Auto Penal Nº 2/2010, Aud...io de 2010

Última revisión
30/06/2010

Auto Penal Nº 2/2010, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 19/2010 de 30 de Junio de 2010

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 14 min

Orden: Penal

Fecha: 30 de Junio de 2010

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 2/2010

Núm. Cendoj: 36038370022010200250

Núm. Ecli: ES:APPO:2010:655A

Resumen:
ESTAFA

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00002/2010

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

SECCION SEGUNDA.

Rosalía de Castro núm. 5

Tfno: 986.80.51.19. fax 986.80.5.014

Rollo. PROCEDIMIENTO ABREVIADO NUM. 19/10 C

AUTO NUM. 2/10

===============================================

ILMOS/AS MAGISTRADOS/AS

JOSE JUAN BARREIRO PRADO

MARIA MERCEDES PEREZ MARTIN ESPERANZA

ROSARIO CIMADEVILA CEA.

Pontevedra, a trinta de Xuño de dous mil dez.

Antecedentes

O Xulgado de Instrucción número 3 de Cangas remitiu mediante Dilixencia de Ordenación os autos de Dilixencias Previas 113/2008 ao Xulgado do Penal Decano de Pontevedra, quen a súa vez acordou a devolución das actuacións ao Xulgado Instructor para que determinase correctamente la competencia á vista do escrito de acusación do Ministerio Fiscal, e do auto de data 1 de setembro de 2009 da apertura de xuízo oral.

SEGUNDO. Por auto do 28 do maio de 2010 acordouse polo Xulgado instructor corrixir o auto de apertura do xuízo no senso de declarar a competencia para o coñecemento e fallo da causa á Sección Penal da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Fundamentos

Primeiro.- Ao abeiro do artigo 780.1 da Lei de axuizamento criminal , a fiscal formulou o correspondente escrito. Consonte o artigo 781.1 do mesmo texto legal , no devandito escrito solicitaba a apertura de xuízo oral ante a Audiencia Provincial, identificaba a Anselmo como a persoa contra a que dirixía a acusación, e reflectía os particulares aos que se refire o artigo 650 da Lei de axuizamento criminal . Entre estes, que os feitos eran constitutivos dun delito continuado de estafa dos artigos 74, 248 e 250.2 do Código penal , e dun delito de apropiación indebida do artigo 252, en relación co artigo 249, ambos do Código penal ; que concorría a circunstancia agravante de reincidencia do artigo 22.8 do Código penal ; e que correspondían as penas de catro anos de prisión e multa de dez meses cunha cota diaria de 12 ?, polo delito continuado de estafa, e de dous anos de prisión, polo delito de apropiación indebida, mais as accesorias legais, custas e responsabilidade civil que se concretaba.

O auto do 1 de setembro de 2009 do Xulgado de Instrución número 3 de Cangas resolveu abrir o xuízo oral, ter por formulada a acusación contra Anselmo polo delito continuado de estafa e polo delito de apropiación indebida e, entre outros particulares, declarar como órgano competente para o coñecemento e decisión da causa o correspondente Xulgado do Penal de Pontevedra.

Logo do escrito da defensa ( artigo 784.1 da Lei de axuizamento criminal ), remitíronse as actuacións aos xulgados do penal de Pontevedra, e correspondeulle por quenda ao número 3. Por unha providencia do 6 de maio de 2010 resolveuse o seguinte:

"[...] visto el escrito de acusación del Ministerio Fiscal y que solicita la apertura del Juicio oral ante la Audiencia Provincial, devuélvanse las actuaciones al Juzgado de Instrucción a fin de que en su caso determinen correctamente la competencia."

Mediante un auto do 28 de maio de 2010 o Xulgado de Instrución número 3 de Cangas , con cita dos artigos 161 e 14.4 da Lei de axuizamento criminal , acordou emendar o seu anterior auto do 1 de setembro de 2009 , no sentido de que onde dixera "se declara como órgano competente para el conocimiento y fallo de la presente causa al Juzgado de lo Penal que por turno corresponda" debía dicir "se declara como órgano competente para el conocimiento y fallo de la presente causa a la Sección Penal de la Audiencia Provincial de Pontevedra que por turno corresponda".

Do anterior xeito tiveron entrada as presentes actuacións nesta Audiencia Provincial, e correspondéronlle a esta Sección 2ª despois da oportuna quenda.

