Auto Penal Nº 337/2010, A...re de 2010

Última revisión
16/09/2010

Auto Penal Nº 337/2010, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 243/2010 de 16 de Septiembre de 2010

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Penal

Fecha: 16 de Septiembre de 2010

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 337/2010

Núm. Cendoj: 36038370022010200329

Núm. Ecli: ES:APPO:2010:865A

Resumen:
ROBO CON FUERZA EN LAS COSAS

Encabezamiento

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

SECCIÓN 002

Domicilio:ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf :986.80.51.19

Fax :986.80.51.14

Modelo : 662000

N.I.G. : 36024 41 2 2010 0203066

ROLLO : APELACION AUTOS 0000243 /2010 C

Juzgado procedencia :JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de LALIN

Procedimiento de origen :DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0000456 /2010

RECURRENTE : Rosalia

Procurador/a :

Letrado/a :MARIA CARMEN GONZALEZ GOMEZ

RECURRIDO/A : MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a :

Letrado/a :

AUTO NUM. 337

==========================================================

ILMOS./AS. MAGISTRADOS SRES./SRAS

Presidente

D.JOSE JUAN BARREIRO PRADO

Magistradas

Dª MARÍA MERCEDES PÉREZ MARTÍN ESPERANZA

Dª ROSARIO CIMADEVILA CEA

==========================================================

Pontevedra, a dezaseis de setembro de dous mil dez.

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de 1ª Inst.e Instrución num dos de Lalín, ditou un auto con data do 20/8/2010 no que se acordaba a prisión comunicada e sen fianza do recorrente.

Segundo.- Contra o dito auto a representación de Rosalia , formulou recurso de apelación, e, admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator DON JOSE JUAN BARREIRO PRADO.

Fundamentos

Único.- Nunha das últimas ocasións que tivo o Tribunal Constitucional para tratar a lexitimidade da prisión provisional, na súa sentenza 152/2007, do 18 de xuño , lembraba que:

Desde la STC 128/1995, de 26 de junio , este Tribunal viene afirmando que la prisión provisional es una medida cautelar cuya legitimidad constitucional, en tanto que limitativa del derecho a la libertad personal ( art. 17.1 CE ) de quien aún goza del derecho a la presunción de inocencia, exige, como presupuesto, la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito por parte del sujeto pasivo; como objetivo, la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida (riesgo de fuga, de obstrucción del normal desarrollo del proceso o de reiteración delictiva); y como objeto, que se la conciba tanto en su adopción como en su mantenimiento como una medida de aplicación excepcional, subsidiaria, provisional y proporcionada a la consecución de dichos fines (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FFJJ 3 y 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3 ; o más recientemente STC 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).

b) Las decisiones relativas a la adopción y mantenimiento de prisión provisional han de expresarse a través de una resolución judicial motivada, motivación que ha de ser "suficiente y razonable", entendiendo por tal no la que colma meramente las exigencias del derecho a la tutela judicial efectiva, sino aquélla que respeta el contenido constitucionalmente garantizado del derecho a la libertad afectado, ponderando adecuadamente los intereses en juego -la libertad de la persona cuya inocencia se presume, por un lado; la realización de la administración de la justicia penal, en atención a los fines que hemos reseñado, por otro- a partir de toda la información disponible en el momento de adoptar la decisión y del entendimiento de la prisión provisional como una medida excepcional, subsidiaria y provisional.

Para ello, obviamente, la resolución judicial ha de expresar cuál es el presupuesto de la medida y el fin constitucionalmente legítimo perseguido. Y, en relación con la constatación del peligro de fuga, hemos destacado que deberán tomarse en consideración "además de las características y la gravedad del delito imputado y de la pena con que se le amenaza, las circunstancias concretas del caso y las personales del imputado", matizando que si bien en un primer momento la necesidad de preservar los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional pueden justificar que se adopte atendiendo sólo a circunstancias objetivas como el tipo de delito y la gravedad de la pena, el transcurso del tiempo modifica el valor de este dato en la ponderación y obliga a tomar en consideración las circunstancias personales del sujeto privado de libertad y los datos del caso concreto (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FJ 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).

