Última revisión
08/04/2008
Auto Penal Nº 155/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 196/2008 de 08 de Abril de 2008
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 8 min
Orden: Penal
Fecha: 08 de Abril de 2008
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 155/2008
Núm. Cendoj: 36038370022008200408
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00155/2008
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección nº 002
Rolo: 0000196 /2008 J
Procedencia: JDO. INSTRUCCION N. 8 de VIGO
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0000726 /2008
MAXISTRADOS/AS
Ilmo.Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente
Ilma. Sra. dona Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza
Ilma. Sra. dona Belén María Fernández Lago
A U T O Nº 155
Pontevedra, oito de abril de dous mil oito
Antecedentes
Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 8 de Vigo ditou un auto con data do 17 de febreiro de 2008 , no que se acordaba a prisión provisional comunicada e sen fianza de Nazario .
Segundo.- Contra o dito auto a letrada María José Diaz Alonso, na representación de Nazario , formulou recurso de reforma, que foi admitido e tramitado conforme á LACr., ditándose auto do 3 de marzo de 2008 , que o desestimaba. Interposto recurso de apelación subsidiario, remitíronse as actuacións a esta Audiencia para a súa resolución.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
Único.- Polo auto do 17 de febreiro de 2008 foi decretada a prisión provisional comunicada sen fianza de Nazario .
Formulado por este un recurso de reforma, e subsidiario de apelación, o primeiro foi rexeitado por un novo auto do 3 de marzo de 2008 , admitíndose así a trámite a apelación perante esta alzada.
Nunha das últimas ocasións que tivo ao respecto o Tribunal Constitucional, na súa sentenza 152/2007, do 18 de xuño, lembraba que:
"Desde la STC 128/1995, de 26 de junio , este Tribunal viene afirmando que la prisión provisional es una medida cautelar cuya legitimidad constitucional, en tanto que limitativa del derecho a la libertad personal ( art. 17.1 CE ) de quien aún goza del derecho a la presunción de inocencia, exige, como presupuesto, la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito por parte del sujeto pasivo; como objetivo, la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida (riesgo de fuga, de obstrucción del normal desarrollo del proceso o de reiteración delictiva); y como objeto, que se la conciba tanto en su adopción como en su mantenimiento como una medida de aplicación excepcional, subsidiaria, provisional y proporcionada a la consecución de dichos fines (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FFJJ 3 y 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3 ; o más recientemente STC 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).
b) Las decisiones relativas a la adopción y mantenimiento de prisión provisional han de expresarse a través de una resolución judicial motivada, motivación que ha de ser "suficiente y razonable", entendiendo por tal no la que colma meramente las exigencias del derecho a la tutela judicial efectiva, sino aquélla que respeta el contenido constitucionalmente garantizado del derecho a la libertad afectado, ponderando adecuadamente los intereses en juego -la libertad de la persona cuya inocencia se presume, por un lado; la realización de la administración de la justicia penal, en atención a los fines que hemos reseñado, por otro- a partir de toda la información disponible en el momento de adoptar la decisión y del entendimiento de la prisión provisional como una medida excepcional, subsidiaria y provisional.
Para ello, obviamente, la resolución judicial ha de expresar cuál es el presupuesto de la medida y el fin constitucionalmente legítimo perseguido. Y, en relación con la constatación del peligro de fuga, hemos destacado que deberán tomarse en consideración "además de las características y la gravedad del delito imputado y de la pena con que se le amenaza, las circunstancias concretas del caso y las personales del imputado", matizando que si bien en un primer momento la necesidad de preservar los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional pueden justificar que se adopte atendiendo sólo a circunstancias objetivas como el tipo de delito y la gravedad de la pena, el transcurso del tiempo modifica el valor de este dato en la ponderación y obliga a tomar en consideración las circunstancias personales del sujeto privado de libertad y los datos del caso concreto (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FJ 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 )."
