Auto Penal Nº 304/2010, A...io de 2010

Última revisión
30/07/2010

Auto Penal Nº 304/2010, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 209/2010 de 30 de Julio de 2010

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 11 min

Orden: Penal

Fecha: 30 de Julio de 2010

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 304/2010

Núm. Cendoj: 36038370022010200270

Núm. Ecli: ES:APPO:2010:675A

Resumen:
SOBRE SUSTANCIAS NOCIVAS PARA LA SALUD

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00304/2010

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

SECCIÓN 002

Domicilio:ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf :986.80.51.19

Fax :986.80.51.14

Modelo : 662000

N.I.G. : 36026 41 2 2010 0001284

ROLLO : APELACION AUTOS 0000209 /2010CR

Juzgado procedencia :JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de MARIN

Procedimiento de origen :SUMARIO (PROC.ORDINARIO) 0000002 /2010

RECURRENTE : Carlos María , Aureliano , Fabio

Procurador/a : ANDRES BARRAL VILA CARMEN TORRES ALVAREZ, ,

Letrado/a :CESAR SANCHEZ IZQUIERDO, CESAR SANCHEZ IZQUIERDO MARIA DEL CARMEN VIDAL CARNOTA

RECURRIDO/A : MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a :

Letrado/a :

AUTO NÚM.304

MAXISTRADOS

Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona M. Mercedes Pérez Martín Esperanza

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Pontevedra, a trinta de xullo de dous mil dez.

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado Instructor núm. 1 de Marin ditou un auto con data do 10 de xuño do 2010 , no que ratifica a prisión provisional dos procesados Fabio , Aureliano y Carlos María .

Segundo.- Contra o dito auto as representación procesual dos procesados, formularon recursos de reforma que foron desestimados por autos do 21 de xuño do 2010 e 30 de xuño do 2010 , admitíndose o recurso de apelación subsidiariamente interposto, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Primeiro.- Por un auto do 10 de xuño de 2010 o Xulgado de Instrución número 1 de Marín acordou o procesamento de Aureliano , Carlos María e Fabio , así como se ratificaba a súa prisión provisional. Os dous primeiros formularon un recurso de reforma e subsidiario de apelación, a reforma rexeitouse por medio dun novo auto do 21 de xuño de 2010 e admitiuse a trámite a apelación perante esta alzada. E o terceiro dos procesados tamén recorreu en reforma e subsidiariamente en apelación, rexeitouse a primeira e admitiuse a apelación perante esta alzada por un auto do 30 de xuño de 2010 .

A solicitude do recurso formulado por Aureliano e Carlos María consiste en que se decrete o sobresemento do sumario verbo deles, subsidiariamente, que se decrete a súa liberdade provisional coa obrigación de comparecer apud acta coa periodicidade que se considere necesaria, e máis subsidiariamente aínda, que se fixe unha fianza para poder eludir a súa prisión provisional. No caso do tamén apelante Fabio solicítase que se resolva que non procede o seu procesamento. É dicir: os tres combaten o auto de procesamento, e Aureliano e Carlos María , amais, a medida cautelar persoal da súa prisión provisional.

Segundo.- Como así se colixe do artigo 384 da Lei de axuizamento criminal , o auto de procesamento constitúe unha resolución que contén unha imputación formal exteriorizadora dun xuízo de probabilidade sobre a posible comisión dun delito determinado e a implicación que nel poida ter o procesado ( STS 1095/2002, do 10 de xuño ). Asemade, a súa notificación ten por obxecto comunicar ao interesado os termos concretos da acción delituosa que se lle reprocha e a súa valoración legal, a teor dos datos de feito que nese momento existan na causa ( STS 1940/2002, do 21 de novembro ). E engade a STS 867/2002, do 29 de xullo , que o auto de procesamento non debe ser máis que unha resolución motivada e provisional pola que se declara a unha persoa concreta como formalmente imputada, asemade que se lle comunica a existencia dunha determinada imputación para que poida defenderse dela con plenitude de medios; trátase así dunha decisión interna e provisoria que, dalgún xeito, ao establecer a lexitimidade pasiva da persoa procesada ou imputada, representa, ao ser requisito indispensable e previo da acusación, unha medida protectora desta, evitando así que a vontade de que quen acusa, sexa requisito suficiente para abrir o xuízo.

