Auto Penal Nº 237/2008, A...yo de 2008

Última revisión
16/05/2008

Auto Penal Nº 237/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 296/2008 de 16 de Mayo de 2008

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 9 min

Orden: Penal

Fecha: 16 de Mayo de 2008

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 237/2008

Núm. Cendoj: 36038370022008200488

Resumen:
DELITO SIN ESPECIFICAR

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00237/2008

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

Rolo: 296/2008 CR

Procedencia: JDO. INSTRUCCION N. 4 de VIGO

Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO n? 0003431 /2006

ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS

D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente

Dª Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza

Dª Rosario Cimadevila Cea

A U T O Nº 237

Pontevedra, dezaseis de maio de dous mil oito

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 4 de Vigo ditou un auto con data do 14 de marzo de 2008 no que acordaba desestimar a petición de libertade provisional solicitada pola defensa da imputada Dª Inés manténdose a situación de prisión provisional comunicada e sen posibilidade de ser eludida con fianza.

Segundo.- Contra o dito auto a representación procesual de Dª Inés , formulo recurso de apelación, e, admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Primeiro.- Por medio dun auto do 2 de novembro de 2007 foi decretada a prisión provisional comunicada sen fianza de Inés .

No mes de marzo de 2008, esta solicitou a liberdade provisional que, tras contar coa expresa oposición do Ministerio Fiscal, foi rexeitada polo novo auto do 14 de marzo pasado .

Agora en apelación recórrese contra esta última resolución.

Segundo.- Nunha das últimas ocasións que tivo ao respecto o Tribunal Constitucional, na súa sentenza 152/2007, do 18 de xuño , lembraba que:

"Desde la STC 128/1995, de 26 de junio , este Tribunal viene afirmando que la prisión provisional es una medida cautelar cuya legitimidad constitucional, en tanto que limitativa del derecho a la libertad personal ( art. 17.1 CE ) de quien aún goza del derecho a la presunción de inocencia, exige, como presupuesto, la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito por parte del sujeto pasivo; como objetivo, la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida (riesgo de fuga, de obstrucción del normal desarrollo del proceso o de reiteración delictiva); y como objeto, que se la conciba tanto en su adopción como en su mantenimiento como una medida de aplicación excepcional, subsidiaria, provisional y proporcionada a la consecución de dichos fines (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FFJJ 3 y 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3 ; o más recientemente STC 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).

b) Las decisiones relativas a la adopción y mantenimiento de prisión provisional han de expresarse a través de una resolución judicial motivada, motivación que ha de ser «suficiente y razonable», entendiendo por tal no la que colma meramente las exigencias del derecho a la tutela judicial efectiva, sino aquélla que respeta el contenido constitucionalmente garantizado del derecho a la libertad afectado, ponderando adecuadamente los intereses en juego -la libertad de la persona cuya inocencia se presume, por un lado; la realización de la administración de la justicia penal, en atención a los fines que hemos reseñado, por otro- a partir de toda la información disponible en el momento de adoptar la decisión y del entendimiento de la prisión provisional como una medida excepcional, subsidiaria y provisional.

Para ello, obviamente, la resolución judicial ha de expresar cuál es el presupuesto de la medida y el fin constitucionalmente legítimo perseguido. Y, en relación con la constatación del peligro de fuga, hemos destacado que deberán tomarse en consideración «además de las características y la gravedad del delito imputado y de la pena con que se le amenaza, las circunstancias concretas del caso y las personales del imputado», matizando que si bien en un primer momento la necesidad de preservar los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional pueden justificar que se adopte atendiendo sólo a circunstancias objetivas como el tipo de delito y la gravedad de la pena, el transcurso del tiempo modifica el valor de este dato en la ponderación y obliga a tomar en consideración las circunstancias personales del sujeto privado de libertad y los datos del caso concreto (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FJ 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 )."

