Última revisión
04/08/2009
Auto Penal Nº 321/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 270/2009 de 04 de Agosto de 2009
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 8 min
Orden: Penal
Fecha: 04 de Agosto de 2009
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 321/2009
Núm. Cendoj: 36038370022009200356
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00321/2009
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección nº 002
Rolo: 0000270 /2009 I
Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de VILLAGARCIA DE AROSA
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO n? 0001170 /2007
ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS
D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente
D. José Carlos Montero Gamarra
Dª Nélida Diz Guede
A U T O Nº 321
Pontevedra, catro de agosto de dous mil nove
Antecedentes
Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 1 de Vilagarcía ditou un auto con data do 3 de xuño de 2009 , no que se decretaba a prisión provisional y sen fianza de Epifanio .
Segundo.- Contra o dito auto a procuradora Ana María Bóveda Río, no nome e representación de Epifanio , recurso de reforma, que foi desestimado por auto do 26 de xuño de 2009 , e admitía o recurso de apelación subsidiariamente interposto, remitíndose as actuacións a esta Audiencia Provincial
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
Primeiro.- Por medio dun auto do 1 de marzo de 2009, o Xulgado de Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa decretou a prisión provisional comunicada e sen fianza de Epifanio .
Por un escrito do 8 de maio de 2009 solicitou este a súa liberdade provisional que lle foi denegada por un novo auto do 3 de xuño de 2009.
Contra esta resolución recorreu en reforma sendo rexeitada esta por un novo auto do 26 de xuño de 2009 .
Recórrese agora en apelación contra a actual situación de prisión provisional sen fianza de Epifanio .
Segundo.- Nunha das últimas ocasións que tivo o Tribunal Constitucional para tratar a lexitimidade da prisión provisional, na súa Sentenza 152/2007, do 18 de xuño , lembraba o seguinte:
Desde la STC 128/1995, de 26 de junio , este Tribunal viene afirmando que la prisión provisional es una medida cautelar cuya legitimidad constitucional, en tanto que limitativa del derecho a la libertad personal ( art. 17.1 CE ) de quien aún goza del derecho a la presunción de inocencia, exige, como presupuesto, la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito por parte del sujeto pasivo; como objetivo, la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida (riesgo de fuga, de obstrucción del normal desarrollo del proceso o de reiteración delictiva); y como objeto, que se la conciba tanto en su adopción como en su mantenimiento como una medida de aplicación excepcional, subsidiaria, provisional y proporcionada a la consecución de dichos fines (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FFJJ 3 y 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3 ; o más recientemente STC 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).
b) Las decisiones relativas a la adopción y mantenimiento de prisión provisional han de expresarse a través de una resolución judicial motivada, motivación que ha de ser "suficiente y razonable", entendiendo por tal no la que colma meramente las exigencias del derecho a la tutela judicial efectiva, sino aquélla que respeta el contenido constitucionalmente garantizado del derecho a la libertad afectado, ponderando adecuadamente los intereses en juego -la libertad de la persona cuya inocencia se presume, por un lado; la realización de la administración de la justicia penal, en atención a los fines que hemos reseñado, por otro- a partir de toda la información disponible en el momento de adoptar la decisión y del entendimiento de la prisión provisional como una medida excepcional, subsidiaria y provisional.
Para ello, obviamente, la resolución judicial ha de expresar cuál es el presupuesto de la medida y el fin constitucionalmente legítimo perseguido. Y, en relación con la constatación del peligro de fuga, hemos destacado que deberán tomarse en consideración "además de las características y la gravedad del delito imputado y de la pena con que se le amenaza, las circunstancias concretas del caso y las personales del imputado", matizando que si bien en un primer momento la necesidad de preservar los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional pueden justificar que se adopte atendiendo sólo a circunstancias objetivas como el tipo de delito y la gravedad de la pena, el transcurso del tiempo modifica el valor de este dato en la ponderación y obliga a tomar en consideración las circunstancias personales del sujeto privado de libertad y los datos del caso concreto (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FJ 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).
