Auto Penal Nº 330/2009, A...to de 2009

Última revisión
25/08/2009

Auto Penal Nº 330/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 292/2009 de 25 de Agosto de 2009

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 9 min

Orden: Penal

Fecha: 25 de Agosto de 2009

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 330/2009

Núm. Cendoj: 36038370022009200363

Resumen:
TRÁFICO DE DROGAS CUALIFICADO

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00330/2009

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

Rolo: 0000292 /2009CR

Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de VILLAGARCIA DE AROSA

Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0001249 /2007

ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS

D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente

D. José Carlos Montero Gamarra

Dª. Cristina Navares Villar

A U T O Nº 330

Pontevedra, 25 de agosto de dous mil nove.

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrucción nº 2 de Vilagarcia de Arousa ditou un auto con data do 10 de xullo de 2009 , no que acordaba a prisión provisional, comunicada e sen fianza de Vidal .

Segundo.- Contra o dito auto a representación procesual de D. Vidal , formulo recurso de reforma que foi

Desestimado por auto de data 27 de xullo de 2009 e contra dita resolución interpuso recurso de apelación, que foi admitido,

remitíndo as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Primeiro.- Por medio dun auto do 10 de xullo de 2009, o Xulgado de Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa acordou elevar a prisión provisional comunicada e sen fianza a detención de Vidal .

Contra esta resolución recorreu en reforma, rexeitándose por un novo auto do 27 de xullo de 2009 .

Agora en apelación acódese á presente alzada para solicitar a inmediata posta en liberdade do apelante.

Segundo.- Nunha das últimas ocasións que tivo o Tribunal Constitucional para tratar a lexitimidade da prisión provisional, na súa Sentenza 152/2007, do 18 de xuño , lembraba que:

Desde la STC 128/1995, de 26 de junio , este Tribunal viene afirmando que la prisión provisional es una medida cautelar cuya legitimidad constitucional, en tanto que limitativa del derecho a la libertad personal ( art. 17.1 CE ) de quien aún goza del derecho a la presunción de inocencia, exige, como presupuesto, la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito por parte del sujeto pasivo; como objetivo, la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida (riesgo de fuga, de obstrucción del normal desarrollo del proceso o de reiteración delictiva); y como objeto, que se la conciba tanto en su adopción como en su mantenimiento como una medida de aplicación excepcional, subsidiaria, provisional y proporcionada a la consecución de dichos fines (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FFJJ 3 y 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3 ; o más recientemente STC 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).

b) Las decisiones relativas a la adopción y mantenimiento de prisión provisional han de expresarse a través de una resolución judicial motivada, motivación que ha de ser "suficiente y razonable", entendiendo por tal no la que colma meramente las exigencias del derecho a la tutela judicial efectiva, sino aquélla que respeta el contenido constitucionalmente garantizado del derecho a la libertad afectado, ponderando adecuadamente los intereses en juego -la libertad de la persona cuya inocencia se presume, por un lado; la realización de la administración de la justicia penal, en atención a los fines que hemos reseñado, por otro- a partir de toda la información disponible en el momento de adoptar la decisión y del entendimiento de la prisión provisional como una medida excepcional, subsidiaria y provisional.

Para ello, obviamente, la resolución judicial ha de expresar cuál es el presupuesto de la medida y el fin constitucionalmente legítimo perseguido. Y, en relación con la constatación del peligro de fuga, hemos destacado que deberán tomarse en consideración "además de las características y la gravedad del delito imputado y de la pena con que se le amenaza, las circunstancias concretas del caso y las personales del imputado", matizando que si bien en un primer momento la necesidad de preservar los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional pueden justificar que se adopte atendiendo sólo a circunstancias objetivas como el tipo de delito y la gravedad de la pena, el transcurso del tiempo modifica el valor de este dato en la ponderación y obliga a tomar en consideración las circunstancias personales del sujeto privado de libertad y los datos del caso concreto (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FJ 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).

