Auto Penal 821/2024 Audie...e del 2024

Última revisión
09/05/2025

Auto Penal 821/2024 Audiencia Provincial Penal de A Coruña nº 2, Rec. 1162/2024 de 09 de diciembre del 2024

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 36 min

Orden: Penal

Fecha: 09 de Diciembre de 2024

Tribunal: Audiencia Provincial Penal nº 2

Ponente: XERMAN VARELA CASTEJON

Nº de sentencia: 821/2024

Núm. Cendoj: 15030370022024200790

Núm. Ecli: ES:APC:2024:1723A

Núm. Roj: AAP C 1723:2024

Resumen:
ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

A CORUÑA

AUTO: 00821/2024

-

C/. DE LAS CIGARRERAS Nº 1 - EDIFICIO ANTIGUA FABRICA DE TABACOS. 1ª PLANTA

Teléfono: 981 18 20 74 /75/36

Correo electrónico: seccion2.ap.coruna@xustiza.gal TFNO. 881 881 899 /895/ 896/ 898

Equipo/usuario: SP

Modelo: 662000 AUTO RESOLVIENDO APELACION. VARIOS MAGISTRADOS

N.I.G.: 15030 43 2 2021 0005458

RT APELACION AUTOS 0001162 /2024

Juzgado procedencia: XDO. INSTRUCIÓN N. 5 de A CORUÑA

Procedimiento de origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0000496 /2021

Delito: ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS)

Recurrente: Leticia, DIRECCION000

Procurador/a: D/Dª JOSE LUIS CASTILLO VILLACAMPA, JOSE LUIS CASTILLO VILLACAMPA

Abogado/a: D/Dª MARIA MONTSERRAT VAZQUEZ SANCHEZ, MARIA MONTSERRAT VAZQUEZ SANCHEZ

Recurrido: MINISTERIO FISCAL, INVEIMAR SA , Romulo , INVERPRIX GALICIA SL UNIPERSONAL

Procurador/a: D/Dª , EDUARDO PARDO COLLANTES , ,

Abogado/a: D/Dª , MARIA VICTORIA PEÑA PESQUERA , Romulo , Romulo

A U T O núm. 821/2024

ILMO. SR. PRESIDENTE DON SALVADOR PEDRO SANZ CREGO ILMOS. SRES. MAXISTRADOS DON XERMÁN VARELA CASTEJÓN - RELATOR DON JOSÉ ALBERTO NODAR GARCÍA

A Coruña, 9 de decembro de 2024

A SECCIÓN SEGUNDA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA,constituida polos Ilmos. Sres. MAXISTRADOS apuntados á marxe ditaron a presente resolución en base aos seguintes

Antecedentes

Único.-Por unha providencia do 4 de maio de 2023 o Xulgado de instrución nº 5 da Coruña acordou rexeitar a petición de sobresemento presentada polas defensas.

A representación de DIRECCION000 e Leticia interpuxo un recurso de reforma e outro subsidiario de apelación contra esa decisión. Por un auto do 19 de outubro o Xulgado decidiu non admitir a trámite o recurso de reforma e ao día seguinte admitiu por providencia o subsidiario de apelación presentado. Oídas as outras partes o Xulgado elevou as actuacións a esta Audiencia provincial.

Con este auto resólvese o amentado recurso, manifestando o parecer da Sala o maxistrado Xermán Varela Castejón.

Fundamentos

Primeiro.-Co fin de fixar os termos do debate debemos resumir os feitos que constitúen o obxecto da causa referindo que entende que o querelado Romulo mentiu nun xuízo civil promovido contra a querelada DIRECCION000. Dirixiu a querela contra esta entidade, contra aquela persoa física e tamén contra a entidade Inverprix Galicia SL.

A Querelante, Inveimar SA afirmou na súa querela:

O 20 de febreiro de 2008 a querelante e outras dúas mercantís (Inversiones Peroxa e Inco Intermediarios de Comunicación) constitúen unha Comunidade de bens (cun 25% a primeira e última e o 50% Inversiones Peroxa) denominada DIRECCION001 CB. O obxecto eran actividades inmobiliarias.

