Última revisión
12/01/2026
Auto Contencioso-Administrativo 92/2025 Tribunal Superior de Justicia de A Coruña. Sala de lo Contencioso-Administrativo. Sección de Casamiento, Rec. 7416/2024 de 02 de junio del 2025
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 107 min
Orden: Administrativo
Fecha: 02 de Junio de 2025
Tribunal: Tribunal Superior de Justicia. Sala de lo Contencioso-Administrativo. Sección de Casamiento
Ponente: LUIS VILLARES NAVEIRA
Nº de sentencia: 92/2025
Núm. Cendoj: 15030330032025200005
Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2025:176A
Núm. Roj: ATSJ GAL 176:2025
Encabezamiento
Equipo/usuario: MQ
Modelo: N35300 AUTO ESTIMA M.CAUTELAR ART 131 LRJCA
PLAZA DE GALICIA, 1 15004 A CORUÑA
FRANCISCO JAVIER CAMBON GARCIA
JUAN-CARLOS FERNÁNDEZ LÓPEZ
MARIA DOLORES LOPEZ LOPEZ
LUIS VILLARES NAVEIRA
MARIA DE LOS ANGELES BRAÑA LOPEZ
En A CORUÑA, a 2 de xuño de 2025.
Antecedentes
Co escrito de interposición do recurso a parte interesada solicitou a adopción de medidas precautorias en relación á resolución administrativa recorrida, tras o cal se abriu a correspondente peza separada, e traslado ás demais partes do procedemento.
A medida precautoria solicitada consiste na suspensión da execución do acto impugnado, a desestimación por silencio administrativo do recurso de alzada interposto con data 11 de Marzo do 2024 fronte á Resolución do 3 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Paradela-005, sito nos municipios de Bóveda, O Saviñao, Paradela e Sarria(Lugo) e promovido por Green capital 84,S.L.V ( IN 408 A 2019/005). D.Ou.G Núm.35, do 19 de febreiro do 2024.
Fundamenta o/a recorrente a súa solicitude en:
a. a doutrina do
a) dano irreparable derivado da afectación para dun hábitat de interese comunitario, no que habitan varias especies ameazadas (CGEA), coa categoría de vulnerables ou en perigo de extinción;
b) Igualmente refire a afección severa a un área de especial interese paisaxístico;
c) indica existencia de área arqueolóxica especialmente sensible;
d) infracción de normativa de distancia a núcleos;
e) existencia de reserva de Biosfera;
f) Afectación a humidais e recursos hídricos.
b. Ponderación circunstanciada de intereses favorable á suspensión, porque os ambientais son prevalentes sobre os empresariais;
c. a existencia dun
d. indícase a necesidade de que se releve de caución dada finalidade de interese xeral que persegue a asociación de defensa do medio ambiente.
Oponse a Administración ás pretensións da parte demandante con base nos seguintes motivos:
a) Falta de consideración da globalidade dos parques eólicos suspendidos e consecuencias gravosas para a economía e o medio ambiente;
b) Aplicabilidade da Lei galega 10/2023 e interese xurídico superior do proxecto;
c) no informe pericial da demandante para acreditar o dano irreparable, realízase unha simple análise inicial dos supostos efectos adversos que terá o proxecto sobre o medio ambiente, pero sen cuantificalos nin xustificar a magnitude atribuída aos mesmos; O informe da demandante non concreta en ningún momento un so dano non recuperable, independentemente de que a detallada avaliación ambiental realizada non identificou afeccións significativas sobre o medio natural. Con iso quérese acreditar o feito indiscutible de que os danos son recuperables e, en consecuencia, se no seu día se ditase unha resolución que obrigase a desmontar o parque eólico e recuperar as condicións iniciais, a efectividade da sentenza está garantida;
d) A ponderación de intereses debe resolverse a favor da executividade do acto, porque o proxecto é beneficioso para o medio ambiente; existe un interese en desenvolver a renovables para loitar contra o cambio climático e a perda de biodiversidade; a normativa europea na materia avala a construción do PE cualificándoo como constitutivo dun interese público superior;
e) En canto á aparencia de bo dereito, sinálase a existencia de sentenzas do Tribunal Supremo que invalidan a concorrencia de precedentes favorables da Sala; En canto a división artificiosa que se alega, oponse que non cabe en fase cautelar resolver sobre unha posible división artificiosa dos proxectos, pois isto esixe un estudo de fondo completo sobre as características dos parques eólicos que se citan, e as características propias deste que aquí se analiza.
f) Subsidiariamente, solicítase a imposición de caución que considere o Tribunal, habida conta do alto importe do proxecto.
g) Necesidade de adopción da contracautela de declaración da suspensión de prazos para remate das obras e conexión á rede.
A empresa codemandada oponse en termos substancialmente idénticos aos formulados pola administración.
Concluído o trámite de alegacións procede resolver a petición formulada.
Fundamentos
Segundo o artigo 129, número primeiro, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LXCA),
Engade ao anterior o artigo 130 da LXCA:
A doutrina da Sala Terceira do Tribunal Supremo sobre a xustiza precautoria pode resumirse nos seguintes termos, seguindo o Auto do 21 de setembro de 2004:
A. A razón de ser da xustiza precautoria, no proceso en xeral, encóntrase na necesidade de evitar que o lapso de tempo que transcorre ata que recae un pronunciamento xudicial firme supoña a perda da finalidade do proceso. Coas medidas precautorias trátase de asegurar a eficacia da resolución que poña fin ao proceso ou, como di expresivamente o artigo 129 da LXCA,
B. A decisión sobre a procedencia das medidas precautorias debe adoptarse
a)
Esta necesidade de xustificación dos danos e perdas é
b)
c)
No eido específico da mora procesual, constante xurisprudencia reitera a necesidade de achegar un
d) A
O criterio de ponderación de intereses concorrentes é complementario do de perda da finalidade lexítima do recurso e foi destacado frecuentemente pola xurisprudencia:
e) A
Ao aplicar a doutrina anterior ao suposto de autos, a conclusión que alcanza esta Sala é que concorren as circunstancias que xustifican a adopción da medida precautoria solicitada, polos motivos que a continuación se detallan.
Por razóns sistemáticas e de claridade expositiva, analizarase cada un dos elementos anteriores nun fundamento xurídico independente.
O ben xurídico que se alega en perigo irreversible como presuposto de adopción desta medida cautelar é o medio ambiente, que ten recoñecemento constitucional por medio do art. 45 CE. No caso concreto, alégase que a execución dun proxecto construtivo dunha instalación de produción de enerxía eólica produciría danos irreversibles ao medio ambiente como consecuencia do impacto das obras da súa realización e máis do seu funcionamento. Razóase que existe unha serie de valores ambientais de interese que se poden ver prexudicados irremediablemente como consecuencia das obras, de xeito que a única maneira de asegurar a efectividade da sentenza será suspendendo a execución do acto.
