Última revisión
04/01/2008
Auto Penal Nº 1/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 3/2008 de 04 de Enero de 2008
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 6 min
Orden: Penal
Fecha: 04 de Enero de 2008
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 1/2008
Núm. Cendoj: 36038370022008200181
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00001/2008
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 002
Rolo: 0000003 /2008-M
Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de VILLAGARCIA DE AROSA
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0000228 /2007
Maxistrados
Don José Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente
Dona Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dona Rosario Cimadevila Cea
AUTO NÚM. 1
Pontevedra, catro de xaneiro de dous mil ocho.
Antecedentes
Primeiro. Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrucción nº 2 de Vilagarcia de Arousa ditou o auto do 29 de novembro de 2007 no que acorda a prisión provisional comunicada de Pascual eludible mediante unha fianza de 50.000 euros e a obriga da comparecencia apud acta no Xulgado a quo todos os luns así como os días que fose chamado.
Segundo. Contra o dito auto pola representación procesual de don Pascual formulouse recurso de reforma, que foi desestimado polo auto do 14 de decembro de 2007 , e admitido a trámite o recurso de apelación interposto contra este, remitíronse a este Tribunal a peza de situación persoal do imputado para resolución do mesmo.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
ÚNICO.- A liberdade provisional con ou sen fianza, en canto medida cautelar de natureza persoal, implica unha restricción da liberdade persoal ( SSTC 56/1997, do 17 de marzo, e 14/2000, do 17 de xaneiro ).
A lexitimidade constitucional das resolucións xudiciais que acordan a imposición dunha fianza, cando sustitue a prisión provisional ou permite eludila, non depende da súa adecuación ao dereito á libre disposición dos bens, senón á liberdade persoal, dado que a non prestación de fianza habilita para o ingreso en prisión ou para o seu mantemento ( SSTC 108/1984, do 26 de novembro, 178/1985, do 19 de decembro, 66/1989, do 17 de abril, 85/1989, do 10 de maio, 127/1984, do 28 de decembro, 14/2000, do 17 de xaneiro , e os AATC 336/1995, do 11 decembro, 158/2000, do 15 xuño, e 169/2001, do 16 xullo ).
A fianza, como lembra o ATC 312/2002, do 29 de setembro , "no es una pena cuya concreción deba depender del mayor o menor grado de responsabilidad del imputado, sino que, de hecho, su calidad y cantidad se determinan tomando en cuenta los elementos prescritos en el art. 531 de la LECrim , entre los que figuran la naturaleza del delito, el estado social y antecedentes del procesado y las demás circunstancias que pudieran influir en el mayor o menor interés de éste para ponerse fuera del alcance de la autoridad judicial ( STC 66/1989, de 17 de abril, F. 6 ; ATC 730/1985, de 23 de octubre ). Precisamente este último elemento, ha sido remarcado en el ATC 730/1985, de 23 de octubre , donde afirmábamos que «en la medida en que la fianza tiene por objeto primordial garantizar que quien ha sido procesado no intentará sustraerse a la acción de la justicia, parece lógico que se cuantifique en atención al mayor o menor número de probabilidades de que tal evento se produzca, como prevé el citado art. 531 » (F. único). Por su parte, la doctrina del Tribunal Europeo de Derechos Humanos ha señalado igualmente que la cuantía de la fianza, cuya «función no es el aseguramiento del perjuicio, sino la presencia del acusado en el juicio», debe ser apreciada de acuerdo con distintas circunstancias relativas al acusado como sus ingresos y su relación con las personas que pueden prestar la caución, y en definitiva, en relación con el grado de confianza que se puede tener en que la pérdida de la fianza o su ejecución en caso de no comparecer en juicio, actuará como un freno suficiente para descartar toda idea de fuga (STEDH de 27 de junio de 1968 [ TEDH 1968, 2] , caso Neumeister v. Austria, § 14; STEDH de 15 de noviembre de 2001 [ TEDH 2001, 756], caso Iwañczuck v. Polonia, § 66, caso éste donde el conflicto residía básicamente en la forma que debía tener la fianza y que alargó el proceso y la prisión de modo innecesario)".
No primeiro dos autos (de data 29 de novembro de 2007) polo que se mudou, a instancias do Ministerio Fiscal, a situación de prisión provisional comunicada e sen fianza de Pascual á de prisión provisional eludible mediante unha fianza de 50.000 euros e a obriga da comparecencia apud acta no Xulgado a quo todos os luns así como os días que fose chamado, xa se facía referenza ás circunstancias do caso e ás persoais do preso preventivo, ao transcurso do tempo, ao avance da instrucción, e aos datos obrantes na causa verbo da presunta actividade delituosa do imputado.
Na segunda das resolucións (o auto de data 14 de decembro de 2007 , polo que se rexeitou a precedente reforma) aludíase aos sólidos indicios de participación de Pascual no delito de tráfico de drogas que causan grave dano á saúde en cantidade de notoria importancia ( artigos 368 e 369.1.6ª do Código Penal ), á importante pena que, no seu caso, podería impoñerse (mínimo de nove anos de prisión), así como ás circunstancias de arraigo familiar e social do imputado xa expresamente amentadas en precedentes resolucións e, entre estas, o Auto deste mesmo Tribunal da Audiencia Provincial de data 9 de novembro de 2007 . Amais tamén se facía referenza á reiterada e habitual actividade delituosa do recorrente, e á capacidade económica que pola súa parte supoñía que el mesmo transportase dous quilos de cocaína valorados en máis do que, precisamente, se lle pedía como fianza (50.000 euros).
A resolución xudicial da instancia así combatida debe ser confirmada por canto que a fianza esixida para eludir a situación de prisión provisional nun todo se amosa acorde tanto coa doutrina xurisprudencial mencionada como, en concreto, coas circunstancias persoais do imputado relacionadas coa natureza do delito e grave importancia da pena que leva asociada aos efectos do seu interese en poñerse fóra do alcance do autoridade xudicial, tal e como así se prevé no artigo 531 da Lei de Axuizamento Criminal . Agora ben, así como logo da nosa anterior resolución da alzada confirmando a prisión provisional do recorrente, ditouse o auto fixando a fianza que agora se discute, do mesmo xeito, trala recepción desta nova resolución nada impide que o Xulgado a quo, á vista do tempo transcorrido e das circunstancias que se estimen, poida revisar a contía da fianza imposta ao agora apelante.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.
Fallo
Que cómpre rexeitar, como rexeitamos, o recurso de apelación interposto por don Pascual contra o auto do 14 de decembro de 2007 desestimatorio do auto do 29 de novembro de 2007 ditado polo Xulgado de Instrucción núm. 2 de Vilagarcia de Arousa , nas dilixencias previas do procedemento abreviado núm. 228/07, confirmando o devandito auto.
Devólvanselle as actuacións ó xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe ningún recurso, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución ós autos correspondentes e ó rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.
