Contra esa resolución foi interposto recurso de apelación e mais a subsidiaria apelación pola representación de Sofía.
Tras a correspondente tramitación, por un auto do 7 de maio de dous mil vinte e un o Xulgado rexeitou o recurso de reforma e admitiu a trámite o de apelación. Despois de dar traslado á apelante, o Xulgado déullelo ás outras partes, que manifestaron a súa oposición ao recurso.
Con este auto resólvese o amentado recurso, manifestando o parecer da Sala o maxistrado Xermán Varela Castejón.
Primeiro.- Tras a presentación de querela pola representación de Sofía, que manifestou dirixila contra Cornelio e Amador, o 11 de xullo de 2018 o Xulgado de instrución nº 1 de Carballo acordou a incoación de dilixencias previas e a citación da querelante.
Posteriormente, nun auto do 11 de setembro de 2018 acordou expedir testemuño das actuacións en relación con diversos feitos relatados na querela e manter como obxecto desta causa os feitos que se relataban no apartado quinto da querela. En concreto, a súa parte dispositiva manifestaba: La presente causa habrá de seguirse exclusivamente por el DELITO DE ACOSO laboral denunciado por Sofía contra Amador, debiendo ponerse en su conocimiento la existencia del presente procedimiento .
O 12 de setembro de 2018 declarou a querelante. Manifestou nesa declaración que a ela, como secretaria do Concello, éranlle entregados de xeito habitual expedientes para informar case sen tempo para facelo. Así, nalgunhas ocasións deixaba constancia de non emitir informe por ese motivo e noutras facíaos de forma apresurada. Engadía Que últimamente dejaron de presentarle expedientes a informe a examen para evitar sus informes negativos. Tras iso falou dos expedientes disciplinarios que se lle abriron. No primeiro afirma que se lle atribuíu negarse a asinar resolucións cando ela afirma que non se lle presentaran a asinar. Ao ter coñecemento, no expediente disciplinario, de que resolucións eran as que pretendían que asinase comprobounas e resultou que foran remitidas a asinar polo circuíto no sistema informático dunha soa sinatura e por iso non lle chegaran. Ao non poder asinalas de novo, volveunas introducir no sistema pero para dupla sinatura, pero o alcalde Amador indicoulle que tampouco fixera iso. Nese expediente foille imposta unha sanción de amoestación, que impugnou e, no momento da declaración, aínda non fora resolta. O segundo afirmou que foi polo mesmo motivo pero considerando a falta grave e remitido á Comunidade Autónoma como competente para a súa resolución. O terceiro expediente tiña relación, manifestou, cunha instrución de servizo impartida por ela sobre o Rexistro. Afirma que o alcalde Amador le dijo que la misma quedaba anulada y sin efecto y que lo notificara así a los destinatarios de la primera Instrucción. Que también le dijo que ella era responsable desde entonces del Registro y que tenía que comprobar que los escritos se registraran conforme a los criterios que imponía el alcalde. Como o primeiro, acabou en amoestación e constaba impugnado no momento da declaración. O cuarto tivo por causa desavinzas co mesmo alcalde por mor de información se enviaba a un Xulgado en relación cunha execución de sentenza ao considerar ela que era incompleta a que pretendía o alcalde remitir e, segundo explica despois na mesma declaración, pretender o señor Amador botarlle a ela a culpa da non execución da sentenza. Rematou coa mesma sanción que a primeira e a terceira e estaba igualmente impugnada. Máis aló do tema dos expedientes manifestou: Que una vez, el Sr. Cornelio le dijo que fuera a su despacho y ella le pidió a una funcionaria que le acompañaba por si tenía que hacer alguna tarea. Que cuando el Sr. Cornelio las vio se indignó y le preguntó por qué iba con testigos a haber con él. Que echó a la funcionaria y ya no quiso hablar con la declarante. Que con los Sres. Cornelio y Amador poco ha hablado, que casi no se dirigen a ella, salvo que ella tome la iniciativa. Que el Sr. Cornelio era el primer teniente de alcalde y desde septiembre de 2017 hasta finales de enero de 2018 ejerció como alcalde en funciones . O 17 de setembro foi unida diversa documentación achegada pola acusación particular sobre o declarado e o mesmo día foi presentado pola mesma parte recurso de reforma contra o auto do 11 de setembro.
