución de la Dirección General de Planificación Energetica y Recursos Naturales de fecha 1 de agosto de 2023, la parte recurrente solicita la medida cautelar consistente en la suspensión de la efectividad del acto impugnado. Se dio traslado a la Administración demandada y codemandada con el resultado que consta en autos.

Fundamentos

PRIMERO.-Que la ASOCIACION "ECOLOXISTAS EN ACCION GALIZA" solicita que, cautelarmente se suspenda la ejecutividad de la Resolución de 1-8-23 de la DXPERN que otorgó autorización administrativa previa y de construcción del P.E. MONTEAGUDO,T.m. Arteixo, A Laracha y Carballo, promovido por la mercantil "Eólicos Breogán SLU", con sede en Madrid.

SEGUNDO.-Que esta Sala por Auto num. 217/24, de 24 de julio, articulado por "PETON DO LOBO", ponencia Sr. Villares Naveira, PSS num. 7096/24, consideró en sus F.D. 2º, 3º y 5º que :" Segundo-. Perda de finalidade lexítima do recurso. Principio de proba sobre o dano de difícil ou imposible reparación.

2.1. Consideracións previas.

O ben xurídico que se alega en perigo irreversible como presuposto de adopción desta medida cautelar é o medio ambiente, que ten recoñecemento constitucional por medio do art. 45 CE. No caso concreto, alégase que a execución dun proxecto construtivo dunha instalación de produción de enerxía eólica produciría danos irreversibles ao medio ambiente como consecuencia do impacto das obras da súa realización e máis do seu funcionamento. Razóase que existe unha serie de valores ambientais de interese que se poden ver prexudicados irremediablemente como consecuencia das obras, de xeito que a única maneira de asegurar a efectividade da sentenza será suspendendo a execución do acto.

Establecida a necesidade de tutela cautelar nos termos que anteceden, corresponde á parte demandante presentar un indicio de proba do dano que se alega, e da súa relevancia para o ben xurídico protexido, neste caso o medio ambiente. Dado que a execución de calquera obra nun entorno natural é susceptible de alterar o medio físico, non abonda argumentar que se vai executar, senón que cómpre explicar como a execución da obra pode afectar ao medio ambiente, e que concretos valores ambientais se van ver afectados. Neste sentido, deberá a parte interesada acreditar que as obras van incidir en espazos que ostenten algún tipo de interese singular ambiental que se vaia ver afectado polas obras, e polo tanto sexa susceptible de causar un dano de difícil ou imposible reparación, sexa pola magnitude das obras, sexa polo valor ou a fraxilidade do ecosistema.

Lembremos que en sede cautelar só se exixe un principio de proba, é dicir, indicios que permitan concluír a posible existencia dun dano certo a valores ambientais de interese pola simple execución das obras, non proba plena ao respecto.

Como elemento de proba que pretende acreditar estes extremos, a demandante achega coa súa solicitude un informe pericial.

O informe que se acompaña coa solicitude de medida cautelar cifra como ámbitos concretos onde a execución das obras de instalación do parque eólico poden ocasionar un dano irreparable: a afectación a un área de especial interese paisaxístico; a afección severa a determinada avifauna e hábitats protexidos; e a afección a recursos hídricos.

Analizaremos tanto a concreción deses aspectos ambientais, como o risco de afectación polas obras, lembrando anticipadamente que o requirido neste procedemento é un principio de proba daquilo que se esgrime como dano irreparable.

2.2. Inclusión da área afectada na Zonificación ambiental como espazo excluído para a implementación de novos parques eólicos.

Resulta relevante neste eido a inclusión do espazo da poligonal eólica na área cualificada como de exclusión eólica polo Mapa de Zonificación ambiental elaborado polo Ministerio de Transición ecolóxica.

Documéntase este extremo nos ff. 23 e 24 do Informe pericial, que dan conta da ubicación dos aeroxeradores V2, V3 e V4 dentro da área de exclusión.

A Zonificación ambiental para o establecemento dun xuízo de idoneidade ambiental previo á toma de decisión de autorización de construción de instalacións de produción eléctrica por medio de fontes renovables, que inclúe a eólica e a fotovoltaica, forma parte da Declaración ambiental estratéxica (DAE) do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima 2021-2030. No seu apartado 2. Elementos Ambientais máis significativos: Potenciais impactos negativos e medidas contén unha serie de Medidas ambientais para paliar os efectos negativos do plan, que se xustifica indicando que "Respecto ás medidas estratéxicas orientadas ao despregamento de instalacións renovables promóvense inicialmente criterios ambientais xerais en relación coa localización das instalacións e os efectos máis representativos que conlevan, así como criterios ambientais estratéxicos específicos por tecnoloxías. Neste sentido, o MITERD elaborou uns mapas de zonificación ambiental para enerxías renovables (eólica e fotovoltaica) que integran os distintos requisitos do territorio para a localización destas instalacións, considerando dentro da eólica, unicamente a terrestre, e que permitirán orientar ao promotor das devanditas instalacións á hora de elixir a localización máis viable ambientalmente.". A partir desta finalidade, a DAE concibe a zonificación como unha "ferramenta que permite identificar as áreas do territorio nacional que presentan maiores condicionantes ambientais para a implantación destes proxectos, mediante un modelo territorial que agrupe os principais factores ambientais, cuxo resultado é unha zonificación da sensibilidade ambiental do territorio.". O mapa de Zonificación contén unha memoria onde se explica que os indicadores tidos en conta para realizar este traballo son: "Núcleos urbanos: como representación da poboación, a saúde humana, o aire, e a ocupación do chan. Masas de auga e zonas inundables (riŽos, encoros, lagos, lagoas, e zonas de inundación): como representación do factor auga. Plans de conservación e recuperación de especies ameazadas; zonas de protección do Real Decreto 1432/2008, do 29 de agosto, polo que se establecen medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión; conectividade ecolóxica mediante autoestradas salvaxes (de WWF España); Áreas Importantes para a Conservación das Aves (de SEDE/BirdLife); e os hábitats de interese comunitario: como representación da fauna e a flora. Rede Natura 2000, Espazos Naturais Protexidos, humidais RAMSAR, parte terrestre das Zonas Especialmente Protexidas de Importancia para o Mediterráneo, Reservas da Biosfera, e Lugares de Interese Xeolóxico: como representación da biodiversidade e a xeodiversidade. Visibilidade: como representación da paisaxe (impacto visual). Camiño de Santiago, vías pecuarias, montes de utilidade pública e Bens Patrimonio Mundial da UNESCO: como representación da poboación e dos elementos sobresalientes do patrimonio cultural español. "

Sobre estes indicadores realízase a zonificación, que en función da relevancia implicarán a concorrencia de factores de ponderación (compatibilidade) ou exclusión (incompatibilidade) deste tipo de instalacións, e que como resultado final determinan unha clasificación de sensibilidade ambiental, onde no nivel máximo non está recomendado a instalación destas industrias de xeración enerxética, mentres que si cabe no resto de niveis.