Por unha dilixencia do 21 de xuño de 2010 conferíuselle traslado ás partes para que informasen verbo da competencia desta Audiencia Provincial para, en primeira instancia, xulgar o asunto. Logo das correspondentes argumentacións, a fiscal informou no sentido de estimar competente a esta Audiencia Provincial, mentres que, pola contra, a defensa do acusado apuntaba á competencia do Xulgado do Penal.

Segundo.- O tema que agora nos ocupa non resulta novo. No noso anterior auto do 5 de febreiro de 2009 (PA 3/2009-M ) dixemos:

"Nos supostos de delitos de estafa e apropiación indebida con relativa frecuencia ocorre que, mentres que o Ministerio Fiscal formula acusación polos tipos básicos das devanditas figuras delituosas ( artigos 248, 249 e 252 do Código penal ), a acusación particular faino por algunha das modalidades agravadas do artigo 250 do mesmo texto legal .

Se o xuíz de instrución acorda a apertura do xuízo oral pola hipótese acusatoria máis grave perante a Audiencia Provincial sen ningún tipo de motivación, cabe preguntarse se resulta controlable tal decisión, como e en que momento procesual e, en todo caso, se a Audiencia Provincial pode ou debe revisala. Estas cuestións, por certo, aparecen resoltas no sentido de que si pode a Audiencia Provincial controlar e revisar a decisión de apertura do xuízo oral que lle atribúe a competencia para o axuizamento na primeira instancia.

Porén, o suposto que agora nos ocupa parte dunha decisión do xuíz de instrución que, facendo caso omiso da hipótese acusatoria máis grave, abriu o xuízo oral en atención á acusación formulada pola fiscal, que explicitamente consideraba competente, en primeira instancia, ao xulgado do penal e non á Audiencia Provincial. Desta decisión ninguén fixo cuestión e o propio Xulgado do Penal validouna coa admisión da causa, libramento de citacións, expedición de despachos, etc., ata tan só dous días antes da xa sinalada vista do xuízo oral.

Neste intre, a maxistrada xuíza a quo ditou unha providencia co fin de trasladar o asunto ás partes para que informasen da súa competencia, visto que la acusación particular solicita pena de prisión de 6 años dado que califica los hechos como estafa (sic) agravada ( Art. 250.1.7 ).

Do xeito que xa indicamos, a defensa das acusadas consideraba competente o Xulgado do Penal. Porén, a fiscal, que expresamente solicitara a apertura do xuízo oral perante o Xulgado do Penal, remitíase ao escrito da acusación particular para mudar o seu criterio e considerar competente a Audiencia Provincial. E, por enriba, a acusación particular non se deu por aludida pola amentada providencia da maxistrada xuíza a quo, e non deduciu a máis mínima pretensión que sustentase a implícita competencia inserida na súa solicitude de apertura de xuízo oral.

O auto que deseguido ditou a maxistrada xuíza a quo do 18 de xaneiro de 2009, en motivada exposición da competencia desta Audiencia Provincial ( artigo 759.2ª da Lei de axuizamento criminal ), limítase a remitir ao escrito da acusación particular e á cita dos artigos 250.1.7 e 252 do Código penal , e 14 da Lei de axuizamento criminal . E ren máis.

Pois ben, a inclusión nas hipóteses acusatorias de subtipos agravados de xeito totalmente gratuíto, sen ningún tipo de fundamento nin base fáctica, poden terse por unha fraude de lei, e supón unha artificial atribución da competencia que faculta á Audiencia Provincial, ao abeiro do artigo 11 da Lei orgánica do poder xudicial, para revisar a súa competencia e excluír do seu axuizamento tal tipo de pretensións orfas de máis sustento que a súa mera comenenciuda e interesada enunciación.

Neste mesmo sentido xa o ten resolto, entre outras, a Audiencia Provincial de Cantabria no seu Acordo do Pleno non Xurisdicional do 26 de outubro de 2007. En concreto dise neste último que:

Cuando la acusación, de forma totalmente gratuita, incluye en su calificación subtipos agravados que, por la exasperación penológica subsiguiente, determinan de forma artificial la competencia de la Audiencia Provincial ésta, velando de oficio por el respeto de las normas de competencia, debe resolver sobre su propia competencia, previa audiencia de las partes, evitando el fraude de Ley si se produjere.

