Última revisión
05/05/2010
Auto Penal Nº 178/2010, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 119/2010 de 05 de Mayo de 2010
Relacionados:
Tiempo de lectura: 3 min
Orden: Penal
Fecha: 05 de Mayo de 2010
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 178/2010
Núm. Cendoj: 36038370022010200157
Núm. Ecli: ES:AP PO:2010:472A
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00178/2010
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección nº 002
Rolo: 0000119 /2010
Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de CAMBADOS
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO n? 0001208 /2009
ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS
D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente
Dª Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dª Rosario Cimadevila Cea
A U T O Nº 178
Pontevedra, cinco de mayo de dos mil diez.
Antecedentes
Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrucción nº 2 de Cambados ditou un auto con data do 15 de marzo de dos mil diez , no que se desestima o recurso de reforma interposto contra o auto de data 14/12/2009 .
Segundo.- Contra o dito auto a procuradora Dona Carla Rocafort Rial, na representación de Balbino y Bruno , formulo recurso de apelación contra el auto de data 15/03/2010 , e o Ministerio Fiscal se adhiere el mismo, os cales foron admitidos a trámite,e remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
Único.- Da ben sinxela lectura da apelación formulada por Balbino e Bruno contra Heraclio colíxese a suposta comisión por parte deste último dun delito de estafa previsto e penado no artigo 248 do Código penal. E se como consecuencia da narración fáctica efectuada polos denunciantes indiciariamente se derivan os devanditos elementos delituosos, non se debe, ad limine litis, rexeitar a súa comprobación a través da práctica das dilixencias solicitadas polos propios denunciantes e polo fiscal na súa adhesión ao recurso de apelación. As suspicacias ás que alude o xuíz da instancia verbo do xeito e lugar no que se levou a cabo a transacción entre os denunciantes e o denunciado poderán así ser despexadas unha vez practicadas as devanditas dilixencias, cuxo resultado non se ten porque presumir para, sen máis, decretar o sobresemento e arquivo dunhas dilixencias previas só incoadas coa exclusiva finalidade de adoptar tal pronunciamento.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Estimar o recurso de apelación de Bruno e Balbino , e a adhesión ao mesmo formulada polo fiscal, contra o auto ditado o 15 de marzo de 2010 polo xuíz do Xulgado de Instrución número 2 de Cambados, nas dilixencias previas 1208/09 (rolo de apelación 119/10-A). Daquela, con revogación da amentada resolución e do sobresemento e arquivo acordados, declaramos que procede seguir coas amentadas actuacións e no seu seo practicar as dilixencias solicitadas tanto polos devanditos recorrentes como polo fiscal, mais todas aquelas que poida acordar o propio xuíz, tras as cales se deberá ditar unha nova resolución con liberdade de criterio á vista do resultado daquelas.
Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