Unha clasificación de sensibilidade ambiental de nivel máximo non significa automaticamente unha prohibición da construción dunha instalación industrial de enerxía renovable eólica, pois como lembra a Memoria " o presente modelo é unha simplificación da realidade para poder coñecer, desde un enfoque xeral, o territorio, o cal non exime do pertinente trámite de avaliación ambiental, e de que se concreten os impactos de cada caso particular e en cada localización específica para cada proxecto de enerxía renovable que se pretenda instalar. Os valores do modelo non prexulgan o resultado dunha declaración de impacto ambiental. Por tanto, as zonas que resulten cunha sensibilidade ambiental de menor grao, segundo o modelo territorial resultante, non implican directamente que calquera proxecto destas tipoloxías vaia a obter unha resolución ambiental favorable. De igual maneira, que un proxecto se sitúe nunha zona con moitos condicionantes ambientais, non significa que vaia a obter necesariamente unha resolución ambiental desfavorable, xa que o proxecto en detalle pode conseguir evitar os impactos que puidesen ser significativos, mediante unha adecuada selección da alternativa das localizacións, con solucións adaptadas ás necesidades dos valores ambientais concretos, adoptando medidas preventivas e correctoras específicas etc. É dicir, os resultados do modelo hanse de tomar como unha recomendación"

A Sala entende que o contido do Informe de Zonificación aplicado á zona litixiosa serve como un indicio cualificado de que existen valores ambientais significativos, e que por esa razón foi preseleccionada polo Ministerio. En sede cautelar este documento, debido aos parámetros ambientais empregados para a súa elaboración, a independencia e solvencia da súa autoría, que foi promovida polo Ministerio e forma parte da Declaración ambiental estratéxica do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima, repútase suficiente por si só para -acreditado que o polígono eólico se pretende construír total ou parcialmente sobre a superficie cualificada como incompatible ou de exclusión-, deba dar lugar á apreciación da concorrencia de valores ambientais protexidos que se poñen en risco certo coas obras que se pretende realizar.

Non é discutido polas demandadas que as obras terían lugar dentro do espazo de exclusión fixado polo Mapa de Zonificación do Ministerio e que forma parte da Declaración ambiental estratéxica do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima, polo que este feito, así como o do risco concreto aos valores ambientais seleccionados polo modelo, téñense por concorrentes neste suposto.

2.3. Sobre a afectación a un área de especial interese paisaxístico ou as inmediacións da Rede Natura 2000.

Indícase que a proximidade a espazos protexidos de Rede Natura ou a un área de especial interese paisaxístico ocasiona unha perda de paisaxe que se estenderá toda a vida útil do parque, e que se proxecta sobre diversas localidades da contorna, particularmente sobre a vila de Caión, como se representa no segundo dos informes que acompañan a solicitude, ao f. 82.

A respecto do impacto paisaxístico que un proxecto eólico poda presentar nas inmediacións de espazos protexidos pola Rede Natura ou outras figuras de protección paisaxístico, que resulten colindantes ou contiguas pero non para as que en si mesmas non está prevista a figura de protección, a Sala ten chamado a atención tanto sobre o carácter unitario e continuo da paisaxe, como sobre a continuidade e coherencia dos hábitats, e a necesidade de contemplar estas circunstancias en sede cautelar, temos sinalado recentemente no ATSJ nº 64/2024, do 14 de marzo de 2024 ( ROJ: ATSJ GAL 81/2024 - ECLI:ES:TSJGAL:2024:81A ) Recurso: 7345/2023, no seu FX 2º que "considera este TSXG (S.11-12-2020), "P.E. O Oribio" que o impulso da enerxía eléctrica debe planificarse evitando toda posible interferencia para a rede natura 2000, evitando o impacto visual dos parques eólicos nas proximidades de LIC, sen que poidan situarse coas súas proximidade para logo pretender ampliar a Rede Natura cando as especies para protexer non entenden de plan ou fronteiras, polo que as zonas ecoloxicamente relevantes deben obter unha protección íntegra, sen que poida haber espazos protexidos rodeados de muíños".

Aínda que a Sala ten indicado que este motivo por si só non abonda para a acreditación indiciaria de risco de dano irreparable , en concorrencia con outros é un factor relevante para a súa apreciación, polo que corresponde examinar no caso concreto as afeccións denunciadas, que se relatan nos ff. 32 e 33 e 82 do Informe da demandante.

Ademais do impacto estritamente visual referido, ao f. 33 e 51 dáse conta da medición da poligonal do PE a menos dun kilómetro da delimitación da Rede Natura.

Queda pois incidiariamente acreditada a afección por proximidade a espazos de grande valor natural e paisaxístico.

2.4. Afección a augas protexidas e potables que se din afectadas polas obras.

Sobre a afección augas protexidas, refírense nos ff. 54-55 e 68-69 do segundo dos informes preentados. Esas dúas últimas páxinas conteñen un mapa de regatos e a situación dos aeroxeradores, polo que é presumible a afectación intensa aos mesmos, tal como vén grafiado, pola proximidade entre uns e outros.

Non obstante, non se acredita nin a especial protección das augas en concreto nin a súa captación para o consumo humano, polo que se vai valorar con carácter xeral a súa afectación, pero non como especial valor ambiental ou humano.

Tamén se relacionan humidais afectados, aos ff. 27 e 29, a menos de 400 metros dos aeroxeradores, e no f. 72 documéntanse máis exhaustivamente. Aínda que non consta catalogación de especial protección dos mesmos, terase en conta como afección ordinaria de humedais.

2.5. Afección a elementos patrimoniais.

Sinálase a afección a elementos patrimoniais nos ff. 82 e seguintes, que aparentemente son relevantes, pero non se xeolocalizan para que podamos apreciar e contrastar a súa proximidade, polo que a valoración restrinxirase ao elemento de afectación visual e paisaxística xeral, que xa fixemos noutro apartado, particularmente en relación á vila de Caión.

2.6. Afectación dun hábitat de interese comunitario, no que habitan especies ameazadas (CGEA), coa categoría de vulnerables ou en perigo de extinción.

Por unha banda descríbese a localización do aeroxerador A3.1. e a subestación sobre hábitats prioritarios Brezais húmidos atlánticos Código 4020, nos ff. 47 a 52. Aínda que se describen ata 3 hábitats prioritarios no f. 52, non aparece claramente que estean afectados pola poligonal, porque resulta ambigua a descrición sobre se forman parte da RN, dentro da que non está a poligonal, polo que só se considerará o hábitat protexido ao que se fixo referencia.

A Sala entende que para os efectos do exame cautelar, só se deben ter en conta estes elementos como relevantes, descartando outro tipo de hábitats rochosos ou supostos onde a construción non se realiza enriba dos elementos ambientais protexidos.