O 26 de novembro de 2018 por unha providencia o Xulgado acordou unir documentación remitida polo Concello e a presentada pola parte e admitir o recurso de reforma da acusación particular. Por outra providencia deu audiencia ás partes en relación coa declaración de complexidade da causa.
O 19 de decembro de 2018 o Xulgado acordou declarar complexa a causa.
O 29 de abril de 2019 rexeitouse o recurso de reforma presentado contra o auto do 11 de setembro de 2018.
O 2 de maio consta que o Xulgado acordou, ante a recepción de denuncia do Ministerio Fiscal, incoar as dilixencias previas 637/2018 e ao mesmo tempo acumulalas ás que nos ocupan, ao afirmar que se trataba dos mesmos feitos.
O 26 de setembro de 2019 acordábase citar como investigado a Amador e requirir copia dos expedientes disciplinarios aos que se refería a querela.
O 9 de outubro a defensa do señor Amador compareceu na causa. O 15 de outubro achegou documentación referida á comunicación emitida á Dirección Xeral da Administración Local dende o Concello en relación coa suposta falta grave cometida pola querelante e sentenzas que resolveron os recursos contenciosos da querelante contra as sancións por faltas leves. Ademais instaba a que se requirise a aquela Dirección Xeral a copia do expediente, que se tomase nova declaración á querelante e que se tomase declaración á interventora.
O 6 de novembro tomábase declaración ao investigado Amador.
O 11 de novembro de 2019 era achegada nova documentación pola defensa e entregadas as copias das resolucións xudiciais que se anunciaran anteriormente. Concretamente achegou documentación referida ás resolucións emitidas por el como alcalde no momento de producirse os feitos, os expedientes administrativos referidos aos posteriores sancionadores e unha acta de sesión plenaria.
O 6 de marzo de 2020 o maxistrado instrutor por medio dunha providencia rexeitaba unha das citacións pedidas (declaración da interventora) e admitía volver citar a querelante ademais de remitir oficios ao Concello e á Xunta.
O 29 de xuño de 2020 decidíase, de novo, a declaración da querelante tras terse suspendido a declaración anterior por mor da pandemia.
O 16 de setembro de 2020 estaba citada a querelante, pero, parece ser pois non consta, esa declaración foi suspendida.
O 25 de setembro o maxistrado ditaba auto polo que acollía a reforma contra a decisión de non practicar dilixencia de declaración como testemuña da interventora.
O 28 de setembro a acusación particular solicitou que se lle recordaseao Concello o requirimento de remisión da documentación dos expedientes e que se citase como investigado a Cornelio. O 23 de outubro foi repetida esta última petición. Por providencia do 26 de outubro foi rexeitada esa petición. O 17 de novembro de 2020 o señor Cornelio pretendeu comparecer na causa e o maxistrado rexeitou esa pretensión.
O 27 de novembro de 2020 tomóuseulledeclaración á testemuña solicitada, interventora do Concello.
O 4 de decembro de 2020 foi deuse audiencia ás partes. O 18 de decembro de 2020 a acusación particular presentou escrito no que solicitaba un conxunto de dilixencias. Concretamente solicitaba de novo a citación da querelante, a citación de varias persoas que foran concelleiras no Concello, recordatorio á Dirección Xeral e oficio á Deputación en relación coa forma de funcionamento do sistema de sinatura dixital. Ademais achegábase documentación consistente en actas de plenos do Concello e resolucións do investigado como alcalde. Ademais do anterior instaba a que se prorrogase o prazo de instrución.
