Última revisión
14/08/2009
Auto Penal Nº 329/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 282/2009 de 14 de Agosto de 2009
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 8 min
Orden: Penal
Fecha: 14 de Agosto de 2009
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 329/2009
Núm. Cendoj: 36038370022009200361
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00329/2009
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección nº 002
Rolo: 0000282 /2009 CR
Procedencia: JDO. DE INSTRUCCION N. 2 de PONTEVEDRA
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0002659 /2009
ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS
D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente
D. José Carlos Montero Gamarra
Dª Nelida Diz Guede
A U T O Nº 329
Pontevedra, catorce de agosto de dos mil nove.
Antecedentes
Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrucción nº 2 de Pontevedra ditou un auto con data do 24 de xuño de dous mil nove , no que acorda a prisión provisional, comunicada y sen fianza de Lorenzo .
Segundo.- Contra o dito auto, pola defensa de Lorenzo , formulouse recurso de reforma e subsidiario de apelación. Por auto de 3 de xullo desestimouse o recurso de reforma interpuesto, admitíndose a trámite, o recurso de apelación e remitíndose as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
Primeiro.- Por medio dun auto do 24 de xuño de 2009, o Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra acordou a prisión provisional incomunicada e sen fianza de Lorenzo .
Contra esta resolución recorreu en reforma, recurso que se rexeitou por un novo auto do 3 de xullo de 2009 . Con todo, esta resolución admitía a trámite o recurso de apelación formulado de xeito subsidiario perante esta alzada, sen que o recorrente aproveitase o trámite do artigo 766.4 da Lei de axuizamento criminal para expresarlle a este Tribunal en que discrepaba dos argumentos fácticos e xurídicos recibidos en contestación ao seu precedente intento de reforma.
Segundo.- Nunha das últimas ocasións que tivo o Tribunal Constitucional para tratar a lexitimidade da prisión provisional, na súa Sentenza 152/2007, do 18 de xuño , lembraba que:
Desde la STC 128/1995, de 26 de junio , este Tribunal viene afirmando que la prisión provisional es una medida cautelar cuya legitimidad constitucional, en tanto que limitativa del derecho a la libertad personal ( art. 17.1 CE ) de quien aún goza del derecho a la presunción de inocencia, exige, como presupuesto, la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito por parte del sujeto pasivo; como objetivo, la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida (riesgo de fuga, de obstrucción del normal desarrollo del proceso o de reiteración delictiva); y como objeto, que se la conciba tanto en su adopción como en su mantenimiento como una medida de aplicación excepcional, subsidiaria, provisional y proporcionada a la consecución de dichos fines (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FFJJ 3 y 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3 ; o más recientemente STC 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).
b) Las decisiones relativas a la adopción y mantenimiento de prisión provisional han de expresarse a través de una resolución judicial motivada, motivación que ha de ser "suficiente y razonable", entendiendo por tal no la que colma meramente las exigencias del derecho a la tutela judicial efectiva, sino aquélla que respeta el contenido constitucionalmente garantizado del derecho a la libertad afectado, ponderando adecuadamente los intereses en juego -la libertad de la persona cuya inocencia se presume, por un lado; la realización de la administración de la justicia penal, en atención a los fines que hemos reseñado, por otro- a partir de toda la información disponible en el momento de adoptar la decisión y del entendimiento de la prisión provisional como una medida excepcional, subsidiaria y provisional.
Para ello, obviamente, la resolución judicial ha de expresar cuál es el presupuesto de la medida y el fin constitucionalmente legítimo perseguido. Y, en relación con la constatación del peligro de fuga, hemos destacado que deberán tomarse en consideración "además de las características y la gravedad del delito imputado y de la pena con que se le amenaza, las circunstancias concretas del caso y las personales del imputado", matizando que si bien en un primer momento la necesidad de preservar los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional pueden justificar que se adopte atendiendo sólo a circunstancias objetivas como el tipo de delito y la gravedad de la pena, el transcurso del tiempo modifica el valor de este dato en la ponderación y obliga a tomar en consideración las circunstancias personales del sujeto privado de libertad y los datos del caso concreto (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FJ 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).
