Última revisión
02/05/2007
Auto Penal Nº 183/2007, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 26/2007 de 02 de Mayo de 2007
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 6 min
Orden: Penal
Fecha: 02 de Mayo de 2007
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 183/2007
Núm. Cendoj: 36038370022007200524
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00183/2007
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 2
Rolo: 26/07 M.J.
Órgano de procedencia: JDO. VIGILANCIA PENITENCIA Nº 2 PONTEVEDRA
Procedemento de orixe: 4848/07
AUTO NÚM. 183
Presidente:
Don José Juan Ramón Barreiro Prado
Maxistrados:
Dona Rosario Cimadevila Cea
Don Celso Joaquin Montenegro Vieitez
Pontevedra, dos de Mayo de dos mil sete.
Antecedentes
Primeiro. Por auto do 1 Marzo 2007 o Xulgado de Vixilancia Penitenciaria núm. 2 de Pontevedra acordóu a executividade da resolución concedendo o tercer grado o interno Sabino .
Segundo. Contra a dita resolución o Ministerio Fiscal interpuxo recurso de apelación e interesou a revogación de dito auto, do que se deu traslado a representación de Sabino quen se opuxo ao mesmo, e seguido o recurso por seus trámites elevouse o expedente a esta Audiencia para súa resolución.
Expón o parecer da Sala o maxistrado Iltmo. Sr. DON José Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
ÚNICO.- No número 5 da disposición adicional quinta da Lei Orgánica do Poder Xudicial disponse, trala reforma na mesma operada pola Lei Orgánica 7/2003, do 30 de xuño , que: "Cuando la resolución objeto del recurso de apelación se refiera a materia de clasificación de penados o concesión de la libertad condicional y pueda dar lugar a la excarcelación del interno, siempre y cuando se trate de condenados por delitos graves, el recurso tendrá efecto suspensivo que impedirá la puesta en libertad del condenado hasta la resolución del recurso o, en su caso, hasta que la Audiencia Provincial o la Audiencia Nacional se haya pronunciado sobre la suspensión. Los recursos de apelación a que se refiere el párrafo anterior se tramitarán con carácter preferente y urgente".
O caso que nos ocupa, relativo á progresión de segundo a terceiro grao do interno no centro penitenciario de A Lama, Sabino , informado favorablemente pola Xunta de Tratamento, asumida pola Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias, impugnada polo Ministerio Fiscal, e confirmada na instancia polo Maxistrado-Xuíz de Vixilancia Penitenciaria, non cabe dúbida que se pode catalogar dentro da indicada materia de clasificación de penados. Mais non se pode dicir outro tanto verbo de se o referido recurso formulado polo Ministerio Fiscal ten ou non o efecto suspensivo que, para certos casos, proclama a transcrita disposición adicional quinta, nº 5 da LOPX. Que a referenza á excarceración ("poñer en liberdade a un preso por mandamento xudicial", segundo o DRAE) se sitúe no aludido nº 5 da disposición adicional quinta da LOPX inmediatamente despois da concesión da liberdade condicional que, precisamente por iso, sempre a supón, e non deseguido da clasificación do penado, non deixa de ser obxeto de crítica pola doutrina (así, Francisco Racionero Carmona) e mesmo de base para outros autores que xusto sosteñen a intrepretación restrictiva da que parte o auto apelado para atribuírlle eficacia suspensiva da inmediata liberdade do interno tan só ós recursos de apelación formulados nos casos de concesión da liberdade condicional e que dean lugar á excarceración do interno. Así, Antonio del Moral García maniféstase contrario ós efectos suspensivos da impugnación nos casos de: A) Cando se trata de resolucións que non comportan unha excarceración en sentido estricto como sucede, di, coa clasificación no terceiro grao e, dicimos, se trata no presente caso; B) Cando o Xuíz de Vixilancia Penitenciaria se limitou a desestimar o recurso formulado contra a decisión da Administración Penitenciaria, pois, en tales supostos a excarceración non é consecuencia da resolución xudicial, senón da previa decisión administrativa. No mesmo sentido, tamén pode citarse a Vicenta Cervelló Donderis, segundo a cal, a intrepretación que debe recibir o devandito número da adicional citada da LOPX non pode ser outra que restrictiva porque, nin a aplicación do réxime aberto restrinxido, nin a combinación de graos permitida no artigo 100.2 RP deben provocar tal consecuencia e permitir a súa executoriedade inmediata xa que non supón unha excarceración do interno ó seguir pernoctando en prisión senón unha mellora no seu réxime de vida de xeito que, engade, só os terceiros graos que implican unha excarceración (obviamente non definitiva) producirían este efecto, o que o limita ás unidades dependentes e ós controis telemáticos, pola súa parte unidades extrapenitenciarias, maiores de setenta anos e enfermos incurables deben quedar tamén fóra por motivos de humanidade e para evitar a ineficacia da norma recorrida.
Mais é que con non estar resolto aínda cun criterio xurisprudencial contrastado supostos coma o presente, no caso que agora nos ocupa, concorren outras circunstancias a maiores para manter o criterio xudicial da instancia relativo á inmediata executividade do acordado e á denegación de efectos suspensivos da impugnación aínda pendente de resolver. Consisten as indicadas en que, xa no auto do 18 de decembro de 2006 polo que se rexeitaba o recurso do Ministerio Fiscal contra a proposta da administración penitenciaria de progresión a terceiro grao de Sabino , se proclamaba que "El interno gozará desde el día de la fecha de todos los derechos y deberes que la Ley Orgánica General Penitenciaria y su Reglamento otorgan a dicha clasificación" (f. 32 in fine do expedente). E malia tal nidio e literal contido, o Ministerio Fiscal no seu recurso de apelación (fs. 35 e 36) ningunha pretensión encontra deduciu ó respecto, polo que folgaba toda expresa petición de executividade por parte do préso (f. 39) e, xa que logo, unha nova resolución xudicial sobre tal particular (o auto do 1 de marzo de 2007 , ós fs. 46 e 47) que con amosarse, entón redundante e dar pé ó Ministerio Fiscal para a presente impugnación que se rexeita, mesmo podería dar lugar, tamén por tal motivo, a unha nulidade de actuacións ( arts. 238 e ss da LOPX ) que, por ninguén denunciala, por non xerar indefensión, e mesmo polo carácter urxente e preferente que a Lei lle confire a estes casos, cómpre obviar. Precisamente por isto, e en evitación de maiores demoras, sen devolución das actuacións ó Xulgado a quo, e con tan só remisión de certificación da presente resolución e notificación ás partes, para a inmediata resolución do recurso de apelación que aínda pende, pase o presente expedente ó Servizo Común de Rexistro e Reparto desta Audiencia Provincial para a súa correspondente quenda e dictado da resolución que corresponda.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.
Fallo
Desestimar o recurso de apelación formulado polo Ministerio Fiscal contra o auto dictado o 1 de marzo de 2007 polo Maxistrado-Xuíz do Xulgado de Vixilancia Penitenciaria nº 2 dos de Galicia, no expedente 4848/06 (rolo de apelación 26/07-MJ) e confirmar así a devandita resolución xudicial.
Notifíquese ás partes a presente resolución e remítase copia debidamente certificada da mesma ó Xulgado a quo sen aínda devolución das actuacións para a inmediata resolución do recurso de apelación que aínda pende en canto ó cerne do asunto, previo pase do presente expedente polo Servizo Común de Rexistro e Reparto desta Audiencia Provincial para a súa correspondente quenda e dictado da resolución que corresponda.
Así o acordamos, mandamos e asinamos por medio deste auto.