O mesmo día a querelante e DIRECCION000 subscriben un contrato de contas en participación aquela como xestora e esta como partícipe. O obxecto era que a querelante xunto coas outras mercantís da CB, e a través dela, adquirise un inmóbel e o partícipe participase, valga a redundancia, nos resultados.

O 3 de marzo de 2008 a entidade Inverprix Galicia emitiu unha factura contra DIRECCION001 CB por importe de algo máis de 296.000 euros (dos que algo máis de 40 mil eran por IVE). O concepto era intermediación na adquisición do inmóbel. O 6 de marzo DIRECCION001 pagou esa factura.

O 5 de marzo dese 2008 elevouse a público o contrato polo que as mercantís que conformaban a CB adquiriron o inmóbel por máis de 3 millóns de euros.

O 3 de febreiro de 2020 DIRECCION000 presentou unha demanda contra a querelante. Pretendía a resolución ou extinción do contrato que as unía e a condena ao pago de case 600 mil euros.

O 6 de xullo de 2020 a querelante contestou a demanda e presentou reconvención. Entre outros conceptos apelaba como gasto soportado ao pago da factura por intermediación descrita antes que defendía nunha parte debía soportar DIRECCION000 (74 e algo mil euros). Acompañaba a factura emitida contra DIRECCION001 CB e o xustificante da transferencia.

O 27 de agosto de 2020 DIRECCION000 contestou a reconvención e impugnou a factura aducindo que nunca nas negociacións previas se lle mencionara nin esa factura nin ese gasto, que non constaba que a querelante pagase a parte que lle correspondería dentro da CB por ese concepto, e que non era razoábel a porcentaxe que suporía sobre a operación total co que defendía que fora unha operación virtuosapara pagar menos impostos e prexudicar a DIRECCION000.

O 27 de xaneiro de 2021 declarou como testemuña no xuízo Romulo que non tiña interese no preito nin relación coas partes, que era no 2008 e nese momento socio e administrador único de Inverprix, que non coñecía aos comuneiros da CB e non participara en intermediación ningunha, que emitiu a factura por petición doutra persoa que non identifica, como favor, recibindo a transferencia, pero reintegrándoa inmediatamente unha vez reducido o IVE que el pagou.

O 17 de marzo de 2021 foi ditada sentenza no proceso civil na que, no referido a este punto, da por non acreditado ese gasto debido á declaración da testemuña indicada. Esa sentenza fora recorrida en apelación e non estaba resolto o recurso no momento de interposición da querela.

Afirma a querelante que é falso o manifestado pola testemuña, polo que considera que as persoas quereladas cometeran un delito de estafa procesual apelando ao contido do 251 bis do Código penal e outro de falso testemuño do artigo 458.1 do mesmo Código, ademais do referido no artigo 461 de presentación de testemuñas falsas.

Segundo.-O Xulgado de instrución nº 5 da Coruña admitiu a trámite a querela por un auto de 3 de xuño de 2021 e iniciou dilixencias previas acordando a declaración de parte das persoas quereladas, requirir documentación a Romulo e información á AEAT.

O 31 de marzo de 2022 tomouse declaración a Romulo, do que só consta que se lle informou de dereitos no seu propio nome, e a Leticia. A esta última fíxoselle información de dereitos en su propio nombre y en calidad de representante legal de la entidad DIRECCION000.L..

Despois de declarar, o 18 de abril de 2022 compareceu Romulo no seu propio nome como letrado e manifestou que, como declarara, a entrega a terceiros en metálico do que lle transferiran que afirmou fixera foran en man a dous varóns que identifica un como Juan Manuel e outro polo alcume El Topo, sen contar con documentación desa entrega, como tampouco documentos da retirada do recibido por transfererencia por ter pasado 14 anos, solicitaba fose remitido oficio ao BBVA.

