Auto Penal Nº 341/2011, A...io de 2011

Última revisión
10/06/2011

Auto Penal Nº 341/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 186/2011 de 10 de Junio de 2011

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 9 min

Orden: Penal

Fecha: 10 de Junio de 2011

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 341/2011

Núm. Cendoj: 36038370022011200436

Núm. Ecli: ES:APPO:2011:929A

Resumen:
DELITO SIN ESPECIFICAR

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00341/2011

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA.

Sección núm. 2 DE PONTEVEDRA

Rolo:186/11-A

Procedencia: JDO. DE PRIMERA INSTANCIA E INSTRUCCION Nº 2 DE PONTEAREAS. PROCEDIMIENTO DE ORIGEN.

DILIGENCIAS PREVIAS PROCEDIMIENTO ABREVIADO 510/2010..

Apelante: Ángela .

Letrado Jorge Abadía Jordana de Pozas.

Apelado: Ministerio Fiscal.

MAXISTRADOS/AS

Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea.

Ilma. Sra. Dona Matilde Etheldreda Martinez Brea

AUTO NÚM. 341

Pontevedra, diez de junio de dos mil once.

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de 1º Instancia e Instrucción nº 2 de Ponteareas, ditou un auto con data do cinco de maio de dos mil once, no que se acorda denegar a libertad de Dña. Ángela, manteñendose a situación de prisión provisional comunicada e sen fianza.

Segundo.- Contra o dito auto pola representación procesual de Dona Ángela, presentouse recurso de apelación e, admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Matilde Etheldreda Martinez Brea.

Fundamentos

Único.- Mediante un auto do 13 de abril de 2011 o xuíz do Xulgado de Instrución número 2 de Ponteareas acordou a prisión provisional comunicada e sen fianza de Ángela . Firme a anterior Resolución xudicial, por un novo auto do 5 de maio de 2011 o xuíz denegou a solicitude de liberdade. E agora acódese en apelación perante esta alzada.

Lembraba o Tribunal Constitucional, na súa sentenza 152/2007, do 18 de xuño, que:

«Desde la STC 128/1995, de 26 de junio, este Tribunal viene afirmando que la prisión provisional es una medida cautelar cuya legitimidad constitucional , en tanto que limitativa del Derecho a la libertad personal (art. 17.1 C.E. ) de quien aún goza del Derecho a la presunción de inocencia, exige, como presupuesto, la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito por parte del sujeto pasivo; como objetivo , la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida (riesgo de fuga , de obstrucción del normal desarrollo del proceso o de reiteración delictiva); y como objeto, que se la conciba tanto en su adopción como en su mantenimiento como una medida de aplicación excepcional, subsidiaria, provisional y proporcionada a la consecución de dichos fines (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FFJJ 3 y 4; 66/1997, de 7 de abril , FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; o más recientemente STC 35/2007, de 12 de febrero , FJ 2 ).

b) Las decisiones relativas a la adopción y mantenimiento de prisión provisional han de expresarse a través de una Resolución judicial motivada, motivación que ha de ser "suficiente y razonable", entendiendo por tal no la que colma meramente las exigencias del derecho a la tutela judicial efectiva , sino aquélla que respeta el contenido constitucionalmente garantizado del Derecho a la libertad afectado, ponderando adecuadamente los intereses en juego -la libertad de la persona cuya inocencia se presume, por un lado; la realización de la administración de la justicia penal, en atención a los fines que hemos reseñado, por otro- a partir de toda la información disponible en el momento de adoptar la decisión y del entendimiento de la prisión provisional como una medida excepcional, subsidiaria y provisional.

Para ello, obviamente, la Resolución judicial ha de expresar cuál es el presupuesto de la medida y el fin constitucionalmente legítimo perseguido. Y, en relación con la constatación del peligro de fuga , hemos destacado que deberán tomarse en consideración "además de las características y la gravedad del delito imputado y de la pena con que se le amenaza , las circunstancias concretas del caso y las personales del imputado", matizando que si bien en un primer momento la necesidad de preservar los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional pueden justificar que se adopte atendiendo sólo a circunstancias objetivas como el tipo de delito y la gravedad de la pena, el transcurso del tiempo modifica el valor de este dato en la ponderación y obliga a tomar en consideración las circunstancias personales del sujeto privado de libertad y los datos del caso concreto (por todas, S.S.T.C. 128/1995, de 26 de julio, FJ 4; 66/1997 , de 7 de abril, FJ 4; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).»