Un bo resumo de tal doutrina fíxoo máis recentemente aínda o mesmo Tribunal Constitucional na súa sentenza 27/2008, do 11 de febreiro, segundo a cal:

Por ello la legitimidad constitucional de la prisión provisional exige que su aplicación tenga como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de una acción delictiva; como objetivo la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida; y como fundamento la ponderación de las circunstancias concretas que, de acuerdo con el presupuesto legal y la finalidad constitucionalmente legítima, permitan la adopción de la medida ( SSTC 62/1996, de 16 de abril, FJ 5; 44/1997, de 10 de abril, FJ 5; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3, y 14/2000, de 17 de enero, FJ 4 ). En la STC 333/2006, de 20 de noviembre, FJ 3 , se concretó como constitutiva de estos fines la conjura de ciertos riesgos relevantes para el desarrollo normal del proceso o para la ejecución del fallo que parten del imputado: su sustracción a la acción de la Justicia, la obstrucción de la instrucción penal y, en un plano distinto, aunque íntimamente relacionado, la reiteración delictiva, pero lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena, o fines de impulso de la instrucción sumarial, propiciando la obtención de pruebas de declaraciones de los imputados, etc. Y, con cita en la STC 128/1995, de 26 de julio, FJ 2 , se concluyó que "todos estos criterios ilustrarían, en fin, la excepcionalidad de la prisión provisional que tantas veces ha subrayado este Tribunal.

A aplicación da anterior doutrina constitucional con motivo do recurso de apelación formulado por Rosalia nun todo nos amosa a corrección da resolución da instancia e, xa que logo, a inexorable desestimación daquela impugnación.

Non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal . Isto é, e enténdase que só para os efectos da resolución do presente recurso de apelación: a existencia duns feitos que presentan os penal, do que se tira a posibilidade de imposición dunha pena privativa de liberdade superior aos dous anos de prisión. Así mesmo, na causa constan motivos bastantes para caracteres dun delito de roubo con forza nas cousas dos artigos 237, 238 e 240 do Código crer responsable criminalmente de tal figura delituosa a persoa contra a que precisamente se ditou o auto de prisión, como así o demostran, sobre todo, as declaracións de dúas testemuñas presenciais dos feitos - Jesús Ángel e Andrea -, que xunto con Cosme identificaron fotograficamente o agora apelante nas dilixencias levadas a cabo pola Garda Civil de Silleda. Todo isto se produce á marxe de que, polo estado incipiente da causa, as referidas identificacións poidan ser obxecto de complemento mediante as correspondentes roldas de recoñecemento -artigo 368 e seguintes da Lei de axuizamento criminal-, e da posible concreción da participación do apelante nos demais feitos que aconteceron os días 16 e 18 de agosto e a finais de xullo pasado no mesmo lugar e en Lalín e que aínda se están a investigar.

Agora ben, a carón de tales requisitos a lei esixe, para ditar e manter tan drástica medida cautelar persoal como é a privación da liberdade, que con ela se persiga algunha das finalidades que tamén no citado artigo 503 da LACrim se prevén. E verbo dos amentados fins, a xuíza a quo reflectiu o de asegurar a presenza do imputado no proceso por inferirse racionalmente o risco de fuxida (artigo 503.1.3º.a da LACrim), que á forza é mester compartir, xa que, como razoa a xuíza da instancia e se colixe do testemuño das actuacións, o apelante é un cidadán romanés que, ao parecer, ten a súa residencia habitual en Girona, e traballa como vixilante de discotecas en Empuriabrava os fins de semana, mais nin ten contrato que así o acredite, nin de tales afirmacións consta no presente testemuño máis demostración que as súas sinxelas manifestacións en tal sentido. E tamén compartimos a finalidade da medida cautelar persoal que se discute de evitar o risco de que o imputado cometa outros feitos delituosos (artigo 503.2 da LACrim), dadas as investigacións pendentes sobre a participación do apelante nos outros feitos xa aludidos ben semellantes, e a constancia de que xa existen antecedentes de Rosalia por roubo con forza nas cousas.

En conclusión, rexeitamos o recurso de apelación formulado sen prexuízo, claro está, de ulteriores valoracións.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.

Fallo

DESESTIMAR o recurso de apelación formulado por Rosalia e CONFIRMAR o auto de vinte de agosto de dous mil dez, ditado polo xulgado de 1ª Inst.e Instrución núm. dos de Lalín , nas dilixencias previas 456/2010.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa ejecución e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.