Un bo resumo de tal doutrina máis recentemente aínda o fixo o mesmo Tribunal Constitucional na súa Sentenza 27/2008, do 11 de febreiro , segundo a cal:

Por ello la legitimidad constitucional de la prisión provisional exige que su aplicación tenga como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de una acción delictiva; como objetivo la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida; y como fundamento la ponderación de las circunstancias concretas que, de acuerdo con el presupuesto legal y la finalidad constitucionalmente legítima, permitan la adopción de la medida ( SSTC 62/1996, de 16 de abril, FJ 5; 44/1997, de 10 de abril, FJ 5; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3, y 14/2000, de 17 de enero, FJ 4 ). En la STC 333/2006, de 20 de noviembre, FJ 3 , se concretó como constitutiva de estos fines la conjura de ciertos riesgos relevantes para el desarrollo normal del proceso o para la ejecución del fallo que parten del imputado: su sustracción a la acción de la Justicia, la obstrucción de la instrucción penal y, en un plano distinto, aunque íntimamente relacionado, la reiteración delictiva, pero lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena, o fines de impulso de la instrucción sumarial, propiciando la obtención de pruebas de declaraciones de los imputados, etc. Y, con cita en la STC 128/1995, de 26 de julio, FJ 2 , se concluyó que "todos estos criterios ilustrarían, en fin, la excepcionalidad de la prisión provisional que tantas veces ha subrayado este Tribunal.

A aplicación da anterior doutrina constitucional con motivo do recurso de apelación formulado por Vidal nun todo nos amosa a corrección da resolución da instancia e, xa que logo, a inexorable desestimación daquela impugnación.

Non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal . Isto é, e enténdase que só para os efectos da resolución do presente recurso de apelación, os seguintes: a existencia duns feitos que presentan os caracteres dun delito contra a saúde pública, previsto e penado nos artigos 368 e 369.1. 2ª, 6ª, e 10ª do Código penal do que se tira a posibilidade de impoñer unha pena privativa de liberdade ben notoriamente superior aos dous anos de prisión, aínda que o grao de execución da infracción delituosa non sobrepase a tentativa; así como que na causa constan motivos bastantes para crer responsable criminalmente de tal figura delituosa a persoa contra a que, precisamente, se ditou o auto de prisión, como o demostra, sobre todo, o resultado das escoitas telefónicas, o contido dos enderezos electrónicos, un dos cales precisamente lle foi ocupado ao apelante Vidal con motivo da súa detención, así como as pescudas e vixilancias levadas a cabo polos axentes do EDOA, sen que resulte conveniente abondar máis en tales circunstancias dado o declarado estado de segredo das actuacións das que, porén, ben que informado se encontra o recorrente con motivo da súa declaración como imputado dun intento de introdución en España dunha cantidade de notoria importancia de droga -cocaína- para a súa posterior distribución e transmisión a terceiros no territorio nacional.

Agora ben, a carón de tales requisitos a lei esixe, para ditar e manter tan drástica medida cautelar persoal como é a privación da liberdade, que coa mesma se persiga algunha das finalidades que tamén no citado artigo 503 da LACrim se prevén. E verbo dos amentados fins, a xuíza a quo reflectiu o de asegurar a presenza do imputado no proceso ( artigo 503.1.3º.a da LACrim ), co que á forza debemos coincidir polas razóns expostas na instancia e, sobre todo, dada a gravidade das penas de posible imposición. E non obsta a tal conclusión, nin polo tanto se estima que evite o posible risco de fuxida, o feito de que o recorrente conviva cunha muller, teña unha filla de case que dous anos de idade, e tivese un traballo dende facía uns meses posto que, amais do relativo á hipotética pena coincídese coa xuíza da instancia na apreciación da oculta capacidade económica do apelante e na súa facilidade para desprazarse mesmo ao estranxeiro -Mauritania e Venezuela-. Así mesmo, concorre a finalidade de evitar a ocultación, alteración ou destrución das fontes de proba relevantes para o axuizamento ( artigo 503.1.3º.b da LACrim ) nun caso no que semella que pode haber máis persoas implicadas a xeito de organización dedicada á introdución de droga en España para a súa posterior distribución a terceiros, e que as pescudas a tal respecto aínda se encontran nun momento inicial malia a antigüidade das dilixencias.

En conclusión, e sen prexuízo de ulteriores valoracións, cómpre manter a actual situación persoal do apelante e, xa que logo, rexeitar o seu recurso de apelación.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Que debiamos desestimar e desestimamos o recurso de apelación interposto pola representación procesual de D. Vidal contra o Auto dictado con data 10 de xullo de 2009, ditado polo Xulgado de Instrucción nº 2 de Vilagarcia de Arousa, nas diligencias previas procedemento abreviado 1249/07 , confirmando o devandito auto.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.