Última revisión
29/07/2009
Auto Penal Nº 312/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 259/2009 de 29 de Julio de 2009
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 9 min
Orden: Penal
Fecha: 29 de Julio de 2009
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 312/2009
Núm. Cendoj: 36038370022009200355
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00312/2009
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección nº 002
Rolo: 0000259 /2009-M
Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de VILLAGARCIA DE AROSA
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0001170 /2007
ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS
D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente
Dª Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dª Rosario Cimadevila Cea
A U T O Nº 312
Pontevedra, vinte e nove de xullo de dous mil nove.
Antecedentes
Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 1 de Vilagarcia de Arousa ditou un auto con data do 18 de xuño de 2009 , no que acorda desestimar as peticións interesadas por don Samuel , mantendo a súa prisión comunicada e sen fianza, acordada por auto do 2-03-2009 sen que proceda inda levantar o segredo das actuacións.
Segundo.- Contra o dito auto, pola representación procesual de don Samuel , formulouse recurso de apelación, e, admitido a trámite, remitíronse testemuño das actuacións a este Tribunal para a súa resolución.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
Primeiro.- Por medio dun auto do 2 de marzo de 2009, o Xulgado de Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa decretou a prisión provisional comunicada e sen fianza de Samuel . O 4 de xuño de 2009 este formulou unha solicitude de liberdade provisional que, por un novo auto do 18 de xuño pasado , foi denegada.
Recórrese agora en apelación contra a actual situación de prisión provisional sen fianza de Samuel .
Segundo.- Nunha das últimas ocasións que tivo o Tribunal Constitucional para tratar a lexitimidade da prisión provisional, na súa Sentenza 152/2007, do 18 de xuño , lembraba que:
Desde la STC 128/1995, de 26 de junio , este Tribunal viene afirmando que la prisión provisional es una medida cautelar cuya legitimidad constitucional, en tanto que limitativa del derecho a la libertad personal ( art. 17.1 CE ) de quien aún goza del derecho a la presunción de inocencia, exige, como presupuesto, la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito por parte del sujeto pasivo; como objetivo, la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida (riesgo de fuga, de obstrucción del normal desarrollo del proceso o de reiteración delictiva); y como objeto, que se la conciba tanto en su adopción como en su mantenimiento como una medida de aplicación excepcional, subsidiaria, provisional y proporcionada a la consecución de dichos fines (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FFJJ 3 y 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3 ; o más recientemente STC 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).
b) Las decisiones relativas a la adopción y mantenimiento de prisión provisional han de expresarse a través de una resolución judicial motivada, motivación que ha de ser "suficiente y razonable", entendiendo por tal no la que colma meramente las exigencias del derecho a la tutela judicial efectiva, sino aquélla que respeta el contenido constitucionalmente garantizado del derecho a la libertad afectado, ponderando adecuadamente los intereses en juego -la libertad de la persona cuya inocencia se presume, por un lado; la realización de la administración de la justicia penal, en atención a los fines que hemos reseñado, por otro- a partir de toda la información disponible en el momento de adoptar la decisión y del entendimiento de la prisión provisional como una medida excepcional, subsidiaria y provisional.
Para ello, obviamente, la resolución judicial ha de expresar cuál es el presupuesto de la medida y el fin constitucionalmente legítimo perseguido. Y, en relación con la constatación del peligro de fuga, hemos destacado que deberán tomarse en consideración "además de las características y la gravedad del delito imputado y de la pena con que se le amenaza, las circunstancias concretas del caso y las personales del imputado", matizando que si bien en un primer momento la necesidad de preservar los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional pueden justificar que se adopte atendiendo sólo a circunstancias objetivas como el tipo de delito y la gravedad de la pena, el transcurso del tiempo modifica el valor de este dato en la ponderación y obliga a tomar en consideración las circunstancias personales del sujeto privado de libertad y los datos del caso concreto (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FJ 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).