Un bo resumo de tal doutrina fíxoa máis recentemente aínda o mesmo Tribunal Constitucional na súa sentenza 27/2008, do 11 de febreiro, segundo a cal:
"Por ello la legitimidad constitucional de la prisión provisional exige que su aplicación tenga como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de una acción delictiva; como objetivo la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida; y como fundamento la ponderación de las circunstancias concretas que, de acuerdo con el presupuesto legal y la finalidad constitucionalmente legítima, permitan la adopción de la medida ( SSTC 62/1996, de 16 de abril, FJ 5; 44/1997, de 10 de abril, FJ 5; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3, y 14/2000, de 17 de enero, FJ 4 ). En la STC 333/2006, de 20 de noviembre, FJ 3 , se concretó como constitutiva de estos fines la conjura de ciertos riesgos relevantes para el desarrollo normal del proceso o para la ejecución del fallo que parten del imputado: su sustracción a la acción de la Justicia, la obstrucción de la instrucción penal y, en un plano distinto, aunque íntimamente relacionado, la reiteración delictiva, pero lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena, o fines de impulso de la instrucción sumarial, propiciando la obtención de pruebas de declaraciones de los imputados, etc. Y, con cita en la STC 128/1995, de 26 de julio, FJ 2 , se concluyó que "todos estos criterios ilustrarían, en fin, la excepcionalidad de la prisión provisional que tantas veces ha subrayado este Tribunal."
A aplicación da anterior doutrina constitucional con motivo do recurso de apelación formulado por Nazario nun todo nos amosa a corrección da resolución da instancia e, xa que logo, a inexorable desestimación daquela impugnación.
Non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal . Isto é, e enténdase que só para os efectos da resolución do presente recurso de apelación: a existencia dun malestar veciñal pola presenza habitual de drogodependentes nos arredores; o establecemento dun dispositivo policial do que, entre outros resultados, se obtivo a interceptación dun coñecido traficante de drogas ( Constancio ) cando saía do domicilio do apelante, ocupándoselle a aquel uns 2570 euros en diversos billetes; as manifestacións doutras dúas persoas ( Hipolito e Gregoria ) no sentido de que o recorrente en apelación era o que de xeito habitual os fornecía de drogas para o seu consumo, por moito que despois o primeiro dos nomeados modificase a súa declaración en presenza xudicial pretextando presións policiais; a incautación no domicilio do propio apelante de entre 600 e 900 gramos de heroína e haxix, unha báscula de precisión, bolsiñas de plástico, e uns 1115 euros; así como o presumible encadre delituoso de tales feitos nos artigos 368 e 369.1.6ª do Código penal e, xa que logo, a superación punitiva con tal subsunción delituosa dos feitos dos dous anos de prisión que, hipoteticamente, poden ser obxecto do pronunciamento condenatorio.
Agora ben, a carón de tales requisitos a Lei esixe, para ditar e manter tan drástica medida cautelar persoal como é a privación da liberdade, que coa mesma se persiga algunha das finalidades que tamén no citado artigo 503 da LACrim se prevén. E verbo dos amentados fins, a xuíza a quo reflectiu a do aseguramento da presenza do imputado no proceso ( artigo 503.1.3º.a da LACrim ), así como a da evitación do risco de que o imputado puidese cometer outros feitos delituosos ( artigo 503.2 da LACrim ), cos que á forza, polo de agora, se ten que coincidir. Verbo do risco de fuxida dado o estado inicial da causa, pola gravidade da pena derivada da aplicación dos preceptos legais de mención do Código penal fronte aos aínda non dous meses que o recorrente leva privado de liberdade, sen prexuízo de que nun momento inmediato ao ditado desta nosa resolución da alzada se poida entrar a avaliar circunstancias tales como o proclamado arraigo familiar, social e laboral do apelante, que poidan aconsellar a modificación da medida cautelar persoal por outra menos drástica aínda que compatible coa continuación do procedemento. E, con respecto á posibilidade de reiteración delituosa, porque se constatou que, sospeitando o apelante da espreita policial sobre el no mes de maio de 2007, semella que non continuou a mesma ata decembro do mesmo ano, cando seguramente considerou que aquela xa se abandonara.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.
Fallo
Desestimar o recurso de apelación formulado pola representación de Nazario , fronte o auto do 17 de febreiro de 2008, ditado polo Xulgado de Instrución núm. 8 de Vigo , nas dilixencias previas núm. 726/08, e confirmar a devandita resolución nos seus termos.
Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.
