Auto Penal Nº 121/2006, A...zo de 2006

Última revisión
17/03/2006

Auto Penal Nº 121/2006, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 29/2006 de 17 de Marzo de 2006

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 5 min

Orden: Penal

Fecha: 17 de Marzo de 2006

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 121/2006

Núm. Cendoj: 36038370022006200161

Resumen:
DELITO SIN ESPECIFICAR

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00121/2006

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección núm. 2

Rolo:29/06 M

Órgano de procedencia: Vigilancia Penitenciaria núm. 2 PONTEVEDRA

Procedemento de orixe: Expediente 3111/05

AUTO NÚM. 121

Maxistrados:

Don José Juán Ramón Barreiro Prado, Presidente

Don Luciano Varela Castro

Dona Rosario Cimadevila Cea

Pontevedra, dezasete de marzo de dous mil seis

Antecedentes

Primeiro. Por medio do auto do 2 de decembro de 2005 o Xulgado de Vixilancia Penitenciaria núm. 2 de Pontevedra ESTIMOU o recurso de queixa que o interno Ezequias interpuxo contra o acordo da Xunta de Tratamento do 14 de xullo de 2005, denegatorio do permiso ordinario solicitado.

Segundo. Contra a dita resolución o MINISTERIO FISCAL interpuxo o recurso de reforma ante o xulgado; este desestimouno por medio do auto do 16 de xaneiro de 2006 e admitiu o de apelación subsidiariamente formulado. Tras os trámites correspondentes, remitiuse o expediente a este tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado don José Juán Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

PRIMEIRO.- Cómpre facer dúas precisións:

Unha) Que na resolución recorida (o auto de data 2 de decembro de 2005 polo que se concede un permiso de saída), reflíctese que "Habiendo emitido informe en sentido contrario el Ministerio Fiscal, esta resolución no es ejecutiva, una vez alcance firmeza se participará al Centro Penitenciario", mentres que o número 5 da disposición adicional quinta da Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo , do Poder Xudicial, non alude ás resolucións xudiciais nos casos de permisos de saídas, e si a "cuando la resolución objeto del recurso de apelación se refiera a materia de clasificación de penados o concesión de la libertad condicional y pueda dar lugar a la excarcelación del interno, siempre y cuando se trate de condenados por delitos graves" suposto no que, efectivamente, "el recurso tendrá efecto suspensivo que impedirá la puesta en libertad del condenado hasta la resolución del recurso o, en su caso, hasta que la Audiencia Provincial o la Audiencia Nacional se haya pronunciado sobre la suspensión".

Dúas) Que se sabe cando o amentado auto do Xulgado de Vixilancia Penitenciaria tivo entrada, a efectos da súa notificiación, na Fiscalía (o 14 de decembro de 2005), e cando o representante da mesma datou o seu escrito de recurso de reforma e subsidiario de apelación (o 15 de decembro de 2005), máis non de cando o mesmo se presentou e, xa que logo, tivo entrada no Xulgado a quo; só obra deseguido unha dilixencia do Secretario do referido Xulgado dando conta da presentación da impugnación o día 21 de decembro de 2005 que, de terse cumprido o disposto no artigo 455 da Lei Orgánica do Poder Xudicial , no artigo 206 da Lei de Axuizamento Criminal , e recentemente no artigo 7.d) do Real Decreto 1608/2005, do 30 de decembro , polo que se aprobou o Regulamento Orgánico do Corpo de Secretarios Xudiciais, implicaría que a impugnación deducida polo Ministerio Fiscal, polo menos no que atinxe á precedente reforma, atoparíase fóra de prazo en todo caso.

En resumidas contas e, se cadra, que a impugnación non tería efectos suspensivos e que a mesma sería ben serodia en canto a súa reforma e directamente se debera tramitar a apelación perante esta alzada.

SEGUNDO.- En canto ao cerne mesmo do asuno, isto é, se o permiso ordinario de saída por tempo de tres días e coas medidas ou reglas de control de presentación diaria ante as FSE, acollemento, custodia familiar, e analítica de control ou, pola contra, como sostén o apelante Ministerio Fiscal, se debe denegar, cómpre decantarse polo criterio adoptado na resolución que aquel impugna.

Dunha banda, o interno Ezequias cumpre con tódolos requisitos que de mínimo se veñen esixindo para a concesión dun permiso de saída ( arts. 47 LOXP e 154 RP ) tales como ter cumprido, incluso máis da metade da condena, situarse no mes de novembro do corrente ano os ? da mesma, figurar clasificado no segundo grao, e amosar unha boa conducta penitenciaria, todo isto reflectido no expedente obrante en autos. E doutra banda, as dúbidas que constitúen a base do recurso do Ministerio Fiscal para opoñerse á concesión do permiso de saída ao devandito interno, precisamente, por iso, por seren meras dúbidas, non se poden interpretar encontra do agora apelado canto máis que, como xa ten contestado o Maxistrado-Xuíz a quo, xa antes o interno disfrutou de oito permisos de saída e, se ben no último, cometeu un delito, dende aquela xa pasaron case que catro anos, amosa unha mellora no tema da súa adicción ás drogas, non se detectaron riscos de agresividade na súa personalidade, e conta cun consolidado apoio familiar.

Rexéitase así o recurso de apelación formulado e confírmase a resolución xudicial impugnada.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

DESESTIMAR o recurso de apelación interposto polo MINISTERIO FISCAL, fronte o auto do 2 de decembro de 2005, ditado polo xulgado de Vigilancia Penitenciaria núm. 2 de Pontevedra no expediente 3111/05 , CONFIRMANDO integramente a devandita resolución.

Achéguese un testemuño desta resolución ó rolo e ó procedemento, cuxo orixinal se devoverá ó xulgado de procedencia, para a súa notificación ás partes comparecidas e ó Ministerio Fiscal e para a súa eficacia e execución.

Así o acordamos, mandamos e asinamos por medio deste auto.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.