Por un auto de 29 de decembro de dous mil vinte o Xulgado de instrución acordou rexeitar as dilixencias solicitadas pola acusación particular e proceder a acordar o sobresemento provisional das actuacións. Contra ese auto a defensa presentou un recurso de reforma no que solicitaba que a declaración de sobresemento fose considerada libre e non provisional. A acusación particular, pola súa banda, presentou o seu propio recurso de reforma e subsidiaria apelación.
O 7 de maio de dous mil vinte e un foi ditado auto polo que se rexeitaron os dous recursos de reforma. Admitía ao mesmo tempo o recurso de apelación presentado pola acusación particular. A defensa e o Ministerio Fiscal manifestaron a súa oposición ao acollemento do recurso.
Segundo.- Tanto o auto polo que se acorda o arquivo como o que rexeita o recurso de reforma comezan reclamando precisión á parte ao empregar o termo proba. Sostén o maxistrado de instancia que non cabe falar en ningún caso de petición de probas durante a instrución e apela a unha sentenza do Tribunal Constitucional que afirma que só poderán ser valoradas como probas as practicadas en xuízo oral. Aínda sen especial transcendencia na resolución, dada a transcendencia concedidanas dúas resolucións ao punto de reprochar tal erro ao letrado da parte, non está de máis indicar que o termo proba pode ter diversos significados dependendo do contexto e, nun dos seus posíbeis usos, referiríase ás dilixencias que na instrución pretenden determinar, para os efectos da instrución, o sucedido e, de ser o caso, localizar ou unir fontes de proba. O que afirma a resolución do Tribunal Constitucional referida polos autos indicados é que no momento de valoración para a decisión de sentenza será a practicada efectivamente en xuízo oral, salvo as excepcións legalmente previstas, a que deba se obxecto de valoración. Agora ben, a propia lei refire co termo proba actuacións propias da instrución. Así, como exemplo, xa no artigo 13 LACrim considera primeiras dilixencias consignar las pruebas del delito, o 15 fala do lugar onde se descubriran pruebas del delito, o 38 ordena remitir las pruebas materiales del delito coa inhibición, o 282 regula como función da policía xudicial recoller pruebas del delito, mantendo ese termo o 770, o 326 refíreas como obxecto da inspección ocular e o 339 do informe pericial, e, xa como último exemplo, o 797 refire que as pruebas deben acompañar o atestado no caso de dilixencias urxentes. De feito, ao longo da lei pódese ver, causado polos diversos momentos en que se produciron reformas ao texto, un uso moi dispar dos termos proba como das expresións fontes e medios de proba. En resumo, aínda que nun determinado sentido, ou para uns determinados efectos, pode dicirse que proba é a actividade practicada en xuízo oral, o certo é que non cabe rexeitar coa contundencia que se fai neses autos, nin no ton empregado, o uso empregado pola parte.
De forma semellante, non se sostén a diferenza oposta no auto á petición de citación para toma de declaración da querelante. Afirma o Xulgado que non podería declarar dúas veces unha mesma persoa nunha instrución, sendo que, a diferenza do xuízo oral, unha persoa poderá declarar durante a instrución cantas veces sexa necesario. Outra cousa será se é pertinente ou non, pero non existe ningún impedimento para que o faga as veces precisas. Como tampouco se comprende que diferenza observa o instrutor cando discute a posición na que declararía esa persoa. Confunde de forma evidente o instrutor a mención da querelante como tal por ter interposto querela, coa posición na que pode declarar. A declaración da querelante será tomada sempre como testemuña. Caberá que, ademais diso, sexa prexudicada e sexa realizado o acto previsto nos artigos 109 e 110 LACrim, pero no momento da declaración, esa declaración é prestada como testemuña e co estatuto que lle é propio.
Agora ben, pese a iso, non cabe acoller o recurso polos motivos que procederemos a expor.
Terceiro.- No referido á pretensión da realización de novas dilixencias de instrución debemos acoller o manifestado polo Ministerio Fiscal no seu escrito de 5 de abril de 2021. Este escrito analiza de forma minuciosa e impecable os diversos problemas da causa e xustifica de forma sobrada o rexeitamento do recurso. Puxo de manifesto ese escrito un aspecto non mencionado no auto de sobresemento e tampouco, pese a esa referencia no escrito do Ministerio Fiscal, no resolutorio do recurso de reforma. Concretamente que, fose cal for a natureza das dilixencias pedidas pola parte, o prazo de instrución tería rematado.
