Auto Penal Nº 323/2009, A...to de 2009

Última revisión
06/08/2009

Auto Penal Nº 323/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 245/2009 de 06 de Agosto de 2009

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 3 min

Orden: Penal

Fecha: 06 de Agosto de 2009

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 323/2009

Núm. Cendoj: 36038370022009200036

Resumen:
TRÁFICO DE DROGAS CUALIFICADO

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00323/2009

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

Rolo: 0000245 /2009

Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de CAMBADOS

Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO n? 0000648 /2007

Recurrente Pedro Jesús .

Letrado Desirée Domínguez Somoza.

ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS

D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente

D. José Carlos Montero Gamarra.

Dª Nelida Diz Guede.

A U T O Nº 323

Pontevedra, seis de agosto de dous mil nove.

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución nº 1 de Cambados ditou un auto con data do doce de xuño do 2009 ,, no que acordase a inhibición do coñecemento deste procedemento a favor do xulgado Central de Instrucción Decano da Audiencia Nacional.

Segundo.- Contra o dito auto as representacions procesuales de Pedro Jesús , D. Gumersindo e Lucas (adheridos) D. Roque , Carlos Manuel , Abelardo , Blas , Epifanio , Hilario , Matías , formulou recurso de apelación, e, admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator D. Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Único.- Tal e como se reflicte na resolución xudicial contra a que se apela e informa o Ministerio Fiscal, indiciariamente atopámonos en presenza dunha organización dedicada á introdución de grandes cantidades de cocaína no territorio español a través das costas galegas con emprego de diversos medios de transporte mariño, que fan que, do mesmo xeito indiciario, nos encontremos ante o posible encadre xurídico nos artigos 368, 368 e 370 do Código penal .

Dende o punto de vista competencial, a devandita existencia da organización delituosa para a súa intervención en distintos lugares pertencentes non só a distintos partidos xudiciais, senón a distintas audiencias provinciais (A Coruña e Pontevedra), determinaba que o xulgado de instrución competente debía selo o central da Audiencia Nacional que por quenda correspondese, e non o a quo de Cambados, como de xeito ben nidio se reflicte no artigo 65.1 da Lei orgánica do poder xudicial . E boa mostra disto é que o Xulgado Central de Instrución número 6, con data do 31 de xullo de 2009, resolveu aceptar a competencia do asunto que lle fora inhibido polo Xulgado a quo por medio da resolución contra a que se apela e que, por todo o dito, é mester confirmar sen xa entrar a analizar os restantes particulares deducidos nalgúns dos recursos de apelación.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Se desestima o recurso de apelación interposto por D. Pedro Jesús y otros contra o auto de data doce de xuño de dos mil nove , confirmando en consecuencia o mesmo.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.