Establecida a necesidade de tutela cautelar nos termos que anteceden, corresponde á parte demandante presentar un indicio de proba do dano que se alega, e da súa relevancia para o ben xurídico protexido, neste caso o medio ambiente. Dado que a execución de calquera obra nun entorno natural é susceptible de alterar o medio físico, non abonda argumentar que se vai executar, senón que cómpre explicar como a execución da obra pode afectar ao medio ambiente, e que concretos valores ambientais se van ver afectados. Neste sentido, deberá a parte interesada acreditar que as obras van incidir en espazos que ostenten algún tipo de interese singular ambiental que se vaia ver afectado polas obras, e polo tanto sexa susceptible de causar un dano de difícil ou imposible reparación, sexa pola magnitude das obras, sexa polo valor ou a fraxilidade do ecosistema.
Lembremos que en sede cautelar só se exixe un principio de proba, é dicir, indicios que permitan concluír a posible existencia dun dano certo a valores ambientais de interese pola simple execución das obras, non proba plena ao respecto.
Como elemento de proba que pretende acreditar estes extremos, a demandante achega coa súa solicitude un informe pericial.
O informe que se acompaña coa solicitude de medida cautelar cifra como ámbitos concretos onde a execución das obras de instalación do parque eólico poden ocasionar un dano irreparable os que se deixan relacionados nos antecedentes de feito desta resolución.
Analizaremos tanto a concreción deses aspectos ambientais, como o risco de afectación polas obras, lembrando anticipadamente que o requirido neste procedemento é un principio de proba daquilo que se esgrime como dano irreparable.
Resulta relevante neste eido a inclusión do espazo da poligonal eólica na área cualificada como de exclusión eólica polo Mapa de Zonificación ambiental elaborado polo Ministerio de Transición ecolóxica.
Documéntase este extremo nos ff. 4 a 6 do Informe pericial, en relación aos aeroxeradores PA 01, 03, e 04.
A Zonificación ambiental para o establecemento dun xuízo de idoneidade ambiental previo á toma de decisión de autorización de construción de instalacións de produción eléctrica por medio de fontes renovables, que inclúe a eólica e a fotovoltaica, forma parte da Declaración ambiental estratéxica (DAE) do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima 2021-2030. No seu apartado 2. Elementos Ambientais máis significativos: Potenciais impactos negativos e medidas contén unha serie de Medidas ambientais para paliar os efectos negativos do plan, que se xustifica indicando que "Respecto ás medidas estratéxicas orientadas ao despregamento de instalacións renovables promóvense inicialmente criterios ambientais xerais en relación coa localización das instalacións e os efectos máis representativos que conlevan, así como criterios ambientais estratéxicos específicos por tecnoloxías. Neste sentido, o MITERD elaborou uns mapas de zonificación ambiental para enerxías renovables (eólica e fotovoltaica) que integran os distintos requisitos do territorio para a localización destas instalacións, considerando dentro da eólica, unicamente a terrestre, e que permitirán orientar ao promotor das devanditas instalacións á hora de elixir a localización máis viable ambientalmente.". A partir desta finalidade, a DAE concibe a zonificación como unha "ferramenta que permite identificar as áreas do territorio nacional que presentan maiores condicionantes ambientais para a implantación destes proxectos, mediante un modelo territorial que agrupe os principais factores ambientais, cuxo resultado é unha zonificación da sensibilidade ambiental do territorio.". O mapa de Zonificación contén unha memoria onde se explica que os indicadores tidos en conta para realizar este traballo son: "Núcleos urbanos: como representación da poboación, a saúde humana, o aire, e a ocupación do chan. Masas de auga e zonas inundables (ri?os, encoros, lagos, lagoas, e zonas de inundación): como representación do factor auga. Plans de conservación e recuperación de especies ameazadas; zonas de protección do Real Decreto 1432/2008, do 29 de agosto, polo que se establecen medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión; conectividade ecolóxica mediante autoestradas salvaxes (de WWF España); Áreas Importantes para a Conservación das Aves (de SEDE/BirdLife); e os hábitats de interese comunitario: como representación da fauna e a flora. Rede Natura 2000, Espazos Naturais Protexidos, humidais RAMSAR, parte terrestre das Zonas Especialmente Protexidas de Importancia para o Mediterráneo, Reservas da Biosfera, e Lugares de Interese Xeolóxico: como representación da biodiversidade e a xeodiversidade. Visibilidade: como representación da paisaxe (impacto visual). Camiño de Santiago, vías pecuarias, montes de utilidade pública e Bens Patrimonio Mundial da UNESCO: como representación da poboación e dos elementos sobresalientes do patrimonio cultural español. "
Sobre estes indicadores realízase a zonificación, que en función da relevancia implicarán a concorrencia de factores de ponderación (compatibilidade) ou exclusión (incompatibilidade) deste tipo de instalacións, e que como resultado final determinan unha clasificación de sensibilidade ambiental, onde no nivel máximo non está recomendado a instalación destas industrias de xeración enerxética, mentres que si cabe no resto de niveis.
Unha clasificación de sensibilidade ambiental de nivel máximo non significa automaticamente unha prohibición da construción dunha instalación industrial de enerxía renovable eólica, pois como lembra a Memoria " o presente modelo é unha simplificación da realidade para poder coñecer, desde un enfoque xeral, o territorio, o cal non exime do pertinente trámite de avaliación ambiental, e de que se concreten os impactos de cada caso particular e en cada localización específica para cada proxecto de enerxía renovable que se pretenda instalar. Os valores do modelo non prexulgan o resultado dunha declaración de impacto ambiental. Por tanto, as zonas que resulten cunha sensibilidade ambiental de menor grao, segundo o modelo territorial resultante, non implican directamente que calquera proxecto destas tipoloxías vaia a obter unha resolución ambiental favorable. De igual maneira, que un proxecto se sitúe nunha zona con moitos condicionantes ambientais, non significa que vaia a obter necesariamente unha resolución ambiental desfavorable, xa que o proxecto en detalle pode conseguir evitar os impactos que puidesen ser significativos, mediante unha adecuada selección da alternativa das localizacións, con solucións adaptadas ás necesidades dos valores ambientais concretos, adoptando medidas preventivas e correctoras específicas etc. É dicir, os resultados do modelo hanse de tomar como unha recomendación"
A Sala entende que o contido do Informe de Zonificación aplicado á zona litixiosa serve como un indicio cualificado de que existen valores ambientais significativos, e que por esa razón foi preseleccionada polo Ministerio. En sede cautelar este documento, debido aos parámetros ambientais empregados para a súa elaboración, a independencia e solvencia da súa autoría, que foi promovida polo Ministerio e forma parte da Declaración ambiental estratéxica do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima, repútase suficiente por si só para -acreditado que o polígono eólico se pretende construír total ou parcialmente sobre a superficie cualificada como incompatible ou de exclusión-, deba dar lugar á apreciación da concorrencia de valores ambientais protexidos que se poñen en risco certo coas obras que se pretende realizar.
Non é discutido polas demandadas que as obras terían lugar dentro do espazo de exclusión fixado polo Mapa de Zonificación do Ministerio e que forma parte da Declaración ambiental estratéxica do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima, polo que este feito, así como o do risco concreto aos valores ambientais seleccionados polo modelo, téñense por concorrentes neste suposto.
Indícase que a proximidade a un área de especial interese paisaxístico ocasiona unha perda de paisaxe que se estenderá toda a vida útil do parque, e que se proxecta sobre diversas localidades da contorna.
