Última revisión
12/07/2007
Auto Penal Nº 306/2007, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 249/2007 de 12 de Julio de 2007
Relacionados:
Tiempo de lectura: 4 min
Orden: Penal
Fecha: 12 de Julio de 2007
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 306/2007
Núm. Cendoj: 36038370022007200376
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00306/2007
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 002
Rolo: 0000249 /2007-M
Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de CAMBADOS
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0000222 /2007
Maxistrados
Don José Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente
===============================
Dona Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dona Rosario Cimadevila Cea
AUTO NÚM. 306
Pontevedra, doce de xullo de dous mil sete.
Antecedentes
Primeiro. Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrucción núm. 2 de Cambados ditou o auto do 2 de marzo de 2007 no que acorda el arquivo das actuacións.
Segundo. Contra o dito auto, pola representación de a entidade SUESTE PRODUCTOS ALIMENTARES, SL, formulouse recurso de reforma, que foi desestimado por auto do 16 de abril de 2007 , e admitido a trámite o recurso de apelación formulado contra este, remitíronse a este Tribunal testemuño de particulares para resolución do mesmo.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
ÚNICO.- En consonancia co xa resolto na instancia, téndose formulado denuncia por un suposto delito de estafa por parte de "Sueste Productos Alimentares, Limitada" contra Leandro , por ningures na mesma se reflicte en que puido consistir o imprescindible engano, como figura nuclear do tipo previsto no artigo 248 do Código Penal , que motivou que a entidade fornecese ao segundo determinadas partidas de bacalo, sen que este último economicamente afrontase o seu pagamento.
Se cadra, intentábase residenciar o engano no "embaucamento" que o fillo do propietario da denunciante ( Rubén ) experimentara a mans do denunciado, achegándose a tal efecto unha tarxeta de presentación deste último. Mais a sinxela crenza en tales documentos e a súa lectura poñen de relevo que Leandro non se presentaba na mesma como representante legal de "Galber-Galberbac, S.L", senón como pertencente ao "departamento comercial" daquelas e, por enriba, non se aclaraba en que condición ou posto.
Do mesmo xeito, se o engano pretendíase existente na, pola nota simple informativa do Rexistro da Propiedade de Cambados, inexistenza de algún ben ou dereito inscrito a prol do denunciado, iso non implica que a entidade á que a denunciante enviou as mercadorías ("Galberbac, S.L.") non pousuíse bens suficientes cos que facer fronte ao pagamento daquelas.
E se, por último, na inexistencia empresarial ou desaparición de "Galberbac, S.L.") era que se situaba o engano, amais das propias pescudas do Xuíz a quo que reflicte na fundamentación do auto de data 16 de abril de 2007 , polo que rexeitou a previa reforma a esta apelación, verbo da existenza da devandita sociedade no ano 2003, e da súa vixencia rexistral no presente ano, lembrar que, á marxe doutro tipo de responsabilidades alleas a este eido penal, non todo peche material ou desaparición dunha empresa do tráfico mercantil de por si significa que cando, supostamente, un dos seus membros contactou con outra entidade á que logo non se lle aboan as mercadorías que serviu, xa coetaneamente concorrese a apariencia ou engano determinante do desprazamento patrimonial. Repárese, incluso, en que a relación comercial dátase entre novembro de 2004 e abril de 2005, e que a denuncia non se presentou ata dous anos máis tarde.
Rexéitase, en conclusión, o recurso de apelación formulado e a adhesión ao mesmo do Ministerio Fiscal.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.
Fallo
Que cómpre rexeitar, como rexeitamos, o recurso de apelación interposto por a entidade SUESTE PRODUCTOS ALIMENTARES, SL, contra o auto do 2 de marzo de 2007 ditado polo Xulgado de Instrucción núm. 2 de Cambados, nas dilixencias previas do procedemento abreviado núm. 222/07 , confirmando o devandito auto.
Devólvanselle as actuacións ó xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe ningún recurso, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución ós autos correspondentes e ó rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

