Última revisión
26/01/2006
Auto Penal Nº 26/2006, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 3/2006 de 26 de Enero de 2006
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 5 min
Orden: Penal
Fecha: 26 de Enero de 2006
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 26/2006
Núm. Cendoj: 36038370022006200067
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00026/2006
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 2
Rolo: 3/06 J.
Órgano de procedencia: JDO. VIXILANCIA PENITENCIARIA 2 PONTEV.
Procedemento de orixe: EXPEDIENTE 816/05
AUTO NÚM. 26
Maxistrados:
Don José Juán Ramón Barreiro Prado
Don Luciano Varela Castro
Dona Rosario Cimadevila Cea
Pontevedra, vinte e seis de xaneiro de dous mil seis
Antecedentes
Primeiro. Por medio do auto do 10 de agosto de 2005 o Xulgado de Vixilancia Penitenciaria núm. 2 de Pontevedra desestimou a petición interposta polo interno Leovigildo sobre referente á petición de adiantar o período de liberdade condicional en aplicación do artigo 91.2 do Código Penal .
Segundo. Contra a dita resolución o interno interpuxo o recurso de reforma ante o xulgado; este desestimouno por medio do auto do 13 de setembro de 2005 e admitiu o de apelación subsidiariamente formulado. Tras os trámites correspondentes, remitiuse o expediente a este tribunal para a súa resolución.
Expón o parecer da Sala o maxistrado don José Juán Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
PRIMEIRO.- Como en ocasións anteriores se ten reiterado, o Acordo do Pleno non xurisdiccional da Sala 2ª do Tribunal Supremo do 28 de xuño de 2002, resolveu que "Las resoluciones del Juez de Vigilancia Penitenciaria relativas a la clasificación de los penados son recurribles en apelación (y queja) ante el Tribunal sentenciador encargado de la ejecución de la condena". O apoio legal asentábase no artigo 82.1.3º da Lei Orgánica do Poder Xudicial , precepto reformado pola Lei Orgánica nº 7 do 28 de decembro de 1988 , así como na disposición adicional 5ª, apartado 2º, da mesma Lei Orgánica .
O posterior auto do Tribunal Supremo (Sala do Penal) do 5 de abril de 2003 , con cita do amentado acordo, efectuaba unha aclaración verbo do alcance do amentado Acordo: "El mismo ha de entenderse referido a la materia que los preceptos específicos invocados concretan: «ejecución de pena» o «ejecución penal y régimen de su cumplimiento». Es cierto que el acuerdo se limitó al problema que de forma puntual se trataba de resolver en el Pleno, contraído en aquel caso a una decisión clasificatoria del penado (tercer grado), pero las intervenciones de los Magistrados integrantes del Pleno, aportando argumentos y los propios preceptos legales que se interpretaban, permiten atribuir al acuerdo carácter general, extensivo a cualquier resolución atinente al cumplimiento o ejecución de la pena; y desde luego alcanza a la competencia para conocer las resoluciones sobre libertad condicional. Por lo demás, el acuerdo resultante de la interpretación literal de los mentados preceptos, halla un contundente respaldo normativo, no sólo en la Constitución española (RCL 1978, 2836), que atribuye al juez que resuelve la facultad de ejecutar lo resuelto ( art. 117-3º CE ), sino a disposiciones de legalidad ordinaria, como son, los arts. 9 y 985 de la LECrim (LEG 1882, 16). No existe precepto alguno que contradiga u oscurezca tal criterio hermenéutico, cohonestable, con la competencia de la Audiencia Provincial del Centro penitenciario de cumplimiento, en todas aquellas resoluciones enderezadas a controlar o «vigilar» (Juez de Vigilancia) la sumisión a la legalidad de la Administración pública en el cumplimiento efectivo de las penas y su orientación a la reinserción, así como a tutelar los derechos fundamentales de los internos y demás que les corresponda, conforme a la legislación penitenciaria, judicializando el normal cumplimiento de la pena privativa de libertad y complementando las facultades de ejecución que corresponden al Tribunal sentenciador".
SEGUNDO.- A concreta pretensión que se exercitaba polo interno no centro penitenciario de A Lama, Leovigildo , consistía en que se lle aplicase o beneficio previsto no artigo 91.2 do Código Penal , isto é, o adiantamento da concesión da liberdade condicional en relación co prazo previsto no apartado anterior do mesmo precepto legal, e ata un máximo de 90 días por cada ano transcorrido de cumprimento efectivo de condena.
En consecuencia, a petición así formulada polo preso, a teor da aplicación da anterior transcrita doutrina xurisprudencial, resulta da competencia do Tribunal sentenzador encargado da execución da condena. E non sendo este o caso desta Sección 2ª da Audiencia Provincial de Pontevedra, segundo así o ten informado o seu Secretario, procede non entrar na cerna do asunto, e devolver as actuacións ao Xulgado a quo para a súa posterior remisión a quen se estime competente, a teor do indicado.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.
Fallo
Que sen entrar na cerna do recurso de apelación formulado por Leovigildo contra o auto ditado o 10 de agosto de 200 pola Maxistrada-Xuíz do Xulgado de Vixilancia Penitenciaria nº 2 dos de Galicia (Pontevedra ), no expedente 816/05 (rolo de apelación 3/06), procede devolver as actuacións ao Xulgado a quo para a súa posterior remisión ao Tribunal sentenzador encargado da execución da condena do devandito apelante.
Achéguese un testemuño desta resolución ó rolo e ó procedemento, cuxo orixinal se devoverá ó xulgado de procedencia, para a súa notificación ás partes comparecidas e ó Ministerio Fiscal e para a súa eficacia e execución.
Así o acordamos, mandamos e asinamos por medio deste auto.