Un bo resumo de tal doutrina máis recentemente aínda o fixo o mesmo Tribunal Constitucional na súa Sentenza 27/2008, do 11 de febreiro , segundo a cal:
Por ello la legitimidad constitucional de la prisión provisional exige que su aplicación tenga como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de una acción delictiva; como objetivo la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida; y como fundamento la ponderación de las circunstancias concretas que, de acuerdo con el presupuesto legal y la finalidad constitucionalmente legítima, permitan la adopción de la medida ( SSTC 62/1996, de 16 de abril, FJ 5; 44/1997, de 10 de abril, FJ 5; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3, y 14/2000, de 17 de enero, FJ 4 ). En la STC 333/2006, de 20 de noviembre, FJ 3 , se concretó como constitutiva de estos fines la conjura de ciertos riesgos relevantes para el desarrollo normal del proceso o para la ejecución del fallo que parten del imputado: su sustracción a la acción de la Justicia, la obstrucción de la instrucción penal y, en un plano distinto, aunque íntimamente relacionado, la reiteración delictiva, pero lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena, o fines de impulso de la instrucción sumarial, propiciando la obtención de pruebas de declaraciones de los imputados, etc. Y, con cita en la STC 128/1995, de 26 de julio, FJ 2 , se concluyó que "todos estos criterios ilustrarían, en fin, la excepcionalidad de la prisión provisional que tantas veces ha subrayado este Tribunal".
A aplicación da anterior doutrina constitucional con motivo do recurso de apelación formulado por Samuel nun todo nos amosa a corrección da resolución da instancia e, xa que logo, a inexorable desestimación daquela impugnación.
Non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal . Isto é, e enténdase que só para os efectos da resolución do presente recurso de apelación, os seguintes: a existencia duns feitos que presentan os caracteres dun delito contra a saúde pública, previsto e penado nos artigos 368, 369.1.2º e 370 do Código penal , do que se tira a posibilidade de imposición dunha pena privativa de liberdade ben notoriamente superior aos dous anos de prisión; así como que na causa constan motivos bastantes para crer responsable criminalmente de tal figura delituosa a persoa contra a que precisamente se ditou o auto de prisión. Isto último demóstrao, sobre todo, a variedade e diversidade de indicios en tal sentido reflectidos no auto de prisión aos que cómpre remitirse por encontrarse a causa aínda baixo segredo, e dos que só xenericamente é mester subliñar o importante e principal rol desenvolto polo agora apelante no seo dunha organización que procuraba a introdución en Galicia dunha importante cantidade de droga -cocaína- procedente de Sudamérica, por vía marítima e coa intervención dun buque nai e as correspondentes embarcacións auxiliares para o seu desembarco a través das rías. E o recorrente ten perfecto e cabal coñecemento de que todo isto é obxecto da súa imputación porque, amais da correspondente información ao respecto con motivo das súas declaracións, na levada a cabo no Xulgado de Instrución foi expresamente interrogado en tal sentido e chegaron incluso a reproducirse na súa presenza boa parte das escoitas telefónicas nas que participaba xunto con outras persoas.
Agora ben, a carón de tales requisitos, a lei esixe, para ditar e manter tan drástica medida cautelar persoal como é a privación da liberdade, que coa mesma se persiga algunha das finalidades que tamén no citado artigo 503 da LACrim se prevén. E verbo dos amentados fins, a xuíza a quo reflectiu o de asegurar a presenza do imputado no proceso ( artigo 503.1.3º.a da LACrim ), co que á forza debemos coincidir polas razóns expostas na instancia e, sobre todo, dada a gravidade da pena de posible imposición, e a falta de xustificación de todo tipo de arraigo familiar e laboral xa denunciada no auto contra o que se apela, que non se intentou sequera combater no presente recurso de apelación. Así mesmo, concorre o risco da posible ocultación, alteración ou destrución de fontes de proba ( artigo 503.1.3º.b da LACrim ), dada a práctica de dilixencias de entrada e rexistro e a incautación de diversa documentación nun caso de intervención dun grupo de persoas, e incluso por mor da actuación aínda non delimitada de dous xulgados de instrución -o a quo e o número 2 de Ribeira-. Por maior abastanza, tampouco cómpre esquecer a finalidade da prisión provisional aludida pola xuíza da instancia, consistente en evitar que o imputado poida cometer outros feitos delituosos ( artigo 503.2 da LACrim ), dado o seu recoñecemento de que foi condenado en Portugal por outro delito contra a saúde pública, e a súa confesada intención de que non vai moito se lle pasara pola cabeza poder realizar outro transporte do mesmo tipo, tal e como se reflicte igualmente na resolución xudicial contra a que se apela, e que -por todo o exposto- confirmamos.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Que cómpre rexeitar, como rexeitamos, o recurso de apelación interposto por don Samuel contra o auto do 18 de xuño de 2009 ditado polo Xulgado de Instrución núm. 1 de Vilagarcia de Arousa, nas dilixencias previas procedemento abreviado núm. 1170/07 , confirmando o devandito auto.
Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