A acusación particular non discute que o prazo de prórroga da instrución tería rematado o día once de xaneiro de dous mil vinte. O que defende a parte é que a disposición transitoria da Lei 2/2020, do 27 de xullo, supuxo a apertura dun novo prazo. Apoia a súa versión no texto desa disposición. Ese texto indica:
La modificación del artículo 324 de la Ley de Enjuiciamiento Criminal contenida en el artículo único será de aplicación a los procesos en tramitación a la entrada en vigor de la presente ley. A tal efecto, el día de entrada en vigor será considerado como día inicial para el cómputo de los plazos máximos de instrucción establecidos en aquél.
Con apoio nunha resolución dunha Audiencia Provincial, a acusación particular defende que se debe entender como proceso en tramitación calquera instrución na que non se ditou resolución pondo fin á instrución. Noutras palabras, que aínda se venceu o prazo de instrución antes desa data, se aínda non se ditou auto de continuación ou sobresemento renacería o prazo posíbel de instrución durante un ano.
Non compartimos esa lectura. A disposición transitoria mencionada parte da relevancia sobre os dereitos fundamentais da persoa investigada da regulación dos prazos de instrución. Opera tal reforma sobre unha regulación previa que xa producira efectos nos procesos iniciados antes. É constante xa a xurisprudencia que advirte da obrigatoriedade deses prazos e de que producen un cambio na situación da instrución en canto vedan o acordo de novas dilixencias, se ben cabe debater as consecuencias sobre as dilixencias que sexan practicadas contra o aí disposto ou sobre a información obtida a partir delas. É dicir, non cabe discutir que ao abeiro da regulación en vigor en xaneiro de 2020 rematara o prazo de instrución e o maxistrado non estaba habilitado para adoptar novas dilixencias de investigación e só procedía adoptar algunha das decisións contidas no artigo 779 LACrim. En palabras da sentenza do Tribunal Supremo do 3 de novembro de 2021 (ROJ STS 4054/2021): La reforma operada por la Ley 41/2015 introdujo un elemento de temporalidad en el desarrollo de la fase previa -mantenido en la reforma operada por la Ley 2/2020, de 27 de julio- partiendo de un plazo general prorrogable mediante resoluciones motivadas que justifiquen la necesidad o no de prolongar la instrucción para la obtención de los fines propios de dicha fase. Dicha temporalización incorporó -e incorpora en la regulación vigente- consecuencias relevantes, algunas de nítido alcance preclusivo, en los propios términos contemplados en el artículo 324.6º, texto de 2015, o en el vigente artículo 324.4, ambos, LECrim . La principal, la finalización de la fase previa y, con ella, la oportunidad de práctica de nuevas diligencias indagatorias . Esa mesma resolución advirte que esa consecuencia é modulada cando quedan pendentes dilixencias por recibir, pero, advirte, unicamente para eses efectos de incorporalas: La preclusión no puede modularse a salvo que restaran por practicarse o por recepcionarse diligencias ordenadas antes del transcurso de los plazos de duración establecidos, en cuyo caso la fase de instrucción permanecerá , a tales exclusivos efectos, abierta -[cuestión colateral, y no relevante en este caso, pero no por ello intrascendente para el análisis general de la temporalidad de la fase previa, es la consecuencia que se puede derivar de la doctrina contenida en la sentencia de Tribunal de Justicia de la Unión Europea, Gran Sala, de 5 de junio de 2018, asunto C-612/15, caso Kolev y otros, sobre inoponibilidad de fórmulas de crisis procesal derivadas del transcurso de plazos de tramitación en supuestos de procesos en los que se persiguen infracciones contra los intereses financieros de la Unión Europea]-. Como se pode observar, contra o argumentado no recurso, si considera esa xurisprudencia, que a instrución debía considerarse finalizada. Así o teñen manifestado outras Audiencias Provinciais. Non compartimos, en consecuencia, que o feito de non distinguir o texto da Disposición transitoria entre supostos nos que tivera vencido o prazo, e supostos nos que non, permita estender o alcance do termo procedementos en tramitación. Como acabamos de ver, se na altura da entrada en vigor desa Lei de reforma o prazo concluíra, o procedemento, a eses efectos de acordar dilixencias previas non entraba na categoría de en tramitación e, xa que logo, a Lei non precisaba distinguir o que xa era distinto, se ben é certo que tería sido moito mellor técnica lexislativa aclarar este extremo.
