Última revisión
06/05/2010
Auto Penal Nº 180/2010, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 46/2010 de 06 de Mayo de 2010
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 3 min
Orden: Penal
Fecha: 06 de Mayo de 2010
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 180/2010
Núm. Cendoj: 36038370022010200151
Núm. Ecli: ES:APPO:2010:456A
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00180/2010
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 2
Rolo: 46/10 J
Órgano de procedencia: Xulgado de Vixilancia Penitenciaria núm. 2 de Pontevedra
Procedemento de orixe: Expediente núm. 6014/08
APELANTE: Ramón
PROCURADOR: JOSE MANUEL LEMA MAQUIEIRA
PROCURADOR: EMMA MARÍA GARRIDO CIMADEVILA
APELADO: MINISTERIO FISCAL
A U T O NÚM. 180
Maxistrados:
Don José Juán Ramón Barreiro Prado
Dona Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dona Rosario Cimadevila Cea
Pontevedra, seis de maio de dous mil dez
Antecedentes
Primeiro. Por medio do auto do 27 de maio de 2009 o Xulgado de Vixilancia Penitenciaria núm. 2 de Pontevedra desestimou o recurso de queixa que o interno Ramón interpuxo contra o acordo da Xunta de Tratamento do 25 de setembro de 2008, denegándoselle o permiso de saída solicitado.
Segundo. Contra a dita resolución o interno interpuxo o recurso de reforma ante o xulgado; este desestimouno por medio do auto do 22 de outubro de 2009 , e notificada amentada resolución, formulouse recurso de apelación remitíndose o expediente a este tribunal para a súa resolución.
Expón o parecer da Sala o maxistrado D. José Juán Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
Único.- Non só o recorrente Ramón reúne os requisitos de figurar clasificado no segundo grao penitenciario, non observar mala conduta e ter superado ? da condena, senón que, na data actual, incluso xa acadou os ? desta, e redimirá a totalidade o 2 de marzo de 2011. Mais, en consideración ao momento no que solicitou o permiso de saída e sen prexuízo do resultado de ulteriores permisos, o certo é que existían fundadas dúbidas para a súa concesión cunhas mínimas garantías de gozo dentro duns parámetros de normalidade. Así, non consta que o interno se sometese ao programa de maltratadores domésticos ou de xénero, pesa sobre el unha medida de afastamento da súa esposa Esperanza -vítima do delito de violencia física e trato degradante-, e gozaría do permiso no domicilio dun amigo seu, Argimiro , que reside en Baltar, Xustáns, Ponte Caldelas, non moi lonxe de onde reside a esposa do interno en Mourente, Pontevedra, o que determinou a súa correcta denegación en tal momento. Agora ben, visto que o preso xa superou os ? da condena, de non existir ningún parámetro negativo, insistimos en que se poida reconsiderar a súa actual situación en prisión para que, entre outros beneficios, poida gozar de permisos ordinarios de saída ao abeiro dos artigos 47 da LOXP e 154 e seg. do RP , coas medidas ou regras de seguridade que se estimen necesarias para a preparación dunha inminente vida en liberdade.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Desestimar o recurso de apelación formulado pola representación procesual de Ramón , fronte o auto do 27 de maio de 2009, ditado polo Xulgado de Vixilancia Penitenciaria núm. 2 de Pontevedra no expediente núm. 6014/08 , e confirmar a devandita resolución nos seus termos.
Devólvase o expediente ó Xulgado de procedencia con testemuño desta resolución, para cumprimento do acordado, arquivándose o rolo.
Achéguese un testemuño desta resolución ó rolo de Sala.
Así o acordamos, mandamos e asinamos por medio deste auto.