O 27 de maio de 2022 o Xulgado deu audiencia ás partes en relación co prazo de instrución. O Ministerio Fiscal solicitou a prórroga, mentres que a defensa de Tau Piñeiro SL e Leticia solicitou o sobresemento. Fundada a súa solicitude en afirmar que o declarado pola testemuña era certo, que ningunha relación tiña esa testemuña coa mercantil ou coa administradora, indicando que Llegó a reconocer el querellado que INVERPRIX tuvo sanción de IVA e IRPF, condena por el Tribunal Superior de Justicia de Galicia por comprar facturas falsas.En todo caso, que ningunha participación tivera Leticia pois foi nomeada administradora o 29 de outubro de 2020 ao ter falecido o 3 de maio dese ano o anterior administrador ( Victorino) despois da vista do proceso civil ao que se refiren as actuacións.

A querelante presentou escrito solicitando a prórroga no que lembraba as dilixencias pedidas na querela e admitidas. Esas dilixencias eran as declaracións dos querelados, solicitude documentos ao Xulgado de primeira instancia en caso de impugnación das copias entregadas, oficio á AEAT e requirimento ao querelado, estas dúas últimas xa practicadas. Non constando resposta da AEAT, solicitaba a prórroga considerando tamén preciso o exhorto ao Xulgado de primeira instancia. Respondía á petición de sobresemento manifestando que ela non interpuxera querela contra a persoa física Leticia e respecto da xurídica remitía a momentos posteriores para argumentar o procedente.

O 2 de xuño de 2022 foi ditado auto prorrogando a instrución. Manifestaba que En las mismas por circunstancias sobrevenidas a la investigación no se han llegado a practicar diligencias indispensables, como es la práctica de las diligencias solicitadas por la querellante que aún están pendientes de practicar y de las demás diligencias que de ello se puedan derivar, por lo que se prevé razonablemente que la conclusión de las presentes diligencias previas no podrá verificarse dentro del plazo de doce meses que, con carácter general establece el art. 324 LECrim .

O 16 de novembro de 2022 foi unido un extracto de información obtida do PNX da AEAT e por Dilixencia acordouse volver requirir información á AEAT por ser esa insuficiente. O mesmo día era dado nova audiencia ás partes en relación coa posíbel prórroga do prazo de instrución. A defensa agora recorrente insistiu nos argumentos anteriores e pedía o sobresemento. O Ministerio Fiscal apoiou de novo a prórroga. A acusación particular mantiña a petición engadindo a necesidade de oficiar ao BBVA.

O 29 de novembro de 2022 o Xulgado ditou un auto prorrogando a instrución. Repetía o texto do auto anterior engadindo agora: Una vez agotada la instrucción, y practicadas, cuando menos, las diligencias que a la fecha permanecen aun pendientes se podrá valorar la petición de sobreseimiento provisional formulada por la representación procesal de la querellada.

O 13 de xaneiro de 2023 o Xulgado acordaba dar traslado de dúas peticións de sobresemento presentadas polos procuradores das defensas. O 7 de febreiro o Ministerio Fiscal manifestou a súa oposición ao sobresemento en tanto non se rematasen as dilixencias. O 24 de xaneiro foi a acusación particular quen manifestou a súa oposición.

O 24 de abril de 2023 foi recibida a contestación da AEAT que só se concretou na remisión do modelo de declaración da operación realizada en 2008.

Por unha providencia de 4 de maio de 2023 o Xulgado decidiu o seguinte: Dada cuenta, se deniegan las solicitudes de sobreseimiento y se está a lo acordado en auto de 29-11-22.O mesmo día 4 daba nova audiencia ás partes en relación co prazo de instrución.

O 10 de maio manifestaba a súa oposición á prórroga a representación de Tau Piñeiro SL e Leticia. O Ministerio Fiscal volvía pedir a prórroga.

O 16 de maio a representación de Tau Piñeiro SL e Leticia interpuña un recurso de reforma e outro de apelación, subsidiario ao anterior, contra a providencia de 4 de maio. Denunciaba a ausencia de motivación da providencia e reiteraba os argumentos anteriores.

O 18 de maio o Xulgado acordaba a prórroga da instrución. Repetía o mesmo texto que nos dous autos anteriores.

O 20 de outubro de 2023 o Xulgado admitía a trámite o recurso de apelación presentado contra a providencia de 4 de maio. O día antes ditara un auto non admitindo a trámite o recurso de reforma por entendelos presentado fóra de prazo.