E non decidiu de diferente xeito o tamén Acordo da Xunta de Maxistrados das Seccións Penais da Audiencia Provincial de Madrid do 25 de maio de 2007:

Las cuestiones de competencia examinables de oficio, sobre todo cuando se trata de los delitos de estafa y apropiación indebida, en los supuestos en que no concurren indicios de hallarnos ante los subtipos agravados de las referidas figuras delictivas. Trámites a realizar para resolverlos en esa segunda instancia y remitir la causa al Juzgado de procedencia: Cuando la acusación, de forma totalmente gratuita, incluye subtipos agravados que generan la exasperación punitiva de tal forma que acaban afectando a la competencia de los juzgados y de las audiencias, para corregir tales excesos, que constituyen fraude de ley, las salas pueden abrir un trámite -traslado a las partes para alegaciones, por un término de cinco días, con el fin de que expongan lo que estimen pertinente sobre la competencia-. Una vez sustanciado, se decidirá definitivamente cual es la competencia para enjuiciar los delitos indiciariamente existentes, excluyendo así con carácter previo el conocimiento de las causas que claramente quedan fuera de las competencias de la Audiencia Provincial.

E tamén chega a igual conclusión o auto ditado no rolo 7/2008 pola Audiencia Provincial de Tarragona .

A arbitrariedade e gratuidade da cualificación efectuada pola acusación particular vén dada pola súa omisión de todo razoamento verbo da pretendida concorrencia do subtipo agravado do artigo 250.1.7º do Código penal , e porque non se pode pretender a devandita exasperación punitiva determinante da competencia polas relacións persoais existentes entre o acusador particular, Jose Pablo , e as supostas defraudadoras, Elisabeth e Fidela (cuñada e sobriña do anterior) nun caso derivado dunha herdanza, dun xuízo de testamentaría, dunhas operacións divisorias, dun documento particional, etc. Precisamente nestes procesos a súa razón de ser é a amentada relación parental, en todo caso embebida xa no nuclear suposto do propio delito de apropiación indebida, e non pode volver a reconsiderarse como, sen reiteración, pretendía a acusación particular.

Deste xeito, sen necesidade de audiencia das partes nesta alzada por xa antes especificamente gozar de tal oportunidade na instancia, cómpre declararmos a nosa incompetencia obxectiva para o axuizamento da presente causa."

Reiteramos o así dito mediante o auto do 11 de novembro de 2009 (PA 27/09-P ). E, proclamando a incompetencia obxectiva desta Audiencia Provincial, razoabamos para o caso concreto que se trataba o seguinte:

STS Penal sección 1 del 22 de Septiembre del 2008 (ROJ: STS 5467/2008 ).

"...En relación al subtipo agravado el art. 250.1.1 CP ., esta Sala, por ejemplo STS. 372/2006 de 31.3 , , dado que se trata de una circunstancia de agravación específica (o tipo cualificado), viene realizando una interpretación restrictiva en cuanto a su posible aplicación, refiriéndola no a toda vivienda, sino a las que constituyen el domicilio, la primera o única residencia del comprador e integran, por tanto, bienes de primera necesidad o de reconocida utilidad social, que son los otros objetos sobre los que ha de recaer el delito de estafa para que pueda aplicarse este art. 250.1.1º , pero no a las llamadas de "segundo uso" o a las adquiridas como "segunda vivienda" como "inversión" o con finalidad recreativa ( SSTS. 1174/97 de 7.1, 658/98 de 19.6, 620/2009 de 4.6, 297/2005 de 7.3, 302/2006 de 10.3 y 568/2008 de 22.9 ).

En efecto, es claro que cualquier clase de vivienda no es apta para merecer la especial consideración penal que le proporciona este art. 250. 1.1 , que persigue la protección de los consumidores en aquellos contratos que tienen por objeto las cosas de primera necesidad u otros bienes de reconocida utilidad social, entre los que incluye las viviendas, sin duda porque el uso de éstas satisface una necesidad tal elemental como es que se puede disponer de un espacio apto para que en él sea posible el desarrollo de nuestra propia intimidad personal y familiar ( art. 18.1 CE ).[ STS Penal sección 1 del 02 de Junio del 2009 ( ROJ: STS 3322/2009 ) ] . Idem, STS STS, Penal sección 1 del 22 de Septiembre del 2008 ( ROJ: STS 5467/2008 ).