A respecto do impacto paisaxístico que un proxecto eólico poda presentar nas inmediacións de espazos protexidos pola Rede Natura ou outras figuras de protección paisaxística, que resulten colindantes ou contiguas pero para as que en si mesmas non está prevista a figura de protección, a Sala ten chamado a atención tanto sobre o carácter unitario e continuo da paisaxe, como sobre a continuidade e coherencia dos hábitats, e a necesidade de contemplar estas circunstancias en sede cautelar, temos sinalado recentemente no ATSJ nº 64/2024, do 14 de marzo de 2024 ( ROJ: ATSJ GAL 81/2024 - ECLI:ES:TSJGAL:2024:81A ) Recurso: 7345/2023, no seu FX 2º que
Aínda que a Sala ten indicado que este motivo por si só non abonda para a acreditación indiciaria de risco de dano irreparable , en concorrencia con outros é un factor relevante para a súa apreciación, polo que corresponde examinar no caso concreto as afeccións denunciadas, que se relatan nos ff. 11 e seguintes do Informe da demandante.
No caso que nos ocupa, o informe relata a afección á AEIP 05_01 Río Miño, conforme a cartografía achegada da propia información ofrecida pola Xunta de Galicia, de catálogo de paisaxes, onde se indica a situación en zona de máxima exposición visual, polo que se ten por acreditada unha intensa afección paisaxística a zonas catalogadas.
Sostén a demandante que as obras afectan de xeito grave á zona tampón da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Basea esta consideración na conclusión extraída do
Incorpóranse os seus resultados ao Informe da demandante aos ff. 2 a 5.
Entende a Sala que os datos que achega o Informe oficial son de suma relevancia, pero é preciso facer dúas observacións. Dunha banda, teñen en conta parámetros ambientais que xa foron considerados polo MINTERD á hora de realizar a Zonificación territorial do Estado para os efectos de determinar a idoneidade de implementación de polígonos industriais eólicos e fotovoltáicos, e doutra banda, como sinala a administración (ff. 12 e ss), a Lei de Patrimonio Natural e Biodiversidade non exclúe por si soa nesta zona tampón a implantación deste tipo de instalacións. Por ambas consideracións debemos rexeitar a relevancia autónoma do motivo para a adopción cautelar, principalmente por ter sido valorada na Zonificación negativa á que nos referimos no apartado precedente.
Sinálase a afección a patrimonio pertencente ao megalitismo (ff. 22 e ss), concretamente o aeroxerador PA-01, a 65,2 metros do xacemento arqueolóxico A Modorra de Bacorelle (en realidade parece, da cartografía, que a distancia é do límite do contorno de protección); no mesmo sentido o aeroxerador PA-01, a 575,3 metros do xacemento arqueolóxico A Modorra da Puchiña; así como o aeroxerador PA-04, a 98,9 metros da contorna de protección do xacemento arqueolóxico Modorra de Enxamea.
O feito de que a cartografía amose que as distancias respectan en todo caso o que parece ser o contorno de protección dos xacementos, non se vai considerar este elemento illadamente como determinante dun risco de difícil reparación, ao quedar indiciariamente protexido, como sinala a administración.
Por unha banda descríbese a localización de aeroxeradores sobre hábitats Código 6220 e 91E0 (ff. 24 e 25) na cuadrícula 29TPH13.
A Sala entende que para os efectos do exame cautelar, só se deben ter en conta estes elementos como relevantes, descartando outro tipo de hábitats rochosos ou supostos onde a construción non se realiza enriba dos elementos ambientais protexidos, que tamén se relacionan no informe que acompaña a demanda.
Por outra banda, en relación a flora ou fauna vulnerable ou en perigo de extinción que se pode ver danada polas obras proxectadas, descríbese unha afección severa para o hábitat da
Estes datos son extraídos do Geoportal do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e referencian áreas onde está constatada a presenza das especies relacionadas, que forma parte da Declaración ambiental estratéxica (DAE) do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima 2021-2030.
A Sala entende que o contido de especies vulnerables ou en perigo de extinción que están comprendidas nas cuadrículas nas que se pretende instalar o PE, e que conforman hábitats de interese comunitario, recollidas na DAE do MITERD aplicado á zona litixiosa serve como un indicio cualificado de que existen valores ambientais significativos, e que por esa razón son relacionados e inventariados así polo Ministerio. En sede cautelar este documento, debido aos parámetros ambientais empregados para a súa elaboración, a independencia e solvencia da súa autoría, que foi promovida polo Ministerio e forma parte da Declaración ambiental estratéxica do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima, repútase suficiente por si só para -acreditado que o polígono eólico se pretende construír total ou parcialmente sobre a superficie que na cuadrícula indica a existencia de hábitats de interese comunitario-, deba dar lugar á apreciación da concorrencia de valores ambientais protexidos que se poñen en risco certo coas obras que se pretende realizar.
Non é discutido polas demandadas que as obras terían lugar no espazo definido por esta cuadrícula e que forma parte da Declaración ambiental estratéxica do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima, polo que este feito, así como o do risco concreto aos valores ambientais seleccionados polo modelo, téñense por concorrentes neste suposto.
Os informes da administración evitan afirmar que non existan as especies ás que fai referencia a actora. Entende a Sala que malia que non aparecen acreditadas referencias de campo concretas sobre este particular da actora, o feito de que as especies que se indican se tomen de datos oficiais do Ministerio ofrecen unha aparencia de verosimilitude suficiente, tendo en conta que a administración garda silencio e non dá razón de por que figurarían no mapa do Ministerio especies que non existen na zona.
A maiores o informe da demandante di que consta que parte das infraestruturas do proxecto (PA-01, PA-02 e PA-03) localízanse dentro do ámbito de aplicación do Plan de recuperación do galápago europeo (Emys orbicularis L.) en Galicia, aprobado polo Decreto 70/2013, do 25 de abril, na zona denominada "área de distribución potencial" ou a presencia de especies sensibles aos parques eólicos como Buteo buteo, Circaetus gallicus, Milvus milvus e Falco trinunculus, Pipistrellus pipistrellus e Pipistrellus pygmaeus. As demandadas cuestionan a presenza real máis aló da estatística pola falta de traballo de campo, pero sen desacreditar a fonte de obtención da información achegada pola actora, polo que entende a Sala que poden atoparse exemplares desas especies na área afectada pola construción.
Sostén a demandante que a execución do acto, e a conseguinte construción do parque eólico pode ocasionar unha grave afección á vida das persoas e ao benestar dos animais de produción, debido á escasa distancia dos aeroxeradores dos núcleos de poboación e ás granxas de animais de produción.
Documéntase este extremo no Informe pericial aos ff. 7 a 10, e 12 a 17, onde se acreditan as seguintes distancias a núcleos: 660 metros ao núcleo de Abelleiroá (PA 01); 600 metros do núcleo de As Bustaregas, ou o PA 03 a 588,9 metros do núcleo de Uceira Branca.
