Auto Penal Nº 327/2009, A...to de 2009

Última revisión
10/08/2009

Auto Penal Nº 327/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 280/2009 de 10 de Agosto de 2009

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 2 min

Orden: Penal

Fecha: 10 de Agosto de 2009

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 327/2009

Núm. Cendoj: 36038370022009200359

Resumen:
TRÁFICO DE DROGAS CUALIFICADO

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00327/2009

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

Rolo: 0000280 /2009-P

Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de CAMBADOS

Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO n? 0000648 /2007

ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS

D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente

D. José Carlos Montero Gamarra

Dª Nelida Diz Guede

A U T O Nº 327

Pontevedra, dez de agosto de dous mil nove

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de 1ª Inst. e Instrucción nº 1 de Cambados ditou unha resolución nas dilixencias Previas nº 648/07, na que acorda manter a prisión provisional comunica e sen fianza de Rosendo .

Segundo.- Contra o dito auto a representación de Rosendo , formulou recurso de apelación, e, admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Único.- Tal e como xa tivo ocasión de sinalar esta mesma Audiencia Provincial nunha resolución anterior -á que cómpre remitirse-, os requisitos e finalidades da decretada situación persoal de prisión na que se encontra Rosendo nun todo se cumprían a teor do sinalado no artigo 503 da Lei de axuizamento criminal . E tales circunstancias seguen a subsistir a día de hoxe agás o lóxico paso do tempo.

Pero é que, por maior abastanza, resulta que a causa na que se adoptou tal medida persoal foi obxecto de inhibición a prol do Xulgado Central de Instrución número 6. Este aceptou a súa competencia por un auto do 31 de xullo de 2009 e segue xa as dilixencias previas 184/2009 .

Por todo o anterior, e sen prexuízo do que poida resolver este último organismo xurisdicional ou os seus superiores, procede rexeitar o recurso de apelación formulado sen necesidade de celebración de vista, a teor do disposto no artigo 766.5 da Lei de axuizamento criminal

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Desestimar o recurso de apelación formulado por Rosendo , fronte a resolución proferida polo Xdo. de 1ª Inst. e Instrucción nº 1 de Cambados, nas dilixencias Previas nº 648/07. Confirmase íntegramente a resolución recorrida.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.