Por outro auto do 8 de marzo de 2010 (PA 6/10-J ) non fixemos máis que abundar na referida doutrina.

Terceiro.- A figura agravada do artigo 250.3 do Código penal abrangue todos os medios de pagamento ou crédito máis usuais no tráfico mercantil. Quixo o lexislador poñer o acento agravatorio no feito da maior facilidade que supoñía o emprego de tales medios para facer prosperar a manobra defraudatoria ou enganosa, en canto que supón valerse dun instrumento formal que é de uso corrente nas relacións financeiras ou de cambio. O que utiliza tales medios aparenta unha situación de crédito que non responde á realidade e, por iso, non só defrauda, senón que pon en perigo a fiabilidade e credibilidade do tráfico mercantil (neste sentido e, por todas, a STS 2324/2001, do 10 de decembro ). Agora ben, o cheque, obriga de pagamento, letra de cambio en branco ou negocio ficticio ao que alude o devandito artigo 250.3 do Código penal deben, precisamente, ser o medio ou mecanismo a través do cal se leva a cabo ou se produce o engano típico da estafa ( SSTS 512/2008, do 17 de xullo, 900/2006, do 22 de setembro , e as nelas citadas).

Neste sentido, cómpre subliñar que, se o erro ou engano do suxeito pasivo non se consegue mediante o emprego de tales medios, senón a posteriori, aparentando unha solvencia da que carecía o suxeito activo, de xeito que unha vez cumprida a obrigación, posteriormente se entregan os mecanismos -as letras de cambio, por exemplo-, non se poden subsumir os feitos na modalidade agravada da estafa prevista e penada no artigo 250.3 do Código penal . Así o conclúe a STS 1077/2007, do 13 de decembro ,ao subliñar que:

"En absoluto consta que tales instrumentos de pago fueran prometidos de antemano, por lo que no fueron determinantes causalmente del engaño ni del error provocado en el sujeto pasivo, y por ende, causa del desplazamiento patrimonial, de modo que no puede mantenerse esta subsunción jurídica."

E no mesmo sentido podemos citar a STS 341/2007, do 27 de abril , cando afirma que procede a sanción polo artigo 249 pero non polo artigo 250.3 do Código penal nun suposto no que "la entrega de dos cheques y tres letras de cambio para pagar la mercancía recibida y no abonada se realizó en negociaciones posteriores a la recepción de esa mercancía, esto es, después de consumada la pretendida estafa. Así lo reconoce la sentencia recurrida en el párrafo I de su fundamento de derecho 4º, casi al final. La entrega de esos efectos mercantiles no pudieron formar parte de la trama engañosa que la sentencia recurrida apreció. Algo posterior al momento de la perfección de la estafa (inexistente, como ya se ha dicho) en ningún caso podría haber valido para constituir la figura de delito cualificada en tal art. 250.1.3º ."

E isto é xusto o que aconteceu no presente caso, segundo a acusación formulada pola fiscal. No mes de novembro de 2007 o acusado Anselmo contratou coa empresa Jucons Galaica, S.L.U., o aluguer dunha serie de ferramentas. Unha vez recibida a mercadoría, non aboada e, xa que logo, consumada a presunta estafa, dous meses máis tarde -o 23 de xaneiro de 2008-, relata a fiscal que o acusado aceptou dúas letras de cambio para o pagamento do amentado aluguer. Xa que logo, os referidos efectos mercantís non formaron parte da estrataxema supostamente constitutiva do esencial engano do delito de estafa, polo que resulta a todas luces improcedente a exasperación punitiva do artigo 250.3 do Código penal que forzaba a competencia desta Audiencia Provincial. Resulta así evidente a nosa falla de competencia obxectiva para o axuizamento da presente causa.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Declarar a nosa incompetencia obxectiva para o axuizamento do procedemento abreviado 19/10-C, remitido polo Xulgado de Instrución número 3 de Cangas baixo o seu número 22/2009, e declarar a competencia da maxistrada xuíza do Xulgado do Penal correspondente. Acórdase o arquivo do presente rolo deixando nota nos libros e rexistros correspondentes.

Así por este auto, o acordan, mandan e asinan los/as Ilmos/as Sres/as Maxistrados/as del margen. Dou fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.