O 20 de novembro de 2023 a acusación particular instaba a prórroga do prazo de instrución.

O 13 de decembro o Ministerio Fiscal impugnaba o recurso de apelación. Ata ese momento limitábase a manifestar que solicitaba a prórroga da causa sen referencia ningunha ás concretas actuacións, e manifestara a súa oposición ao recurso de reforma referindo simplemente a necesidade de obter o resultado dunhas dilixencias que non especificaba. Resumía o contido da querela, tras iso refería que na súa declaración Romulo ha declarado que fue el abogado de la querellada, Jacinto, amigo personal desde hace años, como testigo en el juicio civil, si bien manifiesta desconocer para qué entidad trabaja el Sr. Jacinto. Ha comparecido como representante legal de Inverprix, siendo su propietario y administrador único. Ha ratificado todo lo manifestado en el pleito civil, concretando que fueron por su oficina dos personas cuya identidad dice desconocer, así como cualquier otro dato para su identificación, salvo ser dos jubilados a quienes se refiere como " Juan Manuel" y "el Topo", con quienes hacía frecuentemente operaciones ficticias para obtener ganancias sin base real alguna, emitiendo con frecuencia facturas falsas, y haciendo una suerte de mercadeo de operaciones fraudulentas que sitúa, eso sí, más allá del plazo de 10 años. Reproduce como esa persoa explicou a operación que di que realizou, que o fixera en máis ocasións e mercara outras facturas falsas que fixeron que non tivese aumento dos seus propios impostos. Tamén recorda como ese querelado explicou que era evidente a falsidade da operación pois suporía unha porcentaxe desmesurada en relación coa operación. Sobre Leticia lembra que manifestou que ela non era naquel momento, no do proceso civil de 2020, administradora, pero coñecía o contido do proceso civil. Resumía tamén as alegacións da defensa. Tras iso cuestiona a versión dada por Romulo e considera que a verosimilitude desas manifestacións deben ser dirimidas en xuízo. Razoa entón que o declarado por Romulo é falso pois é estraño que ningunha das 3 empresas da CB apercibírase do pago de máis de 300 mil euros de non responder a ningunha realidade, ademais non da credibilidade a que non coñecese ás empresas da CB pois foi elixido para tal operación e destaca que si coñece ao letrado da querelada. Insiste que non da datos o declarante sobre esas persoas nunha operación dese importe na que el aparecía identificado e sen que explique en que lle beneficiaba. Defendía a imputación de DIRECCION000 dado que era a beneficiada e quen propuxo á testemuña. No referido a Leticia manifesta que esta declaración, base de los hechos objeto del procedimiento, se prestó en un momento en el que ya Leticia era administradora de la entidad TAU, y si bien es cierto que bajo su administración no se inició el procedimiento civil, la empresa demandante es una sociedad familiar en la que ella ya era miembro activo bajo la anterior administración, bajo su administración se propuso al testigo, y de acuerdo a su declaración judicial parece obvio que conocía no solamente la situación de DIRECCION000 sino también incluso la de Inveimar.