Por outra banda, en relación a flora ou fauna vulnerable ou en perigo de extinción que se pode ver danada polas obras proxectadas, descríbese unha afección severa para o hábitat da cuadrícula 10kmE282N242,nos ff. 59 e 63 e ss., sobre a que se asentará o PE, en relación ás seguintes especies incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas como vulnerables (V) ou en perigo de extinción (E): Flora: Omphalodes littoralis subsp. Gallaecica (E) ; Rumex rupestris (E) Fauna: ?Anfibios: Rana iberica (V), Chioglossa lusitanica (V), Hyla molleri (V), Rana temporaria (V). ?Aves: Circus pygargus (V), Circus cyaneus (V); Anas crecca (E1); Gallinago gallinago (E1); Numenius arquata (E1); Haematopus ostralegus (V); Vanellus vanellus (E1); Burhinus oedicnemus (E); Phalacrocorax aristotelis (V). ?Mamíferos: Rhinolophus ferrumequinum (V); Rhinolophus hipposideros (V)

Estes datos son extraídos do Geoportal do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e referencian áreas onde está constatada a presenza das especies relacionadas, que forma parte da Declaración ambiental estratéxica (DAE) do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima 2021-2030.

A Sala entende que o contido de especies vulnerables ou en perigo de extinción que están comprendidas nas cuadrículas nas que se pretende instalar o PE, e que conforman hábitats de interese comunitario, recollidas na DAE do MITERD aplicado á zona litixiosa serve como un indicio cualificado de que existen valores ambientais significativos, e que por esa razón son relacionados e inventariados así polo Ministerio. En sede cautelar este documento, debido aos parámetros ambientais empregados para a súa elaboración, a independencia e solvencia da súa autoría, que foi promovida polo Ministerio e forma parte da Declaración ambiental estratéxica do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima, repútase suficiente por si só para -acreditado que o polígono eólico se pretende construír total ou parcialmente sobre a superficie que na cuadrícula indica a existencia de hábitats de interese comunitario-, deba dar lugar á apreciación da concorrencia de valores ambientais protexidos que se poñen en risco certo coas obras que se pretende realizar.

Non é discutido polas demandadas que as obras terían lugar no espazo definido por esta cuadrícula e que forma parte da Declaración ambiental estratéxica do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima, polo que este feito, así como o do risco concreto aos valores ambientais seleccionados polo modelo, téñense por concorrentes neste suposto.

Os informes da administración evitan afirmar que non existan as especies ás que fai referencia a actora. Entende a Sala que malia que non aparecen acreditadas referencias de campo concretas sobre este particular da actora, o feito de que as especies que se indican se tomen de datos oficiais do Ministerio ofrecen unha aparencia de verosimilitude suficiente, tendo en conta que a administración garda silencio e non dá razón de por que figurarían no mapa do Ministerio especies que non existen na zona.

2.7. Valoración da Sala dos indicios de proba que constan no Informe pericial a respecto da concorrencia dun dano de difícil ou imposible reparación.

Examinados os elementos anteriores, onde fomos indicando en que aspectos consideramos concorrentes elementos que acreditan, polo menos indiciariamente, a presenza de valores ambientais que quedan expostos polas obras a un dano significativo, indica a administración que a DIA xa contemplou os aspectos criticados no informe da demandante, pero o certo é que tal como indicamos, propia a DIA reforza a tese actora da existencia de elementos sensibles ou ameazados do ecosistema a protexer.

Entende a Sala que nestas condicións a demandante conseguiu acreditar indiciariamente a existencia de elementos ambientais altamente sensibles, ben por estaren catalogados ben por se trataren directamente de especies con distinto grao de protección ou perigo, sen que as observacións feitas pola codemandada enerven estas consideracións. Ao estaren en espazos directamente afectados polas obras a realizar, resulta evidente o risco de afectación ambiental a estes elementos.

Ante esta situación, entende a Sala que a acreditación dun risco de dano irreparable ou de difícil reparación dados os valores ambientais comprometidos, derivado da execución das obras que permite a autorización, por afectar os parámetros analizados na DAE, é clara. Polo demais, o TS ten sintetizado na STS de 8/7/2011 ( Roj: STS 4514/2011 - ECLI:ES:TS:2011:4514 Nº de Recurso: 4222/2010) que: "O periculum in mora, constitúe o primeiro criterio a considerar para a adopción da medida cautelar. Aínda que, ha de terse en conta que o aseguramento do proceso, non se esgota, na fórmula clásica da irreparabilidade do prexuízo, senón que a súa xustificación pode presentarse, con abstracción de eventuais prexuízos, sempre que se advirta que, de modo inmediato, pode producirse unha situación que faga ineficaz o proceso.", abondando con que se produza unha situación que altere un hábitat de forma significativa.

Nesta clave son fundamentais os principios de prevención e precaución inicialmente elaborados pola xurisprudencia europea, e que posteriormente cristalizaron no art. 191.2. do Tratado de Funcionamento da Unión Europea, declarando reiteradamente o Alto Tribunal Europeo, por todas na STXUE de data 17/11/2022 que "a política da Unión no ámbito do medio ambiente ten como obxectivo alcanzar un nivel de protección elevado e baséase, en particular, nos principios de cautela e de acción preventiva"(Asunto C-238/21. ECLI: EU:C:2022:885, que reitera a posición da STXUE de 25/6/2020, no Asunto C-24/19. ECLI: EU:C:2020:503.)

A STXUE de data 7/9/2004 Asunto Waddenzee C-127/02 e máis recentemente a STXUE de 9/9/2020 Asunto C-254/19, que ratifica esa doutrina, indican que "o elemento causante do mecanismo de protección do medio ambiente é "a mera probabilidadede que o devandito plan ou proxecto produza tal efecto (..) independentemente de que este leve a cabo dentro ou fóra dun espazo protexido; e que, ademais, conforme ao principio de cautela, considérase que existe esa probabilidade cando non se pode excluír ou descartar a posibilidade de que se produzan efectos apreciablesnun espazo dado."

No mesmo sentido, a xurisprudencia do Tribunal Supremo na materia, perfectamente trasladable á tutela cautelar, perfílase ben na STS do 8 de marzo de 2012, que en relación ao principio de precaución ensina que o mesmo ".. inspira hoxe o Dereito ambiental da Unión Europea,(..) "calquera interpretación (..) ha de partir daquel mandato constitucional de protección da natureza, polo que, en caso de dúbida, han de inclinarse por negar a autorización para calquera actividade que poida danar ou menoscabar o desexable equilibrio natural".

