Última revisión
17/01/2011
Auto Penal Nº 12/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 30/2010 de 17 de Enero de 2011
Relacionados:
Tiempo de lectura: 4 min
Orden: Penal
Fecha: 17 de Enero de 2011
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 12/2011
Núm. Cendoj: 36038370022011200020
Núm. Ecli: ES:APPO:2011:42A
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00012/2011
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 PONTEVEDRA
ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Tfno.: 986.80.51.19 Fax: 986.80.51.14
904100 AUTO LIBRE
N.I.G: 36026 41 2 2009 0008698
Rollo: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000030 /2010 -a
Órgano Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de MARIN
Proc. Origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000090 /2010
Acusación: Alejandra , MINISTERIO FISCAL FISCAL
Procurador/a: ,
Letrado/a: JESUS TRUJILLO GARCIA,
Contra: Doroteo
Procurador/a: MARIA JOSE GIMENEZ CAMPOS
Letrado/a: JOSE MANUEL NIETO RAMILO
A U T O nº 12
Iltmos/as. Sres/as.:
PRESIDENTE D/ña.
D.JOSE JUAN BARREIRO PRADO
MAGISTRADOS D/ña.
D.MERCEDES PEREZ MARTIN ESPERANZA.
D.ROSARIO CIMADEVILA CEA.
En Pontevedra, a dezasete de xaneiro de dous mil once.
Antecedentes
PRIMERO.- De acordo coa nova redación dada ao artigo 250 do Código penal pola Lei Orgánica 5/2010, do 22 de xuño , e da disposición transitoria primeira desta última,dase traslado as partes para que informen, no común prazo de tres días, o que consideren pertinente verbo da competencia desta Audiencia Provincial para coñecer en primeira instancia do presente asunto pendente de axuizar.
SEGUNDO.- Recíbese con data 10/01/2011, escrito de alegacións do Procurador Antonio Daniel Rivas Gandasegui no nome e representación da acusación particular Alejandra as cales obran unidas ao presente procedemento e solicitando nel que " se estime que la competencia para el conocimiento y fallo del presente procedimiento debe ser atribuida a la Audiencia Provincial de Pontevedra".
TERCERO .- Recíbese con data 10/01/2011, escrito de alegación da Procuradora Maria José Gimenez Campos, no nome e representación do acusado Doroteo , as cales obran unidas ao presente procedemento e solicitase nel que " se declare incompetente para la celebración del Juicio acordado en el Procedimiento Abreviado nº 90/2010.
CUARTO.- O fiscal non presentou informe de alegaciones .
Fundamentos
Único .- Tanto no escrito que presentou o fiscal como no da acusación particular exercida por Alejandra , ambos formulados ao abeiro dos artigos 650 e 781.1 da Lei de axuizamento criminal , se consideraba que os feitos eran constitutivos dun delito de estafa, previsto e penado nos artigos 248, 249 e 250.1.3º do Código penal . Neste último, na data de formalización de ambos os escritos, agravábase a pena do tipo básico do delito de estafa, se se cometía mediante cheque, nota promisoria, letra de cambio en branco ou negocio cambiario ficticio. E precisamente era esta última circunstancia a que determinaba a competencia desta Audiencia Provincial de Pontevedra, a teor da pena en abstracto prevista no referido artigo 250.1.3º do Código penal , en relación cos artigos 14.3 da Lei de axuizamento criminal , e 82.1.1º e 89 bis.2 da Lei orgánica do poder xudicial . Mais recentemente entrou en vigor a Lei orgánica 5/2010, do 22 de xuño , pola que se modificou o Código penal. E, en concreto, suprimiuse do artigo 250 a amentada agravación da pena do delito básico de estafa por cometerse esta mediante cheque, nota promisoria, letra de cambio en branco ou negocio cambiario ficticio. Xa que logo, os feitos que se deben axuizar só resultarían penados, se é o caso, a teor do artigo 249 do Código penal que prevé unha pena abstracta de prisión de seis meses a tres anos, determinando así a competencia, en primeira instancia, dos xulgados do penal.
En conclusión, a teor do razoado e visto que a disposición transitoria primeira da Lei orgánica 5/2010, do 22 de xuño , sinala que Os delitos e faltas cometidos ata o día da entrada en vigor desta lei xulgaranse conforme a lexislación penal vixente no momento da súa comisión. Non obstante o anterior, aplicarase esta lei, unha vez que entre en vigor, se as súas disposicións son máis favorables para o reo, aínda que os feitos fosen cometidos con anterioridade á súa entrada en vigor , procede inhibirse do coñecemento do presente asunto en primeira instancia, ao seren competentes para tal efecto os xulgados do penal de Pontevedra.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Inhibirse do coñecemento e axuizamento en primeira instancia do Procedemento abreviado 30/2010-A, e remitilo aos xulgados do penal de Pontevedra.
Así, por este auto, lo acuerdan, mandan y firman los/as Ilmos/as. Sres/as. Magistrados/as del margen. Doy fe.

