Última revisión
04/06/2008
Auto Penal Nº 270/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 336/2008 de 04 de Junio de 2008
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 9 min
Orden: Penal
Fecha: 04 de Junio de 2008
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 270/2008
Núm. Cendoj: 36038370022008200497
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00270/2008
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección nº 002
Rolo: 336/2008 A
Procedencia: XDO.1A.INST. E INSTRUCCION N.1 de VILAGARCIA DE AROUSA.
Proc. de orixe: DILIXENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 420 /2008
ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS
D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente
Dª Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dª Belen María Fernández Lago
A U T O Nº 270
Pontevedra, 4 de xuño de 2009.
Antecedentes
Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado ditou un auto con data do 14 de maio de 2008 , no que desestimaba o recurso de reforma interposto contra auto de data 8 de maio de 2008 que decreta a prisión provisional comunicada e sen fianza de Sabino ..
Segundo.- Contra o dito auto a representación procesual de Sabino , formulou recurso de apelación , e, admitido a trámite, remitíuse testemuño das actuacións a este Tribunal para a súa resolución.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
Primeiro.- Por medio dun auto do 8 de maio de 2008 foi decretada a prisión provisional comunicada sen fianza de Sabino .
Este formulou un recurso de reforma, que foi rexeitado por un novo auto do 14 de maio de 2008 .
Agora deduce apelación perante esta alzada mediante un novo escrito no que, porén, á letra se limita a reproducir o anterior de reforma. Por iso que, compartindo este Tribunal a argumentación xurídica da instancia, ben cumpriría coa súa obrigación de motivar a presente resolución da alzada con remitirse á da instancia e, sen máis, proceder á súa confirmación. Con todo aproveitase a ocasión para efectuar unha serie de precisións.
Segundo.- Nunha das últimas ocasións que tivo ao respecto o Tribunal Constitucional, na súa sentenza 152/2007, do 18 de xuño, lembraba que:
Desde la STC 128/1995, de 26 de junio , este Tribunal viene afirmando que la prisión provisional es una medida cautelar cuya legitimidad constitucional, en tanto que limitativa del derecho a la libertad personal ( art. 17.1 CE ) de quien aún goza del derecho a la presunción de inocencia, exige, como presupuesto, la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito por parte del sujeto pasivo; como objetivo, la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida (riesgo de fuga, de obstrucción del normal desarrollo del proceso o de reiteración delictiva); y como objeto, que se la conciba tanto en su adopción como en su mantenimiento como una medida de aplicación excepcional, subsidiaria, provisional y proporcionada a la consecución de dichos fines (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FFJJ 3 y 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3 ; o más recientemente STC 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).
b) Las decisiones relativas a la adopción y mantenimiento de prisión provisional han de expresarse a través de una resolución judicial motivada, motivación que ha de ser "suficiente y razonable", entendiendo por tal no la que colma meramente las exigencias del derecho a la tutela judicial efectiva, sino aquélla que respeta el contenido constitucionalmente garantizado del derecho a la libertad afectado, ponderando adecuadamente los intereses en juego -la libertad de la persona cuya inocencia se presume, por un lado; la realización de la administración de la justicia penal, en atención a los fines que hemos reseñado, por otro- a partir de toda la información disponible en el momento de adoptar la decisión y del entendimiento de la prisión provisional como una medida excepcional, subsidiaria y provisional.
Para ello, obviamente, la resolución judicial ha de expresar cuál es el presupuesto de la medida y el fin constitucionalmente legítimo perseguido. Y, en relación con la constatación del peligro de fuga, hemos destacado que deberán tomarse en consideración "además de las características y la gravedad del delito imputado y de la pena con que se le amenaza, las circunstancias concretas del caso y las personales del imputado", matizando que si bien en un primer momento la necesidad de preservar los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional pueden justificar que se adopte atendiendo sólo a circunstancias objetivas como el tipo de delito y la gravedad de la pena, el transcurso del tiempo modifica el valor de este dato en la ponderación y obliga a tomar en consideración las circunstancias personales del sujeto privado de libertad y los datos del caso concreto (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FJ 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).
