Última revisión
12/03/2008
Auto Penal Nº 111/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 149/2008 de 12 de Marzo de 2008
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 9 min
Orden: Penal
Fecha: 12 de Marzo de 2008
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 111/2008
Núm. Cendoj: 36038370022008200397
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00111/2008
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 002
Rolo: 149/2008 CR
Procedencia: JDO. INSTRUCCION N. 3 de VIGO
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0002207 /2006
Maxistrados
Don José Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente
Dona Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dona Rosario Cimadevila Cea
AUTO NÚM. 111
Pontevedra, doce de Marzo de dous mil ocho
Antecedentes
Primeiro. Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrucción núm. 3 de Vigo ditou o auto do 21 de Febreiro de 2008 no que acordaba ratificar a prisión provisional de Lina acordada por Auto de data 2 de Febreiro de 2008 .
Segundo. Contra o dito auto a representación procesual de Dª Lina , formulou recurso de apelación, e admitido a trámite, remitíronse a este Tribunal para resolución do mesmo.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don JOSE JUAN BARREIRO PRADO.
Fundamentos
Único.- Mediante un auto do 2 de febreiro de 2008 foi decretada a prisión provisional sen fianza de Lina .
Formulada por ela a solicitude de liberdade provisional, foi denegada por un novo auto do 21 de febreiro de 2008 que, agora, é obxecto de recurso de apelación perante esta alzada.
Nunha das últimas ocasións que tivo ao respecto o Tribunal Constitucional, na súa sentenza 152/2007, do 18 de xuño , lembraba que:
Desde la STC 128/1995, de 26 de junio , este Tribunal viene afirmando que la prisión provisional es una medida cautelar cuya legitimidad constitucional, en tanto que limitativa del derecho a la libertad personal ( art. 17.1 CE ) de quien aún goza del derecho a la presunción de inocencia, exige, como presupuesto, la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito por parte del sujeto pasivo; como objetivo, la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida (riesgo de fuga, de obstrucción del normal desarrollo del proceso o de reiteración delictiva); y como objeto, que se la conciba tanto en su adopción como en su mantenimiento como una medida de aplicación excepcional, subsidiaria, provisional y proporcionada a la consecución de dichos fines (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FFJJ 3 y 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3 ; o más recientemente STC 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).
b) Las decisiones relativas a la adopción y mantenimiento de prisión provisional han de expresarse a través de una resolución judicial motivada, motivación que ha de ser "suficiente y razonable", entendiendo por tal no la que colma meramente las exigencias del derecho a la tutela judicial efectiva, sino aquélla que respeta el contenido constitucionalmente garantizado del derecho a la libertad afectado, ponderando adecuadamente los intereses en juego -la libertad de la persona cuya inocencia se presume, por un lado; la realización de la administración de la justicia penal, en atención a los fines que hemos reseñado, por otro- a partir de toda la información disponible en el momento de adoptar la decisión y del entendimiento de la prisión provisional como una medida excepcional, subsidiaria y provisional.
Para ello, obviamente, la resolución judicial ha de expresar cuál es el presupuesto de la medida y el fin constitucionalmente legítimo perseguido. Y, en relación con la constatación del peligro de fuga, hemos destacado que deberán tomarse en consideración "además de las características y la gravedad del delito imputado y de la pena con que se le amenaza, las circunstancias concretas del caso y las personales del imputado", matizando que si bien en un primer momento la necesidad de preservar los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional pueden justificar que se adopte atendiendo sólo a circunstancias objetivas como el tipo de delito y la gravedad de la pena, el transcurso del tiempo modifica el valor de este dato en la ponderación y obliga a tomar en consideración las circunstancias personales del sujeto privado de libertad y los datos del caso concreto (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FJ 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).
Un bo resumo de tal doutrina máis recentemente aínda tena feito o mesmo Tribunal Constitucional na súa sentenza 27/2008, do 11 de febreiro , segundo a cal:
Por ello la legitimidad constitucional de la prisión provisional exige que su aplicación tenga como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de una acción delictiva; como objetivo la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida; y como fundamento la ponderación de las circunstancias concretas que, de acuerdo con el presupuesto legal y la finalidad constitucionalmente legítima, permitan la adopción de la medida ( SSTC 62/1996, de 16 de abril, FJ 5; 44/1997, de 10 de abril, FJ 5; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3, y 14/2000, de 17 de enero, FJ 4 ). En la STC 333/2006, de 20 de noviembre, FJ 3 , se concretó como constitutiva de estos fines la conjura de ciertos riesgos relevantes para el desarrollo normal del proceso o para la ejecución del fallo que parten del imputado: su sustracción a la acción de la Justicia, la obstrucción de la instrucción penal y, en un plano distinto, aunque íntimamente relacionado, la reiteración delictiva, pero lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena, o fines de impulso de la instrucción sumarial, propiciando la obtención de pruebas de declaraciones de los imputados, etc. Y, con cita en la STC 128/1995, de 26 de julio, FJ 2 , se concluyó que "todos estos criterios ilustrarían, en fin, la excepcionalidad de la prisión provisional que tantas veces ha subrayado este Tribunal".