O 29 de febreiro o Xulgado deu audiencia ás partes para que se manifestasen sobre unha posíbel prórroga do prazo de instrución. Tras manifestarse a favor o Ministerio Fiscal e en contra a defensa agora recorrente, por un auto de 19 de marzo de 2024 acordouse de novo a prórroga. O contido volvía ser o mesmo. O 21 de agosto de 2024 foi dada nova audiencia en relación co prazo de instrución. De novo o Ministerio Fiscal manifestouse favorábel e a defensa recorrente contraria. Achegouse nese momento a sentenza da Audiencia provincial que resolveu o recurso de apelación contra a sentenza civil referida na querela. A sentenza era de 3 de outubro de 2023 e referíase á discutida factura nos seguintes termos: La factura de Inverprix Galicia consta que su importe fue abonado por DIRECCION001 (transferencia a Inverprix Galicia SL de fecha 6.03.2008, así resulta de los movimientos de cuenta de DIRECCION001), sin que, en momento alguno, ni DIRECCION000 ni INVEIMAR hayan manifestado su disconformidad con esta factura abonada por DIRECCION001 en fecha 6.03.2008, factura que, ahora, cuestiona DIRECCION000, proponiendo testifical de don Romulo (administrador de Inverprix), respecto de lo que sin desconocer la referida testifical que nada aclara y menos a la vista de la documental admitida en esta instancia como hechos nuevos (documentos 4, 5 y 6), y toda vez que la cuestión que aquí nos ocupa es la relativa a los gastos en los que se incurrió con motivo de la adquisición del DIRECCION002 en el año 2008 así como las aportaciones que para tales gastos ha realizado INVEIMAR y gastos que DIRECCION001 ha abonado, constando, en relación a esta factura de Inverprix (obra en el doc. nº 30 de la contestación a la demanda), tanto la aportación realizada por INVEIMAR a la cuenta de DIRECCION001 el 4.03.2008, como el abono de dicha factura por DIRECCION001 en fecha 6.03.2008 (movimientos de cuenta de DIRECCION001), sin que, en su momento, se haya cuestionado esa factura que fue abonada por la comunidad de bienes DIRECCION001, es por lo que, conforme al criterio seguido para los restantes gastos, la conclusión no puede ser otra más que su inclusión como gasto.

O 10 de setembro de 2024 o Xulgado ditou un auto prorrogando a instrución. O contido era o mesmo que os anteriores.

Terceiro.-Esquematizando os feitos que son obxecto da instrución referirían, como hipótese das acusacións, esquematizando o xa descrito antes, que DIRECCION000 minte o 27 de agosto de 2020 na súa contestación da reconvención presentada pola querelante ao negar a realidade do gasto e que nese procedemento civil propuxo a declaración no xuízo de Romulo sabendo que este daría un testemuño falso.

A declaración que se di falsa producida o 27 de febreiro de 2021, consistiu, sempre nesa hipótese, en que Romulo declarou que, tal e como afirmara a querelante nese proceso civil, el, como administrador da mercantil tamén querelada Inverprix Galicia, emitira unha factura no 2008 contra DIRECCION001 CB e, tamén como afirmaba a querelante, recibira ese diñeiro. Pero engadiu que, contra o afirmado pola querelante, el non realizara actividade ningunha de intermediación, polo que non se pagaba un traballo previo. Afirmou que el emitira esa factura falsa por pedirllo alguén, recibiu a transferencia e retirou os cartos para entregarllos (salvo a contía por IVE que el declarou) en metálico a quen lle fixo o encargo.

Partindo da evidencia, que ninguén nega, da existencia do proceso civil e do contido da declaración indicada, fundamentalmente o discutido en canto aos feitos é se o relatado por Romulo é ou non certo. E iso tendo en conta que tampouco se nega que DIRECCION001 CB recibiu a factura emitida por Inverprix Galicia e realizou unha transferencia polo seu importe, sendo ademais declarada esa operación e, de aí, que se retivese o importe de IVE.

Na instrución acordouse como dilixencia de investigación, ademais da citación dalgunha das persoas quereladas, solicitar información á AEAT sobre a operación e reclamar documentación ao querelado Romulo. A AEAT remitiu contestación, se ben parcial en relación co pedido, que constataba a declaración da operación. A este requiríuselle a documentación bancaria da transferencia que recibiu, a retirada de diñeiro e o recibí de entrega ás persoas que mencionou. Na súa declaración manifestou que quen lle pedira realizar esa operación eran dúas persoas das que só coñece os nomes e non pode, di, identificar sen ter disposición, dado o transcurso dos anos da retirada (que pediu foran solicitados do BBVA sen resposta polo momento) e sen ter tido nunca documentada a entrega por el a eses descoñecidos do diñeiro.

Resulta evidente que os posíbeis delitos cometidos no 2008 terían xa prescrito co que non son obxecto desta causa. Esta causa só podería versar sobre se o testemuño prestado no proceso civil pode ser considerado falso e se ao propor esa declaración foi cometido un delito de estafa procesual.

Debemos a partir de aquí analizar o sucedido na causa en relación coas dúas persoas, física e xurídica, que interpuxeron recurso.