Un bo resumo de tal doutrina fíxoo máis recentemente aínda o mesmo Tribunal Constitucional na súa sentenza 27/2008, do 11 de febreiro , posteriormente reiterada polas SSTC 122/2009, do 18 de maio, e 50/2009, do 23 de febreiro. Así:

«Por ello la legitimidad constitucional de la prisión provisional exige que su aplicación tenga como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de una acción delictiva; como objetivo la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida; y como fundamento la ponderación de las circunstancias concretas que, de acuerdo con el presupuesto legal y la finalidad constitucionalmente legítima, permitan la adopción de la medida (SST.C. 62/1996, de 16 de abril, FJ 5; 44/1997 , de 10 de abril , FJ 5; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3 , y 14/2000, de 17 de enero , FJ 4 ). En la S.T.C. 333/2006, de 20 de noviembre , FJ 3, se concretó como constitutiva de estos fines la conjura de ciertos riesgos relevantes para el desarrollo normal del proceso o para la ejecución del fallo que parten del imputado: su sustracción a la acción de la Justicia, la obstrucción de la instrucción penal y, en un plano distinto, aunque íntimamente relacionado , la reiteración delictiva, pero lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena , o fines de impulso de la instrucción sumarial , propiciando la obtención de pruebas de declaraciones de los imputados, etc. Y, con cita en la STC 128/1995, de 26 de julio, FJ 2, se concluyó que "todos estos criterios ilustrarían, en fin , la excepcionalidad de la prisión provisional que tantas veces ha subrayado este Tribunal".»

A aplicación da anterior doutrina constitucional con motivo do recurso de apelación formulado por Ángela nun todo nos amosa a corrección da Resolución da instancia e , xa que logo, a inexorable desestimación das impugnacións.

Non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal. Isto é, e enténdase que só para os efectos da resolución do presente recurso de apelación, a existencia duns feitos que presentan os caracteres dos delitos de trata de seres humanos para a súa explotación sexual do artigo 177 bis, branqueo de capitais do artigo 301, contra os dereitos dos cidadáns estranxeiros do artigo 318 bis e falsidade documental dos artigos 390 e 392, todos do Código penal. Destes preceptos legais tírase a posibilidade de imposición dunha pena privativa de liberdade notoriamente superior aos dous anos de prisión. Amais, na causa constan motivos bastantes para crer responsable criminalmente de tal figura delituosa a persoa contra a que precisamente se ditou o auto de prisión, como así o demostra a transcrición das conversacións telefónicas que consta nos autos que por testemuño agora examinamos. En tal sentido , a sinxela remisión ao contido do auto de prisión do 13 de abril de 2011 e á impugnación da fiscala á solicitude de liberdade da apelante afórranos maiores comentarios verbo da directa intervención da recorrente, en unión da súa parella Mauricio, nas devanditas figuras delituosas.

Agora ben, a carón de tales requisitos, a lei esixe para ditar e manter tan drástica medida cautelar persoal como é a privación da liberdade, que con ela se persiga algunha das finalidades que tamén no citado artigo 503 da LACrim se prevén. E verbo dos amentados fins, a Resolución xudicial da instancia alude á de asegurar a presenza da imputada no proceso, ao inferirse un racional risco de fuxida -artigo 503.1.3º.a da Lei de axuizamento Criminal-. Pois ben, plenamente concordamos con tal apreciación xa que a importancia da pena de prisión , sobre todo, no treito inicial da causa -aínda non se cumpriron dous meses dende que se acordou a prisión-, en unión de que Ángela mantén unha constante relación con xente do seu país de orixe - Nixeria-, fai aconsellable, polo de agora, manter a medida cautelar persoal que se impugna. É certo que documentalmente semella que leva en España dende o ano 2001, mais non o é menos que figura compartindo morada co outro implicado nesta mesma causa - Mauricio -, co que amais convive e participa nas referidas actividades delituosas. A súa vida laboral detense o 31 de decembro de 2008 e o contrato de traballo de duración determinada que asinou por dous anos o 3 de decembro de 2010 con , precisamente, o seu compañeiro sentimental, Mauricio, carece da participación de terceiros, da máis mínima intervención do organismo competente e de toda validación mecánica. Deste xeito, o seu pretendido arraigo social e laboral queda así tamén en interdito.

E, por maior abastanza, na fase inicial da causa tamén concorre a finalidade prevista no artigo 503.1.3º.b e c da Lei de axuizamento criminal , xa que coa posta en liberdade agora da apelante podería poñerse en risco o achado e conservación das fontes de proba, e non se descartaría que a imputada puidese incorrer en reiteración delituosa dado o modus operandi da recorrente amplamente descrito nos autos. Todo isto prodúcese sen prexuízo, claro está, dunha ulterior revisión da situación persoal da apelante caso de demorarse a instrución da causa .

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.

Fallo

Desestimar o recurso de apelación interposto pola representación de Dona Ángela e confirmar o auto de data cinco de maio de dous mil once, ditado polo Xulgado de Instrucción nº 2 de Ponteareas nas dilixencias previas 510/2010.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta Resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.