Auto Penal Nº 171/2008, A...il de 2008

Última revisión
17/04/2008

Auto Penal Nº 171/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 226/2008 de 17 de Abril de 2008

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Penal

Fecha: 17 de Abril de 2008

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 171/2008

Núm. Cendoj: 36038370022008200469

Resumen:
DELITO SIN ESPECIFICAR

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00171/2008

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

Rolo: 0000226 /2008 I

Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de REDONDELA

Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO n? 0000206 /2008

ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS

D. José Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente

Dª Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza

Dª Rosario Cimadevila Cea

A U T O Nº 171

Pontevedra, dezasete de abril de dous mil oito

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 1 de Redondela ditou un auto con data do 19 de marzo de 2008 , no que se acordaba elevar a deteción dde Pablo Jesús a prisión provisional comunicada y sin fianza.

Segundo.- Contra o dito auto o letrado José Manuel Silva Barros, na representación de Pablo Jesús , formulou recurso de apelación, e, admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Único.- Polo auto do 19 de marzo de 2008 foi decretada a prisión provisional comunicada sen fianza de Pablo Jesús .

Formúlase agora por este último un recurso de apelación contra a amentada resolución xudicial en solicitude da súa liberdade coas medidas que se estimen convenientes. E a tal pretensión expresamente se opuxo o fiscal.

Nunha das últimas ocasións que tivo ao respecto o Tribunal Constitucional, na súa sentenza 152/2007, do 18 de xuño , lembraba que:

"Desde la STC 128/1995, de 26 de junio , este Tribunal viene afirmando que la prisión provisional es una medida cautelar cuya legitimidad constitucional, en tanto que limitativa del derecho a la libertad personal ( art. 17.1 CE ) de quien aún goza del derecho a la presunción de inocencia, exige, como presupuesto, la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito por parte del sujeto pasivo; como objetivo, la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida (riesgo de fuga, de obstrucción del normal desarrollo del proceso o de reiteración delictiva); y como objeto, que se la conciba tanto en su adopción como en su mantenimiento como una medida de aplicación excepcional, subsidiaria, provisional y proporcionada a la consecución de dichos fines (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FFJJ 3 y 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3 ; o más recientemente STC 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).

b) Las decisiones relativas a la adopción y mantenimiento de prisión provisional han de expresarse a través de una resolución judicial motivada, motivación que ha de ser "suficiente y razonable", entendiendo por tal no la que colma meramente las exigencias del derecho a la tutela judicial efectiva, sino aquélla que respeta el contenido constitucionalmente garantizado del derecho a la libertad afectado, ponderando adecuadamente los intereses en juego -la libertad de la persona cuya inocencia se presume, por un lado; la realización de la administración de la justicia penal, en atención a los fines que hemos reseñado, por otro- a partir de toda la información disponible en el momento de adoptar la decisión y del entendimiento de la prisión provisional como una medida excepcional, subsidiaria y provisional.

Para ello, obviamente, la resolución judicial ha de expresar cuál es el presupuesto de la medida y el fin constitucionalmente legítimo perseguido. Y, en relación con la constatación del peligro de fuga, hemos destacado que deberán tomarse en consideración «además de las características y la gravedad del delito imputado y de la pena con que se le amenaza, las circunstancias concretas del caso y las personales del imputado», matizando que si bien en un primer momento la necesidad de preservar los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional pueden justificar que se adopte atendiendo sólo a circunstancias objetivas como el tipo de delito y la gravedad de la pena, el transcurso del tiempo modifica el valor de este dato en la ponderación y obliga a tomar en consideración las circunstancias personales del sujeto privado de libertad y los datos del caso concreto (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FJ 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 )."