Indícase asemade (f. 4) que no caso do proxecto eólico prevese o desenvolvemento de 6 aeroxeradores modelo Nordex Acciona N155 4,5 MW de 5.250 kW de potencia nominal unitaria cun diámetro de rotor de 155 m, montados sobre torres tubulares tronco-cónicas de 120 m de altura e unha torre meteorolóxica de 120 m altura, con función de torre permanente do parque.
Explícase así mesmo con respecto ás distancias aos aeroxeradores que o proxecto eólico Gasalla
Na resolución administrativa do PE Gasalla documéntanse certos efectos negativos da implementación destas instalacións cerca das casas, explicándose que
Desenvolvendo esta argumentación, explícase estruturadamente os efectos do ruído audible, o inaudible e os efectos de sombra, en relación aos que se indica que:
Aínda que estas información aparecen correctamente documentadas mediante a súa cita bibliográfica, a Sala bota en falta que se especifique a que distancia entre aeroxeradores e poboación se teñen feito os estudos, para determinar con máis exactitude que hipotéticos danos ou doenzas poderían desenvolverse nos núcleos de poboación concretamente afectados polo proxecto de PE que afecta este litixio.
Non obstante, dado que consta que para o gando vacún en ecolóxico a Xunta considerou suficiente unha distancia inferior a 2 km para considerar significativamente perturbado o benestar animal, entendemos que sería absurdo que a Administración fixese de peor condición aos seres humanos que aos animais, e polo tanto, e atendendo tamén ao principio de precaución ou cautela, que logo explicaremos máis polo miúdo, a Sala considera suficientemente acreditado que os ruídos que pode ocasionar un proxecto como en concreto se considera neste PE impugnado poden ocasionar perturbacións significativas no benestar e a saúde das persoas, e constitúe un dano susceptible de ser considerado en sede cautelar como de difícil reparación, na medida en que se proxecta sobre saúde humana e dificulta o exercizo do dereito fundamental á vida privada e familiar dentro do domicilio, e así se ten recoñecido en abundante xurisprudencia estatal e europea a respecto da contaminación por ruído ( art. 15 e 18 CE e 8 CEDH, e as SSTEDH de 16/11/2004, Caso Moreno Gómez c. España
Por outra banda, indica o Informe da demandante que este PE prevé a construción de aeroxeradores de ata 200 metros de altura, e contrapono coa DA 5ª da LAEGA, que precisa (na súa redacción posterior á Lei 18/2021, de 27 de decembro), no que agora interesa, que:
Dado que constan no informe medicións de distancias entre os núcleos rurais e os xeradores proxectados e desta conclúense polo menos 3 lugares a distancias inferiores aos mil metros, pódese concluír en sede cautelar que dificilmente o proxecto respectará a
A todo o anterior debemos sumar que a propia DAE do MINTERD desaconsella para todo o Estado a instalación de aeroxeradores a menos dun kilómetro dos núcleos de poboación, o que lle vale á cualificación de zonificación negativa a varios dos proxectados aquí.
A administración non nega os datos achegados pola demandante, pero fai dúas precisións, unha sobre a medición de distancias e outra sobre a normativa. Así consta na oposición á medida cautelar:
A este respecto debe indicarse que efectivamente a disposición transitoria deixa fóra do ámbito de aplicación o límite mínimo que sinala a DA 5ª LAEGA, aínda que resulta dificilmente explicable á cidadanía que o que a partir do 27/12/20221 é considerado como unha distancia de seguridade que busca a
Por outra banda, en relación á forma de medir as distancias, a administración propón medilas dende
En consecuencia, está fóra de toda dúbida que a medición debe facerse non dende o centro do mastro senón dende a estrutura exterior, se considerásemos simplemente a liña de edificación, o que xa de seu invalida o argumento da administración. Se ademais consideramos que as pas forman parte da instalación, porque aínda que son móbiles en relación ao rotor son fixas en relación ao conxunto do edificio, resulta máis que dubidoso que podamos considerar o sistema de medición proposto pola administración.
Todas estas consideracións normativas fanse para os efectos simplemente cautelares, e sen prexuízo do debate sobre o fondo do asunto.
En calquera caso, ao ter a administración admitido que para o benestar animal no proxecto de Gasalla unha distancia inferior a 2 km podería ocasionar unha perturbación significativa ao gando vacún; ao ser a altura dos muíños proxectados de 200 metros e situárense a unha distancia na que a administración non considerou correctamente a aliñación para realizar as medicións nun caso en que a un núcleo hai simplemente medidos 588,9 m; que a normativa actual xa contempla para estes casos por razóns urbanísticas e de calidade de vida un mínimo de 5 veces a altura; e que a DAE do MINTERD desaconsella en calquera caso a implantación dunha instalación destas características a menos de 1000 metros de núcleos de poboación; Por todo o anterior entende a Sala que neste caso en concreto a distancia á que se proxectan construír as instalacións eólicas polo menos a respecto dos aeroxeradores 01 e 03 é susceptible de ocasionar unha perturbación significativa sobre a saúde das persoas e o benestar dos animais, que constitúe un dano de difícil reparación, ao incidir en relación aos humanos sobre os dereitos fundamentais á integridade física e á vida privada e familiar dentro do domicilio.
Examinados os elementos anteriores, onde fomos indicando en que aspectos consideramos concorrentes elementos que acreditan, polo menos indiciariamente, a presenza de valores ambientais que quedan expostos polas obras a un dano significativo, indica a administración que a DIA xa contemplou os aspectos criticados no informe da demandante, pero o certo é que tal como indicamos, propia a DIA reforza a tese actora da existencia de elementos sensibles ou ameazados do ecosistema a protexer.
A sede cautelar non é o lugar onde avaliar particularizadamente a eficacia de cada unha das medidas correctoras propostas, dado o grao de incertidume da súa eficacia sobre especies vulnerables ou en perigo de extinción ou ecosistemas protexidos pola súa extrema fraxilidade, o que afonda a convicción da dificultade na reparación dun dano ambiental causado nestas condicións.
Entende a Sala que nestas condicións a demandante conseguiu acreditar indiciariamente a existencia de elementos ambientais altamente sensibles, ben por estaren catalogados ben por se trataren directamente de especies con distinto grao de protección ou perigo, sen que as observacións feitas pola codemandada enerven estas consideracións. Ao estaren en espazos directamente afectados polas obras a realizar, resulta evidente o risco de afectación ambiental a estes elementos.