Un bo resumo de tal doutrina máis recentemente aínda tena feito o mesmo Tribunal Constitucional na súa sentenza 27/2008, do 11 de febreiro, segundo a cal:

"Por ello la legitimidad constitucional de la prisión provisional exige que su aplicación tenga como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de una acción delictiva; como objetivo la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida; y como fundamento la ponderación de las circunstancias concretas que, de acuerdo con el presupuesto legal y la finalidad constitucionalmente legítima, permitan la adopción de la medida ( SSTC 62/1996, de 16 de abril, FJ 5; 44/1997, de 10 de abril, FJ 5; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3, y 14/2000, de 17 de enero, FJ 4 ). En la STC 333/2006, de 20 de noviembre, FJ 3 , se concretó como constitutiva de estos fines la conjura de ciertos riesgos relevantes para el desarrollo normal del proceso o para la ejecución del fallo que parten del imputado: su sustracción a la acción de la Justicia, la obstrucción de la instrucción penal y, en un plano distinto, aunque íntimamente relacionado, la reiteración delictiva, pero lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena, o fines de impulso de la instrucción sumarial, propiciando la obtención de pruebas de declaraciones de los imputados, etc. Y, con cita en la STC 128/1995, de 26 de julio, FJ 2 , se concluyó que «todos estos criterios ilustrarían, en fin, la excepcionalidad de la prisión provisional que tantas veces ha subrayado este Tribunal»."

A aplicación da anterior doutrina constitucional con motivo do recurso de apelación formulado por Inés nun todo nos amosa a corrección da resolución da instancia e, xa que logo, a inexorable desestimación daquela impugnación.

Non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal . Isto é, e enténdase que só para os efectos da resolución do presente recurso de apelación: a existencia duns feitos que presentan os caracteres do delito contra os dereitos dos cidadáns estranxeiros do artigo 318 bis do Código penal , de delitos contra os dereitos dos traballadores dos artigos 311, e 312 do Código penal , así como dun delito relativo á prostitución do artigo 188.1 do mesmo texto legal , de todos os cales se tira a posibilidade de imposición dunhas penas privativas de liberdade notoriamente elevadas. Así mesmo, na causa constan motivos bastantes para crer responsable criminalmente de tales figuras delituosas á persoa contra a que precisamente se ditou o auto de prisión, como así o demostra a profusión de indicios contra Inés dos que se dá conta tanto naquel auto como no que rexeitou a posterior solicitude de liberdade (gravacións telefónicas, declaracións das mulleres sometidas ao exercicio da prostitución, atribución que estas lle fan á apelante das labores de dirección, vixilancia, recadación, etc., en unión ou substitución do principal implicado que resultou ser o seu compañeiro, etc.), circunstancias e detalles todos eles que se deben entender aquí por reproducidos para os efectos de evitar a súa inútil reiteración.

Agora ben, a carón de tales requisitos a Lei esixe para ditar e manter tan drástica medida cautelar persoal como é a privación da liberdade, que coa mesma se persiga algunha das finalidades que tamén no citado artigo 503 da LACrim se prevén. E verbo dos amentados fins, o xuíz a quo reflectiu o de asegurar a presenza da imputada no proceso (artigo 503.1.3º a da LACrim), co que á forza se debe coincidir ao tratarse a apelante dunha persoa de nacionalidade portuguesa sen o máis mínimo arraigo no noso país, sen que se lle coñezan familia, traballo ou medios de vida alleos, precisamente, aos que constituían as modalidades delituosas mencionadas, sen constancia tampouco de que o seu modo de vida fose a venda de libros, nin máis vencellos con outras persoas agás co principal imputado nesta causa, que tamén segue en prisión provisional. A importancia das penas privativas de liberdade anoadas aos delitos que se lle imputan á recorrente, e o ben avanzado da instrución só pendente, segundo a maxistrada xuíza a quo, da adecuación do trámite procesual e o correspondente procesamento ou formal imputación, non fan máis que xustificar a actual situación persoal na que se mantén a Inés , ante a que se presume inminente celebración da vista oral.

E resólvese todo o anterior sen a necesidade da celebración da vista que se solicitaba no recurso de apelación ao abeiro do artigo 791 da Lei de axuizamento criminal (non aplicable ao caso), de conformidade co si pertinente artigo 766.5 do mesmo texto legal , que acorda a vista no caso de que o auto contra o que se recorra en apelación sexa directamente o que decreta a prisión provisional do imputado e non, como é o caso, unha solicitude de liberdade posterior.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Que debiamos desestimar e desestimamos o recurso de apelación interposto pola representacion procesual de Inés fronte o Auto ditado con data do 14 de marzo de 2008, ditado polo Ilmo. Maxistrado-Xuíz do Xulgado de Instrucción núm. 4 de Vigo, no procedemento de Diligencias Previas Proc. Abreviado núm. 3431/06 (rolo de apelación núm. 296/08), e debemos confirmar o mencionado Auto.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.