Auto Penal Nº 201/2008, A...il de 2008

Última revisión
30/04/2008

Auto Penal Nº 201/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 159/2008 de 30 de Abril de 2008

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 12 min

Orden: Penal

Fecha: 30 de Abril de 2008

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 201/2008

Núm. Cendoj: 36038370022008200465

Resumen:
DELITO SIN ESPECIFICAR

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00201/2008

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

Rolo: 0000159 /2008 C

Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.3 de CAMBADOS

Proc. de orixe: SUMARIO (PROC.ORDINARIO) nº 0000001 /2006

ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS

D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente

Dª Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza

Dª Rosario Cimadevila Cea

A U T O Nº 201

Pontevedra, trinta de abril de dous mil oito.

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrucción núm. 3 de Cambados ditou o auto con data do 14 de Xaneiro de 2008 no que se acordaba a desestimación do recurso de reforma contra o auto de procesamento de data 21 de novembro de 2007 .

Segundo.- Contra o dito auto Hipolito , formulou recurso de apelación, e admitido a trámite, remitíuse a este Tribunal testemuño das actuacions para resolución do mesmo.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Primeiro.- Polo auto do 21 de novembro de 2007 do Xulgado de Instrución número 3 de Cambados declarábase procesado a, entre outros, Hipolito , asemade que se ratificaba a súa situación de prisión provisional comunicada.

O posterior auto do 14 de xaneiro de 2008 rexeitou a reforma por aquel intentada confirmándose, así, tanto o procesamento como a prisión provisional. E agora acódese en apelación perante esta alzada.

Segundo.- Comezaba o amentado apelante por insistir na suposta nulidade das actuacións pola vulneración de dereitos fundamentais que suporía o feito de que se lle tomara declaración en sede policial sen a presenza letrada e tamén pola toma de mostras de voz sen a súa autorización. Porén, cómpre rexeitar frontalmente agora aquela, por unha banda, por constar no testemuño de particulares que se examina que Hipolito amosou a súa vontade de non declarar nin na fase preprocesual do procedemento, nin xa na fase de instrución perante a autoridade xudicial e, por suposto, con presenza letrada, de onde mal se pode entender cometida ningunha infracción ao respecto; mentres que, por outra banda, a proba de voz teríase baseado nas gravadas polo teléfono móbil de Cayetano e nas que a Garda Civil foi obtendo primeiro, en sede policial co seu consentimento e, despois, a través das conversacións que Hipolito mantiña dende a cadea cos seus familiares nos locutorios ou por teléfono, logo da autorización legal a tal respecto. E todo o anterior enténdase no marco da análise do presente recurso, e á marxe da súa posible reiteración na fase que corresponda perante o tribunal chamado a xulgar a presente causa.

Terceiro.- O auto de procesamento constitúe unha resolución motivada provisional, pola que se declara a unha persoa concreta como formalmente imputada, asemade que se lle comunica a existencia dunha determinada imputación para que da mesma se poida defender con plenitude de medios. Trátase dunha decisión interna e provisional que, dalgún xeito, ao establecer a lexitimidade pasiva da persoa procesada ou imputada, representa, ao ser requisito indispensable e previo da acusación, unha medida protectora dela, evitando así que a vontade de quen acusa sexa requisito suficiente para abrir o xuízo. Non delimita o auto de procesamento o obxecto do proceso, xa que este quedaría fixado inicialmente polos escritos de cualificación provisional, que equivalen ao que no proceso civil representa a demanda (así, a STS 867/2002, do 29 de xullo ).

Con anterioridade o mesmo Tribunal Supremo ( STS 1095/2002, do 10 de xuño ) subliñara que "El auto de procesamiento es una resolución que contiene una imputación formal exteriorizador de un juicio de probabilidad sobre la posible comisión de un delito determinado y la implicación que en él tenga el procesado"; así como que "en relación con el auto de procesamiento, la Sentencia de esta Sala de 29 de enero de 1996 , sienta la siguiente doctrina: «el auto de procesamiento es un simple presupuesto de acceso del proceso a la fase plenaria, acordado en resolución motivada por Juez de instrucción en período sumarial por la que estima que de unos determinados hechos, de carácter ilícito, resultan provisoriamente indicios racionales de criminalidad atribuibles a persona concreta, pero no el instrumento de ejercicio de la acción penal, que únicamente se entiende fijada y promovida en el escrito de calificación de la acusación». De modo que lo sustancial del meritado auto de inculpación lo constituyen los hechos, no las calificaciones jurídicas que pueda el juez de instrucción introducir en tal resolución judicial, posibilitándose el pleno ejercicio del derecho de defensa respecto de tales hechos -objeto de la imputación judicial-, siendo el conocimiento de tales hechos el que debe proporcionarse al imputado" ( STS 1232/2001, do 22 de xuño ).

