Última revisión
19/04/2011
Auto Penal Nº 234/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 44/2011 de 19 de Abril de 2011
Relacionados:
Tiempo de lectura: 6 min
Orden: Penal
Fecha: 19 de Abril de 2011
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: GARCIA BREA, MATILDE ETHELDREDA
Nº de sentencia: 234/2011
Núm. Cendoj: 36038370022011200295
Núm. Ecli: ES:APPO:2011:606A
Encabezamiento
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 2
Rolo: RVP núm. 44/11-M
Órgano de procedencia: Xulgado de Vixilancia Penitenciaria núm. 2 de Pontevedra.
Procedemento de orixe: Expediente núm. 3389/09
AUTO NÚM. 234
Maxistrados:
Don José Juán Ramón Barreiro Prado
Dona Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dona Matilde Etheldreda García Brea
Pontevedra, diecinueve de abril de dous mil once.
Antecedentes
Primeiro.- No expediente de liberdade condicional LCO 3389/09-1, o Xulgado de Vixilancia Penitenciaria núm. 2 de Galicia (Pontevedra) , mediante un auto do día 17 de novembro de 2010, revoga a concesión do beneficio da liberdade condicional que se lle outorgara a don Ceferino . O penado interpuxo contra o devandito auto un recurso de reforma, e o Xulgado rexeitouno, ditando un auto o día 25 de xaneiro de 2011, cuxa parte dispositiva expresa:
En atención a lo expuesto, ACUERDO: DESESTIMAR EL RECURSO DE REFORMA interpuesto por el liberado condicional Ceferino, contra el auto dictado por este juzgado en fecha 17-11-10, y en consecuencia, mantener íntegramente su contenido.
Segundo.- Notificada a dita resolución ás partes , don Ceferino interpuxo un recurso de apelación, ao que se opuxo o Ministerio Fiscal. O recurso foi admitido a trámite e as actuacións remitíronse a este Tribunal para a súa Resolución.
Fundamentos
Primeiro.- Don Ceferino gozaba do beneficio da liberdade condicional, en virtude dun acordo adoptado por un auto do día 2 de setembro de 2009 .
O Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra, no Xuízo rápido núm. 39/10, pronuncia unha sentenza o día 26 de agosto de 2010, na que condena a don Ceferino como responsable dun delito de maltrato de obra sen lesión no ámbito da violencia de xénero (artigo 153.1 do CP), e imponlle, entre outras, a pena de seis meses de prisión.
Con motivo de tal condena , o Xulgado de Vixilancia Penitenciaria núm. 2 de Pontevedra, mediante un auto con data do 17 de novembro de 2010, revoga a liberdade condicional concedida ao penado, baseándose en que os artigos 93 do Código penal e 201 do Regulamento penitenciario contemplan, como causa para tal revogación, a comisión dun novo delito no intre que falte para extinguir o resto da condena.
Segundo .- Contra o auto que acorda a revogación, o penado interpuxo un recurso de reforma, e subsidiario de apelación, e mostrou a súa oposición o Ministerio Fiscal. O Xulgado de Vixilancia Penitenciaria núm. 2 de Pontevedra , mediante un auto do 25 de xaneiro de 2011 , rexeitou o recurso de reforma, polo que cabe resolver agora o de apelación.
Fundamenta don Ceferino o recurso en que a sentenza do Xulgado do Penal que o condena por delito de maltrato de obra non é firme.
Esta Sala, mediante un oficio do 10 de marzo de 2011, solicitou á sección Cuarta desta Audiencia Provincial, información urxente sobre o estado actual do recurso de apelación interposto contra a sentenza do 26 de agosto de 2010, por se acaso xa recaese resolución. Con data do 15 de marzo de 2011 comunícasenos que o devandito recurso está pendente de deliberación, sinalándose para tal efecto o día 28 de xuño de 2011.
Terceiro.- A concesión da liberdade provisional é un beneficio que a propia lei dispón que remata se se comete un novo delito. No presente caso, partimos dunha sentenza que condena a don Ceferino como autor dun delito de maltrato de obra que levou a cabo nese espazo de tempo. Pero, pese a iso , tal Resolución non é suficiente para que se revogue a liberdade condicional, xa que se require que a condena veña dada por unha sentenza firme, co fin de non vulnerar -como di o interesado- o seu dereito constitucional á presunción de inocencia ( artigo 24.2 da Constitución ), que só sucumbe cando hai certeza da culpabilidade.
Así o reflicte a sentenza da audiencia Provincial de Baleares do 24 de maio de 2005 :
Sin embargo , una vez concedida la libertad condicional, resulta desautorizada cualquier valoración posterior de error en el pronóstico, relegando la solución a una formal obtención de Sentencia firme condenatoria para a partir de ella poder determinar que el sujeto ha delinquido y proceder a revocar el beneficio en su día concedido.
No mesmo senso, a sentenza da Audiencia Provincial de Madrid (Sección Quinta) do 14 de febreiro de 2007 :
Según los datos que constan en el expediente, sin embargo , la Sentencia no ha ganado firmeza, ya que ha sido recurrida en casación. De tal forma que la interpretación más autorizada, y dominante también en la doctrina científica , del término delinquiere que emplea la Ley Penal debe venir aquí en aplicación. Pues por tal se entiende que el penado ha de haber sido no solamente condenado, sino condenado en sentencia firme durante el período. Es decir, que no procede ordenar la revocación cuando el reo hubiera sido detenido por razón de delito , ni es bastante con su confesión, ni con la imputación o con la acusación formal. Ni siquiera con la Sentencia de condena, si ésta no hubiese ganado aún firmeza.
Cuarto.- Por conseguinte , admítese o recurso de apelación interposto por don Ceferino contra o auto, con data do 17 de novembro de 2010, que lle revogaba a liberdade condicional concedida no seu día. En consecuencia, acordamos manter ao recorrente na liberdade condicional de que viña gozando en virtude dun acordo adoptado por un auto do 2 de setembro de 2009 .
Declaramos de oficio as custas do recurso.
En atención ao exposto,
Fallo
Acordamos estimar o recurso de apelación formulado contra o auto ditado polo Xulgado de Vixilancia Penitenciaria núm. 2 de Galicia (Pontevedra) o día 17 de novembro de 2010, o cal se deixa sen efecto, e, en consecuencia, mantense a liberdade condicional solicitada por don Ceferino .
Decláranse de oficio as custas do recurso.
Notifíquese a presente resolución ao Ministerio Fiscal e aos demais que se constituíron en parte. Igualmente, mediante oficio, póñase en coñecemento da sección Cuarta desta audiencia Provincial , para os efectos que resultasen procedentes.
Remítase ao xulgado de procedencia un testemuño desta Resolución, para o cumprimento do acordado, e arquívese o rolo.
Este auto é firme e contra el non cabe recurso.
Así o acordan, mandan e asinan o maxistrado don José Juán Ramón Barreiro Prado (presidente), e as maxistradas dona Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza, e dona Matilde Etheldreda García Brea (relatora-sustituta).