Máis recentemente o mesmo Tribunal Constitucional fixo un bo resumo de tal doutrina na súa Sentenza 27/2008, do 11 de febreiro , segundo a cal:
Por ello la legitimidad constitucional de la prisión provisional exige que su aplicación tenga como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de una acción delictiva; como objetivo la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida; y como fundamento la ponderación de las circunstancias concretas que, de acuerdo con el presupuesto legal y la finalidad constitucionalmente legítima, permitan la adopción de la medida ( SSTC 62/1996, de 16 de abril, FJ 5; 44/1997, de 10 de abril, FJ 5; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3, y 14/2000, de 17 de enero, FJ 4 ). En la STC 333/2006, de 20 de noviembre, FJ 3 , se concretó como constitutiva de estos fines la conjura de ciertos riesgos relevantes para el desarrollo normal del proceso o para la ejecución del fallo que parten del imputado: su sustracción a la acción de la Justicia, la obstrucción de la instrucción penal y, en un plano distinto, aunque íntimamente relacionado, la reiteración delictiva, pero lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena, o fines de impulso de la instrucción sumarial, propiciando la obtención de pruebas de declaraciones de los imputados, etc. Y, con cita en la STC 128/1995, de 26 de julio, FJ 2 , se concluyó que "todos estos criterios ilustrarían, en fin, la excepcionalidad de la prisión provisional que tantas veces ha subrayado este Tribunal".
A aplicación da anterior doutrina constitucional con motivo do recurso de apelación formulado por Epifanio nun todo nos amosa a corrección da resolución da instancia e, xa que logo, a inexorable desestimación daquela impugnación.
Non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal . Isto é, e enténdase que só para os efectos da resolución do presente recurso de apelación, os seguintes: a existencia duns feitos que presentan os caracteres dun delito contra a saúde pública, previsto e penado nos artigos 368, 369.1.2ª, e 370 do Código penal , do que se tira a posibilidade da imposición dunha pena privativa de liberdade ben notoriamente superior aos dous anos de prisión; así como que na causa constan motivos bastantes para crer responsable criminalmente de tal figura delituosa a persoa contra a que precisamente se ditou o auto de prisión, como así o demostra, sobre todo, a profusa documental achegada a autos, o resultado das intervencións telefónicas, e os seguimentos nos seus desprazamentos e reunións cos outros membros da organización delituosa. Cómpre remitirmos no demais aos razoamentos do auto de prisión ditado contra o agora apelante dado o segredo sumarial.
Agora ben, a carón de tales requisitos a lei esixe, para ditar e manter tan drástica medida cautelar persoal como é a privación da liberdade, que con ela se persiga algunha das finalidades que tamén no citado artigo 503 da LACrim se prevén. E verbo dos amentados fins, a xuíz a quo reflectiu o de asegurar a presenza do imputado no proceso ( artigo 503.1.3º.a da LACrim ). Con esta finalidade debemos coincidir á forza polas razóns expostas na instancia e, sobre todo, dada a gravidade das penas de posible imposición. Así mesmo, concorre a finalidade de evitar a ocultación, alteración ou destrución das fontes de proba relevantes para o axuizamento ( artigo 503.1.3º.b da LACrim ) nun caso no que a propia xulgadora a quo alude ao segredo sumarial.
En conclusión, e sen prexuízo de ulteriores valoracións, cómpre manter a actual situación persoal do apelante e, xa que logo, rexeitar o seu recurso de apelación para o que, por certo, non aproveitou o trámite do artigo 776.4 da LACrim para combater a contestación que xa obtivo cando foi rexeitado o precedente recurso de reforma.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Desestimar o recurso de apelación formulado pola representación procesual de Epifanio , fronte o auto do 3 de xuño de 2009, ditado nas dilixencias previas núm. 1170/09, polo Xulgado de Instrución núm. 1 de Vilagarcía , e confirmar a devandita resolución nos seus termos.
Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.
