Última revisión
11/04/2008
Auto Penal Nº 165/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 213/2008 de 11 de Abril de 2008
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 8 min
Orden: Penal
Fecha: 11 de Abril de 2008
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 165/2008
Núm. Cendoj: 36038370022008200467
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00165/2008
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección nº 002
Rolo: 0000213 /2008 CR
Procedencia: JDO. DE INSTRUCCION N. 3 de PONTEVEDRA
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 644 /2008
PEZA SEPARADA DE SITUACION PERSOAL DE Maximo
MAXISTRADOS/AS
Ilmo.Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente
Ilma. Sra. dona Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza
Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea
AUTO Nº 165
Pontevedra, once de Abril de dous mil oito
Antecedentes
Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 3 de Pontevedra ditou un auto con data do 10 de marzo de 2008 , no que acordaba a prisión provisional comunicada por esta causa de Maximo .
Segundo.- Contra o dito auto o Letrado Sr. DOMINGO ESTARQUE MORENO, na representación de don Maximo , formulo recurso de reforma e subsidiario de apelación, desestimando o primeiro e admitido a trámite o segundo por medio do auto do 26 de marzo de 2008 , remitiéndose a este Tribunal para resolución do mesmo.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado
Fundamentos
Único.- Polo auto do 10 de marzo de 2008 foi decretada a prisión provisional comunicada sen fianza de Maximo .
Formulado por este un recurso de reforma, e subsidiario de apelación, o primeiro foi rexeitado por un novo auto do 26 de marzo de 2008 , admitíndose así a trámite a apelación perante esta alzada.
Nunha das últimas ocasións que tivo ao respecto o Tribunal Constitucional, na súa sentenza 152/2007, do 18 de xuño, lembraba que:
"Desde la STC 128/1995, de 26 de junio , este Tribunal viene afirmando que la prisión provisional es una medida cautelar cuya legitimidad constitucional, en tanto que limitativa del derecho a la libertad personal ( art. 17.1 CE ) de quien aún goza del derecho a la presunción de inocencia, exige, como presupuesto, la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito por parte del sujeto pasivo; como objetivo, la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida (riesgo de fuga, de obstrucción del normal desarrollo del proceso o de reiteración delictiva); y como objeto, que se la conciba tanto en su adopción como en su mantenimiento como una medida de aplicación excepcional, subsidiaria, provisional y proporcionada a la consecución de dichos fines (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FFJJ 3 y 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; o más recientemente STC 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).
b) Las decisiones relativas a la adopción y mantenimiento de prisión provisional han de expresarse a través de una resolución judicial motivada, motivación que ha de ser "suficiente y razonable", entendiendo por tal no la que colma meramente las exigencias del derecho a la tutela judicial efectiva, sino aquélla que respeta el contenido constitucionalmente garantizado del derecho a la libertad afectado, ponderando adecuadamente los intereses en juego -la libertad de la persona cuya inocencia se presume, por un lado; la realización de la administración de la justicia penal, en atención a los fines que hemos reseñado, por otro- a partir de toda la información disponible en el momento de adoptar la decisión y del entendimiento de la prisión provisional como una medida excepcional, subsidiaria y provisional.
Para ello, obviamente, la resolución judicial ha de expresar cuál es el presupuesto de la medida y el fin constitucionalmente legítimo perseguido. Y, en relación con la constatación del peligro de fuga, hemos destacado que deberán tomarse en consideración «además de las características y la gravedad del delito imputado y de la pena con que se le amenaza, las circunstancias concretas del caso y las personales del imputado», matizando que si bien en un primer momento la necesidad de preservar los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional pueden justificar que se adopte atendiendo sólo a circunstancias objetivas como el tipo de delito y la gravedad de la pena, el transcurso del tiempo modifica el valor de este dato en la ponderación y obliga a tomar en consideración las circunstancias personales del sujeto privado de libertad y los datos del caso concreto (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FJ 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 )."