Un bo resumo de tal doutrina máis recentemente aínda o fixo o mesmo Tribunal Constitucional na súa Sentenza 27/2008, do 11 de febreiro , segundo a cal:
Por ello la legitimidad constitucional de la prisión provisional exige que su aplicación tenga como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de una acción delictiva; como objetivo la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida; y como fundamento la ponderación de las circunstancias concretas que, de acuerdo con el presupuesto legal y la finalidad constitucionalmente legítima, permitan la adopción de la medida ( SSTC 62/1996, de 16 de abril, FJ 5; 44/1997, de 10 de abril, FJ 5; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3, y 14/2000, de 17 de enero, FJ 4 ). En la STC 333/2006, de 20 de noviembre, FJ 3 , se concretó como constitutiva de estos fines la conjura de ciertos riesgos relevantes para el desarrollo normal del proceso o para la ejecución del fallo que parten del imputado: su sustracción a la acción de la Justicia, la obstrucción de la instrucción penal y, en un plano distinto, aunque íntimamente relacionado, la reiteración delictiva, pero lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena, o fines de impulso de la instrucción sumarial, propiciando la obtención de pruebas de declaraciones de los imputados, etc. Y, con cita en la STC 128/1995, de 26 de julio, FJ 2 , se concluyó que "todos estos criterios ilustrarían, en fin, la excepcionalidad de la prisión provisional que tantas veces ha subrayado este Tribunal".
A aplicación da anterior doutrina constitucional con motivo do recurso de apelación formulado por Lorenzo nun todo nos amosa a corrección da resolución da instancia e, xa que logo, a inexorable desestimación daquela impugnación.
Non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal . Isto é, e enténdase que só para os efectos da resolución do presente recurso de apelación, os seguintes: a existencia duns feitos que presentan os caracteres dun delito de roubo con violencia e intimidación previsto e penado no artigo 242 do Código penal , e doutro de resistencia do artigo 550 do mesmo texto legal , dos que se tira a posibilidade de imposición dunhas penas privativas de liberdade superiores aos dous anos de prisión; así como que na causa constan motivos abondos para crer responsable criminalmente de tal figura delituosa a persoa contra a que precisamente se ditou o auto de prisión. Pois, á marxe do por el mesmo confesado, así o demostran, sobre todo, as declaracións da vítima do primeiro dos amentados delitos - Isidro -, e da testemuña que o acompañaba - Manuela -, e, no relativo ao segundo delito, as manifestacións dos axentes de policía con números de carné profesional NUM000 e NUM001 que, á súa vez, presenciaron a comisión do delito de roubo con violencia e intimidación, tal e como consta literalmente no atestado que forma parte do testemuño de particulares enviado a esta alzada.
Agora ben, a carón de tales requisitos a lei esixe, para ditar e manter tan drástica medida cautelar persoal como é a privación da liberdade, que coa mesma se persiga algunha das finalidades que tamén no citado artigo 503 da LACrim se prevén. E verbo dos amentados fins, a xuíza a quo reflectiu o de asegurar a presenza do imputado no proceso ( artigo 503.1.3º.a da LACrim ), co que á forza debemos coincidir polas razóns expostas na instancia e, sobre todo, dada a gravidade das penas de posible imposición. Así mesmo, concorre a finalidade de evitar que o imputado volva a cometer infraccións delituosas semellantes ( artigo 503.2 da LACrim ), xa que nos dous días consecutivos do mes de maio pasado que se reflicten no parágrafo in fine dos razoamentos xurídicos da resolución da instancia presuntamente executou actos delituosos da mesma natureza ca que agora deu lugar á adopción da medida cautelar contra a que recorre.
En conclusión, cómpre manter a actual situación persoal do apelante e, xa que logo, rexeitar o seu recurso de apelación, sen prexuízo de ulteriores avaliacións ao respecto se se demorase a tramitación da presente causa que, en principio, semella non amosarse complexa.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Que compre rexeitar, como rexeitamos, o recurso de apelación interposto pola defensa de Lorenzo contra o auto do 24 de xuño de 2009 ditado polo Xulgado de Instrucción nº 2 de Pontevedra, nas diligencias previas procedemento abreviado núm. 2659/09 , confirmando o devandito auto.
Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.