Por outra banda, por indicio racional debe terse a convicción xudicial de que, baseándose nunha valoración da investigación e das probas practicadas, unha determinada persoa semella que participou na execución dun feito punible. En tal sentido, tense sinalado que os indicios racionais anóanse á probabilidade de xeito tal que, se para a incoación do procedemento abonda a mera noticia da comisión dun delito, para o procesamento precísase a probabilidade da participación dunha persoa determinada e, para a hipotética condena, a certeza, con exclusión de toda dúbida. Por iso, o Tribunal Constitucional salienta que, para que se decrete o procesamento, non abonda coa existencia dalgún indicio de criminalidade, senón que é preciso que o indicio ou indicios sexan racionais de modo que non se chegue a tan grave medida como consecuencia de meras indicacións ou liviás sospeitas, téndose que apoiar en datos de valor fáctico que, representando máis ca unha posibilidade e menos ca unha certeza, supoñan unha probabilidade da existencia dun delito, posto que a aseveración sobre a que debe acordarse o procesamento é relativa aínda que suficiente, pero sen esixir un inequívoco testemuño de certeza ( SSTC do 2 e do 16 febreiro de 1983, 55/1990, do 28 marzo, ou a 184/2003, do 23 de outubro ).

Dentro de tal contexto, e no marco do artigo 384 da Lei de axuizamento criminal, os indicios racionais de criminalidade existentes contra Hipolito son varios, tal e como se colixe do testemuño de particulares que, da causa principal, agora se manexan para os efectos de ditar a presente resolución.

Aínda prescindíndose da proba de voz sobre a que a parte apelante vertía as súas afirmacións de nulidade, abondan os indicios racionais de criminalidade contra Hipolito verbo da súa participación no secuestro ( artigo 164 do Código penal ), o roubo con violencia e intimidación ( artigos 237 e 242.1 do Código penal ), e a falta de lesións ( artigo 617.1 do Código penal ), perpetrado na persoa de Cayetano . E entre os amentados indicios poden salientarse: as conversacións telefónicas mantidas por un procesado ( Julián ) con outro ( Demetrio ) no sentido de preguntarlle o primeiro ao segundo que cando fora ameazado para facelo ou cando o apelante, Hipolito , lle puxera unha pistola na cabeza para participar; a declaración do coimputado Demetrio no sentido de que, efectivamente, tanto el como os outros dous procesados ( Julián e Hipolito ) participaron nos feitos pendentes de axuizamento; a declaración da compañeira de Demetrio ( Felisa ) afirmando terlles escoitado a el mesmo e a Julián e Hipolito a súa participación nos feitos; as manifestacións da vítima Cayetano no atinxente a que a persoa que negociaba por teléfono, a que o golpeou no coche, e a que lle roubou uns seiscentos euros da carteira era a mesma ( Hipolito ); a declaración dunha testemuña ( Zulima ) que viu como do coche de propiedade de Demetrio saía polos aires unha carteira de coiro con, precisamente, a documentación de Cayetano ; así como a dilixencia de recoñecemento en rolda de Hipolito como a persoa que recollera a mochila que contiña o solicitado rescate para a liberación do secuestrado na AP9, preto da ponte de Rande en dirección a Vigo, e á altura do edificio do Faro de Vigo, dilixencia levada a cabo por unha das persoas ( Abelardo ) que ocupaba un coche que xusto ía detrás do do fillo da vítima que pousou a mochila no indicado lugar.

Cuarto.- Nunha das últimas ocasións que tivo ao respecto o Tribunal Constitucional, na súa sentenza 152/2007, do 18 de xuño, lembraba que:

"Desde la STC 128/1995, de 26 de junio , este Tribunal viene afirmando que la prisión provisional es una medida cautelar cuya legitimidad constitucional, en tanto que limitativa del derecho a la libertad personal ( art. 17.1 CE ) de quien aún goza del derecho a la presunción de inocencia, exige, como presupuesto, la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito por parte del sujeto pasivo; como objetivo, la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida (riesgo de fuga, de obstrucción del normal desarrollo del proceso o de reiteración delictiva); y como objeto, que se la conciba tanto en su adopción como en su mantenimiento como una medida de aplicación excepcional, subsidiaria, provisional y proporcionada a la consecución de dichos fines (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FFJJ 3 y 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; o más recientemente STC 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).