Un bo resumo de tal doutrina máis recentemente aínda fíxoo o mesmo Tribunal Constitucional na súa sentenza 27/2008, do 11 de febreiro, segundo o cal:
Por ello la legitimidad constitucional de la prisión provisional exige que su aplicación tenga como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de una acción delictiva; como objetivo la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida; y como fundamento la ponderación de las circunstancias concretas que, de acuerdo con el presupuesto legal y la finalidad constitucionalmente legítima, permitan la adopción de la medida ( SSTC 62/1996, de 16 de abril, FJ 5; 44/1997, de 10 de abril, FJ 5; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3, y 14/2000, de 17 de enero, FJ 4 ). En la STC 333/2006, de 20 de noviembre, FJ 3 , se concretó como constitutiva de estos fines la conjura de ciertos riesgos relevantes para el desarrollo normal del proceso o para la ejecución del fallo que parten del imputado: su sustracción a la acción de la Justicia, la obstrucción de la instrucción penal y, en un plano distinto, aunque íntimamente relacionado, la reiteración delictiva, pero lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena, o fines de impulso de la instrucción sumarial, propiciando la obtención de pruebas de declaraciones de los imputados, etc. Y, con cita en la STC 128/1995, de 26 de julio, FJ 2 , se concluyó que "todos estos criterios ilustrarían, en fin, la excepcionalidad de la prisión provisional que tantas veces ha subrayado este Tribunal.
Por outra banda, e con ocasión da imposición da medida cautelar de internamento en réxime pechado ao menor Arsenio , denunciado como suposto coautor dos mesmos feitos co agora apelante Sabino , xa tivemos ocasión de sinalar ( auto do 2 de xuño de 2008 ) que:
O neno denunciante de xeito ben nidio referiu que el e o seu irmán menor foron abordados por dous individuos que coñecen de vista e viven na zona de Braulio , en Vilagarcía de Arousa. Por tal motivo sabía que aqueles individuos eran Fran, alias o Canoso , e Arsenio , alias o Zapatones . Que este último levaba un bate de béisbol, e que os afastaron da rúa levándoos ata unha canella en fronte do asilo onde, de tal xeito, lograron roubarlles un teléfono móbil, logo de rexistralos e espilos totalmente. E non contentos con isto, que ameazaron o neno denunciante con que tiña que ir á súa casa e en dous minutos traerlles como mínimo cen euros, baixo a ameaza de que, do contrario ou de dar aviso á Policía, matarían o irmán pequeno do denunciante que como refén quedaba con Fran e Arsenio . Conseguiron o seu propósito estes ao recibiren os cen euros, e en días posteriores, agardaron ao denunciante á saída do instituto ao que acudía. E a todo o anterior cómpre engadir que, á vista dos álbums fotográficos existentes na comisaría de Vilagarcía de Arousa, o denunciante recoñeceu a Arsenio como unha das persoas autoras dos feitos descritos. Velaí polo que si que existen indicios, diversos e plurais, en contra do agora apelante presuntamente demostrativos da súa participación en tal tipo de feitos, sen prexuízo do que poida resultar do seu posterior axuizamento.
O anterior resulta de plena aplicación para o caso da participación en tales feitos de Sabino pois, e a maior abastanza do dito, o menor denunciante igualmente recoñeceu á vista dos álbums fotográficos ao devandito recorrente como Fran alias o Canoso quen, acompañando ao tamén menor Arsenio alias o Zapatones , empregando un puñal que describía con folla de dobre gume afiada facendo como unha especie de tridente, levou a cabo os feitos.
Deste xeito, cúmprense os requisitos sinalados no artigo 503.1 e 2 da Lei de axuizamento criminal para poder decretar a prisión provisional do recorrente en apelación no atinxente á existencia de feitos que presentan os caracteres de delito sancionado con penas iguais ou superiores aos dous anos de prisión, e suficientes indicios de participación criminal naqueles por parte do apelante, asemade que, concorren as finalidades esixidas polo mesmo artigo 503.1.3º da LACrim e, en concreto, a de asegurar a presenza do imputado no proceso, sobre todo no estado inicial no que este se atopa (aínda non hai un mes que se presentou a denuncia que motivou a incoación da causa), e a de evitar que o imputado poida actuar contra bens xurídicos da vítima, ou cometa outros feitos delituosos (artigo 503.1.3ºc, e artigo 503.2 da LACrim) como o poñen de relevo os episodios relativos á garda que lle fan Arsenio e Fran á saída do instituto á vítima, o seu seguimento, e mesmo a un episodio relacionado co refuxio da vítima nun local dos denominados 24 horas.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.
Fallo
Desestimar o recurso de apelación interposto contra o auto do 14 de maio de 2008, dictado no procedemento de Dilixencias Previas núm. 420/2008 do Xulgado de Instrucción nº 1 de Vilagarcía de Arousa , e confirmar a devandita resolución.
Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.