Sobre a suficiencia dos indicios probatorios achegados, a mesma STS de 8 de marzo de 2012 indica que "Os principios de cautela e de acción preventiva (..) permiten inferir unha regra de dereito que impón á Administración o deber de non autorizar, ou de non autorizar sen a previa adopción das debidas medidas de salvagarda, aquelas actuacións sobre as que exista un temor fundado da súa probabilidade de ser causa de danos graves á calidade do medio ambienteou á saúde das persoas; e iso, por tanto, aínda cando ese temor,que ha de ser fundado e hao de ser da probabilidade de danos graves, non descanse no soporte da probabilidade de danos graves, non descanse no soporte dunha proba plena, indubitada ou inequívoca".

Pechamos a xustificación xurisprudencial sobre a caracterización da apreciación do risco de dano ao medio ambiente, lembrando, coa STXUE 5/5/1998, "Reino Unido/Comisión e National Farmers' Union",recollida na STS de 5 de xullo de 2011, que "A protección do medio ambiente pode facerse desde un Dereito reactivo,(..) ata un Dereito que prevexa e evite ameazas de dano descoñecidos ou incertos ("precaución")...(os) principios de cautela e precaución do Dereito da Unión europea (..) serven a unha actitude de respecto á contorna natural que implica o abandono do principio de arrogancia dos seres humanos en relación co desenvolvemento sostible da súa contorna.".

Consta no expediente administrativo que as obras necesarias para a construción das instalacións de produción de enerxía eólica comprenden a apertura de pistas de gran anchura e necesitadas de desmontes para o seu asentamento; a apertura de gabias para o soterramento dos cables de evacuación da electricidade producida; a realización de zapatas de grandes dimensións no subsolo a gran profundidade para o asentamento dos aeroxeradores. Unha vez en funcionamento, ten lugar a rotación das aspas e a produción dos ruídos inherentes á mesma.

A convicción da Sala dos elementos analizados é que estas obras, pola súa propia natureza e a interacción co entorno, son susceptibles de causar un grave dano a valores ambientais sensibles que tendo sido sinalados previamente por informes rigorosos e imparciais incorporados polo Ministerio de Transición Ecolóxica á DAE, que desaconsella a instalación de novos parques eólicos, e téndose sinalado ademais a presenza de especies vulnerables ou en perigo de extinción, xeran un conxunto de indicios probatorios que, obrando co principio de cautela, consideremos que ante a simple hipótese de que ese dano poda ser de difícil ou imposible reparación -algo que non é posible demostrar cunha proba plena ata que o dano está producido-, optemos por apreciar a concorrencia deste presuposto fundamental da tutela cautelar, que pode facer ineficaz a sentenza que no seu día se dite, se o dano está irremediablemente causado.

Terceiro-. Sobre a ponderación circunstanciada dos intereses en conflito.

3.1. Consideracións xerais. Os efectos da execución do acto e os efectos da súa suspensión durante a tramitación do procedemento.

Sostén a demandante a prevalencia do interese público na preservación do medio ambiente, que debe ser completada en sede cautelar coa observancia nese eido do principio de precaución e non só o de prevención; e que estes principios deben reputarse prevalentes sobre os que se alegan de contrario, que son o interese xeral na economía, o avance na descarbonización e a transición enerxética ou a independencia enerxética nun contexto internacional escalada de prezos pola guerra de Ucraína, así como as recomendacións europeas na materia de axilización de proxectos de implantación de enerxías renovables.

A primeira cuestión que debe subliñarse é que con carácter xeral ningún interese prevalente debe haber por riba daquel consistente en que a realización de actividades de interese xeral -con repercusión en calquera outro principio, valor ou dereito constitucional- se produza dentro da legalidade, porque do contrario en nome da mellor das causas estariamos sacrificando o Estado de Dereito, algo que un Tribunal non pode lexitimar discursivamente. Por esta razón a ponderación de intereses terá sempre en conta este frontispicio, como lembrou a STS de 10/5/2011 ( Roj: STS 2704/2011 - ECLI:ES:TS:2011:2704 Nº de Recurso: 3623/2010) á hora de axuizar a determinación do interese prevalente nun caso semellante ao aquí estudado.

En segundo lugar, unha vez que se constata a tensión entre intereses lexítimos e amparables do punto de vista da legalidade e mesmo da promoción constitucional, debemos ver cal deles se pode ver irremediablemente sacrificado ou máis gravemente afectado en función da decisión que se adopte en sede cautelar. Neste sentido é importante indicar dende xa que hai fins e dereitos constitucionalmente lexítimos cuxa materialización por medio da executividade do acto admite demora, sen máis perda que a propia do retardo do procedemento, e pola contra, hai outros dereitos e intereses dignos de protección cuxa prematura execución do acto poderían afectar irremediablemente e só seren reparables de xeito imperfecto posteriormente. Isto é o que sucede co medio ambiente, un dos bens en tensión no presente asunto.

Teñamos en conta por una banda que en espazos ecosistémicos sensibles (polas razóns que sexan, neste caso pola presenza dos valores ambientais descritos no apartado anterior) os cálculos de supervivencia e recuperación que se poden acadar coas medidas correctoras sempre conteñen un ámbito de incerteza ao non se tratar a botánica en particular ou as ciencias biolóxicas en xeral de ciencias exactas que permitan predicir un resultado de forma axustada, como se produciría cando, como sucede noutros eidos da actuación administrativa, cabe unha satisfacción polo equivalente económico.

Postos nesta tesitura, a intervención por medio da executividade do acto produce, de forma (como mínimo) transitoria ineludiblemente unha afectación ecosistémica, por pequena que sexa, derivada da execución de obras nun espazo natural. Dicimos como mínimo transitoria porque só posteriormente se poderá comprobar se o dano producido é recuperable por medio das medidas correctoras impostas no trámite de impacto ambiental. E isto dependerá como mínimo de tres situacións cumulativas: que as obras se executen estritamente no marco do declarado no proxecto; que as medidas correctoras se implementen de forma exacta a como se prevén nos documentos ambientais; e que finalmente unhas e outras -executadas nos seus estritos termos- teñan a idoneidade de acadar o resultado de restauración perfecta ou imperfecta do equilibrio ambiental roto pola intervención humana.

Todo este periplo está lexitimado constitucionalmente se acaso só cando a actuación resulta conforme a dereito, caso no cal a intervención humana no medio implicará un sacrificio xustificado(na resolución de tensión entre dereitos e polo principio de proporcionalidade) de bens ambientais. Pero cando a actuación resulta contraria a dereito, atopámonos con que a lesión transitoria ou definitiva ao medio ambiente resultou inxustificada e o conxunto da cidadanía foi privada temporal ou definitivamente dun ben común.

3.2. O desenvolvemento sostible como principio de ponderación no fondo do asunto. Prevalencia do interese ambiental en sede cautelar.

Pola razón apuntada no parágrafo anterior, non poden admitirse os argumentos das demandadas consistentes en que o proxecto industrial aquí pretendido contribúe ao desenvolvemento sostible ou que resulte, por razóns de economía, un interese preponderante.

