Auto Penal Nº 328/2009, A...to de 2009

Última revisión
14/08/2009

Auto Penal Nº 328/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 281/2009 de 14 de Agosto de 2009

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 9 min

Orden: Penal

Fecha: 14 de Agosto de 2009

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 328/2009

Núm. Cendoj: 36038370022009200362

Resumen:
DELITO SIN ESPECIFICAR

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00328/2009

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

Rolo: 0000281 /2009

Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.4 de CAMBADOS

Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO n? 0000439 /2009

ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS

D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente

D. José Carlos Montero Gamarra

D. Nelida Diz Guede

A U T O Nº 328

Pontevedra, catorce de agosto de dous mil nove

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado 1ª Inst. e Instrucción nº 4 de Cambados ditou un auto con data do 25-xullo-2009 , no que acordaba a prisión provisional de Carlos Daniel .

Segundo.- Contra o dito auto o citado imputado, formulou recurso de apelación, e, admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Primeiro.- Por medio dun auto do 25 de xullo de 2009, o Xulgado de Instrución número 4 de Cambados acordou a prisión provisional incomunicada e sen fianza de Carlos Daniel . Contra esta resolución directamente se recorre en apelación perante esta alzada, recurso ao que se opoñen tanto a fiscal como a acusación particular exercitada por Eutimio .

Segundo.- Nunha das últimas ocasións que tivo o Tribunal Constitucional para tratar a lexitimidade da prisión provisional, na súa Sentenza 152/2007, do 18 de xuño , lembraba que:

Desde la STC 128/1995, de 26 de junio , este Tribunal viene afirmando que la prisión provisional es una medida cautelar cuya legitimidad constitucional, en tanto que limitativa del derecho a la libertad personal ( art. 17.1 CE ) de quien aún goza del derecho a la presunción de inocencia, exige, como presupuesto, la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito por parte del sujeto pasivo; como objetivo, la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida (riesgo de fuga, de obstrucción del normal desarrollo del proceso o de reiteración delictiva); y como objeto, que se la conciba tanto en su adopción como en su mantenimiento como una medida de aplicación excepcional, subsidiaria, provisional y proporcionada a la consecución de dichos fines (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FFJJ 3 y 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3 ; o más recientemente STC 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).

b) Las decisiones relativas a la adopción y mantenimiento de prisión provisional han de expresarse a través de una resolución judicial motivada, motivación que ha de ser "suficiente y razonable", entendiendo por tal no la que colma meramente las exigencias del derecho a la tutela judicial efectiva, sino aquélla que respeta el contenido constitucionalmente garantizado del derecho a la libertad afectado, ponderando adecuadamente los intereses en juego -la libertad de la persona cuya inocencia se presume, por un lado; la realización de la administración de la justicia penal, en atención a los fines que hemos reseñado, por otro- a partir de toda la información disponible en el momento de adoptar la decisión y del entendimiento de la prisión provisional como una medida excepcional, subsidiaria y provisional.

Para ello, obviamente, la resolución judicial ha de expresar cuál es el presupuesto de la medida y el fin constitucionalmente legítimo perseguido. Y, en relación con la constatación del peligro de fuga, hemos destacado que deberán tomarse en consideración "además de las características y la gravedad del delito imputado y de la pena con que se le amenaza, las circunstancias concretas del caso y las personales del imputado", matizando que si bien en un primer momento la necesidad de preservar los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional pueden justificar que se adopte atendiendo sólo a circunstancias objetivas como el tipo de delito y la gravedad de la pena, el transcurso del tiempo modifica el valor de este dato en la ponderación y obliga a tomar en consideración las circunstancias personales del sujeto privado de libertad y los datos del caso concreto (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FJ 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).

Un bo resumo de tal doutrina máis recentemente aínda o fixo o mesmo Tribunal Constitucional na súa Sentenza 27/2008, do 11 de febreiro , segundo a cal:

Por ello la legitimidad constitucional de la prisión provisional exige que su aplicación tenga como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de una acción delictiva; como objetivo la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida; y como fundamento la ponderación de las circunstancias concretas que, de acuerdo con el presupuesto legal y la finalidad constitucionalmente legítima, permitan la adopción de la medida ( SSTC 62/1996, de 16 de abril, FJ 5; 44/1997, de 10 de abril, FJ 5; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3, y 14/2000, de 17 de enero, FJ 4 ). En la STC 333/2006, de 20 de noviembre, FJ 3 , se concretó como constitutiva de estos fines la conjura de ciertos riesgos relevantes para el desarrollo normal del proceso o para la ejecución del fallo que parten del imputado: su sustracción a la acción de la Justicia, la obstrucción de la instrucción penal y, en un plano distinto, aunque íntimamente relacionado, la reiteración delictiva, pero lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena, o fines de impulso de la instrucción sumarial, propiciando la obtención de pruebas de declaraciones de los imputados, etc. Y, con cita en la STC 128/1995, de 26 de julio, FJ 2 , se concluyó que "todos estos criterios ilustrarían, en fin, la excepcionalidad de la prisión provisional que tantas veces ha subrayado este Tribunal".