Precisamente é agora o procesamento de Aureliano , Carlos María e Fabio polo delito contra a saúde pública previsto e penado nos artigos 368, 369 e 370 do Código penal , contra o que se recorre en apelación. E o devandito procesamento debe ser confirmado por canto que o único que se argumenta na súa apelación -con reiteración duns argumentos que xa nos precedentes intentos de reforma foron rexeitados na instancia-, é a suficiencia dos indicios de criminalidade contra aqueles. Porén, abonda con remitírmonos ao contido literal das nomeadas resolucións xudiciais da instancia para, sen máis, desestimar a impugnación. A morea de indicios de criminalidade que existen contra os agora recorrentes é tal que a súa intervención preséntase, co indicado carácter provisional, como incontestable á marxe do grao de participación que nun principio se pode distinguir entre Aureliano e Carlos María e, por outra banda, Fabio , a quen materialmente se lle ocuparon os 3.600 gramos de cocaína. Será no posterior trámite de cualificación do sumario e, chegado o caso, no do xuízo oral, onde se poidan deslindar as respectivas participacións daqueles e, incluso, a súa hipotética responsabilidade penal. Deste xeito, concórdase cos apelantes en que da instrución levada a cabo non se colixen probas sobre os actos delituosos presuntamente cometidos por eles. Pero é que como se dixo, non se trata agora de probas, senón de meros indicios de criminalidade e, abofé que estes amósanse da contundencia, pluralidade e diversidade que dun xeito máis exhaustivo e profuso se reflicten nas resolucións da instancia das que os recorrentes sucesivamente discreparon.

En conclusión, rexeitamos a solicitude dos tres apelantes consistente na revogación do auto de procesamento, e confirmamos a resolución xudicial impugnada en tal particular.

Terceiro.- No que atinxe á prisión provisional que sufrían os apelantes Aureliano e Carlos María , mediante un auto do 20 de xullo de 2010 esta mesma Sección 2ª da Audiencia Provincial de Pontevedra tivo a oportunidade de declarar, no caso de Carlos María , a posibilidade de eludir a súa prisión provisional mediante a constitución dunha fianza diñeiraria por un importe de 5.000 ?, maila obrigación de comparecer o día á semana que a xuíza instrutora determinase. Dado o escaso tempo transcorrido dende aquela -pouco máis de sete días-, non cabe máis que transcribírmonos aquí os fundamentos de dereito que determinaron a fixación da fianza para que o apelante Carlos María puidese saír en liberdade:

La excepcionalidad de la medida de privación provisional de libertad, requiere además de la concurrencia de los presupuestos sobre los que haya de asentarse en cuanto a la existencia y gravedad del hecho delictivo así como a los indicios de criminalidad contra el presunto autor, el que su adopción resulte necesaria para garantizar alguno de los fines que la justifican.

En el caso que se analiza, el recurrente Carlos María niega en primer lugar que se cumplan los presupuestos que establece el artículo 503 en sus apartados 1º y 2º de la Ley de Enjuiciamiento Criminal . Concretamente que existan en las actuaciones indicios racionales de criminalidad en su contra como presunto autor de un delito contra la salud pública por tráfico de sustancias estupefacientes.

Se basa para ello en que desconocía la finalidad del viaje del Sr. Fabio a la ciudad de Vigo, habiéndose limitado aquel a prestarle un servicio de taxi no convencional trasladándolo desde Madrid a cambio de un precio en torno a los 500 euros, porque le hacía falta el dinero.

Se alega en el recurso que en todo momento colaboró con las autoridades manifestando todo aquello que a él le constaba, que nunca tuvo contacto alguno con el supuesto "organizador de todo" el tal " Tuercebotas " tío de su amigo Aureliano , sino que fue este amigo -quien también viajó con él - el que le propuso hacer el viaje. Añade en el recurso de apelación que no puede sustentarse que conociera que la persona que trasladó hasta Vigo fuera a recoger unos 3. 600 gr de cocaína de un barco de bandera liberiana atracado en el puerto de Marín, por el hecho de haberle trasladado de Madrid a Galicia dos días antes y hasta una ciudad -Vigo- situada a 30km de aquella-Marín- en que recogería la droga. Dice también que el principal imputado negó cualquier conocimiento del recurrente.

Afirma que tiene mujer e hijos, domicilio habitual en Madrid y aporta copia de la escritura de compraventa de un piso en la CALLE000 número NUM000 planta NUM001 de Madrid así como constitución de hipoteca.

