Auto Penal Nº 193/2010, A...yo de 2010

Última revisión
13/05/2010

Auto Penal Nº 193/2010, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 29/2010 de 13 de Mayo de 2010

Relacionados:

Tiempo de lectura: 4 min

Orden: Penal

Fecha: 13 de Mayo de 2010

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 193/2010

Núm. Cendoj: 36038370022010200297

Núm. Ecli: ES:APPO:2010:808A

Resumen:
ESTAFA

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00193/2010

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

Rolo: 0000029 /2010 C

Procedencia: XDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de MARIN

Proc. de orixe: DILIXENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0000155 /2008

ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS

D. Jose Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente

Dª Rosario Cimadevila Cea

Dª Maria Covadonga Hortas Alvarez

A U T O Nº 193

Pontevedra, a trece de Maio de dous mil dez.

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 2 de Marín ditou un auto con data do 12-3-2009 , no que se acorda a tramitación do procedemento polas diligencias do procedemento abreviado.

Segundo.- Contra o dito auto o Ministerio Fiscal, formulou recurso de reforma e subsidiario de apelación, desestimado o primeiro e admitido a trámite o de apelación, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Jose Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Único.- Por medio dun escrito do 6 de marzo de 2009, o denunciante Luis Miguel laiábase de que dende finais do anterior ano 2008 non se practicara nas actuacións ningunha dilixencia de proba. E neste sentido propoñía ata tres dilixencias e, de xeito subsidiario, solicitaba o ditado do correspondente auto de apertura de xuízo oral. A contestación que mereceu tal escrito foi o ditado do auto do 12 de marzo de 2009 polo que, sen máis, se transformaron as ata entón dilixencias previas en procedemento abreviado por un posible delito de estafa do artigo 248 do Código penal , contra o imputado Borja , e se confería traslado ás partes para os efectos da presentación dos escritos de acusación con solicitude da apertura do xuízo oral, o sobresemento da causa, ou a práctica de dilixencias complementarias imprescindibles para formular a acusación. Logo de se notificar a anterior resolución xudicial, a defensa de Luis Miguel presentou un escrito no que solicita unha serie de dilixencias de proba, mentres que o fiscal recorreu contra o auto en reforma e, de xeito subsidiario, en apelación. E rexeitada a reforma por un novo auto do 28 de outubro de 2009 , accédese agora á presente alzada.

Pois ben, en case todo leva razón o fiscal. A súa solicitude de inhibición a favor dos xulgados de instrución de Pontevedra xa nin tan sequera se debe tomar en consideración, xa que a causa que neles se seguía contra o mesmo denunciado Borja - o xuízo de faltas 413/08 do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra- xa rematou por sentenza do 27 de abril de 2009 na que, por certo, resultou condenado por unha falta de estafa do artigo 623.4 do Código penal -fs. 87 á 89 das actuacións-. Mais no que si cómpre darlle a razón ao apelante é no relativo ás dilixencias de proba que solicita -fs. 79 e 80- practicamente coincidentes coas tamén solicitadas pola acusación particular -fs. 63 e 64 e 85-. Non é que se trate de dilixencias complementarias que resulten imprescindibles para poder formular a acusación - artigo 780.2 da Lei de axuizamento criminal -, é que resultan imprescindibles para incluso investigar se dos feitos denunciados debe responder non só o imputado, senón algunha persoa máis, e mesmo algunha entidade dende o punto de vista da hipotética responsabilidade civil. E como a decisión do artigo 779.1.4ª da Lei de axuizamento criminal non pode adoptarse sen a previa declaración como imputadas -nos termos previstos no artigo 775 do mesmo texto legal - das persoas que, precisamente, pola súa participación nos feitos pendentes de resolver merezan o devandito cualificativo de imputadas, procede estimar en parte o recurso do fiscal e, xa que logo, con revogación do auto contra o que se apela, deben practicarse as dilixencias de proba solicitadas polo recorrente, as que sexan a súa consecuencia lóxica, e ditar deseguido a resolución que corresponda verbo da prosecución ou remate das dilixencias que agora se examinan en tal estado procesual.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Estimar en parte o recurso formulado polo fiscal contra o auto ditado o 12 de marzo de 2009 pola xuíza do Xulgado de Instrución número 2 de Marín nas dilixencias previas 155/08 (rolo de apelación 29/10-C) e, con revogación da amentada resolución xudicial, declaramos a procedencia da práctica das dilixencias de proba solicitadas polo recorrente, as que sexan a súa consecuencia lóxica, deseguido das cales se deberá ditar a resolución que corresponda verbo da prosecución ou remate das dilixencias.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.