A aplicación da anterior doutrina constitucional, con motivo do recurso de apelación formulado por Lina , nun todo nos amosa a corrección da resolución da instancia e, xa que logo, a inexorable desestimación daquela impugnación.
Non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal . Isto é, e enténdase que só para os efectos da resolución do presente recurso de apelación: a existencia dunha trama familiar capitaneada polo pai Armando da que formarían parte a dona deste último, Benita , e os tres fillos de ambos, Armando , Alejandro, e a agora aquí recorrente en apelación Lina , coa finalidade de o primeiro manexar e os outros posuíren a titularidade de bens e depósitos de millóns de euros a sabendas da súa ilícita procedencia relacionada co contrabando de tabaco, o tráfico de drogas, e mais a confección de facturas falsas; o presumible encadre delituoso de tales feitos nos artigos 301.1º , derradeiro parágrafo, de xeito continuado, en máis dun delito de falsidade documental dos artigos 390, 395 e concordantes, así como en máis dun delito tamén contra a facenda pública do artigo 305, todos eles do Código penal ; a superación con tal subsunción delituosa dos feitos dos dous anos de prisión que, hipoteticamente, poden ser obxecto do pronunciamento condenatorio; os indicios da participación en tales feitos por parte de Lina a teor dos seguimentos e escoitas levadas a cabo polos funcionarios do servizo de vixilancia aduaneira, entre os que se atopa o ben significativo da negación pola súa parte da existencia dunha conta en Portugal por importe millonario en euros cando ela mesma outorgou poder notarial a prol dun avogado daquel país para reclamar o desbloqueo da devandita conta, sen insistirse máis nos referidos indicios da súa participación nos feitos por atoparse aínda a causa baixo segredo.
Agora ben, a carón de tales requisitos a lei esixe para ditar e manter tan drástica medida cautelar persoal, como é a privación da liberdade, que coa mesma se persiga algunha das finalidades que tamén no citado artigo 503 da LACrim se prevén. E verbo dos amentados fins, a xuíza a quo reflectía o de asegurar a presenza da imputada no proceso ( artigo 503.1.3ºa da LACrim ), así como o de evitar a ocultación, alteración ou destrución das fontes de proba relevantes para o axuizamento ( artigo 503.1.2º.b da LACrim ), cos que á forza, polo de agora, se ten que coincidir; verbo do risco de fuxida dado o estado inicial da causa con respecto á participación nela da recorrente con independencia da súa tramitación dende o ano 2006, pola gravidade da pena derivada da aplicación dos preceptos legais de mención do Código penal, e polos alardes económicos de todo tipo da familia á que pertence a recorrente e ela mesmo, tal cal así apuntou o fiscal que impugna o recurso; e verbo da posibilidade de afectación das fontes de proba caso de agora poñerse en liberdade á apelante, nun todo aparece xustificada toda prevención e cautela ao respecto por, precisamente, as dilixencias pendentes de practicar polo inicial estado da causa, as declaracións e medidas cautelares que se deben adoptar contra outros sospeitosos, e o mínimo exame que aínda se require da abondosa documentación confiscada, sen prexuízo de que nun estado máis avanzado da causa se poida entrar a valorar circunstancias tales como o proclamado arraigo da apelante (ten un fillo de dez anos de idade, está embarazada, vive cos seus pais en Nigrán, en Gondomar rexenta unha droguería, etc.).
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.
Fallo
A SALA ACORDA.: DESESTIMAR o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Dª Lina , contra o auto de data 21 de febreiro de 2008, nas Dilixencias Previas-Abreviado nº 2207/06 (Rolo de apelación 149/08) polo Xulgado de Instrucción nº 3 de Vigo, el cual debemos confirmar e confirmamos integramente.
Devólvanselle as actuacións ó xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe ningún recurso, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución ós autos correspondentes e ó rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.
