Última revisión
25/05/2009
Auto Penal Nº 213/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 173/2009 de 25 de Mayo de 2009
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 8 min
Orden: Penal
Fecha: 25 de Mayo de 2009
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 213/2009
Núm. Cendoj: 36038370022009200317
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00213/2009
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección nº 002
Rolo: 0000173 /2009 M.J.
Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de CAMBADOS
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO n? 0000648 /2007
ILMOS. SRS. MAXISTRADOS
D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente
Dª Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dª Rosario Cimadevila Cea
A U T O Nº 213
Pontevedra, vinte e cinco de Maio de dous mil nove.
Antecedentes
Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrucción nº 1 de Cambados ditou auto con data do 19/04/2009 , no que acordouse a prisión provisional, comunicada e sen fianza de Ceferino .
Segundo.- Contra o dito auto a representación de Ceferino formulou recurso de reforma que foi desestimado por auto do 29/04/09 e de seguido, interpúxose recurso de apelación, admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator DON Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
Primeiro.- Por medio dun auto do 19 de abril de 2009, o Xulgado de Instrución número 1 de Cambados decretou a prisión provisional comunicada e sen fianza de Ceferino .
Por outro auto coa mesma data poñíase en coñecemento deste a adopción da referida medida cautelar persoal, coa parcial omisión do contido do auto do anterior día 19 de abril para salvagardar o segredo da causa consonte o artigo 506.2 da Lei de axuizamento criminal (LACrim).
Recórrese agora directamente en apelación contra a actual situación de prisión provisional sen fianza de Ceferino .
Segundo.- Nunha das últimas ocasións que tivo o Tribunal Constitucional, para referirse a este tipo de casos, na súa sentenza 152/2007, do 18 de xuño , lembraba o seguinte:
Desde la STC 128/1995, de 26 de junio , este Tribunal viene afirmando que la prisión provisional es una medida cautelar cuya legitimidad constitucional, en tanto que limitativa del derecho a la libertad personal ( art. 17.1 CE ) de quien aún goza del derecho a la presunción de inocencia, exige, como presupuesto, la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito por parte del sujeto pasivo; como objetivo, la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida (riesgo de fuga, de obstrucción del normal desarrollo del proceso o de reiteración delictiva); y como objeto, que se la conciba tanto en su adopción como en su mantenimiento como una medida de aplicación excepcional, subsidiaria, provisional y proporcionada a la consecución de dichos fines (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FFJJ 3 y 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3 ; o más recientemente STC 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).
b) Las decisiones relativas a la adopción y mantenimiento de prisión provisional han de expresarse a través de una resolución judicial motivada, motivación que ha de ser "suficiente y razonable", entendiendo por tal no la que colma meramente las exigencias del derecho a la tutela judicial efectiva, sino aquélla que respeta el contenido constitucionalmente garantizado del derecho a la libertad afectado, ponderando adecuadamente los intereses en juego -la libertad de la persona cuya inocencia se presume, por un lado; la realización de la administración de la justicia penal, en atención a los fines que hemos reseñado, por otro- a partir de toda la información disponible en el momento de adoptar la decisión y del entendimiento de la prisión provisional como una medida excepcional, subsidiaria y provisional.
Para ello, obviamente, la resolución judicial ha de expresar cuál es el presupuesto de la medida y el fin constitucionalmente legítimo perseguido. Y, en relación con la constatación del peligro de fuga, hemos destacado que deberán tomarse en consideración "además de las características y la gravedad del delito imputado y de la pena con que se le amenaza, las circunstancias concretas del caso y las personales del imputado", matizando que si bien en un primer momento la necesidad de preservar los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional pueden justificar que se adopte atendiendo sólo a circunstancias objetivas como el tipo de delito y la gravedad de la pena, el transcurso del tiempo modifica el valor de este dato en la ponderación y obliga a tomar en consideración las circunstancias personales del sujeto privado de libertad y los datos del caso concreto (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FJ 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).