Cuarto.- Como explicamos antes, a presente causa ten por obxecto uns feitos que se valorou, polo Xulgado e a acusación, que poderían constituír un delito de acoso laboral.
O delito de acoso laboral aparece recollido no artigo 173, actualmente no seu terceiro parágrafo, cando sanciona coa mesma pena [prisión de seis meses a tres anos] a:
Con la misma pena serán castigados los que, en el ámbito de cualquier relación laboral o funcionarial y prevaliéndose de su relación de superioridad, realicen contra otro de forma reiterada actos hostiles o humillantes que, sin llegar a constituir trato degradante, supongan grave acoso contra la víctima.
No existe dúbida de que neste caso o tipo de relación entre querelante e querelado é unha daquelas ás que se refire ese precepto. A conduta que se sanciona é realizar actos hostiles o humillantes. Eses actos deben ser realizados de forma reiterada o que remite a unha idea de continuidade no tempo. Ademais a conducta debe realizarse prevaléndose da relación de superioridade. Por último, existe un elemento normativo que debe consistir en poder valorar a conduta como un grave acoso contra la víctima.
Para analizar os elementos dese tipo penal podemos acudir á Sentenza do Tribunal Supremo do 19 de maio de 2021 (ROJ STS 1989/2021) que, tras una análise detallada do tipo, destaca:
Es más que evidente que una interpretación excesivamente elástica del ámbito típico abarcado por el art. 173.1.II del CP puede conducir a una superposición de injustos en la que actos explicables por la tensión que es propia de toda relación laboral, construida a partir de un esquema jerárquico, se conviertan en acciones susceptibles de ser calificadas, siempre y en todo caso, como delictivas. Una labor interpretativa que no fuera cuidadosa con esta exigencia, que es inherente a los principios que legitiman la aplicación de la ley penal, alentaría la confusión sobre el alcance de un precepto en el que se vuelcan elementos normativos de visible amplitud. Sobre todo, con la dificultad añadida de una reforma poco cuidadosa con los requerimientos impuestos por la buena técnica legislativa y que, queriendo resolver problemas de tipicidad, ha incrementado los escollos interpretativos.
La exigencia de que se trate de actos reiterados de carácter hostil y humillante que, sin llegar a constituir trato degradante, supongan un grave acoso a la víctima, representa el punto de partida para conformar el juicio de subsunción. Han de quedar, por tanto, fuera de la tipicidad que ofrece el art. 173.1.II los hechos episódicos, aislados y puntuales que sean reflejo de un acto de arbitrariedad, pretendidamente amparado por el principio de jerarquía, pero que pueden encontrar adecuado tratamiento jurídico en la jurisdicción laboral o en otros preceptos menos graves de los que ofrece el Código Penal. Lo que se sanciona en el delito de acoso laboral es la creación de un permanente clima de humillación que lleve al trabajador a la pérdida de su propia autoestima, que convierta el escenario cotidiano de su trabajo en el lugar en el que ha de aceptar con resignación las vejaciones impuestas por quien se ampara arbitrariamente en su jerarquía. El acoso que desborda el tratamiento propio de la relación laboral implica un cúmulo de actos reiterados de persecución con grave afectación psicológica en el trabajador. Se trata de decisiones enmarcadas en la prevalente posición jerárquica que ocupa el superior, generadoras de una atmósfera hostil, humillante que altera la normalidad de cualquier relación laboral. Son actos cuya imposición trata de explicarse en el ejercicio de las facultades de dirección pero que, sin embargo, implican medidas manifiestamente innecesarias desde la perspectiva de la óptima regulación del trabajo.