En sede cautelar debemos descartar, como pretenden as demandadas, que a simple presenza dunha DIA con medidas correctoras dos danos ambientais que con certeza se van producir coas obras, poda constituír base suficiente para permitir a execución do proxecto, unha vez que resultou indiciariamente acreditado que existen elementos sensibles do ecosistema que se van ver afectados de forma relevante (afección a especies de flora ou fauna que están especialmente protexidas por estaren en estado de ameaza ou perigo de extinción).

O deseño de medidas correctoras e compensatorias polo dano ambiental causado cunha obra, que se aproban nunha DIA, teñen por finalidade garantir un elevado nivel de protección ambiental que promova o desenvolvemento sostible, tal como se recolle no art. 1.1. da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (LAA). O desenvolvemento sostible é definido pola ONU no Cumio de 2015 -que fixou os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e da que deriva a Axenda 2030- como "o desenvolvemento capaz de satisfacer as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das futuras xeracións para satisfacer as súas propias necesidades".O documento indica que "Para alcanzar o desenvolvemento sostible, é fundamental harmonizar tres elementos básicos: o crecemento económico, a inclusión social e a protección do medio ambiente. Estes elementos están interrelacionados e son todos esenciais para o benestar das persoas e as sociedades".

A conciliación entre crecemento económico e protección do medio ambiente refire a existencia dunha tensión entre ambos conceptos que debe ser resolta de tal modo que se ten que existir unha lesión ao medio, o sacrificio ambiental estea xustificado, resulte proporcionado e en todo caso salvagarde de forma duradeira o recurso natural ambiental para a satisfacción das necesidades das xeracións futuras.

Afondando neste principio, a Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade (LPNB), no seu art. 3.36 define o uso sostible do patrimonio natural como a "utilización dos seus compoñentes dun modo e a un ritmo que non ocasione a súa redución a longo prazo, co cal se manteñen as posibilidades da súa achega á satisfacción das necesidades das xeracións actuais e futuras".

O desenvolvemento sostible lexitima a afectación ao medio ambiente polas obras aprobadas e corrixidas ou compensadas polas medidas reflectidas na DIA só na medida en que o proxecto resulte acorde a dereito, e este exame pertence ao fondo do asunto, non á tutela cautelar.

Para os tribunais, o desenvolvemento sostible cristaliza nun principio que hoxe impregna dende a lexislación urbanística ( arts 1 e 3 do Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Chan e Rehabilitación Urbana) ata a máis recente Lei 7/2021, do 20 de maio, de cambio climático e transición enerxética, que no seu art. 2.a. o recolle como principio que rexerá as actuacións derivadas desa lei e o seu desenvolvemento, ademais de asumir de forma expresa os contidos da Axenda 2030das Nacións Unidas que acabamos de referir.

Isto significa que o desenvolvemento sostible constitúe unha pauta hermenéutica esencial de calquera actividade da administración pública nestes eidos, tanto regulamentaria como administrativa, encamiñada a encher de contido do xuízo de ponderación á hora de avaliar, no caso concreto, na hipotética tensión entre desenvolvemento económico e medio ambiente, cal debe prevalecer e como deben combinarse as relacións entre ambos, cando sexa posible a súa coexistencia á hora de analizar un plan ou proxecto concreto con efectos significativos no medio ambiente.

Seguindo o esquema básico á hora de facer o xuízo de ponderación na tensión entre principios constitucionalmente lexítimos, proposto pola STC nº 148/2021, esta tarefa xurisdicional está composta polo xuízo de idoneidade, o de necesidade de o de ponderación ou proporcionalidade en sentido estrito -chamado de racionalidade na STS nº 1450/2023, de 15 de novembro-. O que interesa destacar neste momento é que este xuízo está sempre referido ao fondo do asunto, e concirne ao exame que o tribunal debe facer no momento da deliberación, e non antes.

En consecuencia, o principio de desenvolvemento sostible como argumento para manter a executividade do acto non pode ser feito valer neste momento do proceso, en sede cautelar, porque o seu exame require entrar a coñecer o fondo do asunto.

No seu lugar, a tutela cautelar establece os seus propios criterios de ponderación de intereses, aos que agora nos referiremos, e sobre os que o Tribunal Constitucional se ten pronunciado recentemente nesta materia.

Resulta relevante, neste sentido, o ATC n.º 21/2024, do 27 de febreiro de 2024 ( ROJ: ATC 21/2024 - ECLI:ES:TC:2024:21A ) Recurso: 6243/2023, que mantén parcialmente a suspensión no recurso de inconstitucionalidade 6243-2023, interposto polo presidente do Goberno en relación con diversos preceptos da Lei do Parlamento de Galicia 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

En sede de ponderación de intereses, o Constitucional concede unha posición preferente en sede cautelar ao medio ambiente sobre os intereses económicos, indicando (FX 4º) que: "á hora de ponderar os intereses concorrentes neste tipo de incidentes cautelares, a doutrina deste tribunal vén reiterando que o risco de deterioración do medio ambiente é obxecto de "consideración preferente neste tipo de incidentes", pois "en materia de suspensión cautelar a salvagarda do interese ecolóxico merece a condición de interese preferente,dada a fraxilidade e irreparabilidade dos prexuízos que se poderían producir en caso da súa perturbación (..) ( ATC 114/2011, do 19 de xullo , FFXX 4 e 6).".

O obxecto da valoración para un tribunal en sede cautelar, abstraéndose dos motivos de fondo do litixio, debe ser, como apunta o FX 5º: "apreciar exclusivamente se a aplicación das disposicións impugnadas non resulta indiferente desde a perspectiva do interese ecolóxico e ambiental subxacente,ao ocasionar situacións que sendo irreversibles ou de difícil reparación, menoscaben a integridade do demanio e os valores naturais nel protexidos. O devandito interese (..) ha de merecer consideración preferente na resolución deste tipo de incidentes"

Iso significa que en sede cautelar a ponderación favorable de intereses económicos como prevalente é extremadamente excepcional, só admisible cando compromete de forma esencial a economía da nación ou produce un dano particularmente intenso. Di así o Auto (FX 4º) que "só cabe admitir a súa subordinación a outros intereses públicos ou privados de carácter patrimonial cando a lesión destes supoña afectar a un sector económico de maneira directa e inmediata, fundamental para a economía da Nación, con posibles prexuízos económicos de moi difícil reparación, ou ben cando a aplicación das medidas controvertidas fose susceptible de provocar gravísimos efectos prexudiciais" ( ATC 114/2011, do 19 de xullo , FFXX 4 e 6)."

En idénticos termos se pronuncia o coetáneo ATC n.º 22/2024, do 28 de febreiro de 2024 ( ROJ: ATC 22/2024 - ECLI:É: TC:2024:22A ) Recurso: 6521/2023. Neste caso, á hora de efectuar a ponderación de intereses, o Auto lembra que "a doutrina deste tribunal vén reiterando que "en materia de suspensión cautelar a salvagarda do interese ecolóxico merece a condición de interese preferente,dada a fraxilidade e irreparabilidade dos prexuízos que se poderían producir en caso da súa perturbación".

