Auto Penal Nº 100/2009, A...zo de 2009

Última revisión
20/03/2009

Auto Penal Nº 100/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 89/2009 de 20 de Marzo de 2009

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Penal

Fecha: 20 de Marzo de 2009

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 100/2009

Núm. Cendoj: 36038370022009200335

Resumen:
TRÁFICO DE DROGAS CUALIFICADO

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00100/2009

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

Rolo: 0000089 /2009

Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de CANGAS DE MORRAZO

Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO n? 0000434 /2008

ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS

D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente

Dª Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza

Dª Rosario Cimadevila Cea

A U T O Nº 100

Pontevedra, vinte de marzo de dous mil nove.

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado 1ª Inst. e Instrucción nº 2 de Cangas do Morrazo ditou un auto con data do 15-xullo-2008 , no que acordaba a prisión provisionan sen fianza do imputado Roberto .

Segundo.- Contra o dito auto o avogado defensor do citasdo imputo, formulou recurso de reforma que foi desestimado polo auto de data 27-xaneiro-2009, e admitido a trámite o recurso de apelación, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Primeiro.- Por medio dun auto do 15 de xullo de 2008 foi decretada a prisión provisional comunicada e sen fianza de Roberto polo Xulgado de Instrución número 2 de Cangas.

Os autos do 17 de outubro e 29 de decembro de 2008 denegaron outras tantas solicitudes de liberdade.

Contra a resolución xudicial do 29 de decembro formulouse un recurso de reforma que, coa expresa oposición da fiscal, foi rexeitado polo xulgador a quo o 27 de xaneiro de 2009.

E contra esta resolución formúlase un recurso de apelación perante esta alzada.

Segundo.- Nunha das últimas ocasións que tivo ao respecto o Tribunal Constitucional, na súa sentenza 152/2007 do 18 de xuño, lembraba que:

Desde la STC 128/1995, de 26 de junio, este Tribunal viene afirmando que la prisión provisional es una medida cautelar cuya legitimidad constitucional, en tanto que limitativa del derecho a la libertad personal ( art. 17.1 CE ) de quien aún goza del derecho a la presunción de inocencia, exige, como presupuesto, la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito por parte del sujeto pasivo; como objetivo, la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida (riesgo de fuga, de obstrucción del normal desarrollo del proceso o de reiteración delictiva); y como objeto, que se la conciba tanto en su adopción como en su mantenimiento como una medida de aplicación excepcional, subsidiaria, provisional y proporcionada a la consecución de dichos fines (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FFJJ 3 y 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3 ; o más recientemente STC 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).

b) Las decisiones relativas a la adopción y mantenimiento de prisión provisional han de expresarse a través de una resolución judicial motivada, motivación que ha de ser "suficiente y razonable", entendiendo por tal no la que colma meramente las exigencias del derecho a la tutela judicial efectiva, sino aquélla que respeta el contenido constitucionalmente garantizado del derecho a la libertad afectado, ponderando adecuadamente los intereses en juego -la libertad de la persona cuya inocencia se presume, por un lado; la realización de la administración de la justicia penal, en atención a los fines que hemos reseñado, por otro- a partir de toda la información disponible en el momento de adoptar la decisión y del entendimiento de la prisión provisional como una medida excepcional, subsidiaria y provisional.

Para ello, obviamente, la resolución judicial ha de expresar cuál es el presupuesto de la medida y el fin constitucionalmente legítimo perseguido. Y, en relación con la constatación del peligro de fuga, hemos destacado que deberán tomarse en consideración "además de las características y la gravedad del delito imputado y de la pena con que se le amenaza, las circunstancias concretas del caso y las personales del imputado", matizando que si bien en un primer momento la necesidad de preservar los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional pueden justificar que se adopte atendiendo sólo a circunstancias objetivas como el tipo de delito y la gravedad de la pena, el transcurso del tiempo modifica el valor de este dato en la ponderación y obliga a tomar en consideración las circunstancias personales del sujeto privado de libertad y los datos del caso concreto (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FJ 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).

