Última revisión
13/06/2007
Auto Penal Nº 251/2007, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 269/2007 de 13 de Junio de 2007
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 4 min
Orden: Penal
Fecha: 13 de Junio de 2007
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 251/2007
Núm. Cendoj: 36038370022007200371
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00251/2007
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 002
Rolo: 0000269 /2007I
Procedencia: JDO. INSTRUCCION N. 8 de VIGO
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0001924 /2007
Maxistrados
Don José Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente
Dona Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dona Rosario Cimadevila Cea
AUTO NÚM. 251
Pontevedra, trece de xuño de dous mil sete
Antecedentes
Primeiro. Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 8 de Vigo ditou o auto do 25 de maio de 2007 no que se ratificaba a prisión provisional comunicada e sen fianza de Jesús Manuel .
Segundo. Contra o dito auto OLAYA CARBALLO FIDALGO, letrada en defensa de Jesús Manuel , formulou recurso de apelación, e admitido a trámite, remitíronse a este Tribunal para resolución do mesmo.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
ÚNICO.- Dende logo que non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de Axuizamento Criminal . Isto é, e enténdase que só aos efectos da resolución do presente recurso de apelación: que consta na causa a existencia dun ou varios feitos que presentan os caracteres de delito sancionado con pena que excede dos dous anos de prisión; e que, coa prevención e cautela anunciada, aparecen na causa motivos bastantes para crer responsable criminalmente do delito á persoa contra a que se dictou o auto de prisión. O primeiro, por canto que se trata da comisión de tres delitos de roubo con violencia e intimidación con uso de armas ou medios perigosos, castigado con penas de entre tres anos e medio a cinco anos de prisión ( artigos 237 e 242.1 e 2 do Código Penal ), aínda que nun dos mesmos podería tratarse dunha tentativa ( artigos 16 e 62 do Código Penal ); e o segundo por canto que a bufanda ou braga polar e pistola incautadas coinciden coas empregadas nos feitos, foron recoñecidos tales obxetos polas persoas que presenciaron o atraco nun dos locais, e mesmo o propio agora recorrente en apelación recoñeceu a autoría dos feitos polos que se seguen as dilixencias.
Agora ben, acarón de tales requisitos a Lei esixe para o dictado e mantemento de tan drástica medida cautelar persoal como é a privación da liberdade, que coa mesma se persiga algunha das finalidades que tamén no citado artigo 503 da LACrim se prevén. E verbo dos amentados fins, a Xuíz a quo fai mención na súa resolución recorrida tanto ao aseguramento da presenza do imputado no proceso ante o risco da súa fuxida ( artigo 503.1.3º.a da LACrim ), como á conxura de toda posible reiteración delituosa ( artigo 503.2 da LACrim ). E certamente que cómpre manter a actual situación persoal na que se atopa o apelante por canto que do testemuño de particulares que se ten enviado a esta alzada colíxese que o recorrente en apelación, se ben semella que goza de arraigo familiar e laboral, o certo é que quedou de manifesto o risco de reiteración delituosa por xa posuír antecedentes penais por roubo con violencia ou intimidación, e cometer nova e recentemente esta clase de delitos nun espazo de tempo ben breve debido, segundo el mesmo alega, a súa condición de toxicómano, sen que se amose inexorable a súa excarceración para o seu tratamento, por poder este dispensárselle no centro penitenciario no que se atopa.
Sen prexuízo, pois, de ulteriores valoracións, no estado no que se atopa a causa que se examina, cómpre manter a situación de prisión provisional do apelante.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.
Fallo
DESESTIMAR o recurso de apelación formulado por Jesús Manuel , contra o auto do 25 de maio de 2007, ditado polo Xulgado de Instrucción núm. 8 de Vigo, nas diligencias previas núm. 1924/07 , e confirmar a devandita resolución nos seus termos.
Remítase ó xulgado de procedencia un testemuño da presente resolución, contra a que non cabe ningún recurso, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución ós autos correspondentes e ó rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.