Cuarto.-A primeira alegación do recurso é denunciar a ausencia de motivación da providencia na que se rexeita a súa petición de sobresemento. Debemos dar razón á parte en tanto que a providencia non motiva de xeito ningún a súa decisión pois se remite ao auto anterior de novembro de 2022. Pero é que acudimos a ese auto e tampouco atopamos motivo ningún para a decisión, pois o único argumentado nel é que se debe esperar o resultado dunhas dilixencias que nin se especifican, nin parecen determinantes da decisión como despois veremos. De feito non localizamos resposta motivada en ningunha das resolucións anteriores sobre os concretos extremos aducidos pola defensa agora recorrente.

Procede en todo caso analizar de forma separada a posición da persoa física e da xurídica que interpuxeron recurso.

Comezamos pola situación de Leticia pois non aparece explicada de forma razoábel a súa chamada.

A Querela foi dirixida contra unha persoa física e dúas xurídicas.

No auto de admisión, sen entrar en análise do contido da querela, admitiuse esta como un todo, pero na súa parte dispositiva só se acordou de forma expresa unha xenérica referencia a todas as dilixencias pedidas nela (Practíquense las diligencias interesadas en la querella),para acto seguido acordar a citación da persoa física querelada (señor Romulo) e a citación al representante legal dela mercantil INVERPRIX GALICIA S.L..

Tal forma de proceder supón xa un incumprimento evidente das previsións do artigo 119 LACrim que refire a forma de citación das persoas xurídicas cando sexan posíbeis responsábeis penais como sería o caso ao admitir a querela nos termos en que se expuxo. Nese artigo advírtese que a citada debe ser a persoa xurídica e non o seu representante legal, e que será esa persoa xurídica a que deba designar persoa que a represente no procedemento penal. Nada diso era acordado.

En todo caso, as citacións non foron realizadas así. Consta que se remitiu unha citación á persoa física do señor Romulo no seu propio nome sen mención á mercantil Inverprix Galicia. De feito esta mercantil nunca foi chamada como tal a este procedemento. Outra citación foi remitida tendo por pe que se enviaba a representante legal de DIRECCION000.

De novo o incumprimento do regulado no artigo 119 LACrim é evidente.

O 24 de novembro de 2021 comparecía na causa un procurador en nome desa mercantil e tamén de Leticia. O 29 de novembro de 2021 por Dilixencia de ordenación tívose por comparecido ao procurador só en nome da mercantil, mencionando á señora Leticia só en tanto representante desa sociedade.

O 31 de marzo de 2022 na acta de información de dereitos do querelado persoa física só consta que se lle informa a el en tanto que tal persoa física. Sen embargo, no caso de Leticia afírmase que se lle informa como persoa física en nome propio e como representante da persoa xurídica.

No resto de resolucións xudiciais non consta unha imputación á persoa física mencionada en ningún momento, pois a única resposta á petición de sobresemento foi diferir a decisión ao resultado das dilixencias acordadas sen mención á situación da persoa da recorrente. De feito a propia querelante ao informar en xuño de 2022 sobre a petición de sobresemento advertía que ela non dirixira nunca accións contra esta persoa. O Ministerio Fiscal só se pronunciou sobre este particular no momento de impugnar o recurso de apelación, pero non é ese momento o apropiado para xerar unha imputación xudicial que non se expresou de xeito ningún.

Cabería valorar que estivéramos ante un simple erro material en caso de ser evidentes os motivos da imputación desa persoa física, pero non se localizan tampouco esas evidencias. A señora Leticia asume a administración da persoa xurídica en setembro de 2020, elevándose a público en outubro dese ano, tralo falecemento do seu pai en maio. A conduta atribuída na querela era referida ao comportamento da persoa xurídica, non da súa administradora xa en setembro, sendo que parece razoábel entender que as decisións sobre estratexia ante o proceso civil xa estaban tomadas antes. En todo caso, o simple feito de coñecer o realizado antes polo seu pai, ao que se remite o Ministerio Fiscal, non conforma ningún tipo de autoría que ese ministerio público, dado que a acusación particular nunca pretendeu esa imputación, non pretendeu explicar ou xustificar en ningún momento previo á impugnación do recurso de apelación.