Ante esta situación, entende a Sala que a acreditación dun risco de dano irreparable ou de difícil reparación dados os valores ambientais comprometidos, derivado da execución das obras que permite a autorización, por afectar os parámetros analizados na DAE, é clara. Polo demais, o TS ten sintetizado na STS de 8/7/2011 (Roj: STS 4514/2011 - ECLI:ES:TS:2011:4514 Nº de Recurso: 4222/2010) que:
Nesta clave son fundamentais os principios de prevención e precaución inicialmente elaborados pola xurisprudencia europea, e que posteriormente cristalizaron no art. 191.2. do Tratado de Funcionamento da Unión Europea, declarando reiteradamente o Alto Tribunal Europeo, por todas na STXUE de data 17/11/2022 que
A STXUE de data 7/9/2004 Asunto Waddenzee C-127/02 e máis recentemente a STXUE de 9/9/2020 Asunto C-254/19, que ratifica esa doutrina, indican que
No mesmo sentido, a xurisprudencia do Tribunal Supremo na materia, perfectamente trasladable á tutela cautelar, perfílase ben na STS do 8 de marzo de 2012, que en relación ao principio de precaución ensina que o mesmo
Sobre a suficiencia dos indicios probatorios achegados, a mesma STS de 8 de marzo de 2012 indica que
Pechamos a xustificación xurisprudencial sobre a caracterización da apreciación do risco de dano ao medio ambiente, lembrando, coa STXUE 5/5/1998,
Consta no expediente administrativo que as obras necesarias para a construción das instalacións de produción de enerxía eólica comprenden a apertura de pistas de gran anchura e necesitadas de desmontes para o seu asentamento; a apertura de gabias para o soterramento dos cables de evacuación da electricidade producida; a realización de zapatas de grandes dimensións no subsolo a gran profundidade para o asentamento dos aeroxeradores. Unha vez en funcionamento, ten lugar a rotación das aspas e a produción dos ruídos inherentes á mesma.
A convicción da Sala dos elementos analizados é que estas obras, pola súa propia natureza e a interacción co entorno, son susceptibles de causar un grave dano a valores ambientais sensibles que tendo sido sinalados previamente por informes rigorosos e imparciais incorporados polo Ministerio de Transición Ecolóxica á DAE, que desaconsella a instalación de novos parques eólicos, e téndose sinalado ademais a presenza de especies vulnerables ou en perigo de extinción, xeran un conxunto de indicios probatorios que, obrando co principio de cautela, consideremos que ante a simple hipótese de que ese dano poda ser de difícil ou imposible reparación -algo que non é posible demostrar cunha proba plena ata que o dano está producido-, optemos por apreciar a concorrencia deste presuposto fundamental da tutela cautelar, que pode facer ineficaz a sentenza que no seu día se dite, se o dano está irremediablemente causado.
Sostén a demandante a prevalencia do interese público na preservación do medio ambiente, que debe ser completada en sede cautelar coa observancia nese eido do principio de precaución e non só o de prevención; e que estes principios deben reputarse prevalentes sobre os que se alegan de contrario, que son o interese xeral na economía, o avance na descarbonización e a transición enerxética ou a independencia enerxética nun contexto internacional escalada de prezos pola guerra de Ucraína, así como as recomendacións europeas na materia de axilización de proxectos de implantación de enerxías renovables.
A primeira cuestión que debe subliñarse é que con carácter xeral ningún interese prevalente debe haber por riba daquel consistente en que a realización de actividades de interese xeral -con repercusión en calquera outro principio, valor ou dereito constitucional- se produza dentro da legalidade, porque do contrario en nome da mellor das causas estariamos sacrificando o Estado de Dereito, algo que un Tribunal non pode lexitimar discursivamente. Por esta razón a ponderación de intereses terá sempre en conta este frontispicio, como lembrou a STS de 10/5/2011 (Roj: STS 2704/2011 - ECLI:ES:TS:2011:2704 Nº de Recurso: 3623/2010) á hora de axuizar a determinación do interese prevalente nun caso semellante ao aquí estudado.
En segundo lugar, unha vez que se constata a tensión entre intereses lexítimos e amparables do punto de vista da legalidade e mesmo da promoción constitucional, debemos ver cal deles se pode ver irremediablemente sacrificado ou máis gravemente afectado en función da decisión que se adopte en sede cautelar. Neste sentido é importante indicar dende xa que hai fins e dereitos constitucionalmente lexítimos cuxa materialización por medio da executividade do acto admite demora, sen máis perda que a propia do retardo do procedemento, e pola contra, hai outros dereitos e intereses dignos de protección cuxa prematura execución do acto poderían afectar irremediablemente e só seren reparables de xeito imperfecto posteriormente. Isto é o que sucede co medio ambiente, un dos bens en tensión no presente asunto.
Teñamos en conta por una banda que en espazos ecosistémicos sensibles (polas razóns que sexan, neste caso pola presenza dos valores ambientais descritos no apartado anterior) os cálculos de supervivencia e recuperación que se poden acadar coas medidas correctoras sempre conteñen un ámbito de incerteza ao non se tratar a botánica en particular ou as ciencias biolóxicas en xeral de ciencias exactas que permitan predicir un resultado de forma axustada, como se produciría cando, como sucede noutros eidos da actuación administrativa, cabe unha satisfacción polo equivalente económico.
Postos nesta tesitura, a intervención por medio da executividade do acto produce, de forma (como mínimo) transitoria ineludiblemente unha afectación ecosistémica, por pequena que sexa, derivada da execución de obras nun espazo natural. Dicimos como mínimo transitoria porque só posteriormente se poderá comprobar se o dano producido é recuperable por medio das medidas correctoras impostas no trámite de impacto ambiental. E isto dependerá como mínimo de tres situacións cumulativas: que as obras se executen estritamente no marco do declarado no proxecto; que as medidas correctoras se implementen de forma exacta a como se prevén nos documentos ambientais; e que finalmente unhas e outras -executadas nos seus estritos termos- teñan a idoneidade de acadar o resultado de restauración perfecta ou imperfecta do equilibrio ambiental roto pola intervención humana.
Todo este periplo está lexitimado constitucionalmente se acaso só cando a actuación resulta conforme a dereito, caso no cal a intervención humana no medio implicará un sacrificio
Neste contexto, debemos facernos eco en primeiro lugar do ATS de 2/4/2025 ( ROJ: ATS 3465/2025 - ECLI:ES:TS:2025:3465A Rec. 632/2024) que acorda a medida de suspensión cautelar do PE Moeche, aprobado mediante Resolución do 5 de agosto de 2024, da Secretaría de Estado de Enerxía, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 23 de xullo de 2024.
No seu FX 7º, esta resolución rexeita argumentos semellantes aos aquí expostos pola Xunta de Galicia e a empresa codemandada, a respecto da existencia dun plan de restauración para os danos que se podan causar coas obras, a invocación do interese xeral de natureza medioambiental que deriva da contribución das enerxías renovables á descarbonización, ou a posta en cuestión dos compromisos ambientais asumidos polo Estado. Dando resposta a estas obxeccións indica que:
Partindo desta argumentación do TS, abordaremos as diferentes cuestións apuntadas polas partes.
Pola razón apuntada no parágrafo anterior, non poden admitirse os argumentos das demandadas consistentes en que o proxecto industrial aquí pretendido contribúe ao desenvolvemento sostible ou que resulte, por razóns de economía, un interese preponderante.
En sede cautelar debemos descartar, como pretenden as demandadas, que a simple presenza dunha DIA con medidas correctoras dos danos ambientais que con certeza se van producir coas obras, poda constituír base suficiente para permitir a execución do proxecto, unha vez que resultou indiciariamente acreditado que existen elementos sensibles do ecosistema que se van ver afectados de forma relevante (afección a especies de flora ou fauna que están especialmente protexidas por estaren en estado de ameaza ou perigo de extinción).