En definitiva, o TC establece no xuízo de ponderación en sede cautelar a preeminencia da protección ambiental como preferente sobre outros intereses aducidos tamén neste procedemento que nos ocupa que, aínda que lexítimos, non resultarían irremediablemente afectados, como si sucedería cos valores ambientais que así se tratan de salvagardar.

3.3. A prevención e a precaución como criterios de ponderación de intereses.

A explicación anterior tamén nos vale como antecedente da aplicación dos principios de prevención e precaución que rexen dende hai décadas no eido de medio ambiente na tutela cautelar, e que se proxectan non só á hora de modular a proba sobre a certeza do dano de difícil ou imposible reparación, senón tamén para ponderar os intereses concorrentes.

Se o principio de prevención fai referencia á necesidade de evitar riscos coñecidos antes de que se produzan, o de precaución alude a evitar ameazas de danos descoñecidos ou incertos, cando poden aparecer como consecuencia dunha actividade que xera riscos, estando acreditada a existencia do risco inherente á actividade. A xa invocada STS de 8 de marzo de 2012 ( ROJ: STS 1666/2012 - ECLI:ES:TS:2012:1666 Recurso: 4638/2008) refírese a este principio no seu FX 6º de forma ampla, á que nos remitimos.

A vixencia do principio de precaución non se produce só no momento da decisión xudicial sobre o fondo do asunto, senón que ha de informar, polas razóns que se expuxeron supra,a tutela cautelar, é dicir: cando existe o risco certo (porque a actividade que desencadea a execución do acto incide no medio ambiente) sobre un ben xurídico tan sensible como un espazo natural protexido polas figuras expostas, a protección do statu quoambiental adquire unha relevancia excepcional, porque aínda que non exista a certeza de que a actividade vai causar un dano irreparable, dado que a súa evitación depende dun cúmulo de factores diverso e non verificable ex antee menos aínda en sede cautelar, a preeminencia do ben xurídico medio ambiente, así concretada, debe prevalecer sobre outros intereses en conflito, dos que pasamos a dar conta, para verificar a súa posición na resolución da tensión en relación ao medio ambiental.

Así, as demandadas sinalan principalmente a descarbonización enerxética da man da implantación de enerxías renovables e a crise de prezos e escaseza de determinadas enerxías fósiles derivada da guerra da Ucraína, feitos que anoan á Recomendación 2022/822, de 18 de maio sobre a axilización de procedementos de autorización de implantación deste tipo de instalacións, así como a tradución posterior en regulamentos comunitarios e lexislación estatal e autonómica.

Unha simple lectura dos termos en que se formulan todas as consideracións xa nos advirte da limitada forza de obrigar dos argumentos. En efecto, son fins loables tanto a transición como a soberanía enerxéticas, pero nin unha nin a outra se poden facer a costa da vulneración doutros bens xurídicos, de aí que a posta en cuestión da súa legalidade poda determinar a súa suspensión cautelar. Neste caso concreto está posta en causa a idoneidade do emprazamento da instalación enerxética, e ofrécense poderosas razóns ambientais que poñen en cuestión a reversibilidade da situación ambiental que podería crearse coa súa execución. Ante esta tesitura, un argumento estritamente coxuntural como é a guerra en Ucraína non pode ser determinante da prevalencia da construción da instalación, sinxelamente porque dada a fase na que se atopa o procedemento de autorización e a súa entrada en funcionamento, dificilmente a súa posta en marcha contribuirá a aliviar a crise enerxética. Dicimos isto porque a propia empresa recoñece un prazo de varios anos para executar as obras, ao que se deben de sumar os previsibles prazos adicionais de verificación, o que crea un horizonte como mínimo de medio prazo para que o PE proxectado puidese verter enerxía á rede. Aínda que ninguén pode predicir a duración da guerra, fiar a decisión cautelar da prevalencia de intereses a cal dos escenarios será máis probable é cando menos especulatorio, alén de que o caudal deste proxecto, por máis que meritorio, será modesto (menos de 50 MW) na súa contribución ao total enerxético da rede, o que determina que non esteamos nunha achega por si soa relevante para o escenario de carestía enerxética bélica ou mesmo postbélica.

Outro tanto debe dicirse sobre o argumento da descarbonización da economía, xa que dificilmente este proxecto por si só vai resultar relevante nesa hercúlea empresa (só en Galicia hai instalados, segundo datos da patronal do sector de público coñecemento, arredor de 3897 MW) polo que o impacto que aquí temos que considerar é o do proxecto sometido a consideración da Sala, neste caso para os efectos da tutela cautelar pretendida.

Ambos os dous argumentos parten do erro de considerar que se estea aquí sometendo a consideración da Sala a todo o sector eólico con proxectos en tramitación, e non é así. O argumento sería relevante se por exemplo a medida se reclamase a respecto dun regulamento que afectase ao conxunto do sector, aí si deberíamos facer unha estimación adaptada á dimensión desoutra suspensión pretendida. Pero aquí só debemos ponderar as cuestións relativas a este PE. Así o ten considerado tamén a STS de 24/5/2011 ( Roj: STS 2952/2011 - ECLI:ES:TS:2011:2952) no seu FX 6º: "trátase tan só dun parque eólico respecto do cal a incidencia temporal da medida cautelar non pode, pola súa propia natureza, senón ser limitada e a súa repercusión nos intereses xerais do sistema eléctrico mínima".No mesmo sentido se pronuncia a STS de 10/5/2011 ( Roj: STS 2704/2011 - ECLI:ES:TS:2011:2704 Nº de Recurso: 3623/2010) no seu FX 3º in fine.

Finalmente, en relación á normativa europea invocada singularmente pola Administración demandada, por moito que se busque nas pasaxes citadas ou no resto do documento, non se atopará referencia ningunha a que a axilización administrativa se deba producir a costa de relaxar os estándares de protección ambiental, e por esa razón ningunha das directivas ou regulamentos que se invocan no texto son das que constitúen o armazón comunitario ambiental, de onde debemos concluír que nin na letra nin no espírito da normativa se pretenda un retroceso nestas materias.

Polo demais, esta Sala e Sección xa se ten pronunciado en idéntico sentido con ocasión do ATSXG de 17/11/2022 (PO 7052/2022) confirmatorio en reposición neste punto do Auto de 19/9/2022, en cuxo FX 1º dixemos que:

"cando se trata de realizar ese xuízo comparativo a propósito de actuacións con incidencia ambiental, a regra xeral é atender á suspensión das actuacións presuntamente atentatorias ou que afecten o medio ambiente, ben xurídico que protexen os artigos 45 CE e 37 da Carta dos dereitos fundamentais da Unión Europea, e que atopa un reforzo nos principios de cautela e de acción preventiva a que se refire o artigo 191.2 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (en igual sentido os AaTS de 17.02.90 e 15.09.09 , así como as SsTS de 29.01.10 e 21.10.10 )."