Polo anterior debemos acoller o recurso, se ben non cabe propiamente acordar o sobresemento pedido, senón simplemente constatar que nunca foi chamada a este procedemento como investigada Leticia e, por iso, non se lle pode ter por tal.

Quinto.-Seguindo coa análise dos feitos debemos lembrar que o determinante da posíbel relevancia penal dos feitos é se a declaración no xuízo civil no ano 2021 de Romulo é falsa e, de selo, a súa transcendencia nun posíbel delito de estafa procesual.

Valorada unha declaración nun proceso xudicial, cabe defender que esa declaración era falsa e, por iso, constituíu delito vertela nese primeiro proceso. Agora ben, o certo é que debe exixirse razoabelmente que para promover a persecución dese feito como delituoso sexan presentados, ou cando menos sinalados para a súa localización na investigación, elementos que apoien a hipótese de que a declaración é falsa. Partimos de que a declaración en si mesma e en relación cos datos cos que se contaba no proceso xudicial en que se verteu xa foi obxecto dunha valoración xudicial polo órgano xudicial correspondente. Se ese xulgado ou tribunal concluíu na veracidade do declarado, ou na inexistencia de elementos para afirmar a falsidade, xa podemos afirmar que non é irrazoábel a hipótese de que sexa veraz. En principio, a salvo excepcións pouco frecuentes, someter o mesmo material (declaración e elementos presentes no xuízo anterior) a unha nova valoración poderá ter por resultado que se conclúa como máis probábel que non sexa veraz, pero non poderá afirmarse que a hipótese contraria (que exclúe o delito) non sexa posíbel cando un órgano xudicial verificouna. Por iso, en principio non cabe admitir denuncias ou querelas que só pretenden revisar a valoración xa realizada para concluír nunha en sentido inverso de contido incriminador.

Con iso nos atopamos no presente caso. No xuízo civil o que se manifestou é que a factura fora emitida, o diñeiro recibido da Comunidade de bens e a operación declarada. O que se negou foi que a factura respondese a unha prestación de intermediación real e que a emisora da factura quédase efectivamente cos cartos. A querela non achegou datos novos diversos aos valorados no proceso civil, só presentou razoamentos polos que ela entendía que non se debía dar veracidade ao declarado. As dilixencias que instou non parece que puidesen aclarar moito. No referido á documentación requirida ao querelado, o seu contido non determinaría que se tivese producido ou non o que el manifestou, pois entrando o comportamento na ilegalidade e sendo a pretensión confesa falsaria e fraudulenta non sería esperábel a rigorosa documentación do executado. En todo caso, pasados 14 anos dos feitos que non aparezan todos os documentos non é moi indicativo de nada. Da mesma forma, a documentación pedida á AEAT sobre a operación nada achegaría, pois non se negou que se declarou, senón que fose certa. Existe outra parte de documentación que se requiriu á AEAT que esta non enviou, pero ningunha acusación entendeu que debese requirir nada ante esa contestación parcial. En todo caso, o que se pedía pretendíase ligar con outro argumento cal era que non se pode crer esa declaración pois facela como di a testemuña que a fixo sería prexudicial para el por aumentar o seu pago de Imposto de sociedades. Tal cousa foi respondida pola propia testemuña ao indicar que éralle indiferente pois recoñece que naquel momento facía movementos de documentos e facturas falsas de tal nivel, e que determinaron fose condenado, que finalmente o impacto era nimio. Iso lévanos, en todo caso, ao mesmo punto que antes que é se existen elementos novos respecto do proceso civil que permitan aclarar a veracidade do relatado.

Efectivamente, as dilixencias pedidas e acordadas non achegarían realmente elementos novos relevantes para valorar a credibilidade do manifestado pois só pretenden apuntar a aspectos completamente secundarios da declaración. Desa forma, o certo é que, tras case catro anos de instrución non se achegou ningún elemento diferente á valoración da propia declaración xudicial para concluír se existe ou non acreditación da falsidade da declaración da testemuña no proceso civil. Así a análise da declaración que realiza o informe do Ministerio Fiscal non apela a ningún elemento non coñecido polo órgano civil e parte de premisas non probadas como que as persoas relacionadas coa CB descoñecerían totalmente a operación, feito que pode ser certo ou non e non podemos presumir. Por outro lado, non analiza datos tamén presentes como o desmedido da porcentaxe que suporía sobre a operación para responder a un pago real dunha intermediación como a declarada. Non pretendemos negar, nin afirmar, a realidade do declarado, só constatar que esa análise xa fora realizada e que non se pode fundar unha pretensión de condena nunha análise nova do xa manifestado.