O deseño de medidas correctoras e compensatorias polo dano ambiental causado cunha obra, que se aproban nunha DIA, teñen por finalidade garantir un elevado nivel de protección ambiental que promova o desenvolvemento sostible, tal como se recolle no art. 1.1. da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (LAA). O desenvolvemento sostible é definido pola ONU no Cumio de 2015 -que fixou os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e da que deriva a Axenda 2030- como
A conciliación entre crecemento económico e protección do medio ambiente refire a existencia dunha tensión entre ambos conceptos que debe ser resolta de tal modo que se ten que existir unha lesión ao medio, o sacrificio ambiental estea xustificado, resulte proporcionado e en todo caso salvagarde de forma duradeira o recurso natural ambiental para a satisfacción das necesidades das xeracións futuras.
Afondando neste principio, a Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade (LPNB), no seu art. 3.36 define o uso sostible do patrimonio natural como a
O desenvolvemento sostible lexitima a afectación ao medio ambiente polas obras aprobadas e corrixidas ou compensadas polas medidas reflectidas na DIA só na medida en que o proxecto resulte acorde a dereito, e este exame pertence ao fondo do asunto, non á tutela cautelar.
Para os tribunais, o desenvolvemento sostible cristaliza nun principio que hoxe impregna dende a lexislación urbanística ( arts 1 e 3 do Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Chan e Rehabilitación Urbana) ata a máis recente Lei 7/2021, do 20 de maio, de cambio climático e transición enerxética, que no seu art. 2.a. o recolle como principio que rexerá as actuacións derivadas desa lei e o seu desenvolvemento, ademais de asumir de forma expresa os contidos da
Isto significa que o desenvolvemento sostible constitúe unha pauta hermenéutica esencial de calquera actividade da administración pública nestes eidos, tanto regulamentaria como administrativa, encamiñada a encher de contido do xuízo de ponderación á hora de avaliar, no caso concreto, na hipotética tensión entre desenvolvemento económico e medio ambiente, cal debe prevalecer e como deben combinarse as relacións entre ambos, cando sexa posible a súa coexistencia á hora de analizar un plan ou proxecto concreto con efectos significativos no medio ambiente.
Seguindo o esquema básico á hora de facer o xuízo de ponderación na tensión entre principios constitucionalmente lexítimos, proposto pola STC nº 148/2021, esta tarefa xurisdicional está composta polo xuízo de idoneidade, o de necesidade de o de ponderación ou proporcionalidade en sentido estrito -chamado de racionalidade na STS nº 1450/2023, de 15 de novembro-. O que interesa destacar neste momento é que este xuízo está sempre referido ao fondo do asunto, e concirne ao exame que o tribunal debe facer no momento da deliberación, e non antes.
En consecuencia, o principio de desenvolvemento sostible como argumento para manter a executividade do acto non pode ser feito valer neste momento do proceso, en sede cautelar, porque o seu exame require entrar a coñecer o fondo do asunto.
No seu lugar, a tutela cautelar establece os seus propios criterios de ponderación de intereses, aos que agora nos referiremos, e sobre os que o Tribunal Constitucional se ten pronunciado recentemente nesta materia.
Resulta relevante, neste sentido, o ATC n.º 21/2024, do 27 de febreiro de 2024 ( ROJ: ATC 21/2024 - ECLI:ES:TC:2024:21A ) Recurso: 6243/2023, que mantén parcialmente a suspensión no recurso de inconstitucionalidade 6243-2023, interposto polo presidente do Goberno en relación con diversos preceptos da Lei do Parlamento de Galicia 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
En sede de ponderación de intereses, o Constitucional concede unha posición preferente en sede cautelar ao medio ambiente sobre os intereses económicos, indicando (FX 4º) que:
O obxecto da valoración para un tribunal en sede cautelar, abstraéndose dos motivos de fondo do litixio, debe ser, como apunta o FX 5º:
Iso significa que en sede cautelar a ponderación favorable de intereses económicos como prevalente é extremadamente excepcional, só admisible cando compromete de forma esencial a economía da nación ou produce un dano particularmente intenso. Di así o Auto (FX 4º) que
En idénticos termos se pronuncia o coetáneo ATC n.º 22/2024, do 28 de febreiro de 2024 ( ROJ: ATC 22/2024 - ECLI:É: TC:2024:22A ) Recurso: 6521/2023. Neste caso, á hora de efectuar a ponderación de intereses, o Auto lembra que
En definitiva, o TC establece no xuízo de ponderación en sede cautelar a preeminencia da protección ambiental como preferente sobre outros intereses aducidos tamén neste procedemento que nos ocupa que, aínda que lexítimos, non resultarían irremediablemente afectados, como si sucedería cos valores ambientais que así se tratan de salvagardar.
A explicación anterior tamén nos vale como antecedente da aplicación dos principios de prevención e precaución que rexen dende hai décadas no eido de medio ambiente na tutela cautelar, e que se proxectan non só á hora de modular a proba sobre a certeza do dano de difícil ou imposible reparación, senón tamén para ponderar os intereses concorrentes.
Se o principio de prevención fai referencia á necesidade de evitar riscos coñecidos antes de que se produzan, o de precaución alude a evitar ameazas de danos descoñecidos ou incertos, cando poden aparecer como consecuencia dunha actividade que xera riscos, estando acreditada a existencia do risco inherente á actividade. A xa invocada STS de 8 de marzo de 2012 ( ROJ: STS 1666/2012 - ECLI:ES:TS:2012:1666 Recurso: 4638/2008) refírese a este principio no seu FX 6º de forma ampla, á que nos remitimos.
A vixencia do principio de precaución non se produce só no momento da decisión xudicial sobre o fondo do asunto, senón que ha de informar, polas razóns que se expuxeron
Así, as demandadas sinalan principalmente a descarbonización enerxética da man da implantación de enerxías renovables e a crise de prezos e escaseza de determinadas enerxías fósiles derivada da guerra da Ucraína, feitos que anoan á Recomendación 2022/822, de 18 de maio sobre a axilización de procedementos de autorización de implantación deste tipo de instalacións, así como a tradución posterior en regulamentos comunitarios e lexislación estatal e autonómica.
Unha simple lectura dos termos en que se formulan todas as consideracións xa nos advirte da limitada forza de obrigar dos argumentos. En efecto, son fins loables tanto a transición como a soberanía enerxéticas, pero nin unha nin a outra se poden facer a costa da vulneración doutros bens xurídicos, de aí que a posta en cuestión da súa legalidade poda determinar a súa suspensión cautelar. Neste caso concreto está posta en causa a idoneidade do emprazamento da instalación enerxética, e ofrécense poderosas razóns ambientais que poñen en cuestión a reversibilidade da situación ambiental que podería crearse coa súa execución. Ante esta tesitura, un argumento estritamente coxuntural como é a guerra en Ucraína non pode ser determinante da prevalencia da construción da instalación, sinxelamente porque dada a fase na que se atopa o procedemento de autorización e a súa entrada en funcionamento, dificilmente a súa posta en marcha contribuirá a aliviar a crise enerxética. Dicimos isto porque a propia empresa recoñece un prazo de varios anos para executar as obras, ao que se deben de sumar os previsibles prazos adicionais de verificación, o que crea un horizonte como mínimo de medio prazo para que o PE proxectado puidese verter enerxía á rede. Aínda que ninguén pode predicir a duración da guerra, fiar a decisión cautelar da prevalencia de intereses a cal dos escenarios será máis probable é cando menos especulatorio, alén de que o caudal deste proxecto, por máis que meritorio, será modesto (menos de 50 MW) na súa contribución ao total enerxético da rede, o que determina que non esteamos nunha achega por si soa relevante para o escenario de carestía enerxética bélica ou mesmo postbélica.
