Última revisión
30/04/2008
Auto Penal Nº 198/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 256/2008 de 30 de Abril de 2008
Relacionados:
Tiempo de lectura: 3 min
Orden: Penal
Fecha: 30 de Abril de 2008
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 198/2008
Núm. Cendoj: 36038370022008200477
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00198/2008
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección nº 002
Rolo: 0000256 /2008 P
Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de VILLAGARCIA DE AROSA
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO n? 0000304 /2005
ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS
D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente
Dª Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dª Rosario Cimadevila Cea
A U T O Nº 198
Pontevedra, trinta de abril de dous mil oito
Antecedentes
Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 1 de Vilagarcía de Arousa ditou un auto con data do 1 de agosto de 2007 , no que se acordaba o sobresemento provisional e o arquivo das actuacións.
Segundo.- Contra o dito auto o procurador Jesús Roberto Patiño Insua, na representación de Belarmino e Donato , formulo recurso de reforma, que foi tramitado con arreglo ao disposto na LACr., ditándose auto do 24 de xaneiro de 2008 , que o desestimaba. Notificada amentada resolución ás partes, formulouse recurso de apelación, e, admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
Único.- A suposta comisión dos delitos de estafa e insolvencia punible ( artigos 248 e 257 do Código penal ) foi rexeitada polo Ministerio Fiscal no seu informe do 29 de xullo de 2007 dun xeito conciso asemade que preciso.
Por unha banda, non se acreditou a existencia de engano para mover á disposición patrimonial máis alá do posible mero incumprimento civil. E por outra banda, realizada a venda dos inmobles despois do alzamento de medidas cautelares de prohibición de dispoñer polo auto do 3 de novembro de 2005 do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vilagarcía de Arousa, ditado no procedemento 466/2003 , tampouco existiría a pretendida insolvencia punible.
Non menos atinada se amosa a resolución xudicial impugnada, que rexeitou a precedente reforma a esta apelación. Así, quedou indemostrado que xa no ano 2000, cando se levaron a cabo os contratos privados, os querelados se movesen pola idea e coa vontade de incumprilos. Pola contra, demostrado quedou que a venda do obxecto daqueles contratos privados a unha sociedade limitada se levou a cabo logo dunha resolución xudicial que declaraba a simulación e nulidade contractual, e antes da resolución da alzada que, pola contra, declaraba a súa validez. Asemade, na devandita resolución da segunda instancia xa se reflectía a posibilidade de que as vivendas xa estivesen rexistradas a nome de terceiros de boa fe.
Será pois no ámbito do xa seguido procedemento civil onde os agora apelantes poidan resarcirse dos prexuízos que polos feitos que pretendían penais poidan ter padecido. Mais estes, en si mesmos considerados, certamente que non merecen reproche penal e, xa que logo, o sobresemento e arquivo acordado na instancia pola xuíza a quo, a instancias da fiscal, nun todo se debe confirmar.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Desestimar o recurso de apelación formulado pola representación procesual de Belarmino e Donato , fronte o auto do 1 de agosto de 2007, ditado polo Xulgado de Instrución núm. 1 de Vilagarcía, nas dilixencias previas 304/05 , e confirmar a devandita resolución nos seus termos.
Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

