Auto Penal Nº 17/2007, Au...ro de 2007

Última revisión
19/01/2007

Auto Penal Nº 17/2007, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 19/2007 de 19 de Enero de 2007

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 3 min

Orden: Penal

Fecha: 19 de Enero de 2007

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 17/2007

Núm. Cendoj: 36038370022007200036

Resumen:
APROPIACIÓN INDEBIDA

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00017/2007

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección núm. 002

Rolo: 0000019 /2007 M.J.

Procedencia: JDO. DE INSTRUCCION N. 3 de PONTEVEDRA

Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0000873 /2004

Maxistrados

Don José Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente

Don Luciano Varela Castro

Dona Rosario Cimadevila Cea

AUTO NÚM. 17

Pontevedra, dezanove de Xaneiro de dous mil sete.

Antecedentes

Primeiro. Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrucción núm. tres de Pontevedra ditou o auto do 13-7-2006 no que decretou o sobresemento das actuacions.

Segundo. Contra o dito auto a Procuradora Dª Mª Jose Gimenez Campos, na representación de DON Esteban , DON Ezequias , Dª Marcelina , DON Fructuoso , DON Gonzalo , DON Hipolito , Dª Raquel ,DON Justo , DON Luciano , DON Maximiliano Y DON Nicolas , formulou recursos de reforma e subsidiario de apelación, desestimado el de reforma admitiuse a trámite o de apelación e remitíronse a este Tribunal para resolución do mesmo.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

ÚNICO.- O feito de que no primeiro dos autos da instancia (o de data 13 de xullo de 2006) nada se acordara verbo das dilixencias de proba interesadas polos querelantes e, porén, sen mención a aquelas acordase o sobresemento provisional e o arquivo das actuacións, ao abeiro do artigo 641.1 da Lei de Axuizamento Criminal , non significaba máis que, como así se aclarou no posterior auto do 30 de outubro de 2006 , que se rexeitaban as mesmas de xeito implícito dada a decisión a adoptar en canto ao fondo do asunto. Pero é que á vista de todo o actuado e, sobre todo, do informe pericial rendido ata por dúas veces por un economista coa activa e directa intervención que se lle permitiu ás partes dende logo que non facían falla máis dilixencias de proba.

Precisamente esta pericial, da autoría do economista Jose María , remata por subliñar que a comunidade aínda lle debería ao querelado unhas 3.002.032 pesetas, que coa súa actuación o querelado non tería prexudicado economicamente á comunidade, malia a súa mala administración por non elaborar un informe das súas operacións, así como que se ben realizou o querelado algunhas operacións trala revogación de poderes por algúns dos comuneiros, aquelas operacións eran obrigatorias para a comunidade. De xeito que, os delitos de apropiación indebida ( artigo 252 do Código Penal ) e de administración desleal ( artigo 295 do Código Penal ) por ningures atoparían sustrato fáctico nas dilixencias que se examinan sen prexuízo, claro está, da correspondente e hipotética esixencia de responsabilidades ao querelado na vía civil por idénticos motivos.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.

Fallo

Desestimar o recurso de apelación interposto pola Procuradora Dª Mª José Jiménez Campos en representación de DON Esteban , DON Ezequias , Dª Marcelina , DON Fructuoso , DON Gonzalo , DON Hipolito , Dª Raquel , DON Justo , DON Luciano , DON Maximiliano , DON Nicolas , contra auto do 13-7-2006 ditado polo Xulgado de Instrucción núm. Tres de Pontevedra e confirmar a resolución recorrida.

Devólvanselle as actuacións ó xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe ningún recurso, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución ós autos correspondentes e ó rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.