Última revisión
15/04/2009
Auto Penal Nº 146/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 119/2009 de 15 de Abril de 2009
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 2 min
Orden: Penal
Fecha: 15 de Abril de 2009
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 146/2009
Núm. Cendoj: 36038370022009200286
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00146/2009
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección nº 002
Rolo: 0000119 /2009 I
Procedencia: JDO. DE INSTRUCCION N. 1 de PONTEVEDRA
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO n? 0002751 /2008
ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS
D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente
Dª Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dª Rosario Cimadevila Cea
A U T O Nº 146
Pontevedra, quince de abril de dous mil nove
Antecedentes
Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 1 de Pontevedra ditou un auto con data do 28 de outubro de 2008 , no que se acordaba o sobresemento provisional e o arquivo da causa.
Segundo.- Contra o dito auto Octavio , formulou recurso de reforma, que foi desestimado por Auto do 25 de novembro de 2008 . E admitido recurso de apelación subsidiariamente interposto, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
Único.- O feito de que, durante o primeiro mes de relación de negocios entre o denunciante Octavio e o denunciado Carlos Manuel , o primeiro prestase os seus servizos e o segundo puntualmente aboase os mesmos -como así expresamente recoñece o agora apelante- en boa medida xa exclúe toda idea do nuclear engano que esixe o tipo do delito de estafa - artigo 248 e seguintes do Código penal -. E se despois, nas seguintes semanas, o denunciado se foi atrasando un pouco no pagamento, e incluso se este quedou a deber unha suma que nin tan sequera se especifica, dende logo que non merece a intervención deste eido penal e si, de ser o caso, da correspondente reclamación de cantidade na vía civil, como así o informou o fiscal e con acerto o resolveu a maxistrada xuíza a quo.
En consecuencia, rexeitamos o recurso e confirmamos a resolución contra a que se apela.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Desestimar o recurso de apelación formulado por Octavio , fronte o auto do 28 de outubro de 2008, ditado polo Xulgado de Instrución num. 1 de Pontevedra, nas dilixencias previas núm. 2751/08 , e confirmar a devandita resolución nos seus termos.
Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.
