Auto Penal Nº 233/2006, A...yo de 2006

Última revisión
18/05/2006

Auto Penal Nº 233/2006, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 216/2006 de 18 de Mayo de 2006

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 7 min

Orden: Penal

Fecha: 18 de Mayo de 2006

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 233/2006

Núm. Cendoj: 36038370022006200334

Resumen:
SOBRE SUSTANCIAS NOCIVAS PARA LA SALUD

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00233/2006

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección núm. 002

Rolo: 0000216 /2006

Procedencia: JDO. DE INSTRUCCION N. 1 de PONTEVEDRA

Proc. de orixe: DILIXENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0001373 /2005

Maxistrados

Don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente

Don Luciano Varela Castro

Dona Rosario Cimadevila Cea

AUTO NÚM. 233

Pontevedra, deza e oito de maio de dous mil seis

Antecedentes

Primeiro. Na causa arriba mencionada o Xulgado Instrucción nº 1 de Pontevedra ditou o auto do 05 de abril de 2006 no que decretaba a liberdade de Bartolomé , baixo fianza de 30.000 euros.

Segundo. Contra o dito auto o Ministerio Fiscal, formulou recurso de apelación, e admitido a trámite, remitironse os testemuños pertinentes a este Tribunal para resolución do mesmo.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

ÚNICO.- A resolución xudicial agora recorrida polo Ministerio Fiscal en apelación é o auto de data 5 de abril polo que se decreta a prisión provisional comunicada de Bartolomé , mais eludible mediante a prestación dunha fianza por importe de 30.000 euros, e maila obrigación apuda acta de comparecer perante o Xulgado ou o órgano xudicial que coñecese da causa os venres de cada semana e cantas veces fose chamado.

A tal efecto a Xuíz a quo razoaba que, se ben no seu día a medida de prisión provisional se acordara por cumprírense os requisitos do artigo 503.1.1º e 2º da Lei de Axuizamento Criminal , así como as finalidades do número 3º.a) e b) do mesmo precepto legal, "dado lo avanzado de la instrucción y consecuentemente la disminución del riesgo de destrucción de pruebas y el riesgo de fuga del imputado, se hace necesario modificar la medida impuesta debiendo ser sustituida por la medida de libertad provisional condicionada a que se preste fianza de 30.000 euros, fianza que encuentra su justificación en la necesidad de garantizar la permanente puesta a disposición de este Juzgado del imputado".

