Auto Penal Nº 293/2011, A...yo de 2011

Última revisión
12/05/2011

Auto Penal Nº 293/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 149/2011 de 12 de Mayo de 2011

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 9 min

Orden: Penal

Fecha: 12 de Mayo de 2011

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 293/2011

Núm. Cendoj: 36038370022011200259

Núm. Ecli: ES:APPO:2011:547A

Resumen:
ROBO CON FUERZA CASA HABITADA / LOCAL ABIERTO PÚB.

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00293/2011

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo: 662000

N.I.G.: 36038 43 2 2011 0004916

ROLO: RT APELACION AUTOS 0000149 /2011 I

Juzgado procedencia: XDO. DE INSTRUCION N. 3 de PONTEVEDRA

Procedimiento de origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0001037 /2011

RECURRENTE: Jose Miguel

Procurador:

Letrada: MARIA TERESA GONZALEZ JUSTO

RECURRIDO: MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a:

LetrAado/a:

au

AUTO Nº 293

==========================================================

MAXISTRADOS/AS

Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Ilma. Sra. dona Belen María Fernández Lago (Suplente)

==========================================================

Pontevedra, a doce de maio de dous mil once.

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 3 de Pontevedra ditou un auto con data do 18 de abril de 2011 no que acorda a prisión provisional comunicada e sen fianza por esta causa.

Segundo.- Contra o dito auto a letrada Sra. Mª Teresa González Justo, na representación de Jose Miguel, formulou recurso de apelación, e , admitido a trámite, remitiron o testemuño de particulares da peza separada de situación persoal a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Único.- Por un auto do 18 de abril de 2011 a maxistrada xuíza do Xulgado de Instrución número 3 do Pontevedra acordou a prisión provisional comunicada sen fianza de Jose Miguel . Contra a amentada Resolución recorre este agora en apelación perante esta alzada, coa expresa oposición do fiscal.

Lembraba o Tribunal Constitucional, na súa sentenza 152/2007, do 18 de xuño , que:

Desde la STC 128/1995, de 26 de junio, este Tribunal viene afirmando que la prisión provisional es una medida cautelar cuya legitimidad constitucional, en tanto que limitativa del Derecho a la libertad personal (art. 17.1 C.E. ) de quien aún goza del Derecho a la presunción de inocencia, exige, como presupuesto, la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito por parte del sujeto pasivo; como objetivo, la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida (riesgo de fuga, de obstrucción del normal desarrollo del proceso o de reiteración delictiva); y como objeto , que se la conciba tanto en su adopción como en su mantenimiento como una medida de aplicación excepcional, subsidiaria , provisional y proporcionada a la consecución de dichos fines (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FFJJ 3 y 4; 66/1997 , de 7 de abril, FJ 4 ; 33/1999, de 8 de marzo , FJ 3 ; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; o más recientemente STC 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).

b) Las decisiones relativas a la adopción y mantenimiento de prisión provisional han de expresarse a través de una Resolución judicial motivada, motivación que ha de ser "suficiente y razonable", entendiendo por tal no la que colma meramente las exigencias del derecho a la tutela judicial efectiva, sino aquélla que respeta el contenido constitucionalmente garantizado del Derecho a la libertad afectado, ponderando adecuadamente los intereses en juego -la libertad de la persona cuya inocencia se presume , por un lado; la realización de la administración de la justicia penal, en atención a los fines que hemos reseñado, por otro- a partir de toda la información disponible en el momento de adoptar la decisión y del entendimiento de la prisión provisional como una medida excepcional, subsidiaria y provisional.

Para ello, obviamente, la Resolución judicial ha de expresar cuál es el presupuesto de la medida y el fin constitucionalmente legítimo perseguido. Y, en relación con la constatación del peligro de fuga, hemos destacado que deberán tomarse en consideración "además de las características y la gravedad del delito imputado y de la pena con que se le amenaza, las circunstancias concretas del caso y las personales del imputado" , matizando que si bien en un primer momento la necesidad de preservar los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional pueden justificar que se adopte atendiendo sólo a circunstancias objetivas como el tipo de delito y la gravedad de la pena, el transcurso del tiempo modifica el valor de este dato en la ponderación y obliga a tomar en consideración las circunstancias personales del sujeto privado de libertad y los datos del caso concreto (por todas , S.S.T.C. 128/1995 , de 26 de julio, FJ 4 ; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4 ; 47/2000 , de 17 de febrero, FJ 3 ; 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).