A aplicación da anterior doutrina constitucional con motivo do recurso de apelación formulado por Carlos Daniel nun todo nos amosa a corrección da resolución da instancia e, xa que logo, a inexorable desestimación daquela impugnación.

Non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal . Isto é, e enténdase que só para os efectos da resolución do presente recurso de apelación, os seguintes: a existencia duns feitos que presentan os caracteres de, polo menos, un delito de lesións agravadas do artigo 148.1º do Código penal e, quizais, dun delito de homicidio ou asasinato no grao de tentativa, a teor das dúbidas que aínda subsisten no inicial estado de tramitación da presente causa, no que aínda non se logrou unha aproximación ao ánimo de matar ou de lesionar que guiaba ao apelante cando cunha brosa lle pegou na testa á vítima que agora exerce a acusación particular, tirándose de tales infraccións delituosas a posibilidade de imposición dunhas penas privativa de liberdade superiores aos dous anos de prisión; así como que na causa constan motivos bastantes para crer responsable criminalmente de tal figura delituosa a persoa contra a que precisamente se ditou o auto de prisión, pois así o demostran, sobre todo, as declaracións da vítima Eutimio , e as das testemuñas que presenciaron como Carlos Daniel portaba unha brosa e unhas tesoiras de podar, así como a súa caída co agredido Eutimio por detrás dun coche estacionado que lles impediu unha máis completa visión do acontecido, unido ao contundente informe do médico forense.

Agora ben, a carón de tales requisitos a lei esixe, para ditar e manter tan drástica medida cautelar persoal como é a privación da liberdade, que coa mesma se persiga algunha das finalidades que tamén no citado artigo 503 da LACrim se prevén. E verbo dos amentados fins, a xuíz a quo reflectiu o de asegurar a presenza do imputado no proceso ( artigo 503.1.3º.a da LACrim ), co que á forza debemos coincidir polas razóns expostas na instancia e, sobre todo, dada a gravidade das penas de posible imposición; e que este fin non se estima conxurado co feito da ata agora voluntaria presentación do recorrente logo da súa formal imputación e consciencia da ameaza das penas que lle poden ser impostas. Así mesmo, concorre a finalidade de evitar que o imputado poida actuar contra bens xurídicos da vítima ( artigo 503.1.3.c da LACrim ), xa que a mala relación existente entre agresor e vítima, o carácter agresivo do primeiro, e ao parecer a súa dependencia a diversas substancias -alcol e drogas- impoñen unha máis que evidente cautela ao respecto, canto máis cando lle constan ao apelante antecedentes penais non cancelables por delitos dolosos. E precisamente por estas razóns igualmente se pode entender concorrente a finalidade de evitar o risco de que o imputado poida cometer máis feitos delituosos ( artigo 503.1.3.d da LACrim ), non só contra a vítima nestas actuacións, senón contra outras persoas, tal e como así se alude tanto na resolución xudicial contra a que se recorre, coma no informe de oposición ao recurso da fiscal.

En nada empece a todo o dito que o apelante non fose detido inicialmente e despois, trala preceptiva comparecencia anterior ao ditado da resolución contra a que apela, se decretase a medida cautelar persoal contra a que agora loita, pois, á parte de deberse ás razóns que constan nos autos, nin a maxistrada xuíza a quo tiña que antes redundar na situación de liberdade na que se encontraba o imputado, nin se pode entender vedada a revisión de tal situación en calquera momento ao longo da tramitación.

En conclusión, cómpre manter a actual situación persoal do apelante e, xa que logo, rexeitar o seu recurso de apelación, sen prexuízo de ulteriores avaliacións ao respecto se se demorase a tramitación da presente causa.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Desestimar o recurso de apelación formulado polo imputado Carlos Daniel , fronte ao auto do 25-xullo-2009, proferido polo Xdo. de 1ª Inst. e Instrucción nº 4 de Cambados nas Dilixencias Previas Proc. Abreviado nº 439/09 . Confirmar íntegramente a resolución recorrida.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.