Pouco despois na mesma sentenza advírtese da necesidade de definir o contido dos actos que se denominan hostiles o humillantes procurando parámetros obxectivos aínda que atendendo ás circunstancias da persoa que os poida padecer:
Es cierto que la aplicación del art. 173.1.II del CP exige un proceso interpretativo que ayude a determinar qué ha de entenderse por "... actos hostiles o humillantes que (...) supongan grave acoso contra la víctima". Parece claro que el carácter hostil o humillante de determinados actos no puede fijarse atendiendo exclusivamente a la percepción personal que tenga la víctima acerca de la hostilidad o humillación que puedan encerrar las decisiones que le afectan. En el juicio de subsunción hemos de operar con parámetros que, aun sin vocación de universalidad, sean ponderados conforme a criterios aplicables a la generalidad de los trabajadores. Pero la presencia de lo objetivo no puede eliminar cualquier consideración referida a las circunstancias personales del trabajador que luego se convierte en destinatario de unas decisiones encaminadas a desalentar su ánimo y a prescindir de sus servicios. Y ello con independencia de que esas actuaciones tengan como desenlace una patología física o psíquica evaluable médicamente. La relevancia penal del acoso laboral no puede hacerse depender, desde luego, de la subjetividad y vulnerabilidad de la víctima. Pero tampoco puede exigirse para predefinir su alcance un análisis de la capacidad de resistencia del trabajador para tolerar la situación a la que está siendo sometido.
Tamén se pode traer a colación o manifestado na sentenza do mesmo Tribunal Supremo do 21 de xaneiro de 2021 (ROJ STS 209/2021), que comeza por lembrar que a continuidade no comportamento non supón por si mesmo gravidade:
El recurso argumenta que cuando hay reiteración y persistencia de actos de hostigamiento u hostilidad, como sucede en el caso examinado, no puede negarse la gravedad.
No es admisible esa interpretación. El precepto exige que los actos supongan grave acoso. Si a la noción de acoso es inherente la reiteración (solo hay acoso si se produce repetición o acumulación de conductas), la gravedad, mencionada como elemento adicional, no puede estar basada en exclusiva en la repetición. Si lo estimásemos así, convertiríamos ese adjetivo en un añadido inútil y superfluo. Si reiteración implica per se gravedad, no existirían acosos no graves. Ese entendimiento contradice la literalidad del precepto. El término "gravedad" exige un plus frente al acoso que, por sí, implica reiteración de actos.
Como lembraba tamén a anteriormente citada, neste sentenza reproducíase a doutrina da anterior do 21 de decembro de 2018:
"...Requiere este tipo penal que la conducta constituya un trato degradante, pues se constituye como una modalidad específica de atentado contra la integridad moral, siendo característica de su realización el carácter sistemático y prolongado en el tiempo que determina un clima de hostilidad y humillación hacia el trabajador por quien ocupa una posición de superioridad de la que abusa.
También podemos señalar que se trata de generar en la víctima un estado de desasosiego mediante el hostigamiento psicológico que humilla a la misma constituyendo una ofensa a la dignidad.
Como elementos del delito de acoso laboral podemos señalar, los siguientes:
a) realizar contra otro actos hostiles o humillantes, sin llegar a constituir trato degradante; b) que tales actos sean realizados de forma reiterada; c) que se ejecuten en el ámbito de cualquier relación laboral o funcionarial; d) que el sujeto activo se prevalga de su relación de superioridad; e) que tales actos tengan la caracterización de graves".