Máis recentemente o mesmo Tribunal Constitucional fixo un bo resumo de tal doutrina na súa sentenza 27/2008 do 11 de febreiro,, segundo a cal:

Por ello la legitimidad constitucional de la prisión provisional exige que su aplicación tenga como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de una acción delictiva; como objetivo la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida; y como fundamento la ponderación de las circunstancias concretas que, de acuerdo con el presupuesto legal y la finalidad constitucionalmente legítima, permitan la adopción de la medida ( SSTC 62/1996, de 16 de abril, FJ 5; 44/1997, de 10 de abril, FJ 5; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3, y 14/2000, de 17 de enero, FJ 4 ). En la STC 333/2006, de 20 de noviembre, FJ 3 , se concretó como constitutiva de estos fines la conjura de ciertos riesgos relevantes para el desarrollo normal del proceso o para la ejecución del fallo que parten del imputado: su sustracción a la acción de la Justicia, la obstrucción de la instrucción penal y, en un plano distinto, aunque íntimamente relacionado, la reiteración delictiva, pero lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena, o fines de impulso de la instrucción sumarial, propiciando la obtención de pruebas de declaraciones de los imputados, etc. Y, con cita en la STC 128/1995, de 26 de julio, FJ 2 , se concluyó que "todos estos criterios ilustrarían, en fin, la excepcionalidad de la prisión provisional que tantas veces ha subrayado este Tribunal."

A aplicación da anterior doutrina constitucional con motivo do recurso de apelación formulado por Roberto nun todo nos amosa a corrección da resolución da instancia e, xa que logo, a inexorable desestimación daquela impugnación.

Non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal . Isto é, e enténdase que só para os efectos da resolución do presente recurso de apelación, a existencia duns feitos que presentan os caracteres dun delito contra a saúde pública, previsto e penado nos artigos 368 e 369.1.2ª e 6ª do Código penal , do que se tira a posibilidade da imposición dunha pena privativa de liberdade ben notoriamente superior aos dous anos de prisión; así como que na causa constan motivos bastantes para crer responsable criminalmente de tal figura delituosa á persoa contra a que precisamente se ditou o auto de prisión, como así o demostra, sobre todo, o contido das conversas telefónicas. Destas colíxese que o apelante formaba parte dunha asociación con outras persoas que tiña como finalidade a difusión de droga a terceiras persoas. El encargábase de recollela e gardala e, posteriormente, de distribuíla e foi detido cando ía recibir uns 200 gramos de cocaína dunhas persoas que posuían no seu domicilio máis cocaína e heroína en cantidades de notoria importancia, amais, no domicilio do apelante atopáronse diversas substancias, marihuana, haxix distribuído en oito landras, e uns 50 gramos de heroína.

Agora ben, a carón de tales requisitos a Lei esixe para ditar e manter tan drástica medida cautelar persoal como é a privación da liberdade, que coa mesma se persiga algunha das finalidades que tamén no citado artigo 503 da LACrim se prevén. E verbo dos amentados fins, o xuíz a quo reflectiu o de asegurar a presenza do imputado no proceso ( artigo 503.1.3º a da LACrim ), co que á forza se debe coincidir polas razóns expostas na instancia (proporcionalidade coa gravidade das penas de posible imposición, carencia de arraigo laboral do imputado por moito que agora pretenda xustificar unha oferta laboral por tres meses cando antes non se lle coñecía ningunha ocupación, os antecedentes penais pola comisión doutro delito contra a saúde pública cando xa se encontraba na mesma situación familiar ca agora, etc.).

Rexeitamos así o recurso de apelación formulado sen prexuízo, claro está, de ulteriores valoracións caso de demorarse a vista oral contra o apelante.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.

Fallo

Desestimar o recurso de apelación formulado por Roberto , fronte ao auto de data 15-xullo-2008, proferido polo Xdo. de 1ª Inst. e Instrucción nº 2 de Cangas, nas Dilixencias Previas nº 434/09 , e confirmar íntegramente a resolución que se recorre.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.