b) Las decisiones relativas a la adopción y mantenimiento de prisión provisional han de expresarse a través de una resolución judicial motivada, motivación que ha de ser «suficiente y razonable», entendiendo por tal no la que colma meramente las exigencias del derecho a la tutela judicial efectiva, sino aquélla que respeta el contenido constitucionalmente garantizado del derecho a la libertad afectado, ponderando adecuadamente los intereses en juego -la libertad de la persona cuya inocencia se presume, por un lado; la realización de la administración de la justicia penal, en atención a los fines que hemos reseñado, por otro- a partir de toda la información disponible en el momento de adoptar la decisión y del entendimiento de la prisión provisional como una medida excepcional, subsidiaria y provisional.

Para ello, obviamente, la resolución judicial ha de expresar cuál es el presupuesto de la medida y el fin constitucionalmente legítimo perseguido. Y, en relación con la constatación del peligro de fuga, hemos destacado que deberán tomarse en consideración «además de las características y la gravedad del delito imputado y de la pena con que se le amenaza, las circunstancias concretas del caso y las personales del imputado», matizando que si bien en un primer momento la necesidad de preservar los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional pueden justificar que se adopte atendiendo sólo a circunstancias objetivas como el tipo de delito y la gravedad de la pena, el transcurso del tiempo modifica el valor de este dato en la ponderación y obliga a tomar en consideración las circunstancias personales del sujeto privado de libertad y los datos del caso concreto (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FJ 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 )."

Un bo resumo de tal doutrina máis recentemente aínda a fixo o mesmo Tribunal Constitucional na súa sentenza 27/2008, do 11 de febreiro, segundo a cal:

"Por ello la legitimidad constitucional de la prisión provisional exige que su aplicación tenga como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de una acción delictiva; como objetivo la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida; y como fundamento la ponderación de las circunstancias concretas que, de acuerdo con el presupuesto legal y la finalidad constitucionalmente legítima, permitan la adopción de la medida ( SSTC 62/1996, de 16 de abril, FJ 5; 44/1997, de 10 de abril, FJ 5; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3, y 14/2000, de 17 de enero, FJ 4 ). En la STC 333/2006, de 20 de noviembre, FJ 3 , se concretó como constitutiva de estos fines la conjura de ciertos riesgos relevantes para el desarrollo normal del proceso o para la ejecución del fallo que parten del imputado: su sustracción a la acción de la Justicia, la obstrucción de la instrucción penal y, en un plano distinto, aunque íntimamente relacionado, la reiteración delictiva, pero lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena, o fines de impulso de la instrucción sumarial, propiciando la obtención de pruebas de declaraciones de los imputados, etc. Y, con cita en la STC 128/1995, de 26 de julio, FJ 2 , se concluyó que «todos estos criterios ilustrarían, en fin, la excepcionalidad de la prisión provisional que tantas veces ha subrayado este Tribunal."

A aplicación da anterior doutrina constitucional con motivo do recurso de apelación formulado por Hipolito nun todo nos amosa a corrección da resolución da instancia no seu particular relativo ao mantemento da situación de prisión provisional comunicada daquel.

Non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal , verbo dos cales xa non cómpre efectuar máis consideración que a remisión ao dito con ocasión da confirmación do procesamento.

A carón de tales requisitos a Lei esixe, para ditar e manter tan drástica medida cautelar persoal como é a privación da liberdade, que coa mesma se persiga algunha das finalidades que tamén no citado artigo 503 da LACrim se prevén. E verbo dos amentados fins, a xuíza a quo reflectiu o de asegurar a presenza do imputado no proceso ( artigo 503.1.3ºa da LACrim ), de indubidable concorrencia no presente caso no que a gravidade das penas que se tiran dos delitos que se lle imputan ao procesado, a que se presume inminente celebración da vista oral pola Sección Cuarta desta mesma Audiencia Provincial de Pontevedra, e a notoria falla de todo arraigo social, familiar e económico por parte de Hipolito , todo isto posto de relevo nas resolucións precedentes da instancia, aconsellan e fan necesario o mantemento da súa actual situación persoal.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

DESESTIMAR o recurso de apelación formulado por Hipolito e CONFIRMAR o auto de 21 de novembro de 2007, dictado polo Xulgado de 1ª instancia. e Instrucción núm. 3 de Cambados, no sumario 1/06. Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.