Última revisión
25/04/2007
Auto Penal Nº 168/2007, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 186/2007 de 25 de Abril de 2007
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 4 min
Orden: Penal
Fecha: 25 de Abril de 2007
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 168/2007
Núm. Cendoj: 36038370022007200345
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00168/2007
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 002
Rolo: 0000186 /2007-M
Procedencia: JDO. DE INSTRUCCION N. 3 de PONTEVEDRA
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0000465 /2007
Maxistrados
Don José Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente
Dona Rosario Cimadevila Cea
Don Celso Joaquín Montenegro Vieitez
AUTO NÚM. 168
Pontevedra, vinte e cinco de abril de dous mil sete
Antecedentes
Primeiro. Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 3 de Pontevedra ditou o auto do 24 de febreiro de 2007 no que acorda la prisión provisional comunicada e sen fianza de Leandro .
Segundo. Contra o dito auto, pola representación de Leandro , formulouse recurso de reforma que foi desestimado por auto do 17 de marzo de 2007 , e admitido a trámite o recurso de apelación interposto contra o mesmo, remitíronse a este Tribunal testemuño de particulares para resolución do mesmo.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
ÚNICO.- Dende logo que non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de Axuizamento Criminal . Isto é, e enténdase que só aos efectos da resolución do presente recurso de apelación: que consta na causa a existencia dun ou varios feitos que presentan os caracteres de delito sancionado con pena que excede dos dous anos de prisión; e que, coa prevención e cautela anunciada, aparecen na causa motivos bastantes para crer responsable criminalmente do delito á persoa contra a que se dictou o auto de prisión.
Agora ben, acarón de tales requisitos a Lei esixe para o dictado e mantemento de tan drástica medida cautelar persoal como é a privación da liberdade, que coa mesma se persiga algunha das finalidades que tamén no citado artigo 503 da LACrim se prevén. E verbo dos amentados fins, a Xuíz a quo fai mención na súa resolución recorrida tanto ao aseguramento da presenza do imputado no proceso ante o risco da súa fuxida ( artigo 503.1.3º.a da LACrim ), como á conxura de toda posible reiteración delituosa ( artigo 503.2 da LACrim ). E certamente que cómpre manter a actual situación persoal na que se atopa o apelante por canto que do xa formulado escrito de acusación do Ministerio Fiscal a imputación que contra o mesmo se dirixe éo por un delito de receptación do artigo 298.1 do Código Penal (1 ano e 8 meses de prisión é a pena pedida) e por un delito de falsidade do artigo 392 en relación co artigo 390.3 do Código Penal (2 anos de prisión e multa de 10 meses a razón dunha cota diaria de 6 euros pídeselle), apreciándoselle a agravante de reindicencia do artigo 22.8ª do Código Penal , e tendo ademais recoñecido Leandro a presenza xudicial, segundo o propio auto recorrido, a súa participación en, cando menos, outros nove roubos con forza máis, polos que se tramitan diferentes dilixencias en diversos Xulgados de varias localidades. Por iso, visto o tempo transcorrido dende o ingreso en prisión do recorrente, o estado procesual da causa na que solicita a liberdade, e mesmo a inminente celebración do xuízo oral, é mester confirmar a súa actual situación de prisión provisional sen prexuizo, claro está, de ulteriores consideracións que aquel, polo motivo que fose, se demorase.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.
Fallo
Que cómpre rexeitar, como rexeitamos, o recurso de apelación interposto por don Leandro contra o auto do 24 de febreiro de 2007 ditado polo Xulgado de Instrucción núm. 3 de Pontevedra, nas dilixencias previas do procedemento abreviado núm. 465/07 , confirmando o devandito auto.
Devólvanselle as actuacións ó xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe ningún recurso, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución ós autos correspondentes e ó rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.
