Auto Penal Nº 293/2009, A...io de 2009

Última revisión
09/07/2009

Auto Penal Nº 293/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 239/2009 de 09 de Julio de 2009

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Penal

Fecha: 09 de Julio de 2009

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 293/2009

Núm. Cendoj: 36038370022009200347

Resumen:
ROBO CON VIOLENCIA O INTIMIDACIÓN

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00293/2009

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

Rolo: 239/2009 I

Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.3 de PONTEAREAS

Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 302 /2009

ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS

D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente

Dª Rosario Cimadevila Cea

Dª Belen María Fernández Lago

A U T O Nº 293

Pontevedra, a nove de xullo de dous mil nove

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de 1ª Inst./Instrución núm. 3 de Ponteareas ditou un auto con data do 17 de abril de 2009 , no que se decreta a prisión provisional, comunicada e sen fianza.

Segundo.- Contra o dito auto o/a procurador/a a Letrada Sra. Concepción Armada Otero en defensa de Jose Ángel , formulo recurso de apelación, e, admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Primeiro.- Por medio dun auto do 17 de abril de 2009, o Xulgado de Instrución número 1 de Ponteareas decretou a prisión provisional comunicada e sen fianza de Jose Ángel .

Contra a amentada resolución recorreu en reforma e o seu recurso foi rexeitado por un novo auto do 4 de maio de 2009 .

Recórrese agora en apelación contra a actual situación de prisión provisional sen fianza de Jose Ángel .

Segundo.- Nunha das últimas ocasións que tivo o Tribunal Constitucional para tratar a lexitimidade da prisión provisional, na súa Sentenza 152/2007, do 18 de xuño , lembraba que:

Desde la STC 128/1995, de 26 de junio , este Tribunal viene afirmando que la prisión provisional es una medida cautelar cuya legitimidad constitucional, en tanto que limitativa del derecho a la libertad personal ( art. 17.1 CE ) de quien aún goza del derecho a la presunción de inocencia, exige, como presupuesto, la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito por parte del sujeto pasivo; como objetivo, la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida (riesgo de fuga, de obstrucción del normal desarrollo del proceso o de reiteración delictiva); y como objeto, que se la conciba tanto en su adopción como en su mantenimiento como una medida de aplicación excepcional, subsidiaria, provisional y proporcionada a la consecución de dichos fines (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FFJJ 3 y 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3 ; o más recientemente STC 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).

b) Las decisiones relativas a la adopción y mantenimiento de prisión provisional han de expresarse a través de una resolución judicial motivada, motivación que ha de ser "suficiente y razonable", entendiendo por tal no la que colma meramente las exigencias del derecho a la tutela judicial efectiva, sino aquélla que respeta el contenido constitucionalmente garantizado del derecho a la libertad afectado, ponderando adecuadamente los intereses en juego -la libertad de la persona cuya inocencia se presume, por un lado; la realización de la administración de la justicia penal, en atención a los fines que hemos reseñado, por otro- a partir de toda la información disponible en el momento de adoptar la decisión y del entendimiento de la prisión provisional como una medida excepcional, subsidiaria y provisional.

Para ello, obviamente, la resolución judicial ha de expresar cuál es el presupuesto de la medida y el fin constitucionalmente legítimo perseguido. Y, en relación con la constatación del peligro de fuga, hemos destacado que deberán tomarse en consideración "además de las características y la gravedad del delito imputado y de la pena con que se le amenaza, las circunstancias concretas del caso y las personales del imputado", matizando que si bien en un primer momento la necesidad de preservar los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional pueden justificar que se adopte atendiendo sólo a circunstancias objetivas como el tipo de delito y la gravedad de la pena, el transcurso del tiempo modifica el valor de este dato en la ponderación y obliga a tomar en consideración las circunstancias personales del sujeto privado de libertad y los datos del caso concreto (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FJ 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).