3.4. Ponderación do interese económico do particular na execución do acto fronte o interese económico xeral.

En canto aos argumentos estritamente económicos que refiren as codemandadas, apuntando avultadas contías de investimento na construción que se ven paralizadas durante o procedemento de adoptarse a medida, débese indicar que a paralización temporal da construción é un mal menor se o comparamos co custo económico que para as arcas públicas da Xunta de Galicia podería ter a construción da instalación se posteriormente se declarase a súa ilegalidade, xa que podería chegar a implicar o deber de demolición (a custa da administración autorizante) e o de indemnización ao promotor que construíu de boa fe amparado en título administrativo. Esta hipótese de reposición da legalidade con obriga de demolición xa se ten producido en numerosas ocasións, como dan conta entre outras a STSX, Contencioso sección 2 do 19 de setembro de 2012 ( ROJ: STSJ ICAN 4142/2012 - ECLI:ES:TSJICAN:2012:4142 ) Sentenza: 246/2012 Recurso: 255/2012; ou a SXCA, Contencioso sección 1 do 03 de maio de 2011 ( ROJ: SJCA 36/2011 - ECLI:ES:JCA:2011:36 ) Sentenza: 140/2011 Recurso: 329/2010.

En consecuencia, non se albiscan dende este punto de vista unhas vantaxes económicas ponderando os intereses públicos e os particulares, que xustifiquen decantarnos pola prevalencia dos segundos.

3.5. Inexistencia de dano por transcurso dos prazos de cumprimento das obrigas impostas no acto impugnado derivadas da suspensión cautelar.

O acto aquí impugnado establece unha carga para o interesado, que é o de dispor dun prazo máximo para a realización de obras e solicitude subseguinte de autorización de explotación, cuxo incumprimento pode dar lugar á revogación da autorización previa e de construción concedidas. Concretamente, o art. 34.2. LAEGA, que indica que "2. A resolución de autorización administrativa previa e de construción expresará que a persoa promotora disporá dun prazo de tres anos,contado a partir do seu outorgamento, para solicitar a correspondente autorización de explotación, indicando que, no caso de incumprimento, poderá producirse a súa revogación nos termos establecidos no punto 10 do artigo 53 da Lei 24/3013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (LSE), ou norma que a substitúa.".O art. 53.10 LSE pola súa banda establece que: "10. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación,previa audiencia do interesado".

Partindo desta regulación, sostén a promotora da instalación industrial eólica aquí codemandada que a suspensión do acto impugnado podería ocasionarlle un dano polo retardo que a suspensión do acto poda ter na obriga da finalización da execución da obra nun prazo concreto.

Esta interpretación das normas efectuada pola empresa non pode acollerse, porque a medida cautelar, cando o obxecto da solicitude é a suspensión do acto impugnado, de ser adoptada, suspende a eficacia do acto, e polo tanto suspende automaticamente o prazo marcado na norma que ten como dies a quoa data de outorgamento: o prazo imposto legalmente só rexe en tanto que o acto é eficaz, porque é unha obriga que emana do contido, e está condicionado á súa eficacia.

En efecto, unha das características esenciais dun acto administrativo é a súa eficacia, como manifestación do privilexio da autotutela executiva ou executividade (enunciada nos arts. 38 e 39 LPACAP, entre outros), que ten lugar -para o caso da resolución aquí impugnada- unha vez que o acto é notificado ao seu destinatario ( art. 39.2. LPACAP) . Agora ben, iniciada esta eficacia, e con ela o prazo establecido na LAEGA e as consecuencias anexas na LSE, pode producirse a ineficacia sobrevida do acto, entre outros motivos, pola súa suspensión, que pode producirse en vía administrativa ou xudicial, neste caso mediante a adopción das medidas cautelares, xa que a suspensión do acto e con el a súa eficacia e polo tanto os prazos desencadeados coa súa notificación é unha das pretensións admisibles (e a máis frecuente, de feito) que en sede cautelar poden adoptarse ao abeiro do art. 129.1. LXCA (cantas medidas aseguren a efectividade da sentenza).

Unha vez que un órgano xudicial acorda a suspensión dun acto administrativo en sede cautelar, queda suspendida a súa eficacia, e con ela, os prazos aos que se someten as obrigas reflectidas no mesmo, neste caso, a realización de obras e solicitude de autorización de explotación, sen que a administración poda executar ningunha consecuencia derivada do acto, estando obrigada, máis ao contrario, a dispor o inmediato cumprimentoda suspensión da eficacia ( art. 134.1. LXCA).

En consecuencia, ningún dano se deriva da suspensión cautelar por transcurso de prazos para a execución de obras e solicitude de sucesivas autorizacións. Este efecto prodúcese por ministerio da Lei, sen que a Sala deba facer ningún pronunciamento particular.

Polas anteriores consideracións, a Sala entende que na ponderación de intereses en conflito a protección do medio ambiente ha de ser prevalente nesta sede cautelar.

Quinto-. Sobre a constitución da caución previa á suspensión do acto impugnado.

Sostén a demandada que en caso de se adoptar a medida de suspensión, ha de ir acompañada dunha caución; pola contra a demandante, apelando á súa condición de asociación ecoloxista e a defensa de intereses colectivos, solicita a non imposición de caución, que segundo ela impediría a efectividade da medida ao non poder satisfacela.

A xurisprudencia ten admitido, tratándose de asociacións ecoloxistas que accionan en defensa do medio ambiente, non por un interese particular, senón dun ben común, razón pola cal gozan de acción pública -limitada como sabemos a entidades deste tipo-, a suspensión do acto impugnado poda acordarse sen caución para os solicitantes, doutrina reiterada en resolucións como a STS de 24/5/2011 ( Roj: STS 2952/2011 - ECLI:ES:TS:2011:2952) que acepta orbiter dictano seu FX 2º resolucións anteriores na materia, así como na STS de 11/10/2011 ( Roj: STS 6262/2011 - ECLI:ES:TS:2011:6262), no seu FX 2º.

Acreditados os presupostos da adopción da medida cautelar, e os riscos derivados de que a tutela cautelar poda non levar á suspensión do acto pola concorrencia dun factor externo ás causas que determinan a súa apreciación, como é a imposibilidade de prestar caución, a STS de 8/7/2011 ( Roj: STS 4514/2011 - ECLI:ES:TS:2011:4514 Nº de Recurso: 4222/2010) ten declarado, con cita de anterior xurisprudencia, que o ""dereito á tutela cautelar", inserido no dereito fundamental á tutela xudicial efectiva(..) "visto pola súa envés, significa o deber que teñen tanto a Administración como os Tribunais de acordar a medida cautelar que sexa necesaria para asegurar a plena efectividade do acto terminal (resolución administrativa ou, no seu caso, xudicial)". E esta forza expansiva do artigo 24.1 CE vén tamén imposta polo principio de Dereito Comunitario europeo recollido na Sentenza Factortame do Tribunal de Xustiza de Luxemburgo, do 19 de xuño de 1990, principio que fai seu o noso Tribunal Supremo e que se resume en que "a necesidade do proceso para obter a razón non debe converterse nun dano para o que ten a razón"."

