Última revisión
24/04/2009
Auto Penal Nº 172/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 136/2009 de 24 de Abril de 2009
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 6 min
Orden: Penal
Fecha: 24 de Abril de 2009
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 172/2009
Núm. Cendoj: 36038370022009200294
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00172/2009
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección nº 002
Rolo: 0000136 /2009-M
Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.3 de CAMBADOS
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO n? 0000370 /2007
ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS
D. JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO, Presidente
Dª Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dª Rosario Cimadevila Cea
A U T O Nº 172
Pontevedra, vinte e catro de abril de dous mil nove.
Antecedentes
Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 3 de Cambados ditou un auto con data do 9 de febreiro de 2009 , no que acorda a liberdade baixo fianza de 40.000 euros de Alejandro , entre outras medidas.
Segundo.- Contra o dito auto o procurador de Alejandro , formulo recurso de reforma, que foi desestimado por auto do 6 de marzo de 2009 mantendo o acordado, e, admitido a trámite o recurso de apelación interposto contra este, remitíronse testemuño das actuacións a este Tribunal para a súa resolución.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO.
Fundamentos
Único.- A liberdade provisional con ou sen fianza, en canto medida cautelar de natureza persoal, implica unha restrición da liberdade persoal ( SSTC 56/1997, do 17 de marzo, e 14/2000, do 17 de xaneiro ).
A lexitimidade constitucional das resolucións xudiciais que acordan a imposición dunha fianza, cando substitúe a prisión provisional ou permite eludila, non depende da súa adecuación ao dereito á libre disposición dos bens, senón á liberdade persoal, dado que a non prestación de fianza habilita para o ingreso en prisión ou para o seu mantemento ( SSTC 108/1984, do 26 de novembro, 178/1985, do 19 de decembro, 66/1989, do 17 de abril, 85/1989, do 10 de maio, 127/1984, do 28 de decembro, 14/2000, do 17 de xaneiro , e os AATC 336/1995, do 11 decembro, 158/2000, do 15 xuño, e 169/2001, do 16 xullo ).
A fianza, como lembra o ATC 312/2002, do 29 de setembro :
[...] no es una pena cuya concreción deba depender del mayor o menor grado de responsabilidad del imputado, sino que, de hecho, su calidad y cantidad se determinan tomando en cuenta los elementos prescritos en el art. 531 de la LECrim , entre los que figuran la naturaleza del delito, el estado social y antecedentes del procesado y las demás circunstancias que pudieran influir en el mayor o menor interés de éste para ponerse fuera del alcance de la autoridad judicial ( STC 66/1989, de 17 de abril, F. 6 ; ATC 730/1985, de 23 de octubre ). Precisamente este último elemento, ha sido remarcado en el ATC 730/1985, de 23 de octubre, donde afirmábamos que «en la medida en que la fianza tiene por objeto primordial garantizar que quien ha sido procesado no intentará sustraerse a la acción de la justicia, parece lógico que se cuantifique en atención al mayor o menor número de probabilidades de que tal evento se produzca, como prevé el citado art. 531 » (F. único). Por su parte, la doctrina del Tribunal Europeo de Derechos Humanos ha señalado igualmente que la cuantía de la fianza, cuya «función no es el aseguramiento del perjuicio, sino la presencia del acusado en el juicio», debe ser apreciada de acuerdo con distintas circunstancias relativas al acusado como sus ingresos y su relación con las personas que pueden prestar la caución, y en definitiva, en relación con el grado de confianza que se puede tener en que la pérdida de la fianza o su ejecución en caso de no comparecer en juicio, actuará como un freno suficiente para descartar toda idea de fuga ( STEDH de 27 de junio de 1968 [TEDH 1968, 2 ] , caso Neumeister v. Austria, § 14; STEDH de 15 de noviembre de 2001 [TEDH 2001, 756 ], caso Iwañczuck v. Polonia, § 66, caso éste donde el conflicto residía básicamente en la forma que debía tener la fianza y que alargó el proceso y la prisión de modo innecesario).
No primeiro dos autos (con data do 9 de febreiro de 2009), polo que se mudou -a instancias do Ministerio Fiscal- a situación de prisión provisional comunicada e sen fianza de Alejandro á de prisión provisional eludible mediante unha fianza de 40.000 euros, prohibición de saída do territorio nacional, entrega de pasaporte, e obriga da comparecencia apud acta no Xulgado a quo todos os luns así como os días que fose chamado, xa se facía referencia ás circunstancias do caso e ás persoais do preso preventivo, ao transcurso do tempo, ao avance da instrución, e aos datos que constan na causa verbo da presunta actividade delituosa do imputado.
Na segunda das resolucións (o auto do 6 de marzo de 2009 , polo que se rexeitou a precedente reforma) aludíase aos sólidos indicios de participación de Alejandro no delito de tráfico de drogas ( artigos 368 e 370 do Código Penal ), á importante pena que, se é o caso, podería impoñerse (entre catro anos e seis meses e seis anos e nove meses de prisión), así como ás circunstancias de arraigo familiar e social do imputado xa expresamente amentadas en precedentes resolucións. Amais, tamén se facía referencia á reiterada e habitual actividade delituosa do recorrente, e á capacidade económica que pola súa parte supoñía que el mesmo figure como titular dunha vivenda, dun automóbil, e dunha empresa unipersoal.
A resolución xudicial da instancia así combatida debe ser confirmada dado que a fianza esixida para eludir a situación de prisión provisional nun todo se amosa acorde tanto coa doutrina xurisprudencial mencionada como, en concreto, coas circunstancias persoais do imputado relacionadas coa natureza do delito e a grave importancia da pena que leva asociada para os efectos do seu interese en poñerse fóra do alcance da autoridade xudicial, tal e como así se prevé no artigo 531 da Lei de axuizamento criminal . Agora ben, tras a recepción desta nosa resolución da alzada, nada impide que o Xulgado a quo, á vista do tempo transcorrido e das circunstancias que se estimen, poida revisar a contía da fianza imposta ao agora apelante.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Que cómpre rexeitar, como rexeitamos, o recurso de apelación interposto pola representación de Alejandro contra o auto do 9 de febreiro de 2009, ditado polo Xulgado de Instrución núm. 3 de Cambados, nas dilixencias previas procedemento abreviado núm. 370/07 , confirmando o devandito auto.
Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.
