Auto Penal Nº 113/2011, A...ro de 2011

Última revisión
24/02/2011

Auto Penal Nº 113/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 53/2011 de 24 de Febrero de 2011

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 5 min

Orden: Penal

Fecha: 24 de Febrero de 2011

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 113/2011

Núm. Cendoj: 36038370022011200132

Núm. Ecli: ES:APPO:2011:279A

Resumen:
TRÁFICO DE SUSTANCIAS PARA FABRICACIÓN DE DROGAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00113/2011

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo: 662000

N.I.G.: 36006 41 2 2010 0000330

ROLLO: APELACION AUTOS 0000053 /2011

Juzgado procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de CAMBADOS

Procedimiento de origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0000063 /2010

RECURRENTE: Pedro Jesús , Camilo , Faustino

Procurador/a: , , GABRIEL SANTOS CONDE

Letrado/a: JAVIER DE LAS HERAS DARGEL, , CARMEN VENTOSO BLANCO

RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a:

Letrado/a:

MAXISTRADOS/AS

Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona M. Mercedes Pérez Martín Esperanza

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

AUTO NÚM. 113

Pontevedra, a vinte e catro de febreiro de dous mil once.

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución nº 2 , ditou un auto con data do 30 de agosto de 2010, no que acorda a inhibición do coñecemento do procedemento a favor do Xdo. de Instrucción nº 3 de Elche, dos feitos concretos obxecto do desglose, formulando recurso de reforma que foi desestimado polo auto do 05 de novembro de 2010 .

Segundo.- Contra o dito auto a representación procesual dos imputados Pedro Jesús, Camilo e Faustino, presentou recurso de apelación e, admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Primeiro.- Por un auto do 30 de agosto de 2010 o xuíz do Xulgado de Instrución número 2 de Cambados ordenou que se expedise un testemuño parcial das dilixencias que segue baixo o número 63/2010, inhibíndose do seu coñecemento en favor do Xulgado de Instrución número 3 de Elxe. Recorreron en reforma contra a amentada resolución Camilo, Pedro Jesús e Faustino . Por medio dun novo auto do 5 de novembro de 2010 rexeitouse o recurso de reforma, e formulan agora as citadas persoas cadanseu recurso de apelación perante esta alzada.

Segundo.- Do testemuño de particulares enviado a esta audiencia Provincial para a Resolución dos recursos de apelación formulados por Camilo, Pedro Jesús e Faustino colíxese que o atestado, os seguimentos, e a incautación da droga e dos vehículos de motor nos que se transportaba tiveron lugar en Santa Pola, Alacante. As detencións dos agora apelantes practicáronse na mesma localidade de Santa Pola -a de Camilo - e en Andújar , Xaén -as de Faustino e Pedro Jesús -. E o comezo do amentado atEstado instruído en Santa Pola orixínao o feito de que a Comunidade Valenciana detectase dous vehículos de motor dos empregados polos individuos investigados. E ren máis.

A Lei de axuizamento criminal establece no seu artigo 14.2 que, para a instrución das causas, é competente o xulgado do partido no que se cometeu o delito. No artigo 300, que cada delito de que coñeza a autoridade xudicial será obxecto dun sumario, agás o caso de delitos conexos que comprenderán un só proceso. O artigo 18.1.2º, que, cando se trate de delitos conexos, será competente o xulgado que primeiro comezara as súas actuacións no caso de que os delitos investigados tivesen sinalada igual pena. E a xurisprudencia -por todas a ST.S. 72/2009 , do 29 de xaneiro - que procede do acordo do Pleno non xurisdicional da Sala 2ª do Tribunal Supremo vén sinalando que o delito se comete en todas as xurisdicións nas que se realizou algún elemento do tipo e, en consecuencia , será competente, en principio, para a instrución da causa o xuíz de instrución de calquera delas que primeiro iniciase as actuacións procesuais.

Agora ben, procede preguntarse se na xurisdición dos xulgados de Cambados se realizou algún elemento do tipo. E abofé que do exame do testemuño de particulares non se constata ningún, absolutamente ningún. Agás, quizais, o ben difuso de que dous coches empregados por individuos que se investigaban aparecen pola Comunidade Valenciana e desencadean xa os feitos acontecidos en Santa Pola, Alacante. E se todos os elementos do tipo se levan a cabo nesta localidade, serán os xulgados correspondentes de tal partido xudicial os competentes para a instrución da causa. Non resulta así aplicable a xurisprudencia do Tribunal Supremo para outros casos -por exemplo a S.T.S. do 12 de abril de 2005 , citada por un dos apelantes- xa que, ao contrario da suposta orixe da referida sentenza, non se trata de intervencións telefónicas ou rexistros domiciliarios acordados en Cambados e que desen lugar , dalgún xeito , á incautación de droga en Santa Pola. Polo contrario, é con motivo do sucedido nesta vila valenciana que, despois, o xulgado galego regularizou a situación persoal dos detidos , acordou as dilixencias de entrada e rexistro, etc. Insistimos así en que, malia comezar as actuacións o Xulgado a quo, na súa xurisdición non se constata -a través do exame do testemuño de particulares enviado a esta alzada- a realización de ningún elemento do tipo que, entón si, puidese atribuírlle a competencia.

Terceiro.- As custas da presente alzada declarámolas de oficio.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación ,

Fallo

Desestimar os tres recurso de apelación formulados por Pedro Jesús, Camilo e Faustino, fronte ao auto do 30 de agosto de 2010, proferido polo Sr. Xuíz do Xdo. de Instrución nº 2 de Cambados, nas dilixencias previas Proc. Abreviado nº 63/2010 e, confirmar a Resolución recorrida , con declaración de oficio das custas desta alzada.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta Resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.