Un bo resumo de tal doutrina fíxoa máis recentemente aínda o mesmo Tribunal Constitucional na súa sentenza 27/2008, do 11 de febreiro , segundo a cal:

"Por ello la legitimidad constitucional de la prisión provisional exige que su aplicación tenga como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de una acción delictiva; como objetivo la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida; y como fundamento la ponderación de las circunstancias concretas que, de acuerdo con el presupuesto legal y la finalidad constitucionalmente legítima, permitan la adopción de la medida ( SSTC 62/1996, de 16 de abril, FJ 5; 44/1997, de 10 de abril, FJ 5; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3, y 14/2000, de 17 de enero, FJ 4 ). En la STC 333/2006, de 20 de noviembre, FJ 3 , se concretó como constitutiva de estos fines la conjura de ciertos riesgos relevantes para el desarrollo normal del proceso o para la ejecución del fallo que parten del imputado: su sustracción a la acción de la Justicia, la obstrucción de la instrucción penal y, en un plano distinto, aunque íntimamente relacionado, la reiteración delictiva, pero lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena, o fines de impulso de la instrucción sumarial, propiciando la obtención de pruebas de declaraciones de los imputados, etc. Y, con cita en la STC 128/1995, de 26 de julio, FJ 2 , se concluyó que "todos estos criterios ilustrarían, en fin, la excepcionalidad de la prisión provisional que tantas veces ha subrayado este Tribunal."

A aplicación da anterior doutrina constitucional con motivo do recurso de apelación formulado por Pablo Jesús nun todo nos amosa a corrección da resolución da instancia e, xa que logo, a inexorable desestimación daquela impugnación.

Non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal . Isto é, e enténdase que só para os efectos da resolución do presente recurso de apelación: a existencia dun feito que presenta os caracteres do delito de roubo con intimidación dos artigos 237 e 242.1 e 2 do Código penal , que prevén unha pena de entre tres anos e medio e cinco anos de prisión; que na causa constan motivos bastantes para crer responsable criminalmente do mesmo á persoa contra a que precisamente se ditou o auto de prisión tales como o seguimento policial en todo momento ata que o apelante entrou na entidade bancaria vestindo perruca, unha braga no pescozo, luvas nas mans, e unha maleta, así como a evidencia da súa inmediata detención cando saía do interior do local cunha maleta con cartos dentro, unha pistola de plástico, e outros efectos, que determinou que o propio Pablo Jesús expresamente recoñecese os feitos e a súa autoría.

Agora ben, a carón de tales requisitos a lei esixe, para ditar e manter de tan drástica medida cautelar persoal como é a privación da liberdade, que con estase persiga algunha das finalidades que tamén se prevén no citado artigo 503 da LACrim . E verbo dos amentados fins, o xuíz a quo reflectiu o de asegurar a presenza do imputado no proceso ( artigo 503.1.3º a da LACrim ), así como o de evitar o risco de que o imputado cometa outros feitos delituosos ( artigo 503.2 da LACrim ), cos que polo de agora se concorda, no sentido de que carece o apelante de arraigo social, familiar e económico, que mitiguen toda veleidade de fuxida pola súa parte antes do xuízo polos presentes feitos como, se cadra, o demostrou que referindo ter que coidar de determinados parentes, isto non lle impediu proceder do xeito delituoso pendente de xulgar nin abandonar, segundo el, o tratamento con metadona e consumir novamente drogas a noite anterior á dos feitos; asemade que, a comisión de delitos de roubo con violencia e intimidación, con forza nas cousas, e furto de vehículos a motor, non lle resultan nada alleos, a teor da folla de antecedentes penais que consta no testemuño de particulares que se examina.

Por todo o anterior cómpre confirmar a actual situación na que se atopa o recorrente en apelación, canto máis que aínda se atopan pendentes dilixencias probatorias da importancia da sinalada polo fiscal na súa oposición ao recurso, e con independencia de que inmediatamente se poida reconsiderar o mantemento da medida cautelar persoal á que se ve sometido o apelante se o caso, presentando cativa complexidade, non se xulgase xa nun prazo prudencial.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación

Fallo

DESESTIMAR o recurso de apelación formulado por Pablo Jesús , fronte o auto do 19 de marzo de 2008, ditado polo Xulgado de Instrución núm. 1 de Redondela, nas dilixencias previas núm. 206/08 , e confirmar a devandita resolución nos seus termos.

Remítase ao xulgado de procedencia un testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.