Última revisión
12/07/2006
Auto Penal Nº 341/2006, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 290/2006 de 12 de Julio de 2006
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 3 min
Orden: Penal
Fecha: 12 de Julio de 2006
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 341/2006
Núm. Cendoj: 36038370022006200398
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00341/2006
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 002
Rolo: 0000290 /2006-M
Procedencia: JDO. INSTRUCCION N. 7 de VIGO
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0003124 /2005
Maxistrados
Don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente
Don Luciano Varela Castro
Dona Rosario Cimadevila Cea
AUTO NÚM. 341
Pontevedra, doce de xullo de dous mil seis
Antecedentes
Primeiro. Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrucción núm. 7 de Vigo ditou o auto do 14 de febreiro de 2006 no que acorda o sobresemento provisional e arquivo da causa.
Segundo. Contra o dito, pola representación de don Pio e dona Patricia , formulouse recurso de reforma, que foi desestimado mediante o auto do 19 de maio de 2006 , e admitido a trámite o recurso de apelación interposto, remitíronse a este Tribunal as actuacións para resolución do mesmo.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
ÚNICO.- Abondando nas razóns que xa na instancia teñen levado ao sobresemento das actuacións e ao acordo da deducción de testemuño para a súa remisión aos Xulgados de Instrucción de Ourense, se nesta cidade á desgrazadamente falecida Carolina se lle practicou un aborto, e ao seguinte día xa estaba no hospital Nicolás Peña, de Vigo, sendo dada de alta o mesmo día, ata o 1 de febreiro de 2005 no que pon fin a súa vida, non logra demostrarse o imprescindible nexo causal en base ao cal poder efectuarlle o máis mínimo reproche penal a persoa algunha relacionada coa atención médica que lle foi dispensada na cidade de Vigo. Máis aínda, cando no referido hospital se lle expediu a alta, a Carolina fóronlle pautadas unha cita no COF aos sete días, e na USM de A Doblada, aos nove da anterior e a dezaseis días da alta hospitalaria, non albiscándose así ningún tipo de imprudencia en tal xeito de proceder. Por ningures indiciariamente se colixe do obrante en autos que de permanecer máis tempo Carolina ingresada no hospital de Vigo non se tería producido o fatal desenlace cando polo demais, lémbrese, case que transcorre un mes entre a súa estancia naquel e o seu falecemento e, no medio, os referidos controis médicos. Mentres que, o feito de que na cidade de Vigo se puidese ter informado a prol da interrupción do embarazo, se este se levou a cabo en Ourense, semella que será aquí onde se poidan seguir, no seu caso, algún tipo de actuacións ao respecto tal e como así vén acordado. Deste xeito, e con independencia destas últimas dilixencias que se poidan incoar no eido penal na devandita cidade, certamente que non existen méritos para o mantemento das presentes á marxe de calquera outra acción que, polos mesmos feitos, se poida intentar.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.
Fallo
Que é mester rexeitar, rexéitao, o recurso de apelación presentado por don Pio e dona Patricia contra o auto do 14 de febreiro de 2006 ditado polo Xulgado de Instrucción núm. 7 de Vigo, nas dilixencias previas do procedemento abreviado núm. 3124/05 , confirmando o devandito auto.
Devólvanselle as actuacións ó xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe ningún recurso, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución ós autos correspondentes e ó rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.
