Última revisión
30/03/2009
Auto Penal Nº 122/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 56/2009 de 30 de Marzo de 2009
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 3 min
Orden: Penal
Fecha: 30 de Marzo de 2009
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 122/2009
Núm. Cendoj: 36038370022009200226
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00122/2009
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección nº 002
Rolo: 0000056 /2009 MJ
Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de MARIN
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO n? 0000200 /2007
ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS
D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente
Dª Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dª Rosario Cimadevila Cea
A U T O Nº 122
Pontevedra, trinta de marzo de dous mil nove
Antecedentes
Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 1 de Marín ditou un auto con data do 22 de setembro de 2008 , no que se decretaba o sobresemento libre e o arquivo das actuacións..
Segundo.- Contra o dito auto o procurador Angel Cid García, na representación de Casiano e Elias , formulou recurso de reforma, que foi desestimado por auto do 2 de decembro de 2008 , admitindo o de apelación subsidiariamente interposto, e remitíndose as actuacións a esta Audiencia para resolver.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
Único.- As dilixencias practicadas na instancia abondan para chegar á ben nidia conclusión de que non concorren os indicios da comisión dun posible delito de estafa dos artigos 248 e 249 do Código penal , encontrándonos, pola contra, ante unha mera cuestión civil.
Así e tal como ben profusamente e polo miúdo se debulla na resolución xudicial contra a que se apela, pola que se ratificou o sobresemento libre e conseguinte arquivo das actuacións, as diferenzas xurdidas con motivo da relación de negocios existente entre os querelantes e os querelados deben solucionarse na vía civil. Por ningures se albisca unha posible fraude ou engano anterior ou coetáneo co comezo daquelas relacións contractuais. Só que, unha vez libre e voluntariamente formalizadas estas, logo apareceron as recíprocas imputacións de incumprimento da parte contraria con proclamación de íntegro cumprimento do propio. Mais, tratándose dun negocio que non frutificou, o que non se pode é dirimir as controversias e consecuencias de tal ruptura neste eido penal ao fallar toda mínima acreditación da existencia de engano, artimaña ou argucia por parte dos querelados para mover aos querelantes ao desprazamento patrimonial.
Con plena asunción do xa resolto na instancia na mesma liña ca o previamente informado polo fiscal, é mester rexeitarmos o recuso de apelación formulado e confirmar a resolución da xulgadora a quo.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Desestimar o recurso de apelación formulado pola representación procesual de Casiano e Elias , fronte o auto do 22 de setembro de 2008, ditado polo Xulgado de Instrucción nº 1 de Marín, nas dilixencias previas núm. 200/07 , e confirmar a devandita resolución nos seus termos.
Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