Outro tanto debe dicirse sobre o argumento da descarbonización da economía, xa que dificilmente este proxecto por si só vai resultar relevante nesa hercúlea empresa (só en Galicia hai instalados, segundo datos da patronal do sector de público coñecemento, arredor de 3897 MW) polo que o impacto que aquí temos que considerar é o do proxecto sometido a consideración da Sala, neste caso para os efectos da tutela cautelar pretendida.
Ambos os dous argumentos parten do erro de considerar que se estea aquí sometendo a consideración da Sala a todo o sector eólico con proxectos en tramitación, e non é así. O argumento sería relevante se por exemplo a medida se reclamase a respecto dun regulamento que afectase ao conxunto do sector, aí si deberíamos facer unha estimación adaptada á dimensión desoutra suspensión pretendida. Pero aquí só debemos ponderar as cuestións relativas a este PE. Así o ten considerado tamén a STS de 24/5/2011 (Roj: STS 2952/2011 - ECLI:ES:TS:2011:2952) no seu FX 6º:
Finalmente, en relación á normativa europea invocada singularmente pola Administración demandada, por moito que se busque nas pasaxes citadas ou no resto do documento, non se atopará referencia ningunha a que a axilización administrativa se deba producir a costa de relaxar os estándares de protección ambiental, e por esa razón ningunha das directivas ou regulamentos que se invocan no texto son das que constitúen o armazón comunitario ambiental, de onde debemos concluír que nin na letra nin no espírito da normativa se pretenda un retroceso nestas materias.
Polo demais, esta Sala e Sección xa se ten pronunciado en idéntico sentido con ocasión do ATSXG de 17/11/2022 (PO 7052/2022) confirmatorio en reposición neste punto do Auto de 19/9/2022, en cuxo FX 1º dixemos que:
En canto aos argumentos estritamente económicos que refiren as codemandadas, apuntando avultadas contías de investimento na construción que se ven paralizadas durante o procedemento de adoptarse a medida, débese indicar que a paralización temporal da construción é un mal menor se o comparamos co custo económico que para as arcas públicas da Xunta de Galicia podería ter a construción da instalación se posteriormente se declarase a súa ilegalidade, xa que podería chegar a implicar o deber de demolición (a custa da administración autorizante) e o de indemnización ao promotor que construíu de boa fe amparado en título administrativo. Esta hipótese de reposición da legalidade con obriga de demolición xa se ten producido en numerosas ocasións, como dan conta entre outras a STSX, Contencioso sección 2 do 19 de setembro de 2012 ( ROJ: STSJ ICAN 4142/2012 - ECLI:ES:TSJICAN:2012:4142 ) Sentenza: 246/2012 Recurso: 255/2012; ou a SXCA, Contencioso sección 1 do 03 de maio de 2011 ( ROJ: SJCA 36/2011 - ECLI:ES:JCA:2011:36 ) Sentenza: 140/2011 Recurso: 329/2010.
En consecuencia, non se albiscan dende este punto de vista unhas vantaxes económicas ponderando os intereses públicos e os particulares, que xustifiquen decantarnos pola prevalencia dos segundos.
A administración invoca neste apartado a aplicación da Lei 10/2023,do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia, en relación ao seu art. 35 , o interese público superior da planificación, construción e explotación dos parques eólicos de competencia autonómica, así como das súas infraestruturas de evacuación.
Tal proposta debe ser rexeitada, porque a normativa non ten carácter retroactivo, ao ter natureza temporal e excepcional, tal como recoñece o art. 1 do Regulamento (UE) 2022/2577 do Consello, do 22 de decembro de 2022, que comeza indicando que
A normativa galega non fai referencia ao carácter temporal e excepcional da regulación europea, pero o feito de derivar directamente da normativa comunitaria e ser o regulamento da UE de directa aplicación, non nos impide acadar esa conclusión, que en calquera caso neste momento só serve para ilustrar a inaplicabilidade da Lei invocada pola administración. Finalmente, parece oportuno lembrar, para maior abastanza, que o art. 4.2. do Código Civil establece que
Con todo este marco legal sobre a temporalidade e a excepcionalidade da normativa europea da que emana a Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, só cabe engadir, como colofón, que a súa Disposición derradeira terceira, denominada
En consecuencia, de ningún modo pode ser de aplicación a procedementos administrativos resoltos con anterioridade a esta data.
O acto aquí impugnado establece unha carga para o interesado, que é o de dispor dun prazo máximo para a realización de obras e solicitude subseguinte de autorización de explotación, cuxo incumprimento pode dar lugar á revogación da autorización previa e de construción concedidas. Concretamente, o art. 34.2. LAEGA, que indica que
Partindo desta regulación, sostén a promotora da instalación industrial eólica aquí codemandada que a suspensión do acto impugnado podería ocasionarlle un dano polo retardo que a suspensión do acto poda ter na obriga da finalización da execución da obra nun prazo concreto.
En opinión da Sala, esta interpretación das normas efectuada pola empresa non pode acollerse, porque a medida cautelar, cando o obxecto da solicitude é a suspensión do acto impugnado, de ser adoptada, suspende a
En efecto, unha das características esenciais dun acto administrativo é a súa eficacia, como manifestación do privilexio da autotutela executiva ou executividade (enunciada nos arts. 38 e 39 LPACAP, entre outros), que ten lugar -para o caso da resolución aquí impugnada- unha vez que o acto é notificado ao seu destinatario ( art. 39.2. LPACAP) . Agora ben, iniciada esta eficacia, e con ela o prazo establecido na LAEGA e as consecuencias anexas na LSE, pode producirse a ineficacia sobrevida do acto, entre outros motivos, pola súa suspensión, que pode producirse en vía administrativa ou xudicial, neste caso mediante a adopción das medidas cautelares, xa que a suspensión do acto e con el a súa eficacia e polo tanto os prazos desencadeados coa súa notificación é unha das pretensións admisibles (e a máis frecuente, de feito) que en sede cautelar poden adoptarse ao abeiro do art. 129.1. LXCA
Unha vez que un órgano xudicial acorda a suspensión dun acto administrativo en sede cautelar, queda suspendida a súa eficacia, e con ela, os prazos aos que se someten as obrigas reflectidas no mesmo, neste caso, a realización de obras e solicitude de autorización de explotación, sen que a administración poda executar ningunha consecuencia derivada do acto, estando obrigada, máis ao contrario, a dispor o
En consecuencia, ningún dano se deriva da suspensión cautelar por transcurso de prazos para a execución de obras e solicitude de sucesivas autorizacións. Este efecto prodúcese por ministerio da Lei, sen que a Sala deba facer ningún pronunciamento particular.