Un bo resumo de tal doutrina fíxoa máis recentemente aínda o mesmo Tribunal Constitucional na súa sentenza 27/2008, do 11 de febreiro, segundo a cal:
"Por ello la legitimidad constitucional de la prisión provisional exige que su aplicación tenga como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de una acción delictiva; como objetivo la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida; y como fundamento la ponderación de las circunstancias concretas que, de acuerdo con el presupuesto legal y la finalidad constitucionalmente legítima, permitan la adopción de la medida ( SSTC 62/1996, de 16 de abril, FJ 5; 44/1997, de 10 de abril, FJ 5; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3, y 14/2000, de 17 de enero, FJ 4 ). En la STC 333/2006, de 20 de noviembre, FJ 3 , se concretó como constitutiva de estos fines la conjura de ciertos riesgos relevantes para el desarrollo normal del proceso o para la ejecución del fallo que parten del imputado: su sustracción a la acción de la Justicia, la obstrucción de la instrucción penal y, en un plano distinto, aunque íntimamente relacionado, la reiteración delictiva, pero lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena, o fines de impulso de la instrucción sumarial, propiciando la obtención de pruebas de declaraciones de los imputados, etc. Y, con cita en la STC 128/1995, de 26 de julio, FJ 2 , se concluyó que "todos estos criterios ilustrarían, en fin, la excepcionalidad de la prisión provisional que tantas veces ha subrayado este Tribunal."
A aplicación da anterior doutrina constitucional con motivo do recurso de apelación formulado por Maximo nun todo nos amosa a corrección da resolución da instancia e, xa que logo, a inexorable desestimación daquela impugnación.
Non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal . Isto é, e enténdase que só para os efectos da resolución do presente recurso de apelación: a existencia dun feito que presenta os caracteres do delito de quebrantamento de condena, previsto e penado no artigo 468.2 do Código penal ; que na causa constan motivos bastantes para crer responsable criminalmente daquel á persoa contra a que precisamente se ditou o auto de prisión, tales como unha orde de afastamento de domicilio, de non achegarse a menos de 200 metros, e de non comunicarse o agora apelante Maximo coa súa nai Serafina e co seu irmán menor Eutimio ; o feito de os axentes da policía nacional acudiren ao domicilio da nai e do irmán do apelante por requirimento destes debido a atoparse no seu interior este último coa escusa de coller roupa e de que lle desen de comer; as manifestacións do irmán do apelante de que este lle pegara á súa nai; e o feito de que os axentes tiveron que forzar a porta do cuarto no que se pechara o apelante.
Agora ben, a carón de tales requisitos a lei esixe, para ditar e manter tan drástica medida cautelar persoal como é a privación da liberdade, que con esta se persiga algunha das finalidades que tamén no citado artigo 503 da LACrim se prevén. E verbo dos amentados fins, a xuíza a quo reflectiu o da evitación de que o imputado puidese actuar contra bens xurídicos da vítima, especialmente cando esta era unha das persoas ás que se refire o artigo 173.2 do Código penal , en cuxo suposto non resulta aplicable o límite que respecto da pena establece o ordinal 1º, do apartado 3º, do número 1, do artigo 503 da LACrim (artigo 503.1.3º.c da LACrim ). Esta finalidade certamente subsiste e mesmo se colixe do propio recurso de apelación cando se recoñece que o recorrente non ten domicilio fixo, e que tería que durmir na rúa se a súa nai e o seu irmán non lle franquean o domicilio no que viven e do que el, lémbrese, tivo que ser afastado por, precisamente, o seu comportamento para con aqueles dous.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.
Fallo
Que debiamos desestimar e desestimamos o recurso de apelación presentado por don Maximo contra o Auto do 10 de marzo de 2008 do Xulgado de Instrución núm. 3 de Pontevedra, na Peza separada de situación persoal dos autos de Dilixencias Previas - Proc. Abreviado nº 644/08 (Rolo de apelación núm. 213/08), el cual debemos confirmar e confirmamos.
Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

