Última revisión
20/01/2012
Auto Penal Nº 31/2012, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 30/2012 de 20 de Enero de 2012
Relacionados:
Tiempo de lectura: 3 min
Orden: Penal
Fecha: 20 de Enero de 2012
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 31/2012
Núm. Cendoj: 36038370022012200032
Núm. Ecli: ES:APPO:2012:57A
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00031/2012
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA
2252AD86
Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Telf: 986.80.51.19
Fax: 986.80.51.14
Modelo: 662000
N.I.G.: 36008 41 2 2008 0005542
ROLLO: APELACION AUTOS 0000030 /2012
Juzgado procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de CANGAS
Procedimiento de origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0000853 /2008
RECURRENTE: Héctor
Procurador/a: ANTONIO DANIEL RIVAS GANDASEGUI
Letrado/a:
RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL FISCAL
Procurador/a:
Letrado/a:
MAXISTRADOS/AS
Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente
Ilma. Sra. dona M. Rosa del Carmen Collazo Lugo.
Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea
AUTO NÚM.31
Pontevedra, 20 de enero de dous mil doce.
Antecedentes
Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Cangas, ditou un auto con data do 4 de mayo de dos mil once, no que se acorda o sobreseimento e archivo das presentes dilixencias.
Segundo.- Contra o dito auto o procurador ANTONIO DANIEL RIVAS GANDASEGUI, na representación de Héctor, formulou recurso de apelación, e, admitido a trámite , remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
Único.- Por un auto do 4 de maio de 2011 o xuíz a quo acordou, ao abeiro dos artigos 637.2 e 779.1.1ª da Lei de axuizamento criminal, o sobresemento libre e o arquivo das actuacións que agora examinamos. Contra a amentada Resolución xudicial o denunciante Héctor recorreu en reforma, e subsidiariamente en apelación. E por medio dun novo auto do 29 de xullo de 2011 o mesmo xulgador da instancia rexeitou o recurso de reforma e admitiu a trámite o de apelación perante esta alzada. O fiscal oponse a que se acolla a impugnación.
O feito de que durante a tramitación da causa se pronunciase un auto o 1 de xuño de 2009, polo que a daquela xuíza a quo resolveu deixar sen efecto un anterior sobresemento e arquivo, en nada se opón á Resolución que agora se combate nin a contradí. Foi precisamente o actuado entre unha e outra resolución o que subliñou máis aínda a imperiosa necesidade de pór remate a esta inadecuada vía penal. E cómpre lembrar que na Resolución xudicial de hai case dous anos xa se deixaba ben claro que os feitos investigados non eran subsumibles no delito de apropiación indebida e si, de ser o caso , nun posible delito de estafa (vide as follas 164 a 166 das actuacións).
Resulta así ben nidio que a continuación das dilixencias foi polo suposto delito de estafa e non polo de apropiación indebida. Pero, como ben salienta o xuíz a quo, por ningures se albisca un engano previo por parte do denunciado Aureliano ao denunciante-apelante Héctor no seo dunhas relacións comerciais entre eles que o propio fiscal -que frontalmente se opón á continuación das dilixencias- cualifica de contrato de axencia. E así é, xa que todo o relacionado coa liquidación de contas entre os referidos debe facerse no eido civil e, de por si, non pode criminalizarse calquera desavinza que poida subsistir entre eles.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Rexeitamos o recurso de apelación formulado por Héctor, fronte ao auto do 4 de mayo de dous mil once, proferido polo Xdo. De Instrución nº 1 de Cangas,nas dilixencias previas 853/08, e, confirmar a Resolución recorrida.
A presente Resolución é firma e contra ela non cabe recurso ningún.
Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta Resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.
Así, por medio deste auto , o acordamos, mandamos e asinamos.