Un bo resumo de tal doutrina fíxoo máis recentemente aínda o mesmo Tribunal Constitucional na súa Sentenza 27/2008, do 11 de febreiro, posteriormente reiterada polas SSTC 122/2009, do 18 de maio, e 50/2009, do 23 de febreiro. Así:

Por ello la legitimidad constitucional de la prisión provisional exige que su aplicación tenga como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de una acción delictiva; como objetivo la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida; y como fundamento la ponderación de las circunstancias concretas que , de acuerdo con el presupuesto legal y la finalidad constitucionalmente legítima , permitan la adopción de la medida ( SST.C. 62/1996, de 16 de abril, FJ 5 ; 44/1997 , de 10 de abril, FJ 5 ; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4 ; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3, y 14/2000 , de 17 de enero, FJ 4 ). En la S.T.C. 333/2006, de 20 de noviembre, FJ 3, se concretó como constitutiva de estos fines la conjura de ciertos riesgos relevantes para el desarrollo normal del proceso o para la ejecución del fallo que parten del imputado: su sustracción a la acción de la Justicia, la obstrucción de la instrucción penal y, en un plano distinto, aunque íntimamente relacionado, la reiteración delictiva , pero lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena, o fines de impulso de la instrucción sumarial, propiciando la obtención de pruebas de declaraciones de los imputados , etc. Y, con cita en la STC 128/1995, de 26 de julio, FJ 2, se concluyó que "todos estos criterios ilustrarían, en fin, la excepcionalidad de la prisión provisional que tantas veces ha subrayado este Tribunal.

A aplicación da anterior doutrina constitucional con motivo do recurso de apelación formulado por Jose Miguel nun todo nos amosa a corrección da Resolución da instancia e, xa que logo, a inexorable desestimación da impugnación.

Non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal. Isto é , e enténdase que só para os efectos da resolución do presente recurso de apelación, a existencia duns feitos que presentan os caracteres dun delito de roubo con forza nas cousas en casa habitada dos artigos 237, 238.1º e 2º e 241 do Código penal. Destes preceptos legais tírase a posibilidade de impoñer unha pena privativa de liberdade notoriamente superior aos dous anos de prisión -ata cinco anos-. Amais, na causa constan motivos bastantes para crer responsable criminalmente de tal figura delituosa a persoa contra a que precisamente se ditou o auto de prisión, como así o demostran os feitos seguintes: o agora apelante foi interceptado pola Policía nas inmediacións do domicilio onde se cometeu o roubo; os axentes viron como agachaba debaixo dun vehículo de motor un vulto que logo resultou ser un bolso con documentación a nome da propietaria do domicilio onde se perpetrou o roubo, bolso que a súa dona deixara nunha cadeira do salón da súa casa, que estaba totalmente pechada cando se foi deitar e que despois apareceu coa fiestra da cociña semiaberta e con danos no seu marco e carrileiras; e, cando foi detido, aínda levaba postas unhas luvas de la con puntos de silicona , circunstancia sobre a que ofrece unha explicación ben peculiar.

Agora ben, a carón de tales requisitos a lei esixe, para ditar e manter tan drástica medida cautelar persoal como é a privación da liberdade, que con ela se persiga algunha das finalidades que tamén no citado artigo 503 da LACrim se prevén. E verbo dos amentados fins a Resolución xudicial da instancia alude á de asegurar a presenza do imputado no proceso ao inferirse un racional risco de fuxida -artigo 503.1.3º.a da Lei de axuizamento Criminal-. Pois ben, concordamos plenamente con tal apreciación xa que a importancia da pena de prisión, sobre todo, no treito inicial da causa -aínda non transcorreu un mes dende o auto polo que se Decretou a prisión do apelante-, en unión de que o propio Jose Miguel recoñece que vive como okupa nunha casa desta cidade de Pontevedra e carece de todo arraigo laboral, familiar e social , fan aconsellable, polo de agora , manter a medida cautelar persoal que se impugna. E outro tanto debemos dicir do risco de reiteración delituosa -artigo 503.2 da Lei de axuizamento criminal- ante os numerosos antecedentes penais do apelante por feitos cometidos durante a década dos anos 90 e, máis recentemente, nos anos 2007, 2009 e 2010. Todo isto sen prexuízo, claro está, dunha ulterior revisión de tal situación ante un caso que , a xulgar polo testemuño de particulares enviado a esta alzada, non debera ofrecer resistencia a unha pronta convocatoria de xuízo oral.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.

Fallo

Rexeitar o recurso de apelación formulado Jose Miguel contra o auto de 18 de abril de 2011 do Xulgado de Instrución núm. 3 de Pontevedra, o cal debemos confirmar e confirmamos integramente.

Contra a presente Resolución non cabe recurso algún.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta Resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así por este noso auto o acordamos, mandamos asinamos. Dou fe.

O PRESIDENTE AS MAXISTRADAS

A SECRETARIA

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.