Los testimonios remitidos a la Sala indican la posible existencia de unos hechos que presentan caracteres de un delito de tráfico de drogas- cocaína en un peso aproximado de 3.600 gr- que fue aprehendida al coimputado Sr. Fabio tras presuntamente haber recogido el paquete que la contenía en el barco "Fortuna Bay" atracado en el puerto de Marín. El imputado habría trasladado a dicho Sr. junto con su amigo Aureliano , también imputado, desde Madrid a Galicia, según el recurrente hasta la ciudad de Vigo, dos días antes al de la aprehensión de la droga.

El auto apelado sin precisar el tiempo transcurrido desde su último contacto hasta la recogida del paquete apela a las circunstancias que rodean el encargo realizado, entre ellas la premura de ese traslado de Madrid a Vigo así como el importe del precio pactado que dice "evidenciaban que el traslado tenía que venir motivado por una operación que reputase sustanciosos beneficios" y añade " El no querer saber expresamente el objetivo de la operación no excluye que los implicados tuviesen conocimiento de la ilicitud del mismo, pues nadie paga 500 e por un favor tan especial como el que se refiere".

El auto que acuerda la situación de prisión provisional comunicada y sin fianza del recurrente recoge indicios bastantes de su presunta participación criminal en el delito de tráfico de drogas investigado, sin que el recurrente desvirtúe los mismos con sus alegaciones, por lo que se cumplen como dijimos los presupuestos habilitantes de la medida.

Ahora bien, para ponderar el riesgo de fuga, ha de atenderse a la gravedad del hecho investigado y a las circunstancias particulares del recurrente. En este sentido, alega que posee arraigo domiciliario justificándolo con la documentación aportada, escritura de compraventa de vivienda y constitución de hipoteca, así como certificado de libro de familia conforme tiene mujer e hijos en España.

No cuestionadas estas circunstancias, no constando que posea antecedentes penales y ponderando la proporcionalidad de la medida en los términos en que fue acordada con relación a la participación que en los hechos se atribuye a este imputado y a sus circunstancias personales, si bien subsiste un riesgo de fuga, resulta más proporcional y ajustado, variar las condiciones de la medida cautelar, estableciendo la posibilidad de eludir la prisión mediante la constitución de una fianza dineraria, a fin de conjurar dicho riesgo, que se estima ajustada en el importe de 5.000 euros, además de la imposición de la obligación de comparecer en el juzgado de instrucción un día a la semana, aquél que el propio Juzgado determine.

Pois ben, a referida argumentación fáctica e xurídica resulta igualmente aplicable no caso do apelante Aureliano . Tamén participou este no traslado a Galicia -Vigo- dende Madrid, a cambio de prezo, do tamén referido coprocesado Fabio . Do mesmo xeito consta no testemuño que agora se examina que Aureliano casou en España o 11 de decembro de 2009, e que ten un fillo que na actualidade ten nove meses de idade; que reside en España e figura empadroado na vila de Madrid; que é dono, xunto coa súa nai, dun inmoble en Madrid dende outubro de 2005, no que viven ambos, a propia dona do recorrente, o seu fillo, e outras persoas; e que, coas peculiaridades propias do difícil mercado laboral, dende o mes de setembro de 2004 figura de alta no réxime xeral da Seguridade Social, como así se comproba no correspondente informe de vida laboral.

Deste xeito, non cómpre facer distingos e, xa que logo, considérase máis proporcional e axustado mudar a medida cautelar que sofre Aureliano no sentido de establecer a posibilidade de eludir a prisión provisional mediante a constitución dunha fianza diñeiraria por importe de 5000 ? para os efectos de conxurar o seu risco de fuxida aínda subsistente, amais da imposición da obrigación de comparecer no Xulgado de Instrución o día á semana que a súa titular determine.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Rexeitar os recursos de apelación formulados por Aureliano , Carlos María e Fabio contra o seu procesamento acordado por un auto do 10 de xuño de 2010 pola xuíza do Xulgado de Instrución número 1 de Marín no sumario 2/10 (RT 209/10-CR), que expresamente se confirma en tal particular.

Acoller só en parte o recurso de apelación formulado por Carlos María e Aureliano no particular relativo á situación de prisión provisional deste último, no sentido de establecer a posibilidade de eludir a mesma mediante a constitución dunha fianza diñeiraria por un importe de 5.000 ?, amais da obrigación de comparecer no Xulgado de Instrución o día á semana que a súa titular determine. Mentres que no que atinxe á situación do apelante Carlos María debe estarse ao xa resolto no anterior auto desta Sección 2ª da AP de Pontevedra do 20 de xullo de 2010 .

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos. Doy fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.