Auto Penal Nº 153/2006, A...zo de 2006

Última revisión
31/03/2006

Auto Penal Nº 153/2006, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 26/2006 de 31 de Marzo de 2006

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 5 min

Orden: Penal

Fecha: 31 de Marzo de 2006

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 153/2006

Núm. Cendoj: 36038370022006200199

Resumen:
DELITO SIN ESPECIFICAR

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00153/2006

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección núm. 2

Rolo: 26/2006 M.J.

Órgano de procedencia: Jdo. Vigilancia Penitenciaria

Procedemento de orixe:2185/05

AUTO NÚM. 153

Maxistrados:

Don José Juán Ramón Barreiro Prado

Don Luciano Varela Castro

Dª Rosario Cimadevila Cea

Pontevedra, trinta e un de Marzo 2006

Antecedentes

Primeiro. Por medio do auto do 13-10-2005 o Xulgado de Vixilancia Penitenciaria núm. 2 de Pontevedra ESTIMOU o recurso de queixa que o interno Jose Pablo interpuxo contra o acordo da Xunta de Tratamento do 19-05- 05.

Segundo. Contra a dita resolución o MINISTERIO FISCAL interpuxo o recurso de reforma ante o xulgado; este desestimouno por medio do auto do 12-12-2005 e admitiu o de apelación subsidiariamente formulado. Tras os trámites correspondentes, remitiuse o expediente a este tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado Iltmo. Sr. DON José Juán Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

PRIMEIRO.- Cómpre, de entrada, facermos a seguinte precisión:

Que na resolución recorida (o auto de data 13 de outubro de 2005 polo que se concede un permiso de saída), reflíctese que "Habiendo emitido informe en sentido contrario el Ministerio Fiscal, esta resolución no es ejecutiva, una vez alcance firmeza se participará al Centro Penitenciario", mentres que o número 5 da disposición adicional quinta da Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo , do Poder Xudicial, non alude ás resolucións xudiciais nos casos de permisos de saídas, e si a "cuando la resolución objeto del recurso de apelación se refiera a materia de clasificación de penados o concesión de la libertad condicional y pueda dar lugar a la excarcelación del interno, siempre y cuando se trate de condenados por delitos graves" suposto no que, efectivamente, "el recurso tendrá efecto suspensivo que impedirá la puesta en libertad del condenado hasta la resolución del recurso o, en su caso, hasta que la Audiencia Provincial o la Audiencia Nacional se haya pronunciado sobre la suspensión".

SEGUNDO.- O interno cumpriría todos e cada un dos requisitos esixidos pola lexislación vixente ( arts. 47 LOXP e 154 RP ) para a concesión do permiso de saída que tiña solicitado. Xa xumpriu ? da condena e a metade da mesma, situándose no mes de agosto deste mesmo ano os ?, está clasificado no segundo grado, non lle constan sancións e si, pola contra, recompensas, avaliándose o correspondente risco de quebrantamento nun 30%, téndose por normal. E denegado o permiso de saída pola Xunta de Tratamento do centro penitenciario, por maioría que non por unanimidade sen que se saiba quen discrepou e os seus motivos, resulta que posteriores informacións que se recabaron demostraron que o interno participaba en actividades tratamentais no centro. Mais non deixa de ser menos certo que, segundo o informe psicolóxico que expresamente se pediu por este Tribunal verbo da prognose de posibles reincidencias e as relacións que coa súa familia mantiña o interno-apelado, resultou que este último non ten demandado nin axuda nin información relativa para o tratamento específico para a súa tipoloxía delituosa (agresión sexual con uso de medios perigosos a unha muller de 79 anos de idade contando el, daquela, con 60 anos e constándolle antecedentes penais non computables por unha anterior violación a unha súa filla) á marxe de que no centro no que se atopa se dispense ou non tal tipo de terapias subsistindo, amais, varios factores de risco (a devandita comisión doutro previo delito sexual, a violencia empregada na execución do polo que está no cárcere, a falta de motivación en canto ao tratamento, e os pobres recursos persoais) que aumentan a posibilidade de reincidencia da agresión sexual ao facilitar a aparición dos impulsos e desexos desviados, segundo informa a referida psicóloga do centro penitenciario de A Lama, quen mesmo opina que o por ela descrito estado do interno se poida entender superado pola mera estancia en prisión polo paso do tempo.

Deste xeito, a literalidade do informe que se remata de aludir fan que se impoñan as lóxicas cautelas no presente caso e aconsellen, como se solicita polo Ministerio Fiscal, a denegación do permiso de saída a Jose Pablo , sen prexuízo, claro está, de ulteriores avaliacións positivas ao respecto no caso da eliminación ou minoración dos factores de risco en base aos cales agora se lle denega.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.

Fallo

Estimar o recurso de apelación formulado polo Ministerio Fiscal contra o auto do 13 de outubro de 2005 ditado polo Xulgado de Vixilancia Penitenciaria nº 2 dos de Galicia (Pontevedra ) no expedente 2185/05 (rolo de apelación 26/06) e, con revogación do mesmo, debemos deixar sen efecto a concesión do permiso de saída que por aquela resolución xudicial lle fora concedido ao interno no centro penitenciario de A Lama, Jose Pablo , sen prexuízo de ulteriores avaliacións positivas ao respecto no caso da eliminación ou minoración dos factores de risco en base aos cales agora se lle denega.

Achéguese un testemuño desta resolución ó rolo e ó procedemento, cuxo orixinal se devoverá ó xulgado de procedencia, para a súa notificación ás partes comparecidas e ó Ministerio Fiscal e para a súa eficacia e execución.

Así o acordamos, mandamos e asinamos por medio deste auto.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.