Un bo resumo de tal doutrina máis recentemente aínda o fixo o mesmo Tribunal Constitucional na súa Sentenza 27/2008, do 11 de febreiro , segundo a cal:

Por ello la legitimidad constitucional de la prisión provisional exige que su aplicación tenga como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de una acción delictiva; como objetivo la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida; y como fundamento la ponderación de las circunstancias concretas que, de acuerdo con el presupuesto legal y la finalidad constitucionalmente legítima, permitan la adopción de la medida ( SSTC 62/1996, de 16 de abril, FJ 5; 44/1997, de 10 de abril, FJ 5; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3, y 14/2000, de 17 de enero, FJ 4 ). En la STC 333/2006, de 20 de noviembre, FJ 3 , se concretó como constitutiva de estos fines la conjura de ciertos riesgos relevantes para el desarrollo normal del proceso o para la ejecución del fallo que parten del imputado: su sustracción a la acción de la Justicia, la obstrucción de la instrucción penal y, en un plano distinto, aunque íntimamente relacionado, la reiteración delictiva, pero lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena, o fines de impulso de la instrucción sumarial, propiciando la obtención de pruebas de declaraciones de los imputados, etc. Y, con cita en la STC 128/1995, de 26 de julio, FJ 2 , se concluyó que "todos estos criterios ilustrarían, en fin, la excepcionalidad de la prisión provisional que tantas veces ha subrayado este Tribunal".

A aplicación da anterior doutrina constitucional con motivo do recurso de apelación formulado por Jose Ángel nun todo nos amosa a corrección da resolución da instancia e, xa que logo, a inexorable desestimación daquela impugnación.

Non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal . Isto é, e enténdase que só para os efectos da resolución do presente recurso de apelación, os seguintes: a existencia duns feitos que presentan os caracteres de varios delitos -catro- de roubo con violencia ou intimidación, previstos e penados nos artigos 237 e 242.1 e 2 do Código penal , dos que se tira a posibilidade de imposición dunha pena privativa de liberdade ben notoriamente superior aos dous anos de prisión; así como que na causa constan motivos bastantes para crer responsable criminalmente de tal figura delituosa a persoa contra a que precisamente se ditou o auto de prisión, como o demostran, sobre todo, a súa identificación, que se achou no seu poder unha bolsa con billetes cuxo número de serie coincidía cos subtraídos días antes nunha das entidades bancarias, que nun dos coches que utilizaba se encontrasen cartuchos de moedas que tamén coincidían cos subtraídos nun banco, que noutro automóbil que igualmente usaba e que estaba aparcado preto do concello de Arbo se encontrase un coitelo de cociña de grandes dimensións, como o que foi empregado nos roubos, así como unha perruca loura, e que no momento da detención xusto levase uns lentes de sol e calzase unhas zapatillas deportivas, que tamén cadraban coas empregadas polo autor do último roubo dos catro nas entidades bancarias e noutro dos atracos anteriores.

Agora ben, a carón de tales requisitos a lei esixe, para ditar e manter tan drástica medida cautelar persoal como é a privación da liberdade, que coa mesma se persiga algunha das finalidades que tamén no citado artigo 503 da LACrim se prevén. E verbo dos amentados fins, a xuíza a quo reflectiu o de asegurar a presenza do imputado no proceso ( artigo 503.1.3º.a da LACrim ), co que á forza debemos coincidir polas razóns expostas na instancia e, sobre todo, dada a gravidade das penas de posible imposición. Así mesmo, concorre o risco de que o imputado poida cometer outros feitos delituosos ( artigo 503.2 da LACrim ) vista a súa folla histórico-penal por, fundamentalmente, delitos contra o patrimonio, e a súa dependencia do consumo de substancias estupefacientes, sen que a todo o anterior axude a súa situación familiar, laboral e económica.

Agora ben, tamén é certo que o apelante xa leva preso case que catro meses no seo dunhas dilixencias que non semellan complexas, polo que, aínda que confirmemos a súa actual situación de privación de liberdade, deberán arbitrarse mecanismos para que pronto se chegue á resolución definitiva da causa ou, no seu defecto, se revise a modalidade da medida cautelar persoal que actualmente pesa sobre el.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Desestimar o recurso de apelación formulado pola representación procesual de Jose Ángel , fronte o auto do 17 de abril de 2009, ditado polo Xulgado de 1ª Inst./Instrucción núm. 3 de Ponteareas, nas dilixencias previas núm. 302/2009 , e confirmar a devandita resolución nos seus termos.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.