Lembra a STC 179/2005, do 4 de xullo que "desde la STC 128/1995, de 26 de julio (RTC 1995, 128 ) , este Tribunal ha venido señalando que la medida cautelar consistente en el ingreso en prisión provisional es de naturaleza excepcional (en este mismo sentido, entre otras, SSTC 37/1996, de 11 de marzo [ RTC 1996, 37] , F. 6.a; 62/1996, de 15 de abril [ RTC 1996, 62] , F. 5; y 66/1997, de 7 de abril [ RTC 1997, 66] , F. 4 .b), así como que la legitimidad constitucional de la prisión provisional, en tanto que decisión limitativa del derecho a la libertad adoptada dentro de un proceso penal, exige como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito y, como objetivo, la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la misma (por todas, SSTC 60/2001, de 26 de febrero [ RTC 2001, 60] , F. 3, y 138/2002, de 3 de junio [ RTC 2002, 138] , F. 4 ). Por lo que se refiere a los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional, también desde la STC 128/1995 hemos venido afirmando que están vinculados con la necesidad de garantizar el normal desarrollo del proceso penal en el que se adopta la medida, especialmente el de asegurar la presencia del imputado en el juicio y el de evitar posibles obstrucciones a su normal desarrollo [ STC 23/2002, de 28 de enero ( RTC 2002, 23) , F. 3 a)]. Por ello, el Tribunal ha considerado que no son ajenos a la motivación de la consecución de estos fines, especialmente para el riesgo de fuga, datos objetivos como la gravedad del delito imputado y el estado de tramitación de la causa [ STC 23/2002, de 28 de enero, F. 3 b )], sin olvidar que, como se expresa en la STC 47/2000, de 17 de febrero ( RTC 2000, 47) , F. 10 , es preciso distinguir dos momentos procesales diferentes en cuanto a la ponderación de estas circunstancias: por un lado, el momento inicial en que se adopta la medida y, por otro, los eventuales pronunciamientos sobre su mantenimiento o prórroga, una vez transcurrido el tiempo. De tal modo que si en un principio cabe admitir una motivación basada únicamente en datos objetivos como la gravedad del delito y la posible pena, el transcurso del tiempo en la aplicación de la medida exige que se ponderen más individualizadamente circunstancias personales del preso preventivo y del caso concreto. Por el contrario, lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena, o fines de impulso de la instrucción sumarial, propiciando la obtención de pruebas consistentes en la declaración de los imputados u otras ( vid., entre otras muchas: SSTC 128/1995, de 26 de julio [ RTC 1995, 128] , F. 3; 47/2000, de 17 de febrero [ RTC 2000, 47] , F. 3; 147/2000, de 29 de mayo [ RTC 2000, 147] , F. 3; 305/2000, de 11 de diciembre [ RTC 2000, 305] , F. 3; 28/2001, de 29 de enero [ RTC 2001, 28] , F. 3; 8/2002, de 14 de enero [ RTC 2002, 8] , F. 4; 98/2002, de 29 de abril [ RTC 2002, 98] , F. 3 )".

E como máis adiante expresa a STC da que se fixo mención, a natureza da infracción delituosa e da gravidade da pena, co transcurso do tempo da medida cautelar, debe poñerse en relación coa situación persoal e o caso concreto do recorrente, para ponderar adecuadamente a persistencia dun fin constitucionalmente lexítimo que xustificara, en última instancia, a prórroga ou mantemento das medidas. Ponderación que de xeito explícito e suficiente levou a cabo a Xuíz de instrucción cando expresamente aludía ao avanzado da instrucción da causa e, xa que logo, a conseguinte diminución do risco de destrucción das probas e do risco de fuxida do recorrente sempre negado por este pola súa voluntaria presentación na comisaría e o seu domicilio e traballo no lugar que, segundo el, notoriamente revelaba a súa situación de arraigo incompatible con aquel temor.

Agora ben, e tendo ben presente que segundo o artigo 504 da Lei de Axuizamento Criminal , a prisión provisional só durará o tempo imprescindible a fin de acadar os fins previstos no anterior artigo 503 LACrim , en tanto subsistan os motivos que xustificaron a súa adopción (así tamén o artigo 528 LACrim ), correcta se amosa a resolución xudicial da instancia que declarou eludible a prisión provisional que viña padecendo o agora apelado mediante a prestación de fianza, mais a contía desta última vista a transcendencia e importancia real dos feitos e a súa relación coa finalidade de, en boa medida, garantizar a presenza do agora recorrido durante a instrucción e xulgamento da causa, considérase que se debe elevar á contía de 100.000 euros.

Só de xeito parcial se atende así á impugnación deducida polo Ministerio Fiscal.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.

Fallo

Que só en parte debíamos estimar e estimamos o recurso de apelación formulado polo Ministerio Fiscal contra o auto ditado o 5 de abril de 2006 pola Maxistrada-Xuíz do Xulgado de Instrucción nº 1 dos de Pontevedra, nas dilixencias 1373/05 (rolo de apelación 216/06-P) no sentido de, aínda manténdose a situación de prisión provisional de Bartolomé eludible mediante prestación de fianza, elévase a contía desta última de 30.000 a 100.000 euros, debendo ser a tal efecto requirido aquel polo Xulgado a quo, e confirmándose no demais a resolución xudicial da instancia.

Devólvanselle as actuacións ó xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe ningún recurso, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución ós autos correspondentes e ó rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.