Agora ben, o ATS de data 2/4/2025 (Rec. 632/2024), no seu FX 7º in fine, indicou que
Polas anteriores consideracións, a Sala entende que na ponderación de intereses en conflito a protección do medio ambiente ha de ser prevalente nesta sede cautelar, sen prexuízo da adopción da contracautela de suspensión de prazos solicitada.
Sostén a demandante que a aparencia de bo dereito asiste á súa pretensión, por se ter pronunciado este Tribunal en supostos anteriores de xeito favorable no fondo do asunto, no relativo á concorrencia de motivos de nulidade de pleno dereito baseados na infracción de normativa europea por parte da lexislación galega e estatal en materia de participación cidadá. Oponse a demandada indicando que dúas sentenzas do Tribunal Supremo casaron os pronunciamentos desta Sala na materia.
En efecto, a STS de 21/12/2023 (número 1768), ditada no RC 3303/2022, seguida doutra de xaneiro de 2024, con igual pronunciamento, casan cadansúa resolución da Sala que contiña pronunciamentos anulatorios en base á infracción da normativa comunitaria por parte da LAEGa e a LAA.
Sobre este motivo, lembraremos que a aparencia de bo dereito
En calquera caso, debe terse en conta que a máis recente xurisprudencia fai unha aplicación moito máis matizada da doutrina da aparencia de bo dereito, utilizándoa en determinados supostos (de nulidade de pleno dereito, sempre que sexa manifesta, ATS do 14 de abril de 1997, de actos ditados en cumprimento ou execución dunha disposición xeral declarada nula, de existencia dunha sentenza que anula o acto nunha instancia anterior aínda que non sexa firme; e de existencia dun criterio reiterado da xurisprudencia fronte ao que a Administración opón unha resistencia contumaz), pero advertindo, ao mesmo tempo, dos riscos da doutrina ao sinalar que
Os termos en que a xurisprudencia esixe a concorrencia da aparencia de bo dereito impiden que este motivo poda coadxuvar á adopción da tutela cautelar pretendida neste caso, se ben a mesma non é necesaria, ao non se enunciar como requisito legal no art. 130 LXCA. En consecuencia, a única repercusión desta doutrina, e as alegacións das partes neste procedemento, é que os precedentes anulatorios, agora casados, non poden servir de fundamento á decisión, que deberá dirimirse conforme co resto de criterios enunciados na nosa Lei rituaria.
Fundamenta a demandante tamén a aparencia de bo dereito na existencia de fragmentación artificiosa do parque eólico, que xa constituíu motivo de anulación outros proxectos de semellantes características. A Sala non pode entrar a valorar esta circunstancia por estar intimamente ligada ao fondo do asunto, e non poder facer un pronunciamento cautelar sobre o mesmo sen o estudo circunstanciado do caso concreto, polo que o motivo debe rexeitarse.
Sostén a demandada que en caso de se adoptar a medida de suspensión, ha de ir acompañada dunha caución; pola contra a demandante, apelando á súa condición de asociación ecoloxista e a defensa de intereses colectivos, solicita a non imposición de caución, que segundo ela impediría a efectividade da medida ao non poder satisfacela.
A xurisprudencia ten admitido, tratándose de asociacións ecoloxistas que accionan en defensa do medio ambiente, non por un interese particular, senón dun ben común, razón pola cal gozan de acción pública -limitada como sabemos a entidades deste tipo-, a suspensión do acto impugnado poda acordarse sen caución para os solicitantes, doutrina reiterada en resolucións como a STS de 24/5/2011 (Roj: STS 2952/2011 - ECLI:ES:TS:2011:2952) que acepta
Acreditados os presupostos da adopción da medida cautelar, e os riscos derivados de que a tutela cautelar poda non levar á suspensión do acto pola concorrencia dun factor externo ás causas que determinan a súa apreciación, como é a imposibilidade de prestar caución, a STS de 8/7/2011 (Roj: STS 4514/2011 - ECLI:ES:TS:2011:4514 Nº de Recurso: 4222/2010) ten declarado, con cita de anterior xurisprudencia, que o
Máis recentemente, o ATS de 2/4/2025 (Rec. 632/2024) ten acordado igualmente a exención de caución a unha asociación ecoloxista recorrente da suspensión cautelar dun PE, argumentando no seu FX 8º, entre outras razóns, que
Tendo en conta o anterior, a Sala considera que en casos coma o presente en que a recorrente é unha entidade sen ánimo de lucro e sen actividade mercantil xeradora de ingresos, a imposición de caución pode determinar a imposibilidade de outorgar unha suspensión cautelar, aínda que se desen os supostos previstos legalmente para facelo, por un feito externo a ela como é a prestación de fianza. Dado que esta non se configura no art. 133.1. LXCA como obrigatoria, é facultade do Tribunal, pero tamén deber, ponderar os casos en que procede esixila e en cal non.
E neste caso entende a Sala, acollendo os argumentos xurisprudenciais expostos, que non procede, porque o ben xurídico aquí cualificado, en función das circunstancias concorrentes, como prevalente, ten un interese público de primeira magnitude que interpela ao conxunto da cidadanía e por iso se confire acción pública en defensa da legalidade en materia ambiental ( art. 22 Lei 27/2006, do 18 de xullo,
Para maior abastanza, aínda que o argumentado resulta suficiente para eximir en todo caso as entidades constituídas en defensa de intereses medioambientais, a xurisprudencia comunitaria se ten pronunciado constantemente tamén neste sentido cando os recorrentes son outro tipo de particulares ou administracións que accionan nesta materia. Así o fai de novo na STXUE nº 62022CJ0252 - Recurso: C-252/22, de 11/1/2024 (ROJ: PTJUE 3/2024 -ECLI: EU:C:2024:13), cando a propósito das custas que caiba impoñer nun procedemento seguido en materia de medio ambiente, lembra que os custos para unha recorrente que actúa na súa defensa non poden ser prohibitivos, e este concepto refírese á totalidade do proceso (apartado 73, con cita expresa da STXUE de 11 de abril de 2013,
En consecuencia, a Sala acorda a suspensión do acto sen necesidade de prestación de caución.
A admisión das pretensións precautorias propostas determina a imposición de custas do incidente a cada unha das partes codemandadas comparecidas e que formulasen oposición, de conformidade co disposto no art. 139.1 LXCA, cun límite máximo de 150 euros a cada unha delas.
Fallo
Asemade, acollemos a medida contracautelar consistente na suspensión do prazo establecido no art. 1 do RDL 23/2020, de 23 de xuño, para xustificar ante REE a posta en servizo do proxecto.
Así mesmo poderá interpoñer contra ela calquera outro recurso que considere axeitado á defensa dos seus intereses.
Así o acordan, mandan e asinan os Ilmos. Sres. anotados ao marxen, ante mní, o/a Letrado da Administración de Xustiza, que dou fe.
La difusión del texto de esta resolución a partes no interesadas en el proceso en el que ha sido dictada sólo podrá llevarse a cabo previa disociación de los datos de carácter personal que los mismos contuvieran y con pleno respeto al derecho a la intimidad, a los derechos de las personas que requieran un especial deber de tutelar o a la garantía del anonimato de las víctimas o perjudicados, cuando proceda.
Los datos personales incluidos en esta resolución no podrán ser cedidos, ni comunicados con fines contrarios a las leyes.