No presente caso, no momento de interposición da querela foron descritos como feitos relevantes neste apartado a apertura de catro expedientes sancionadores que derivaron, tres deles, en que o alcalde impuxo unha sanción (amoestación) á querelante e outro en remitir o expediente á administración competente para decidir sobre a súa resolución. Ademais diso, e así pode comprobarse no resumo da causa que fixemos anteriormente, reprochouse que se lle entregaron expedientes con pouco tempo para informar, que se contratou un servizo externo para a asesoría xurídica e que nunha ocasión o alcalde reprochou que a querelante acudira acompañada a unha reunión. Fóra diso existe unha referencia un tanto vaga sobre a intencionalidade dos actos realizados e o mal ambiente xerado no espazo de traballo. Ningún outro feito relevante foi indicado e non cabería acudir agora a unha nova declaración para completar o relato de feitos exposto na querela e ao longo da instrución pasado todo este tempo. Por iso eses son os feitos a valorar.
O feito de ter iniciado os catro expedientes non podemos separalo do feito de que tal cousa era competencia do alcalde. Non se trata de actos para os que carecese de competencia, senón actos que a el lle correspondían e eran susceptíbeis de impugnación ante a xurisdición. De feito, no caso consta que foron impugnados e revogadas as resolucións. Agora ben, tamén consta que neses expedientes a Administración Local deu uns motivos para defender a legalidade das resolucións. Certamente as sentenzas rexeitan as alegacións da Administración ao entender que as resolucións xa supuxeran unha vulneración dos dereitos da administrada. Pero o que si quedou evidenciado é que existían unhas posíbeis explicacións ás resolucións da Alcaldía. É máis, na causa declarou a interventora, que deu unha explicación diversa sobre o sucedido co circuíto de sinaturas e sobre as posicións defendidas pola querelante. Non se trata, de aí que nada arranxarían as dilixencias pedidas pola acusación, de se asistía razón ou non á querelante. Aínda que a querelante tivese razón nas posicións adoptadas antes e nas alegacións realizadas durante os expedientes sancionadores, o certo é que abrir eses expedientes non aparece como un acto con relevancia penal nas circunstancias examinadas. Eran actos en todo caso, sen virtualidade para, nas palabras que antes vimos do Tribunal Supremo, cousificar ou negar a dignidade á sancionada. Que sexa aberto un expediente sancionador ou imposta unha sanción non pode ter, en principio, tal significado. En supostos de absoluta arbitrariedade na acción ou de reiteración moi continuada no tempo, e xunto a outras circunstancias dependendo do caso concreto, poderían chegar a ter transcendencia para cualificar un conxunto de accións. Pero non é o caso, os catro expedientes tramítanse en pouco máis dun mes. É o momento en que as diferentes formas de interpretar a organización interna, as obrigas de cada un e as consecuencias do novo sistema de asinar derivaron nas consecuencias que alegou a Administración para impor, ou propor, a sanción. Que, segundo a querelante, non asistise razón ao alcalde non varía a natureza deses actos.
Fóra desa apertura de expedientes, e de resolución de tres deles, non se describe ningún feito que poida ter relevancia penal. Dende logo non o pode ser a resposta do alcalde ao que, parece ser, el considerou unha falta de respecto ou confianza. E tampouco o referido ao momento no que foron entregados os expedientes, sen prexuízo das consecuencias desa forma de actuar. E igual resposta terían as referencias aos motivos polos que a querelante considera que outras actuacións administrativas constituirían irregularidades ou, incluso, delito. Unha cousa é a posíbel relevancia penal desas outras actuacións, que é obxecto doutras causas, e outra diferente que a querelante pretenda que sexan actos hostís ou humillantes para ela. A identificación entre a suposta ofensa aos principios dunha recta administración e a dignidade da querelante non pode ser asumida.
En resumo, os feitos non constitúen delito e non o constituían dende a súa descrición na querela. A instrución só confirmou esa primeira impresión. E tal afirmación é referida ao propio relato da querelante, polo que non se trata de dirimir a quen asistía razón no sistema de sinatura e, moito menos, de que consecuencias podería ter, incluso penais, en caso de ter razón a querelante na súa valoración das normas aplicábeis.