Ademais do anterior, é relevante situar a declaración no proceso civil no que se produce. Con esa declaración se discutía a inclusión dunha concreta partida na relación de gastos a soportar entre as dúas partes do proceso civil, de forma que a contía afectada non sería o total da factura emitida e pagada, nin sequera a totalidade do 25% dela pagado pola querelante, senón a metade desta última contía. Iso xa nos sitúa a afección patrimonial por baixo dos 50 mil euros aos que se refire o Ministerio Fiscal na súa impugnación. Pero é que a contía do procedemento era moi superior a esa contía e esta non era máis que unha partida entre varias das discutidas, dentro dun entre varios dos argumentos esgrimidos polas partes. A relevancia cuantitativa era, pois, esa e non outra referida a todo o procedemento.

En canto á relevancia do manifestado, temos que en primeira instancia rexéitase incluír esa factura apelando a esa declaración que xera unha dúbida que non se compensada por outras probas achegadas pola parte que defende a súa inclusión. Pero é que, ademais, na resolución do recurso de apelación, achegado pola defensa e sen que fose instado sequera nin polo Xulgado nin polas acusacións, o motivo de revogar esa decisión e incluír a factura parte, precisamente, de negar transcendencia a esa declaración. O que se afirma na sentenza da Audiencia provincial é que na relación entre as dúas partes o relevante é que a querelante acreditou que a Comunidade de bens da que ela formaba parte pagou ese gasto e que ela fixo o ingreso da parte que lle correspondía para que o fixese. O manifestado pola testemuña, infírese da sentenza de apelación, non variaría ese feito, afectaría a terceiros, pero nada acreditaría que o gasto asumido pola querelante non fose para ela obrigado e, por iso, repercutíbel á querelada. De feito a Audiencia provincial xa advertira ante a petición de suspensión por prexudicialidade en auto de febreiro de 2022 que Estima este Tribunal que la declaración del testigo D. Romulo no tiene especial importancia parala resolución que pueda recaer en el presente recurso, por lo que no existen motivos para la suspensión del recurso de apelación con fundamento en que se ha presentado contra dicho testigo querella criminal por falso testimonio. A transcendencia da declaración cualititativamente amosouse obxectivamente escasa.

Dadas as anteriores circunstancias, tras case catro anos de instrución nas que non só non se achegou ningún elemento novo diverso aos analizados xa no proceso civil, senón que se reduciu a relevancia desa declaración, e atendendo a que non existe máis vínculo mencionado entre a testemuña e a mercantil querelada que ter afirmado aquela que era amigo do letrado desta, non cabe soster a continuidade da causa contra esa mercantil e procede acordar o sobresemento provisional das actuacións a salvo que sexan achegados novos datos ou fontes de información que permitan determinar unha valoración máis fundada da declaración prestada en xuízo.

Fallo

Acollermos o recurso de apelación contra a providencia que rexeitaba o sobresemento respecto das recorrentes e acordar o sobresemento provisional das actuacións respecto de DIRECCION000 e declarar que non consta imputada en ningún momento Leticia.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño desta resolución para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo da Sala.

Así o acordamos e mandamos por este auto, o cal asinamos.

A difusión do texto desta resolución a partes non interesadas no proceso no que foi ditada só poderá levar a cabo previa disociación dos datos de carácter persoal que os mesmos contivesen e con pleno respecto ao dereito á intimidade, aos dereitos das persoas que requiran un especial deber de tutelar ou á garantía do anonimato das vítimas ou prexudicados, cando cumpra.

Os datos persoais incluídos nesta resolución non poderán ser cedidos, nin comunicados con fins contrarios ás leis.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.