Última revisión
10/01/2007
Auto Penal Nº 1/2007, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 300/2006 de 10 de Enero de 2007
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 4 min
Orden: Penal
Fecha: 10 de Enero de 2007
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 1/2007
Núm. Cendoj: 36038370022007200378
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00001/2007
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 002
Rolo: 300/2006 CR
Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de TUI
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0000256 /2005
Maxistrados
Don José Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente
Don Luciano Varela Castro
Dona Rosario Cimadevila Cea
AUTO NÚM. 1
Pontevedra, dez de xaneiro de dous mil sete
Antecedentes
Primeiro. Na causa arriba mencionada o Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción núm. 2 de Tui ditou o auto do 1 de Febreiro de 2006 no que acordaba o sobresemento provisional e arquivo da causa.
Segundo. Contra o dito auto as representacións procesuais de LOGISTIC PACKAGING RETURN IBERICA e de CHEP ESPAÑA, formularon recursos de reforma e subsidiarios de apelación, desestimando os primeiros e admitidos a trámite os segundos, remitiéndose a este Tribunal para resolución dos mesmos.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado
Fundamentos
ÚNICO.- Polo auto do 1 de febreiro de 2006 a Xuíz a quo decretou o sobresemento provisional da presente causa ao abeiro dos artigos 641.1º e 779.1.1ª da Lei de Axuizamento Criminal .
Fronte a tal resolución deduciu recurso de reforma, e subsidiario de apelación, a entidade "Logistic Packaging Return Ibérica, S.A.", adheríndose ao mesmo "Chep España, S.A.".
Polo novo auto do 28 de marzo de 2006 rexeitouse a reforma e, consonte o artigo 766.4 da Lei de Axuizamento Criminal , confiríuselle traslado outra vez aos recorrentes polo prazo de cinco días para que formulasen alegacións e puidesen presentar, no seu caso, os documentos xustificativos das súas peticións.
Porén, caso ben omiso se fixo de tal posibilidade para intentar rebater os argumentos que a Xulgadora a quo empregou para rexeitar a previa reforma, de onde que compartíndose os mesmos, por seren ben atinados e conformes a dereito, abondaría xa con sinxelamente remitirnos aos mesmos para así cumpir coa obriga da motivación desta nosa resolución ( artigo 120.3 da Constitución española ).
A maior abastanza, e con evidente vocación de reforzo se cadra da argumentación xa empregada na instancia para manter o estado de arquivo das actuacións, só subliñar que por ningures se albisca a posibilidade da imputación dun delito de furto dos artigos 234 e seguintes do Código Penal pola total ausencia da demostración de que o apelado "tomase as cousas mobles alleas" de que se trata (palés), senón que adquiriu estes doutras empresas dun xeito que tampouco por ningures fai pensar na idea da comisión dun delito de receptación do artigo 298 do Código Penal pola potísima razón de que non consta a previa comisión dun delito contra o patrimonio ou a orde socioeconómica cometido polas entidades que lle transferiron os devanditos palés á parte apelada ou que este aboase polos mesmos o coñecido como prezo vil que fixese supoñer a oríxe ilícita de tal mercadoría. E se parte dos palés que se atoparon na naves inspeccionada pola garda civil levaban aínda gravado o nome da apelante "LPR Ibérica" isto non quere dicir que xa necesariamente se cometese un ilícito penal, senón que á marxe doutro tipo de consideracións alleas a este restrictivo eido punitivo, o certo é que cumprida conta se deu da existenza dun mercado de palés usados, reciclados ou recuperados unha vez, suponse, que a empresa que á apelante os arrendou lle aboou o prezo fixado para o caso de perda de cada paleta como así se prevé na copia do contrato marco que a propia apelante achegou coa súa impugnación.
Deste xeito, desestímase o recurso de apelación formulado e confírmase a resolución xudicial impugnada.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.
Fallo
DESESTIMAR os recursos de apelación interpostos polas representacións procesuais de LOGISTIC PACKAGING RETURN IBERICA y de CHEP ESPAÑA, contra o auto de data 1 de febreiro de 2006, ditado nas Dilixencias Previas-Abreviado nº 256/05 polo Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 2 de Tui (Rolo de apelación núm. 300/06), el cual debemos confirmar e confirmamos integramente.
Devólvanselle as actuacións ó xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe ningún recurso, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución ós autos correspondentes e ó rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.