A Sala considera que en casos coma o presente en que a recorrente é unha entidade sen ánimo de lucro e sen actividade mercantil xeradora de ingresos, a imposición de caución pode determinar a imposibilidade de outorgar unha suspensión cautelar, aínda que se desen os supostos previstos legalmente para facelo, por un feito externo a ela como é a prestación de fianza. Dado que esta non se configura no art. 133.1. LXCA como obrigatoria, é facultade do Tribunal, pero tamén deber, ponderar os casos en que procede esixila e en cal non.

E neste caso entende a Sala, acollendo os argumentos xurisprudenciais expostos, que non procede, porque o ben xurídico aquí cualificado, en función das circunstancias concorrentes, como prevalente, ten un interese público de primeira magnitude que interpela ao conxunto da cidadanía e por iso se confire acción pública en defensa da legalidade en materia ambiental (art. 22 Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente)e se sitúa ás entidades de defensa do medio ambiente nunha posición relevante de tutela de intereses colectivos (vid.neste sentido a STS de 25/6/2008 - ROJ: STS 4460/2008 - ECLI:ES:TS:2008:4460 Recurso: 905/2007, FX 4º) sen que as razóns xurídicas que podan asistirlles lles deban negar a obtención da tutela cautelar solicitada por circunstancias económicas que pola natureza das demandantes resultarían imposibles de superar (Sentenza Factortame TXUE 19/6/1990),ao carecer dunha fonte de xeración de recursos económicos diferente da simple cota das persoas asociadas, en definitiva, non cabe supeditar a protección cautelar do medio ambiente á situación económica do recorrente, cando este non actúa por un interese meramente particular, senón de carácter colectivo, como recoñeceu tamén a xurisprudencia invocada supra.

Para maior abastanza, aínda que o argumentado resulta suficiente para eximir en todo caso as entidades constituídas en defensa de intereses medioambientais, a xurisprudencia comunitaria se ten pronunciado constantemente tamén neste sentido cando os recorrentes son outro tipo de particulares ou administracións que accionan nesta materia. Así o fai de novo na STXUE nº 62022CJ0252 - Recurso: C-252/22, de 11/1/2024 (ROJ: PTJUE 3/2024 -ECLI: EU:C:2024:13), cando a propósito das custas que caiba impoñer nun procedemento seguido en materia de medio ambiente, lembra que os custos para unha recorrente que actúa na súa defensa non poden ser prohibitivos, e este concepto refírese á totalidade do proceso (apartado 73, con cita expresa da STXUE de 11 de abril de 2013, Edwards e Pallikaropoulos, C-260/11, EU:C:2013:221, apartados 27 e 28, que desenvolven estes conceptos), o que inclúe a posible caución para a obtención da tutela cautelar. Incide esta resolución en que o custo financeiro non debe superar a capacidade financeira da recorrente, tendo en conta os custos globais do procedemento (apartado 74). Indica neste sentido o apartado 79 que "a esixencia de «custo non prohibitivo» forma parte, no ámbito do medio ambiente, do respecto do dereito á tutela xudicial efectiva, consagrado no artigo 47 da Carta, así como do principio de efectividade, segundo o cal a regulación procesual dos recursos destinados a garantir a tutela dos dereitos que o Dereito da Unión confire aos xusticiables non debe facer imposible na práctica ou excesivamente difícil o exercicio dos dereitos conferidos polo ordenamento xurídico da Unión ( sentenza do 11 de abril de 2013, Edwards e Pallikaropoulos, C-260/11 , EU:C:2013:221 , apartado 33 e xurisprudencia citada).",engadindo o apartado 82 que "Neste contexto, procede lembrar tamén que, para garantir a tutela xudicial efectiva cando, como no caso de autos, trátase da aplicación do Dereito ambiental nacional, o órgano xurisdicional remitente está obrigado a interpretar o Dereito procesual interno de maneira conforme, na medida do posible, co obxectivo do artigo 9, apartado 4, do Convenio de Aarhus, de modo que o custo dos procedementos xudiciais non sexa prohibitivo (véxanse, neste sentido, as sentenzas do 8 de marzo de 2011, Lesoochranárske zoskupenie, C-240/09 , EU:C:2011:125 , apartado 50, e do 15 de marzo de 2018, North East Pylon Pressure Campaign e Sheehy, C-470/16 , EU:C:2018:185 , apartado 57)".

En consecuencia, a Sala acorda a suspensión do acto sen necesidade de prestación de caución."

TERCERO.-El art. 139.1 de la LRJCA establece que: "En primera o única instancia, el órgano jurisdiccional, al dictar sentencia o resolver por autolos recursos o incidentes que ante el mismo se promovieren, impondrá las costas a la parte que haya visto rechazadas todas sus pretensiones, salvo que aprecie y así lo razone, que el caso presentaba serias dudas de hecho o de derecho". La estimación de la medida cautelar conlleva que las costas procesales se impongan a la Administración actuante y a la promotora eólica, en la cantidad máxima, cada una, de 150 € ( art. 139.4 LRJCA)."

Fallo

LA SALA ACUERDA:

1º) ESTIMAR,sin imposición de caución, la medida cautelar solicitada por el/la Procurador/a D./Dña. MARIA IRENE CABRERA RODRIGUEZ en nombre y representación de ASOCIACION ECOLOXISTAS EN ACCION GALIZA, y, en consecuencia, se suspende la ejecutividad de la actuación administrativa descrita en el FD PRIMERO.

2º) IMPONERlas costas procesales en los términos expuestos.

- Poner en conocimiento de la administración demandada la medida cautelar acordada para su inmediato cumplimiento

Notifíquese esta resolución a todas las partes,haciéndoles saber, que, contra la misma cabe recurso de reposición, que deberá ser interpuesto ante este mismo órgano judicial, en el plazo de los cinco días siguientes a la notificación de esta resolución.

Así lo acuerdan, mandan y firman los Ilmos. Sres. anotados al margen, ante mí, el/la Letrado de la Administración de Justicia, que doy fe.

La difusión del texto de esta resolución a partes no interesadas en el proceso en el que ha sido dictada sólo podrá llevarse a cabo previa disociación de los datos de carácter personal que los mismos contuvieran y con pleno respeto al derecho a la intimidad, a los derechos de las personas que requieran un especial deber de tutelar o a la garantía del anonimato de las víctimas o perjudicados, cuando proceda.

Los datos personales incluidos en esta resolución no podrán ser cedidos, ni comunicados con fines contrarios a las leyes.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.