Un bo resumo de tal doutrina máis recentemente aínda o fixo o mesmo Tribunal Constitucional na súa Sentenza 27/2008, do 11 de febreiro , segundo a cal:
Por ello la legitimidad constitucional de la prisión provisional exige que su aplicación tenga como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de una acción delictiva; como objetivo la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida; y como fundamento la ponderación de las circunstancias concretas que, de acuerdo con el presupuesto legal y la finalidad constitucionalmente legítima, permitan la adopción de la medida ( SSTC 62/1996, de 16 de abril, FJ 5; 44/1997, de 10 de abril, FJ 5; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3, y 14/2000, de 17 de enero, FJ 4 ). En la STC 333/2006, de 20 de noviembre, FJ 3 , se concretó como constitutiva de estos fines la conjura de ciertos riesgos relevantes para el desarrollo normal del proceso o para la ejecución del fallo que parten del imputado: su sustracción a la acción de la Justicia, la obstrucción de la instrucción penal y, en un plano distinto, aunque íntimamente relacionado, la reiteración delictiva, pero lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena, o fines de impulso de la instrucción sumarial, propiciando la obtención de pruebas de declaraciones de los imputados, etc. Y, con cita en la STC 128/1995, de 26 de julio, FJ 2 , se concluyó que "todos estos criterios ilustrarían, en fin, la excepcionalidad de la prisión provisional que tantas veces ha subrayado este Tribunal.
A aplicación da anterior doutrina constitucional con motivo do recurso de apelación formulado por Ceferino nun todo nos amosa a corrección da resolución da instancia e, xa que logo, a inexorable desestimación daquela impugnación.
Non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal . Isto é, e enténdase que só para os efectos da resolución do presente recurso de apelación, os seguintes: a existencia duns feitos que presentan os caracteres dun delito contra a saúde pública, previsto e penado nos artigos 368 e 369.1.2ª e 6ª, e 370 do Código penal , do que se tira a posibilidade de impoñer unha pena privativa de liberdade ben notoriamente superior aos dous anos de prisión; así como que na causa constan motivos bastantes para crer responsable criminalmente de tal figura delituosa a persoa contra a que, precisamente, se ditou o auto de prisión, como o demostra, sobre todo, o contido das conversas telefónicas e o resultado dos diversos seguimentos e dispositivos de vixilancia, dos cales se colixe que o apelante formaba parte dunha asociación con outras persoas que tiña como finalidade o transporte de droga ata a costa galega, para a súa posterior introdución e difusión a terceiras persoas.
Agora ben, a carón de tales requisitos a lei esixe, para ditar e manter tan drástica medida cautelar persoal como é a privación da liberdade, que coa mesma se persiga algunha das finalidades que tamén no citado artigo 503 da LACrim se prevén. E verbo dos amentados fins, a xuíz a quo reflectiu o de asegurar a presenza do imputado no proceso ( artigo 503.1.3º a da LACrim ), co que á forza debemos coincidir polas razóns expostas na instancia (proporcionalidade coa gravidade das penas de posible imposición, e o feito de desenvolver traballos no estranxeiro que evidencian os contactos e facilidade para unha hipotética fuxida). Así mesmo, e no momento actual da causa, resulta evidente o risco da ocultación, alteración ou destrución das fontes de proba relevantes para o axuizamento ( artigo 503.1.3º b da LACrim ) nun caso en que as actuacións están declaradas secretas, existe un bo número de persoas imputadas, e outras tantas pendentes de testemuñar. Pero é que, amais, o risco de reiteración delituosa ( artigo 503.2 da LACrim ) tamén semella evidente no presente caso, dado que o recorrente en apelación xa foi condenado por esta mesma Sección 2ª da Audiencia Provincial de Pontevedra por un delito contra a saúde pública á pena de dez anos de prisión, nunha causa en que está pendente da resolución o correspondente recurso de casación.
En conclusión, rexeitamos o recurso de apelación formulado, sen prexuízo, claro está, de ulteriores valoracións.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
DESESESTIMAR o recurso de apelación formulado pola representación de Ceferino , e confirmar o auto do 19/04/2009 dictado polo Xulgado de Instrucción nº 1 de Cambados acordando a súa prisión provisional, comunicada e sen fianza.
Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.
